Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35880

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2014 pola que se modifica a distribución entre créditos orzamentarios da Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2014.

missing image file

A Resolución do 8 de maio de 2014 aproba as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e anuncia a convocatoria para o ano 2014.

O artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, regula a modificación da distribución entre créditos orzamentarios nas subvencións convocadas e establece que, ademais das modificacións que procedan no expediente de gasto, se publicarán nos mesmos medios que a convocatoria.

O artigo 2 da citada resolución prevé a dotación máxima da convocatoria para o ano 2014, e a distribución do crédito segundo a tipoloxía de beneficiario e a súa consignación nas correspondentes aplicacións orzamentarias. Así mesmo, no número 5 dispón que, atendendo ao número de solicitudes presentadas e resoltas por cada tipo de beneficiario, poida redistribuírse o crédito entre os diferentes tipos de beneficiarios co obxecto de cubrir o maior número de actuacións e aproveitar o crédito total dispoñible.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes fixado no artigo 3 da Resolución do 8 de maio de 2014, resulta que na aplicación orzamentaria que soporta o financiamento das actuacións promovidas pola Administración pública autonómica existe un remanente que convén asignar a outras tipoloxías de beneficiarios, co fin de optimizar os recursos dispoñibles para esta convocatoria e cubrir o maior número posible de actuacións subvencionables, baixo a perspectiva da eficiencia na asignación dos recursos públicos.

Tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

Artigo único

Modifícase a distribución entre créditos orzamentarios da Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2014, nos seguintes termos:

Aplicación orzamentaria inicial

Crédito inicial

Redistribución

Crédito definitivo

12.A1.712A.7130

2.324.009 €

- 1.832.800,55 €

491.208,45 €

12.A1.712A.7600

2.000.000 €

+ 141.323,86 €

2.141.323,86 €

12.A1.712A.7700

2.500.000 €

+ 939.709,27 €

3.439.709,27 €

12.A1.712A.7800

2.000.000 €

+ 751.767,42 €

2.751.767,42 €

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural