Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13231

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 12 de marzo de 2014 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, dos centros privados Novacaixagalicia da Coruña, Campelo Novacaixagalicia de Poio e Colegio Hogar Novacaixagalicia de Vigo.

O representante legal dos centros privados Novacaixagalicia do concello da Coruña, Campelo Novacaixagalicia, do concello de Poio (Pontevedra), e Colegio Hogar Novacaixagalicia do concello de Vigo (Pontevedra), solicita o cambio de titularidade dos centros educativos.

A Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social é o resultado da transformación en fundación de carácter especial da Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra (Novacaixagalicia).

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Novacaixagalicia, código 15005270; Campelo Novacaixagalicia, código 36015962, e Colegio Hogar Novacaixagalicia, código 36011609, a favor da Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento dos centros.

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Os centros quedan obrigados ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria