M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2615/2012 desta sección, en que foi recorrente Securitas Seguridad España, S.A., e recorridos Viproga, S.A. e Miguel Domínguez Ferreiro, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza o 25 de abril de 2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:
«Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto pola entidade mercantil Securitas Seguridad España, S.A. contra a sentenza do 22 de novembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, ditada en xuízo, promovidos por instancia de miguel Domínguez Ferreiro contra a recorrente, contra a entidade mercantil Viproga, Sociedade Anónima, a sala revógaa parcialmente, absolvendo en consecuencia a recorrente da totalidade de pedimentos da demanda reitora das actuacións.
Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.
Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:
– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto,
nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).
– O depósito de 600 euros na conta desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).
Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».
E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 9 de xuño de 2014
A secretaria xudicial
