Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34307

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (206/2005).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente,

Sentenza.

No presente procedemento de división de herdanza número 206/2005 seguido por instancia de Eliseo Varela Cumplido, representado pola procuradora Sra. Fernández Ramos e asistido pola letrada Sra. Blanco Pérez, contra Pablo Varela Cumplido, representado pola procurador Sr. Cean Garrido e asistido polo letrado Sr. Rodríguez Carracedo, Jesús Varela Cumplido, Sinesia Varela Cumplido, Obdulia Varela Cumplido, Imelda Varela Cumplido, Bernardo Varela Cumplido, José Eduardo Varela Fernández e Marcos Roberto Varela Fernández, con asistencia do Ministerio Fiscal, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Decido que, estimando integramente como estimo a oposición formulada pola representación procesual de Pablo Varela Cumplido ás operacións divisorias presentadas pola representación procesual de Eliseo Varela Cumplido, acordo non aprobar as operacións divisorias da herdanza dos causantes Esther Cumplido Vázquez e Jaime Varela Méndez, quedando a pretensión divisoria do demandante imprexulgada, pendente de levar a cabo polo contador partidor, logo da a liquidación do réxime matrimonial daqueles no presente procedemento.

Impóñense á parte demandante as custas causadas no presente procedemento.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este xulgado dentro do prazo de vinte días, contados desde o seguinte a súa notificación, e resolverase ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose os devanditos demandados, Marcos Roberto Varela Fernández, José Eduardo Varela Fernández e Bernardo Varela Cumplido, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Lalín, 28 de abril de 2014

A secretaria xudicial