O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro cuadrimestre do ano 2014.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014
Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo
ANEXO
|
Convenio |
Importe |
Data da firma |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Santiago de Compostela, no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo. |
30.000 € |
24 de abril de 2014 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, Brétema, para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia. |
30.000 € |
25 de marzo de 2014 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia, Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia. |
25.000 € |
15 de abril de 2014 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia. |
30.000 € |
25 de marzo de 2014 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia, Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia. |
30.000 € |
25 de marzo de 2014 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Unión de Consumidores de Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia. |
25.000 € |
25 de marzo de 2014 |
|
Convenio da Universidade da Coruña co Instituto Galego de Consumo para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Ciencias no Laboratorio de Consumo de Galicia. |
Sen asignación orzamentaria |
4 de abril de 2014 |
