Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (406/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 406/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio García García contra Plana Artes Gráficas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage

En Santiago de Compostela o catorce de xullo de dous mil catorce.

O anterior escrito presentado pola parte demandante únase e confírase traslado da desistencia ás demandadas co fin de que no prazo de dez días manifesten a súa conformidade ou desconformidade con este, facéndolles saber que se non realizan alegacións no prazo conferido se entenderán conformes con este.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a secretario/a xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Plana Artes Gráficas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014

A secretaria xudicial