Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013393AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 14 de maio de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2013393AL-CO, incoado a Salvador Beltrán Moreno.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Salvador Beltrán Moreno o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de xuño de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013393AL-CO.

Interesado: Salvador Beltrán Moreno (Mesón el Caserío).

DNI/NIF/CIF: 29762693A.

Último enderezo coñecido: lugar Os Chás, 5,15316 Coirós.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007). Artigo 5.1º, 2º.a). b). c). d). e). f). g). 3º, 4º.a). b). c). Anexo II. Capítulo I. 4º, capítulo II. 1º.c), capítulo VI. 2º, capítulo XII. 1).2).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160 do 6 de xullo) art. 50.1º.e) e art. 51.1º.a).

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, de 12 de xaneiro de 2001) art. 3.3º.

– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DO núm. 31, do 1 febreiro de 2002) art. 17.1º. Art 18.1º. 2º.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.