Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación de dous acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Desígnase instrutora e secretario do expediente a María Luz Fernández Quintas e Amador Fernández Lozano, respectivamente, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, nº 79, 2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En virtude do disposto no artigo 32.1.a) e b) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, a competencia para resolver o expediente sancionador corresponderá ao director xeral de Emerxencias e Interior se a sanción consiste nunha multa de ata 60.000 euros, ou ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza se a multa é superior a 60.000 euros hasta 300.000 euros.

Ourense, 17 de xullo de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-1/14.

Interesado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/NIF: 34247993G.

Último enderezo coñecido: rúa Camiño de Pipín, nº 13, 1º esquerda, Lugo.

Data do acordo de iniciación: 19 de xuño de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: grave. Artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Posible sanción: multa superior a 3.000 euros ata 18.000 euros.

Expediente: OU-2/14.

Interesado: Serafín Vázquez Costa.

DNI/NIF: 33308445Y.

Último enderezo coñecido: rúa Carril das Hortas, nº 39, 4º B, Lugo.

Data do acordo de iniciación: 19 de xuño de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave. Artigo 28.n) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Posible sanción: multa superior a 18.000 euros ata 100.000 euros.