Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29419

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (34/2014).

Elba García Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, polo presente anuncio que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo verbal 34/2014 por instancia da entidade Matelor, S.L., fronte á entidade Dandy Lift, S.L. e Rubén González Rodríguez, en cuxos autos se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza

En Ourense, 31 de marzo de 2014.

Vistos por min, Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil de Ourense, vistos os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 34/2014 seguidos ante este xulgado entre partes, dun lado, como demandados a entidade Dandy Lift, S.L. e Rubén González Rodríguez, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, ditou a seguinte sentenza:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola procuradora María del Carmen Enríquez Martínez, en nome e representación da entidade Matelor, S.L., contra a entidade Dandy Lift, S.L. e Rubén González Rodríguez, como administrador único desta, debo condenar e condeno solidariamente a Dandy Lift, S.L. e Rubén González Rodríguez a aboar á parte demandante a cantidade de 5.152,20 €, máis os xuros que correspondan desde a presentación da demanda e ata a completa satisfacción da débeda, con expresa imposición das custas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que ante ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días desde a súa notificación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Ourense.

Así o acordo, mando e asino.

Eva María Martínez Gallego. Maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 Mercantil de Ourense.

E para que así conste e encontrándose os devanditos demandados, Rubén González Rodríguez e a entidade Dandy Lift, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ourense, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial