Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35803

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (395/2013).

Procedemento ordinario 395/2013.

Sobre: ordinario.

Demandante: José Alberto Rey Sande.

Avogado: Torcuato Labella Lozano.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 395/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Rey Sande contra Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido.

Que desestimando a excepción de prescrición formulada polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), estimo parcialmente a demanda interposta por José Alberto Rey Sande fronte a Jaisuyoma Arias Bastos, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.959,07 euros en concepto de indemnización por despedimento, cantidade que debe ser incrementada cos xuros do artigo 1.108 do Código civil, calculados desde a data do despedimento.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

A secretaria xudicial