Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013440TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 14 de maio de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2013440TA-CO, incoado a Oro, Incienso y Mirra, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Oro, Incienso y Mirra, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de xuño de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013440TA-CO.

Interesada: Oro, Incienso y Mirra, S.L. (Café Royale).

DNI/NIF/CIF: B70190418.

Derradeiro enderezo coñecido: Alférez Provisional, 3, Centro Comercial Los Cantones-Village,15003 A Coruña.

Resolución: arquivamento por inexistencia de infracción.