Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

AUTO (172/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento procedemento ordinario 172/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Cajaraville Ares contra Bioegea Servicios Medioambientales, S.L., Raisin Dor, S.L., Climadaptación, S.L., Acuiperc, S.L., Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

Que rectifico o erro de transcrición que conteñen o feito probado terceiro da sentenza, o cal debe quedar redactado do seguinte xeito:

Que estimo integramente a demanda interposta por Pablo Cajaraville Ares fronte ás mercantís Bioegea Servicios Medioambientales, Acuiperc, S.L., Climadaptación, S.L. e Raisindor, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente as mercantís Bioegea Servicios Medioambientales, Acuiperc, S.L., Climadaptación, S.L. e Raisindor, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 17.595,84 euros en concepto de salarios de decembro de 2012 e xaneiro de 2013 (3.624,64 euros) e indemnización legal por extinción do contrato (13.971,20 euros), cantidade que debe ser incrementada cos xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais obxecto de condena.

Esta resolución é firme e contra esta non cabe recurso ningún, ben que se poderá interpoñer contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, dende a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, eu, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Biogea Servicios Medioambientales, S.L., Raisin Dor, S.L., Climadaptación, S.L., Acuiperc, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014

A secretaria xudicial