Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26898

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2014.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG núm. 92, do 15 de maio de 2014, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 21910, artigo 6. Condicionalidade, onde di: «Agader reserva para si o dereito a denegar a concesión das subvencións previstas na presente convocatoria para a Administración pública autonómica e para as persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións, de non producirse a modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2007-2013 admitindo como beneficiarios da medida 321 as citadas entidades.», debe dicir: «Agader reserva para si o dereito a denegar a concesión das subvencións previstas na presente convocatoria de non aprobarse por parte da Comisión Europea a modificación puntual do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2007-2013».