Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (191/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 191/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Miguens Domínguez contra Exfoga, S.L., Brauron, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión que estimando integramente a demanda interposta por Martín Miguens Domínguez contra Exfoga, S.L. e Brauron, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno as mercantís demandadas a que lle aboen solidariamente ao demandante, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET, a suma de dez mil oitocentos oitenta e oito euros con setenta e nove céntimos (10.888,79 €) polos conceptos desagregados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, e condeno as demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, coas consecuencias legais inherentes.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Exfoga, S.L. e Brauron, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

A secretaria xudicial