Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a Resolución do 7 de maio de 2014 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural sobre a adxudicación de masas comúns na zona de concentración parcelaria de Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña).

O acordo da zona de concentración parcelaria de Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias con data do 5 de xullo de 2004, publicado no Diario Oficial de Galicia o 20 de setembro de 2004 e notificado persoalmente a todos os propietarios.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Ames, con data do 10 de marzo de 2014, solicitou a cesión da titularidade dos predios e para os fins, que se indican:

• Predio nº 47, para posibilitar a conexión da vía existente.

• Predio nº 343, para suavizar a curva do trazado viario.

• Predios nº 414-2 e nº 415, por existir un lavadoiro público e para posibilitar o mantemento e acondicionamento do seu contorno.

• Predio nº 416, para levar a cabo a mellora viaria vinculada ao proxecto «Conexión ao núcleo de Ventín e enlace da variante Galanas-Pardiñas».

• Predio nº 418, para a ampliación e mellora da área deportiva e recreativa xa existente.

• Predio nº 433, para completar un ámbito de equipamentos públicos deportivos, ao lindar co campo de fútbol e co colexio de Ventín.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Ley de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Ley 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que os destinos para os cales se solicitan os predios 47, 343, 414-2, 415, 416, 418 e 433 son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1) Modificar o Acordo de concentración parcelaria da zona de Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña), e adxudicar ao Concello de Ames a titularidade dos predios 47, 343, 414-2, 415, 416, 418 e 433 -que causan baixa no fondo de terras da zona- para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2) Transcorridos cinco anos desde a cesión das titularidades sen que os predios fosen destinados aos fins para que son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3) Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Ames.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo de trinta días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta resolución. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 28 de xullo de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña