Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2014/26-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: soterramento liñas 66 kV entrada subestación Ponte Sampaio.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas:

Tramos subterráneos con conductor RHZ1:

1. LAT 66 kV Ponte Sampaio, Ponte Caldelas: 106 metros, con orixe no apoio 34.

2. LAT 66 kV Ponte Sampaio, Renfe/Redondela: 126 metros con orixe no novo apoio 381 PAS. Tramo aéreo de 51,38 metros con condutor LA-180, do apoio 382 ata o 381 PAS.

3. LAT 66 kV Mourente, Ponte Sampaio: 49 metros con orixe no novo apoio 381 PAS. Tramo aéreo de 32,63 metros con condutor LA-180, do apoio 380 ata o 381 PAS.

4. LAT 66 kV Ponte Sampaio, Cangas: 81 metros con orixe na cámara de empalme.

Os tramos subterráneos finalizan nos terminais enchufables das celas blindadas da subestación de Ponte Sampaio, situada no termo municipal de Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 7 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra