Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15951

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (705/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 705/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Torres Campos contra a empresa Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por José Ramón Torres Campos contra Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L. e Fogasa, debo declarar e declaro que a extinción do contrato de traballo do demandante, efectuado polas demandadas con data de efectos de 5 de xuño de 2013, constitúe un despedimento improcedente e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L. a se ater a esta declaración, e debo condenar e condeno solidariamente a Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., e Yesos y Morteros de Carballo, S.L. a que readmitan inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 49,18 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, a extinción da relación laboral, con aboamento á demandante dunha indemnización de 15.442,40 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Logística de Yesos y Morteros, S.L. e Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

A secretaria xudicial