M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 898/2014 desta sección, seguido por instancia de María Bienvenida Castiñeira García e Sociedad de Prevención Fremap, S.L.U., contra Fogasa, Alcoa Inespal, S.A., Randstad Empleo ETT, S.A., subrogada Laboram, antes Vedior, Policlínico Médico Sanitario, Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Gyt Clave, Flexiplan, S.A., ETT, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:
«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Sra. Navarrete Rey, en nome da parte demandante, así como o interposto polo letrado Sr. Fresco González, en nome e representación da empresa condenada na instancia, contra a sentenza do 12 de xuño de 2013, aclarada mediante o auto do 18 de xullo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña en autos 1252/2012, sobre despedimento, promovidos por instancia de María Bienvenida Castiñeira García contra as empresas Alcoa Inespal, S.A., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Flexiplan, S.A., ETT, Randstad Empleo ETT, S.L., Gyt Clave, Policlínico Médico Sanitario e a entidade Sociedad de Prevención Fremap, en que foi parte o Fogasa, confirmámola na súa integridade.
Imponse á Sociedad de Prevención Fremap, S.L.U. o aboamento das custas procesuais causadas, con inclusión dos honorarios dos letrados impugnantes deste recurso (a letrada da demandante, e o letrado da empresa Eulen), que se fixan en 550 euros para cada un deles, así como a perda do depósito constituído para recorrer.
Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.
Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:
– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto,
nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).
– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).
Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».
Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.
E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Gyt Clave e Policlínico Médico Sanitario, con último domicilio coñecido na rúa Juana de Vega, 4, da Coruña e na avenida de Fisterra, nº 182, da Coruña, respectivamente, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.
A Coruña, 5 de xuño de 2014
A secretaria xudicial
