Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6951

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (922/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 922/2013 por instancia de Francisco Alvarello Lema contra a empresa Tai Coruña, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 28.1.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Francisco Alvarellos Lema fronte a Tai Coruña, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Tai Coruña, S.A. ao demandante.

– Condénase a Tai Coruña, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 29.628,60 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 9.712,80 euros, aos que se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 45,60 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tai Coruña, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial