Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17198

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (466/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 466/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Gestal Precedo contra a empresa Jaime da Silva Pereira, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo ditame di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Jesús Gestal Precedo, contra Jaime da Silva Pereira e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Jaime da Silva Pereira a que aboe á demandante a cantidade de 82,16 euros brutos, polas diferenzas salariais de decembro de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Jaime da Silva Pereira, en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial