Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a Resolución do 26 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre a adxudicación de masas comúns na zona de concentración parcelaria de Touro-Quión (Touro-A Coruña).

O Acordo da zona de concentración parcelaria de Touro-Quión (Touro-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral competente na materia con data do 27 de febreiro de 2004, e foi publicado e notificado na forma legalmente establecida, atopándose na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Touro solicitou a cesión da titularidade dos predios que a seguir se indican para os fins que se sinalan:

• Predio nº 70 para equipamentos municipais.

• Predio nº 138-2 para depósito de madeira e maquinaria contra incendios.

• Predio nº 163 para a conexión co núcleo de Mourelos.

• Predio nº 255 para a canalización da depuradora.

• Predio nº 297 para depuradora de Mourelos.

• Predio nº 350 para instalacións deportivas.

• Predio nº 382 para depósito de madeira e maquinaria contra incendios.

• Predio nº 490 para o colexio público.

• Predios nº 638 e 639 para destinalas a áreas recreativas da Santaia.

• Predio nº 702 para depósito de madeira e maquinaria contra incendios.

• Predio nº 817 para a depuradora de Ventín.

• Predio nº 903-2 para depósito de madeira e maquinaria contra incendios.

• Predio nº 951 para o contorno do lavadoiro público.

• Predio nº 1051 para depósito de madeira e maquinaria contra incendios.

• Predios nº 1064 e 1065 para equipamentos municipais.

• Predio nº 1074 para campo da festa de Quión.

• Predio nº 1493 para depósito contra incendios.

• Predio nº 1771 para depósito de madeira e maquinaria contra incendios.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que os destinos para que se solicitan os predios nº 70, 138-2, 163, 255, 297, 350, 382, 490, 638, 639, 702, 817, 903-2, 951, 1051, 1064, 1065, 1074, 1493 e 1771 son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1º. Modificar o Acordo de concentración parcelaria da zona de Touro-Quión (Touro-A Coruña), e adxudicar ao Concello de Touro a titularidade dos predios nº 70, 138-2, 163, 255, 297, 350, 382, 490, 638, 639, 702, 817, 903-2, 951, 1051, 1064, 1065, 1074, 1493 e 1771 –que causan baixa no fondo de terras da zona– para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2º. Transcorridos cinco anos desde a cesión das titularidades sen que os predios fosen destinados aos fins para que son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3º. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Touro.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo de trinta días que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta resolución. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 28 de xullo de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña