Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (387/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 387/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leydis Piña Rodríguez contra Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

1. Que estimando a demanda formulada por Leydis Piña Rodríguez contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 1.750,71 euros que lle debe.

2. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra esta resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) da Lei reguladora da xurisdición social, no caso de concorreren os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xuño de 2014

A secretaria xudicial