Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11731

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4854/2011-RMR).

Recorrente: Servizo Público de Emprego Estatal.

Recorridos: Avícola Perez Maciñeira, S.A. (Apemasa), Admón. Concursal Apemasa, Bernardo López Lendoiro.

Avogados: Julio Manuel Lois Boedo, Francisco Manuel Pampín Miras.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4854/2011 seguido por instancia de Bernardo López Lendoiro, contra o Servizo Público de Emprego Estatal e outros, sobre desemprego, foi ditada a seguinte resolución:

«Declaramos que non procede, por razón da contía, o recurso de suplicación interposto polo Servizo Público de Emprego Estatal contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, do 16 de maio de 2011, en autos nº 22/2009, instados por Bernardo López Lendoiro, e, por tanto, devén firme a devandita resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta do depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Avícola Pérez Manciñeira, S.A. con último domicilio coñecido en lugar do Bosque, parroquia de San Cristovo das Viñas (A Coruña), advertindo o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial