Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de desistencia do convenio urbanístico de planeamento para a ordenación da parcela existente en Tomás Alonso, núm. 207, no lugar coñecido como O Castro Castriño (AOP-10) (expediente 7266/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 24 de febreiro de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Ter por desistida a Montserrat Bares Fernández do convenio urbanístico de planeamento para a ordenación da parcela existente en Tomás Alonso, nº 207, no lugar coñecido como O Castro Castriño (AOP-10), incorporado no procedemento de aprobación do PXOM de Vigo, dar por concluídas as actuacións seguidas para a súa sinatura e efectos e proceder ao seu arquivamento.

Segundo. Iniciar o procedemento para a redacción e informe dunha modificación puntual de planeamento xeral no ámbito definido no dito convenio urbanístico e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificacións e demolicións no ámbito afectado polo prazo máximo dun ano, co fin de estudar a súa formación ou reforma, de conformidade co disposto no artigo 77.1 da Louga e proceder á publicación deste acordo no DOG e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Terceiro. Dar traslado do presente acordo á interesada, significándolle que pon fin á vía administrativa e contra o cal poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes ou, alternativamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses, contado en ambos os casos a partir do día seguinte ao da súa notificación, ben que contra o punto dispositivo segundo unicamente poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a súa publicación.»

De conformidade co disposto no artigo 77.1 da Louga, procédase á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Vigo, 5 de marzo de 2014

(Resolución do 8.2.2013)
Mª del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo