María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 180/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Maroño Álvarez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:
«Sentenza.
A Coruña, 5 de xuño de 2014.
Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, estes autos de xuízo número 180/2012, seguidos por instancia de Juan Carlos Maroño Álvarez, representado polo letrado Sr. Pousa Meréns, fronte a Esabe Vigilancia, S.A. e con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.
Resolvo:
Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Juan Carlos Maroño Álvarez fronte a Esabe Vigilancia, S.A., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 178,63 euros.
Notifíquese esta resolución ás partes.
Contra esta resolución non cabe recurso conforme o disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.
Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 5 de xuño de 2014
A secretaria xudicial
