Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36383

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ordena un sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que poida responder con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, na súa alínea terceira do artigo único, introduce a alínea 10 no artigo 3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e crea os ciclos de formación profesional básica, con indicación de que serán de oferta obrigatoria e carácter gratuíto.

Así mesmo, na alínea trinta e tres e seguintes da Lei orgánica 8/2013, modifícase a Lei orgánica 2/2006, incluíndo os ciclos formativos dentro da formación profesional do sistema educativo, como medida para facilitar a permanencia dos alumnos e as alumnas no sistema educativo e ofrecerlles maiores posibilidades para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Na disposición derradeira quinta (calendario de implantación) da Lei orgánica 8/2013, na alínea 4, establécese que os ciclos de formación profesional básica substituirán progresivamente os programas de cualificación profesional inicial. O primeiro curso dos ciclos de formación profesional básica implantarase no curso escolar 2014/15, no que se suprimirá a oferta de primeiro curso dos programas de cualificación profesional inicial.

De acordo co artigo 7 do Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, se aproban catorce títulos profesionais básicos, se fixan os seus currículos básicos e se modifica o Real decreto 1850/2009, do 4 de decembro, sobre expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, os títulos profesionais básicos terán a mesma estrutura que o resto de títulos das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.

Ademais dos catorce títulos aprobados polo citado Real decreto 127/2014, no Real decreto 356/2014, do 16 de maio, adicionalmente, establécense sete títulos de formación profesional básica do catálogo de títulos das ensinanzas de formación profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, establece a estrutura, a organización e a regulamentación xeral da formación profesional do sistema educativo, e as directrices que deben cumprir os currículos dos ciclos formativos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e autoriza a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do disposto nel.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto regular o acceso e a admisión aos ciclos formativos da formación profesional básica en centros públicos e privados coas ensinanzas concertadas do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e autorizar a súa oferta en centros públicos para o curso académico 2014/15.

Artigo 2. Oferta obrigatoria

Os ciclos de formación profesional básica de oferta obrigatoria autorizados en centros públicos para o curso 2014/15 son os que se relacionan no anexo V desta orde. Serán cofinanciados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e o Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación.

Artigo 3. Requisitos de acceso á oferta obrigatoria

Segundo o establecido no artigo 15 do Real decreto 127/2014, para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:

a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.

Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

Artigo 4. Procedemento para realizar a proposta de incorporación á oferta obrigatoria

1. Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:

a) O equipo docente dos grupos da educación secundaria obrigatoria con alumnado que poida ser proposto para realizar ciclos formativos de formación profesional básica, xunto co xefe ou a xefa do departamento de orientación dos centros públicos, realizarán unha reunión onde se analice a situación escolar do alumnado en risco de non alcanzar o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Nesta reunión establecerase unha relación de alumnado susceptible de se incorporar ás ensinanzas de formación profesional básica, que será asinada por todo o equipo docente e o xefe ou a xefa do departamento de orientación.

b) Posteriormente, o titor ou a titora elaborarán para cada alumno ou alumna o consello orientador segundo o modelo do anexo II, coa axuda do xefe ou a xefa do departamento de orientación, no que se fará constar:

• O grao de logro dos obxectivos e de adquisición das competencias que xustifican a proposta.

• As dificultades de aprendizaxe presentadas.

• As medidas de atención á diversidade aplicadas, de ser o caso.

• Os motivos razoados polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou a alumna se integren nun ciclo formativo de formación profesional básica.

O consello orientador emitirase por duplicado e irá asinado polo titor ou a titora do alumno ou da alumna, en nome do equipo docente, o xefe ou a xefa do departamento de orientación e a persoa encargada da dirección do centro educativo.

c) A dirección do centro comunicaralles ao pai, á nai ou aos/ás titores/as legais do alumno ou da alumna que este/a foi proposto/a para un ciclo formativo de formación profesional básica, e entregará un exemplar do consello orientador e o documento no que, de ser o caso, darán o consentimento para incorporar o alumno ou a alumna a estas ensinanzas (anexo III).

O departamento de orientación colaborará coa dirección do centro para informar o alumnado e as familias do alumnado proposto acerca das características xerais e das finalidades dos ciclos formativos da formación profesional básica.

d) O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

De non entregar este documento no prazo do 1 ao 9 de setembro, entenderase que non dan o consentimento.

e) No caso de que os pais, as nais ou os/as titores/as legais do alumno ou da alumna dean o consentimento para o/a incorporar a estas ensinanzas, a dirección do centro educativo entregaralles o documento de comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o modelo do anexo IV.

f) Un exemplar do consello orientador e, de ser o caso, do documento de consentimento incluirase no expediente académico.

Nos centros privados, as funcións de dirección entenderase que serán realizadas pola persoa titular desta e as funcións do xefe ou a xefa do departamento de orientación serán realizadas, de ser o caso, pola persoa que realice tarefas de información e/ou orientación.

2. Utilizando o mesmo procedemento, o equipo docente poderá realizar a proposta de incorporación a un ciclo de formación profesional básica do alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

Artigo 5. Solicitude e prazo de admisión e matrícula nos ciclos formativos de oferta obrigatoria

1. O alumno ou a alumna que fose proposto/a para realizar un ciclo de formación profesional básica deberá presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, segundo o modelo do anexo I, no centro no que pretenda ser admitido/a e xuntaráselle a seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.

b) Comunicación de incorporación á formación profesional básica (anexo IV).

c) Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:

1º. Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia, de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.

2º. Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia.

A solicitude deberá ser asinada pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

A persoa interesada terá dereito a que o centro lle expida copia ou xustificante, con data e selo, acreditativa da presentación da solicitude.

2. O prazo de presentación da solicitude de admisión e matrícula será o abranguido desde o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de setembro.

3. No caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, de xeito que nun centro se impartan os módulos asociados a unidades de competencia e o resto dos módulos noutro centro, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

Artigo 6. Postos escolares dispoñibles

1. Con carácter xeral, o número de postos escolares dispoñibles para cada ciclo da formación profesional básica é de vinte.

Excepcionalmente, a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que corresponda poderá modificar o límite establecido, considerando as posibilidades organizativas do centro.

2. Do total de postos escolares que se ofrezan, reservarase a mesma porcentaxe que para o resto das ensinanzas de formación profesional, é dicir, o 10 por cento, para estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade.

Esta porcentaxe reservarase ata que finalice a adxudicación subsidiaria da comisión de escolarización establecida no artigo 7.6 desta orde.

3. O alumnado con necesidades educativas especiais que curse un ciclo formativo da formación profesional básica incorporarase, con carácter xeral, co resto do alumnado matriculado no programa. Neste caso, para os efectos de ocupar postos escolares computará o dobre.

Artigo 7. Procedemento de admisión

1. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:

a) Alumnado que teña cursado 2º de ESO.

b) Alumnado que teña cursado 3º de ESO.

c) Alumnado que teña cursado 4º de ESO.

Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.

Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.

2. A admisión do alumnado corresponde:

a) Nos centros públicos, ao director ou á directora. Ademais, o consello escolar, de existir este órgano colexiado, debe emitir informe, consonte o disposto nos artigos 132.n) e 127.e) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

b) Nos centros privados con ensinanzas concertadas, a admisión do alumnado correspóndelle a quen exerza a súa titularidade, e o consello escolar deberá garantir o cumprimento das normas xerais de admisión, consonte o disposto no artigo 57.c) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Con este fin, o referido consello escolar asesorará a quen exerza a titularidade do centro, que será responsable do cumprimento das citadas normas.

3. Os centros educativos farán pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo o día 12 de setembro.

Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados a correspondente reclamación, no prazo de dous días hábiles desde a publicación da listaxe.

Contra o resultado desta reclamación, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada no caso dos centros públicos ou formular reclamación, no caso dos centros privados, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comunicación.

4. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados remitirán á correspondente xefatura territorial, no prazo de 2 días hábiles seguintes ao da publicación da relación do alumnado admitido e non admitido, a seguinte documentación:

a) Listaxe do alumnado admitido en cada ciclo formativo.

b) Número de postos escolares non cubertos, detallados por ciclo formativo.

c) Listaxe do alumnado non admitido no centro, xunto coa documentación presentada, de ser o caso.

5. A xefatura territorial correspondente remitirá esta documentación á comisión de escolarización a que se fai referencia no artigo 15 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

6. A comisión de escolarización, á vista da documentación recibida, tendo en conta os postos escolares non cubertos noutros ciclos, procederá a asignarlle praza ao alumnado que fora proposto para a oferta obrigatoria e que non fora admitido no ciclo solicitado. A inspección educativa informará este alumnado para tal efecto.

7. A comisión de escolarización comunicará á xefatura territorial o resultado desta asignación de prazas e, á súa vez, a persoa titular da xefatura territorial remitirá a proposta de adxudicación subsidiaria de postos escolares aos centros en que, segundo o resultado deste proceso, se vaia producir a escolarización da alumna ou do alumno.

Artigo 8. Prazo de matrícula

1. O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 12 ata o día 19 de setembro.

2. A formalización da matrícula nos ciclos formativos sostidos con fondos públicos quedará condicionada ao establecido no artigo 9.1 desta orde.

Artigo 9. Constitución de grupos nos ciclos formativos de oferta obrigatoria sostidos con fondos públicos

1. Requírese un número mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes no resto de Galicia, para constituír un grupo do primeiro curso do ciclo formativo. Para este efecto contabilizarase o alumnado de 15, 16 e de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo.

Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento esta ensinanza, e entanto que non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha. A condición do número mínimo de alumnos/as débeselles comunicar ás persoas interesadas no momento da presentación da súa solicitude de admisión e matrícula.

2. Logo de constituído o grupo e de que se teñan atendidas todas as solicitudes de matrícula, incluídas as remitidas pola comisión de escolarización, de quedar prazas vacantes, poderanse completar os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

b) Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

Estas persoas deberán presentar a solicitude de admisión nos prazos establecidos para a oferta obrigatoria e, de existir máis solicitudes que prazas, utilizarase o procedemento de admisión regulado no artigo 7 desta orde.

Artigo 10. Oferta de programas formativos para o alumnado con necesidades educativas especiais

Tal como se establece no artigo 20.5 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e na disposición adicional cuarta do Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, e coa finalidade de dar continuidade no sistema educativo ao alumnado con necesidades educativas especiais escolarizado en centros de educación especial, cumpre autorizar para o curso 2014/15 os programas formativos que se relacionan no anexo VI.

Artigo 11. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Alumnado, cuxo obxecto é xestionar este procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta mesma secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxfp@edu.xunta.es

Artigo 12. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Xa que logo, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou as informacións que prevé esta norma, agás que xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa ausencia, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 13. Modelos normalizados de formularios

Para calquera outro trámite distinto á presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición adicional única. Programas de Cualificación Profesional Inicial

1. Segundo a disposición transitoria terceira do Real decreto 127/2014, o alumnado que superara o primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial durante o curso 2013/14 poderá realizar no curso académico 2014/15 o segundo curso do Programa de Cualificación Profesional Inicial.

Con tal fin, a oferta formativa dos módulos de segundo curso dos programas de cualificación profesional inicial para o curso 2014/15 é a que figura no anexo II da Orde do 7 de agosto de 2013 pola que se establece a oferta de programas de cualificación profesionalinicial en centros públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 14 de agosto).

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ditará as instrucións que corresponda sobre o proceso de admisión ao segundo curso de Programas de Cualificación Profesional Inicial, que serán de obrigado cumprimento nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan estas ensinanzas.

Estas instrucións serán enviadas aos centros educativos e publicadas na páxina web www.edu.xunta.es/fp

2. O alumnado matriculado durante o curso 2013/14 no réxime integrado dun programa de cualificación profesional inicial poderá realizar no curso académico 2014/15 o segundo curso do programa.

3. O alumnado matriculado durante o curso 2013/14 no primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial e que non o superara poderá integrarse no curso académico 2014/15 no primeiro curso dun ciclo de formación profesional básica.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a Secretaría Xeral Técnica, para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO V
Oferta de ciclos formativos de formación profesional básica para o curso 2014/15

A Coruña:

Concello

Código
do centro

Centro

Código
do ciclo

Ciclo

Ames

15027721

IES Plurilingüe de Ames

BIFC02

Informática de oficina

Arzúa

15027733

IES de Arzúa

BADG01

Servizos administrativos

BAGA01

Agroxardinaría e composicións florais

Betanzos

15001148

IES As Mariñas

BADG01

Servizos administrativos

BTMV01

Mantemento de vehículos

Boiro

15026698

IES Espiñeira

BIFC01

Informática e comunicacións

Cambre

15027873

IES Afonso X O Sabio

BIFC02

Informática de oficina

Carballo

15002591

IES Monte Neme

BELE01

Electricidade e electrónica

BFME01

Fabricación e montaxe

Cedeira

15026376

IES Punta Candieira

BELE01

Electricidade e electrónica

Cee

15003224

IES Fernando Blanco

BFME01

Fabricación e montaxe

BELE01

Electricidade e electrónica

BTMV01

Mantemento de vehículos

Coruña, A

15004204

IES Calvo Sotelo

BARG01

Artes gráficas

BFME01

Fabricación e montaxe

BMAM01

Carpintaría e moble

15005269

IES Urbano Lugrís

BELE01

Electricidade e electrónica

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

BIFC01

Informática e comunicacións

15024513

CIFP Someso

BEOC01

Reforma e mantemento de edificios

Centro asociado -15027770 - IES A Sardiñeira

BFME01

Fabricación e montaxe

Centro asociado -15027770 - IES A Sardiñeira

BIMP01

Peiteado e estética

Centro asociado - 15005579 - IES Plurilingüe Elviña

BTMV01

Mantemento de vehículos

Centro asociado - 15005579 - IES Plurilingüe Elviña

15027897

CIFP Paseo das Pontes

BHOT02

Aloxamento e lavandaría

Centro asociado - 15005269 - IES Urbano Lugrís

BTCP01

Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel

Centro asociado - 15005269 - IES Urbano Lugrís

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

BELE01

Electricidade e electrónica

BFME01

Fabricación e montaxe

BMAP01

Actividades marítimo-pesqueiras

Curtis

15022620

IES de Curtis

BTMV01

Mantemento de vehículos

Fene

15032081

IES de Fene

BFME01

Fabricación e montaxe

BTMV01

Mantemento de vehículos

Ferrol

15006687

IES de Catabois

BCOM01

Servizos comerciais

BMAM01

Carpintaría e moble

15006754

CIFP Ferrolterra

BELE01

Electricidade e electrónica

Centro asociado - 15006730 - IES Sofía Casanova

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

BIFC02

Informática de oficina

Centro asociado - 15025645 - IES Ricardo Carballo Calero

15021469

IES Leixa

BARG01

Artes gráficas

15021470

IES Canido

BHOT01

Cociña e restauración

15025566

IES Ferrol Vello

BINA01

Industrias alimentarias

15025645

IES Ricardo Carballo Calero

BIMP01

Peiteado e estética

Melide

15008817

IES de Melide

BMAM01

Carpintaría e moble

Monfero

15009241

CPI Virxe da Cela

BELE01

Electricidade e electrónica

Muros

15026388

IES Plurilingüe Fontexería

BIFC02

Informática de oficina

Narón

15025268

IES As Telleiras

BMAM01

Carpintaría e moble

15026455

IES Terra de Trasancos

BADG01

Servizos administrativos

BELE01

Electricidade e electrónica

Neda

15027216

IES Fernando Esquío

BCOM01

Servizos comerciais

Negreira

15026391

IES Xulián Magariños

BIFC02

Informática de oficina

Noia

15026731

IES Campo de San Alberto

BADG01

Servizos administrativos

BELE01

Electricidade e electrónica

Oleiros

15027228

IES María Casares

BELE01

Electricidade e electrónica

Ordes

15027782

IES Nº 1

BADG01

Servizos administrativos

BTMV01

Mantemento de vehículos

Ortigueira

15020544

IES de Ortigueira

BMAM01

Carpintaría e moble

Padrón

15023090

IES Macías O Namorado

BADG01

Servizos administrativos

BELE01

Electricidade e electrónica

Ponteceso

15026406

IES de Ponteceso

BADG01

Servizos administrativos

BTMV01

Mantemento de vehículos

Pontedeume

15025682

IES Fraga do Eume

BHOT01

Cociña e restauración

Pontes de García Rodríguez, As

15021767

IES Castro da Uz

BELE01

Electricidade e electrónica

Rianxo

15026807

IES Félix Muriel

BCOM01

Servizos comerciais

Ribeira

15014556

CIFP Coroso

BINA01

Industrias alimentarias

Centro asociado - 15014568 - IES Nº 1

BTMV01

Mantemento de vehículos

Centro asociado - 15014568 - IES Nº 1

15027711

IES Leliadoura

BADG01

Servizos administrativos

BIFC01

Informática e comunicacións

Santa Comba

15026030

IES Terra de Xallas

BHOT01

Cociña e restauración

BTMV01

Mantemento de vehículos

Santiago de Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

BELE01

Electricidade e electrónica

Centro asociado - 15015861 - IES Eduardo Pondal

15016000

CIFP Compostela

BARG01

Artes gráficas

Centro asociado - 15023466 - IES Lamas de Abade

BHOT01

Cociña e restauración

Centro asociado - 15023466 - IES Lamas de Abade

BHOT02

Aloxamento e lavandaría

Centro asociado - 15023466 - IES Lamas de Abade

15023466

IES Lamas de Abade

BIMP01

Peiteado e estética

15027058

IES As Fontiñas

BADG01

Servizos administrativos

Vimianzo

15026418

IES Terra de Soneira

BELE01

Electricidade e electrónica

Zas

15027368

IES Maximino Romero de Lema

BIFC02

Informática de oficina

Lugo:

Concello

Código
do centro

Centro

Código
do ciclo

Ciclo

Becerreá

27016315

IES de Becerreá

BELE01

Electricidade e electrónica

Burela

27013934

IES Perdouro

BFME01

Fabricación e montaxe

Castro de Rei

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

BAGA02

Actividades agropecuarias

Chantada

27003175

IES Val do Asma

BTMV01

Mantemento de vehículos

Foz

27020562

IES de Foz

BADG01

Servizos administrativos

BHOT01

Cociña e restauración

Guitiriz

27016200

IES Poeta Díaz Castro

BFME01

Fabricación e montaxe

Lugo

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

BELE01

Electricidade e electrónica

Centro asociado - 27006531 - IES Lucus Augusti

27006528

CIFP As Mercedes

BTMV01

Mantemento de vehículos

Centro asociado - 27016455 - IES Sanxillao

27015773

IES Muralla Romana

BIFC02

Informática de oficina

BIMP01

Peiteado e estética

27016455

IES Sanxillao

BHOT01

Cociña e restauración

Mondoñedo

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

BAGA01

Agroxardinaría e composicións florais

Monforte de Lemos

27007247

IES Francisco Daviña Rey

BELE01

Electricidade e electrónica

BTMV01

Mantemento de vehículos

27015311

IES A Pinguela

BADG01

Servizos administrativos

Monterroso

27016248

IES de Monterroso

BIFC01

Informática e comunicacións

Palas de Rei

27016352

IES do Camiño

BELE01

Electricidade e electrónica

Ribadeo

27020793

CIFP Porta da Auga

BTMV01

Mantemento de vehículos

Centro asociado - 27020902 - IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Sarria

27012036

IES Gregorio Fernández

BADG01

Servizos administrativos

BFME01

Fabricación e montaxe

Vilalba

27013326

IES Lois Peña Novo

BIFC02

Informática de oficina

BTMV01

Mantemento de vehículos

Viveiro

27013636

IES María Sarmiento

BADG01

Servizos administrativos

BTMV01

Mantemento de vehículos

Xove

27016625

IES Illa de Sarón

BIFC01

Informática e comunicacións

Ourense:

Concello

Código
do centro

Centro

Código
do ciclo

Ciclo

Bande

32016340

IES Aquis Querquernis

BIFC02

Informática de oficina

Barco de Valdeorras, O

32001725

IES Lauro Olmo

BTMV01

Mantemento de vehículos

Carballiño, O

32015037

IES Manuel Chamoso Lamas

BELE01

Electricidade e electrónica

Celanova

32016625

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

BADG01

Servizos administrativos

BELE01

Electricidade e electrónica

Maceda

32016431

IES San Mamede

BIFC02

Informática de oficina

Ourense

32008902

CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel

BIFC01

Informática e comunicacións

Centro asociado - 32015207 - IES O Couto

32009116

IES 12 de Outubro

BFME01

Fabricación e montaxe

32009131

IES Universidade Laboral

BTMV01

Mantemento de vehículos

32015050

CIFP A Farixa

BELE01

Electricidade e electrónica

Centro asociado - 32016273 - IES Xesús Ferro Couselo

32016765

CIFP Portovello

BCOM01

Servizos comerciais

Centro asociado - 32009190 - IES As Lagoas

Pobra de Trives, A

32015876

IES Xermán Ancochea Quevedo

BELE01

Electricidade e electrónica

Ribadavia

32015475

IES O Ribeiro

BINA01

Industrias alimentarias

BTMV01

Mantemento de vehículos

Rúa, A

32016637

IES Cosme López Rodríguez

BIFC02

Informática de oficina

Verín

32013582

IES García-Barbón

BADG01

Servizos administrativos

BTMV01

Mantemento de vehículos

Vilamarín

32016285

IES de Vilamarín

BAGA01

Agroxardinaría e composicións florais

BHOT01

Cociña e restauración

Xinzo de Limia

32014801

IES Cidade de Antioquía

BELE01

Electricidade e electrónica

32015232

IES Lagoa de Antela

BHOT01

Cociña e restauración

Pontevedra:

Concello

Código
do centro

Centro

Código
do ciclo

Ciclo

Baiona

36019657

IES Primeiro de Marzo

BELE01

Electricidade e electrónica

Bueu

36019463

IES Johan Carballeira

BFME01

Fabricación e montaxe

BIMP01

Peiteado e estética

BMAP01

Actividades marítimo-pesqueiras

Cambados

36019396

IES Francisco Asorey

BIFC02

Informática de oficina

Cangas

36019475

IES de Rodeira

BADG01

Servizos administrativos

Cañiza, A

36015101

IES da Cañiza

BADG01

Servizos administrativos

BTMV01

Mantemento de vehículos

Estrada, A

36002359

IES Antón Losada Diéguez

BMAM01

Carpintaría e moble

BTMV01

Mantemento de vehículos

Grove, O

36019232

IES Monte da Vila

BADG01

Servizos administrativos

Guarda, A

36019244

IES A Sangriña

BTMV01

Mantemento de vehículos

Lalín

36004137

IES Ramón Mª Aller Ulloa

BIFC02

Informática de oficina

36013758

IES Laxeiro

BELE01

Electricidade e electrónica

Marín

36015159

IES Chan do Monte

BIFC02

Informática de oficina

Moaña

36004745

IES Plurilingüe A Paralaia

BELE01

Electricidade e electrónica

BFME01

Fabricación e montaxe

Neves, As

36019402

IES Pazo da Mercé

BIFC02

Informática de oficina

Nigrán

36015184

IES Escolas Proval

BADG01

Servizos administrativos

Ponteareas

36007552

CIFP A Granxa

BAGA01

Agroxardinaría e composicións florais

Centro asociado - 36014520 - IES Pedra da Auga

36014520

IES Pedra da Auga

BADG01

Servizos administrativos

BELE01

Electricidade e electrónica

36024781

IES de Ponteareas

BIFC02

Informática de oficina

Pontevedra

36006419

IES Montecelo

BAGA01

Agroxardinaría e composicións florais

BARG01

Artes gráficas

BIMP01

Peiteado e estética

BTMV01

Mantemento de vehículos

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

BFME01

Fabricación e montaxe

36014489

CIFP A Xunqueira

BELE01

Electricidade e electrónica

Centro asociado - 36013761 - IES A Xunqueira I

BMAM01

Carpintaría e moble

Centro asociado - 36013761 - IES A Xunqueira I

36018677

IES Luís Seoane

BCOM01

Servizos comerciais

Porriño, O

36007011

IES Pino Manso

BIFC02

Informática de oficina

36019529

IES Ribeira do Louro

BCOM01

Servizos comerciais

BELE01

Electricidade e electrónica

Redondela

36016656

IES Pedro Floriani

BADG01

Servizos administrativos

Salvaterra de Miño

36020337

IES de Salvaterra de Miño

BMAM01

Carpintaría e moble

Sanxenxo

36019256

IES de Vilalonga

BADG01

Servizos administrativos

BTMV01

Mantemento de vehículos

Silleda

36020350

IES Pintor Colmeiro

BCOM01

Servizos comerciais

Tomiño

36019751

IES de Tomiño

BAGA01

Agroxardinaría e composicións florais

Tui

36014544

IES Indalecio Pérez Tizón

BELE01

Electricidade e electrónica

Valga

36020362

IES de Valga

BFME01

Fabricación e montaxe

Vigo

36011579

IES A Guía

BCOM01

Servizos comerciais

36011634

IES Politécnico de Vigo

BELE01

Electricidade e electrónica

36013448

CIFP Manuel Antonio

BTCP01

Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel

Centro asociado - 36017430 - IES Ricardo Mella

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

BTMV01

Mantemento de vehículos

Centro asociado - 36017430 - IES Ricardo Mella

36017430

IES Ricardo Mella

BADG01

Servizos administrativos

BELE01

Electricidade e electrónica

36018173

IES de Teis

BIFC01

Informática e comunicacións

BIMP01

Peiteado e estética

Vila de Cruces

36020386

IES Marco do Camballón

BADG01

Servizos administrativos

Vilagarcía de Arousa

36013771

IES Fermín Bouza Brey

BELE01

Electricidade e electrónica

36019669

IES Armando Cotarelo Valledor

BCOM01

Servizos comerciais

BIFC01

Informática e comunicacións

ANEXO VI
Oferta de programas formativos de formación profesional básica

Concello

Código
do centro

Centro

Código do programa

Programa formativo

A Coruña

15005385

CEE María Mariño

BARG50

PFB de Reprografía

Ferrol

15006729

CEE Terra de Ferrol

BAGA51

PFB de Xardinaría e viveirismo

BHOT50

PFB de Servizos de restauración

Santiago de Compostela

15027502

CEE Manuel López Navalón

BAGA50

PFB de Producións agrícolas

BHOT50

PFB de Servizos de restauración

BMAM50

PFB de Carpintaría

BTCP50

PFB de Costura

BVIC50

PFB de Cerámica

Lugo

27014057

CEE Santa María

BAGA51

PFB de Xardinaría e viveirismo

BIMP50

PFB de Peiteado

Monforte de Lemos

27015360

CEE Infanta Elena

BAGA51

PFB de Xardinaría e viveirismo

BHOT50

PFB de Servizos de restauración

Ourense

32015463

CEE Miño

BAGA51

PFB de Xardinaría e viveirismo

Vigo

36017201

CEE Saladino Cortizo

BAGA51

PFB de Xardinaría e viveirismo

BARG50

PFB de Reprografía

BIMP50

PFB de Peiteado

BMAM50

PFB de Carpintaría

BHOT52

PFB de Lavandaría

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file