Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35805

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (268/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 268/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Martínez Lomba contra Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Decido.

Que estimo integramente a demanda interposta por Juan Carlos Martínez Lomba e Norclisa Clima Seguridad Integral, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 20.791,82 euros en concepto de indemnización por despedimento (16.737,82 euros) e salarios de outubro, novembro e decembro de 2011 e liquidación por vacacións (4.054,00 euros), cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto dos conceptos salariais e cos xuros do artigo 1.108 do Código civil, calculados desde a data do despedimento, respecto das indemnizacións.

Non procede condenar nesta instancia o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

A secretaria xudicial