Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30010

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2014 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista en informática, especialidade de desenvolvemento de sistemas, grupo III, en virtude de probas selectivas, convocadas pola Resolución do 31 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 31 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto) para cubrir seis prazas da categoría profesional técnico/a especialista en informática, especialidade desenvolvemento de sistemas, grupo III, e comprobado que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional técnico/a especialista en informática, especialidade desenvolvemento de sistemas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán os seus contratos no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Categoría laboral: técnico/a especialista en informática,
especialidade de desenvolvemento de sistemas

Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

76825926-S

Vilariño Fidalgo, Tomás

2

71505479-C

Molinero Álvarez, Miguel Ángel

3

32796600-A

Martín Ponte, David

4

44819172-S

Tosar Míguez, Catarina

5

44819321-A

Ínsua García, José Manuel

6

44824777-P

Candela Iglesias, Adrián