Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26899

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de xuño de 2014, polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira da Guarda, a Festa da Ameixa do Carril de Vilagarcía de Arousa e o Oenach Atlántico de Narón.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta na súa reunión do 5 de xuño de 2014 e que a seguir se transcribe:

Declarar festas de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, as seguintes:

A Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, que se celebra a primeira fin de semana de xullo, no concello da Guarda (Pontevedra).

A Festa da Ameixa do Carril, que se celebra unha fin de semana da segunda quincena de agosto, coincidindo coas festas de San Roque, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

O Oenach Atlántico, que se celebra na derradeira fin de semana de xullo, no concello de Narón (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia