Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (414/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 414/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia María Varela Cordero contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Bogar Asistencia, S.L., Galicia Saudade, S.L., administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L., Concello de Sada, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza 80/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 414/2013.

Demandante: Sonia María Varela Cordero.

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandados:

– Galicia Saudade, S.L.

Letrado/a: (…).

– Administrador Concursal de Galicia Saudade, S.L.

– Bogar Asistencia, S.L.

Letrada: Sra. Segura Espinosa

– Concello de Sada

Letrado: Sr. Torres Jack.

– Centro Clínico Ribadeo, S.L.

Letrado: Sr. Rodríguez Maseda

Fogasa.

Sentenza 80/2014.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Sonia María Varela Cordero fronte á empresa Centro Clínico Ribadeo, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían segundo o seu contrato de traballo no momento en que se rescindiu o contrato de axuda a domicilio no Concello de Sada á empresa Galicia Saudade, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 6.938,30 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 35,49 euros/día.

3º. Desestimo a demanda interposta por Sonia María Varela Cordero fronte a Bogar Asistencia, S.L., Concello de Sada e fronte a Galicia Saudade, S.L. e absólvoos de todos os pedimentos formulados fronte a eles.

4º. O Fogasa e a administración concursal de Galicia Saudade, S.L. deben pasar polo decidido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial