Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos PO-176/14 CH.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados no expediente de multa, por infracción en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo.

Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recursos de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 15 de xullo de 2014

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

MSP La Goulla, S.L.

B94032455

PO-176/14 CH

Artigo 23.ñ) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

Tarrío, 45, Caleiro 36629, Vilanova de Arousa

Multa de 301 €