Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17488

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (18/2012).

Ana Rodríguez Puga, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro,

Anuncia

Que no presente procedemento ordinario nº 18/2012 seguido por instancia de Jaime Pernas Rodríguez contra Mieu Promociones e Edificaciones, S.L. foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza: 49/2013.

Sentenza.

Xuíz: Pablo Muñoz Vázquez.

Data: 21 de marzo de 2013.

Lugar: Viveiro.

Procedemento: xuízo ordinario nº 18/2012.

Demandante: Jaime Pernas Rodríguez.

Procurador: Constantino Prieto Vázquez.

Avogado: Jaime Pernas Rodríguez.

Demandado: Mieu Promociones y Edificaciones, S.L.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Constantino Prieto Vázquez, en nome e representación de Jaime Pernas Rodríguez, contra a entidade mercantil Mieu Promociones y Edificaciones, S.L. e, por conseguinte, declaro que:

Primeiro. O contrato privado de compravenda outorgado entre Jaime Pernas Rodríguez e a entidade mercantil Mieu Promociones y Edificaciones, S.L. no 28 de agosto de 2009 perfeccionouse e, por tanto, é válido e eficaz en dereito e vincula as partes.

Segundo. A entidade mercantil Mieu Promociones y Edificaciones, S.L. está obrigada a outorgar escritura pública de compravenda a favor de Jaime Pernas Rodríguez do local comercial situado no edificio Viña II, que linda á fronte coa estrada ao apeadeiro, pola súa banda traseira, terreo da promotora, por un lateral, o portal de edificio e polo sur, con Telmo Mariño Martínez, duns 83 m2 aproximadamente, conforme os pactos e condicións que se especifican no contrato privado de compravenda do 28 de agosto de 2009 ante o notario de Viveiro, e condeno o demandado a estar e pasar por tales pronunciamentos, con apercibimento que, se non o fixer así, se outorgará a correspondente escritura pública con intervención do xuíz en nome do demandado e ás súas expensas.

Impóñense as custas procesuais á entidade mercantil Mieu Promociones y Edificaciones, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia. Rubricado.»

E encontrándose o devandito demandado, Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Viveiro, 7 de marzo de 2014

A secretaria xudicial