Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1015/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1015/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Roca Amil contra a empresa Industrias Fernández Fábrica de Muebles, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a sentenza e auto de aclaración cuxos encabezamentos e partes dispositivas son como segue:

«Sentenza: 37/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1015/2013.

Demandante: Pablo Roca Amil.

Letrado: Sr. Pérez Pena.

Demandado: Industrias Fernández Fábrica de Muebles, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2014.

Resolución:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Marta Viñas Alonso contra a empresa Tintorería Mil Colores, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza.

2. Condeno a demandada a que pague, en concepto de indemnización, a cantidade de 18.680,34 euros ao traballador demandante.

O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

Xulgado do Social número 4-Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: DSP 1015/2013.

Demandante: Pablo Roca Amil.

Letrado:

Demandado: Industrias Fernández Fábrica de Muebles, S.L.

Letrado:

Auto.

A Coruña, 17 de marzo de 2014.

Parte dispositiva:

Procede rectificar a sentenza ditada nestes autos, de tal forma que na parte dispositiva, onde di: «María Marta Viñas Alonso fronte á empresa Tintorería Mil Colores, S.L.», debe dicir: «Pablo Roca Amil fronte á empresa Industrias Fernández Fábrica de Muebles, S.L.».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz do xulgado de Reforzo da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación a Industrias Fernández Fábrica de Muebles, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de marzo de 2014

A secretaria xudicial