Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30012

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (385/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 385/2014-MFV desta sección, seguido por instancia de Ana María Lopo Prieto contra o Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), Bogar Asistencia, S.L., admón. concursal Galicia Saudade, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante Ana María Lopo Prieto contra a sentenza do 21 de agosto de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña nos autos número 413/2013 seguidos por instancia da demandante contra as demandadas, debemos revogar e revogamos en parte a sentenza de instancia e declaramos a improcedencia do despedimento efectuado condenando a empresa Bogar Asistencia, S.L. a optar entre a readmisión da traballadora ou aboarlle en concepto de indemnización a cantidade de 3.262 euros, todo iso con aboamento en caso de opción pola readmisión dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da sentenza a razón de 37,28 euros día, e absolvemos as restantes codemandadas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “35 social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2014

A secretaria xudicial