Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (192/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario número 192/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Luis Vázquez Lago contra Bar Pinchos y Tapas, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Juan Luis Vázquez Lago contra Bar Pinchos y Tapas, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.351,25 euros.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bar Pinchos y Tapas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xuño de 2014

A secretaria xudicial