Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17486

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4464/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 4464/2013 desta sección, seguido por instancia de Raquel Casaballe Rodríguez contra Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo (A Coruña), José Ignacio Losada Castillo, Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación formulado pola representación procesual de Raquel Casaballe Rodríguez contra a Sentenza do 17 de xuño de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña en proceso sobre despedimento, promovido pola recorrente contra Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L. e outra, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez (10) días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº. recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº. 1552 0000 37 (nº. recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial