Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9129

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO RSU-2393/2013.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección 1 desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2393/2013 desta sección, seguidos por instancia de Guadalupe Lafuente Lens, contra a empresa Transportes Inmediatos do Barbanza, S.L.N.E., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante contra a sentenza con data do 24 de setembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela nos autos nº 396/2012 seguidos por instancia da demandante contra a empresa demandada sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Inmediatos do Barbanza, S.L.N.E., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial