Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 38714

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ordena un sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que poida responder con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas. Con este fin créase o Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional, en cuxo marco se deben orientar as accións formativas programadas e desenvolvidas en coordinación coas políticas activas de emprego e de fomento da libre circulación dos traballadores e das traballadoras.

A citada lei define a formación profesional como un conxunto de accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado das profesións, o acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica, e abrangue as ensinanzas propias da formación profesional inicial, as accións de inserción e reinserción laboral dos traballadores e das traballadoras, así como as accións orientadas á formación continua nas empresas, que permitan a adquisición e a actualización permanente das competencias profesionais. A lei establece como un dos fins do Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional o de promover unha oferta formativa de calidade, actualizada e adecuada ás súas persoas destinatarias, consonte as necesidades de cualificación do mercado laboral e as expectativas persoais de promoción profesional.

Así mesmo, establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1.30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constitúan as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, creado pola propia lei e regulado polo Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro, modificado polo Real decreto 1416/2005, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas, no ámbito das súas competencias. Os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado, e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral, respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dispón que o Goberno do Estado, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas. Así mesmo, establece no seu capítulo III que se entende por currículo a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, na súa alínea terceira do artigo único, introduce a alínea 10 no artigo 3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e crea os ciclos de formación profesional básica, indicando que serán de oferta obrigatoria e carácter gratuíto.

Así mesmo, na alínea trinta e tres e seguintes da Lei orgánica 8/2013, modifícase a Lei orgánica 2/2006, incluíndo os ciclos formativos dentro da formación profesional do sistema educativo, como medida para facilitar a permanencia dos alumnos e as alumnas no sistema educativo e ofrecerlles maiores posibilidades para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Estes ciclos incorporan, ademais dos módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, módulos relacionados cos bloques comúns de Ciencias aplicadas e de Comunicación e ciencias sociais, que permitirán aos alumnos e ás alumnas alcanzaren e desenvolveren as competencias da aprendizaxe permanente ao longo da vida para proseguiren estudos de ensino secundario postobrigatorio.

De acordo co artigo 7 do Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, se aproban catorce títulos profesionais básicos, se fixan os seus currículos básicos e se modifica o Real decreto 1850/2009, do 4 de decembro, sobre expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, os títulos profesionais básicos terán a mesma estrutura que o resto de títulos das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.

O artigo 5.2 do Real decreto 127/2014, ordena ás administracións educativas establecer os currículos correspondentes aos títulos de formación profesional básica, de conformidade co disposto nos anexos do dito real decreto e nas normas que regulen as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.

Ademais dos catorce títulos aprobados polo citado Real decreto 127/2014, no Real decreto 356/2014, do 16 de maio, adicionalmente, establécense sete títulos de formación profesional básica do catálogo de títulos das ensinanzas de formación profesional.

Este decreto desenvolve o currículo de vinte e un ciclos formativos de formación profesional básica, adaptándoos ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto a especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

A inclusión da formación relativa á prevención de riscos laborais, de obrigada impartición en todos os ciclos formativos de formación profesional básica, aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Así mesmo, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de setembro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Este decreto ten por obxecto:

1. Establecer a estrutura, a organización e a regulamentación xeral da formación profesional básica do sistema educativo de Galicia.

2. Establecer os currículos que serán de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional básica relativas aos títulos establecidos:

a) No Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro:

— Anexo I: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Servizos Administrativos.

— Anexo II: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Electricidade e Electrónica.

— Anexo III: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Fabricación e Montaxe.

— Anexo IV: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Informática e Comunicacións.

— Anexo V: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Cociña e Restauración.

— Anexo VI: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Mantemento de Vehículos.

— Anexo VII: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Agroxardinaría e Composicións Florais.

— Anexo VIII: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Peiteado e Estética.

— Anexo IX: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Servizos Comerciais.

— Anexo X: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Carpintaría e Moble.

— Anexo XI: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Reforma e Mantemento de Edificios.

— Anexo XII: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Arranxos e Reparación de Artigos Téxtiles e de Pel.

— Anexo XIII: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Tapizaría e Cortinaxe.

— Anexo XIV: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Vidraría e Olaría.

b) No Real decreto 356/2014, do 16 de maio:

— Anexo XV: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Actividades Agropecuarias.

— Anexo XVI: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Actividades Marítimo-pesqueiras.

— Anexo XVII: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Aloxamento e Lavandaría.

— Anexo XVIII: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Aproveitamentos Forestais.

— Anexo XIX: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Artes Gráficas.

— Anexo XX: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Industrias Alimentarias.

— Anexo XXI: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Informática de Oficina.

Artigo 2. Finalidade e obxectivos da formación profesional básica

Ademais dos fins e os obxectivos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional, as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos profesionais básicos, segundo o artigo 40.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, contribuirán, a que o alumnado adquira ou complete as competencias da aprendizaxe permanente para facilitar a súa transición cara á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo.

CAPÍTULO II

Ordenación e organización das ensinanzas de formación profesional básica

Artigo 3. Ordenación das ensinanzas

1. As ensinanzas de formación profesional básica forman parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e deben responder a un perfil profesional. Así mesmo, ordenaranse en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable.

2. O perfil profesional incluirá polo menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, establecido no artigo 7 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional.

Artigo 4. Duración dos ciclos formativos

1. A duración dos ciclos formativos de formación profesional básica será de 2.000 horas, equivalentes a dous cursos académicos a tempo completo. Esa duración poderá ser ampliada a tres cursos académicos nos casos en que os ciclos formativos sexan incluídos en programas ou proxectos de formación profesional dual, co obxecto de que os alumnos e as alumnas adquiran a totalidade dos resultados de aprendizaxe incluídos no título.

2. Na oferta á que se fai referencia no artigo 15.1, os alumnos e as alumnas poderán permanecer cursando un ciclo de formación profesional básica durante un máximo de catro anos.

Artigo 5. Organización dos ciclos formativos

1. A organización destas ensinanzas terá carácter flexible para adaptarse ás posibles situacións presentadas polos alumnos e as alumnas.

2. Procurarase que o número de profesores e profesoras que impartan docencia nun mesmo grupo de formación profesional básica sexa o máis reducido posible, respectando os elementos educativos e o horario do conxunto dos módulos profesionais incluídos no título, segundo o establecido nos currículos dos ciclos formativos da formación profesional básica.

Artigo 6. Módulos profesionais

Os módulos profesionais das ensinanzas de formación profesional básica estarán constituídos por áreas de coñecemento teórico-prácticas cuxo obxecto é a adquisición das competencias profesionais, persoais e sociais, así como das competencias da aprendizaxe permanente ao longo da vida.

Artigo 7. Organización e estrutura dos módulos profesionais

1. Os módulos profesionais dos títulos profesionais básicos estarán expresados en termos de resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos, tomando como referencia as competencias profesionais, persoais e sociais ou da aprendizaxe permanente que se pretende desenvolver a través do módulo profesional.

2. A súa organización e a súa estrutura responderá á dos módulos profesionais do resto de ensinanzas da formación profesional do sistema educativo en Galicia.

Artigo 8. Tipos de módulos profesionais

1. Os ciclos formativos de formación profesional básica incluirán os seguintes módulos profesionais:

a) Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

b) Módulos asociados aos bloques comúns establecidos no artigo 42.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, que garantirán a adquisición das competencias da aprendizaxe permanente para facilitar a súa transición cara á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo:

b.1) Módulo de Comunicación e sociedade I, e módulo de Comunicación e sociedade II, nos que se desenvolven competencias do bloque común de Comunicación e ciencias sociais, que abrangue as seguintes materias:

1ª) Lingua galega.

2ª) Lingua castelá.

3ª) Lingua estranxeira.

4ª) Ciencias sociais.

b.2) Módulo de Ciencias aplicadas I e módulo de Ciencias aplicadas II, nos que se desenvolven competencias das materias do bloque común de Ciencias aplicadas, que abrangue as seguintes materias:

1ª) Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.

2ª) Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.

c) Módulo de formación en centros de traballo.

Así mesmo, os ciclos formativos de formación profesional básica poderán incluír outros módulos non asociados a unidades de competencia relacionados co perfil profesional do título.

2. Os módulos profesionais de Comunicación e sociedade e de Ciencias aplicadas terán como referente o currículo das materias da educación secundaria obrigatoria incluídas no bloque común correspondente e o perfil profesional do título de formación profesional básica en que se inclúen.

3. Estes módulos profesionais serán de oferta obrigatoria en primeiro e en segundo curso, e estarán contextualizados no campo profesional do perfil do título.

4. A formación incluída para a obtención dos resultados de aprendizaxe relativos á lingua estranxeira dos módulos profesionais de Comunicación e sociedade I, e de Comunicación e sociedade II poderá ser ofrecida en unidades formativas diferenciadas cando así se precise, en función da acreditación da competencia lingüística do profesorado que imparta o ciclo.

5. A carga horaria do conxunto dos módulos profesionais de Comunicación e sociedade, e de Ciencias aplicadas será, con carácter xeral, entre o 35 % e o 40 % da duración total do ciclo, incluída a titoría semanal. Con todo, para determinados grupos específicos, a consellería con competencia en materia de educación poderá reducir o mínimo ata o 22% da devandita duración, garantindo, en calquera caso, a adquisición de todos os resultados de aprendizaxe dos citados módulos profesionais.

Artigo 9. Módulo profesional de formación en centros de traballo

1. O módulo profesional de formación en centros de traballo responderá ao establecido con carácter xeral para o conxunto das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia.

2. A consellería con competencias en materia de educación determinará o momento no que debe cursarse o módulo profesional de formación en centros de traballo dos ciclos profesionais básicos, en función das características do perfil profesional e da dispoñibilidade de postos formativos nas empresas.

3. A consellería con competencias en materia de educación garantirá que, con anterioridade ao comezo do módulo de formación en centros de traballo, os alumnos e as alumnas deberán adquirir as competencias e os contidos relativos aos riscos específicos e ás medidas de prevención nas actividades profesionais correspondentes ao perfil profesional de cada título profesional básico, segundo se requira na normativa en materia de prevención de riscos laborais.

4. De xeito excepcional, poderase ofrecer a realización do módulo profesional de formación en centros de traballo establecida nos ciclos profesionais básicos en centros docentes ou en institucións públicas. Nestes casos, disporanse as actividades adecuadas para o seu desenvolvemento baixo a supervisión dunha persoa profesional que cumpra a función de titor ou titora de empresa, que responda a un perfil adecuado aos resultados de aprendizaxe do módulo e que non imparta docencia no ciclo formativo.

5. Así mesmo, tamén de maneira excepcional, a consellería con competencias en materia de educación poderá dispor medidas de prelación para os alumnos e as alumnas con discapacidade na selección das empresas que participan no desenvolvemento do módulo de formación en centros de traballo, co fin de garantir os seus dereitos en relación co disposto na normativa en materia de accesibilidade e deseño universais.

6. A duración deste módulo profesional representará, con carácter xeral, un mínimo do 12 % da duración total do ciclo formativo.

Artigo 10. Titoría

A titoría nos ciclos formativos de formación profesional básica aterase ao establecido con carácter xeral para o conxunto das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e, en particular:

1. A titoría e a orientación educativa e profesional terán unha especial consideración na organización do ciclo formativo.

2. A acción titorial orientará o proceso educativo individual e colectivo dos alumnos e as alumnas, e contribuirá á adquisición de competencias sociais e ao desenvolvemento da súa autoestima, así como a fomentar as habilidades e as destrezas que lles permitan programar e xestionar o seu futuro educativo e profesional.

3. Cada grupo de formación profesional básica contará cunha titoría de polo menos unha hora lectiva semanal en cada curso.

4. O titor ou a titora realizará unha programación anual da acción titorial recollida no proxecto educativo do centro. Esa programación recollerá os aspectos específicos do grupo ao que se dirixe para conseguir o establecido na alínea 2, e incluirá actividades específicas de información e orientación que garantan ao alumnado unha adecuada toma de decisións sobre o seu itinerario educativo e profesional ao termo do ciclo de formación profesional básica.

CAPÍTULO III

Currículos dos ciclos formativos de formación profesional básica

Artigo 11. Estrutura dos currículos

A estrutura dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional básica será a mesma que para o resto da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Artigo 12. Competencias e contidos de carácter transversal

1. As ensinanzas de formación profesional básica incluirán de xeito transversal no conxunto de módulos profesionais do ciclo os aspectos relativos ao traballo en equipo, á prevención de riscos laborais, ao emprendemento, á actividade empresarial e á orientación laboral dos alumnos e as alumnas, que terán como referente para a súa concreción as materias da educación básica e as exixencias do perfil profesional do título e as da realidade produtiva.

2. Ademais, incluiranse aspectos relativos ás competencias e os coñecementos relacionados co respecto polo ambiente e, de acordo coas recomendacións dos organismos internacionais e o establecido na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, coa promoción da actividade física e a dieta saudable, acorde coa actividade que se desenvolva.

3. Así mesmo, terán un tratamento transversal as competencias relacionadas coa compresión de lectura, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e da comunicación, e a educación cívica e constitucional.

4. O currículo dos títulos profesionais básicos incluirán os elementos necesarios para garantir que as persoas que os cursen desenvolvan as competencias vinculadas ao “deseño universal”.

5. A consellería con competencias en materia de educación fomentará o desenvolvemento dos valores de igualdade efectiva entre homes e mulleres, o coñecemento da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual e a prevención da violencia de xénero e dos valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, nomeadamente en relación cos dereitos das persoas con discapacidade, así como a aprendizaxe dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz e o respecto polos dereitos humanos, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e consideración ás vítimas do terrorismo e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

6. De igual xeito, garantirá a certificación da formación necesaria en materia de prevención de riscos laborais cando así o requira o sector produtivo correspondente ao perfil profesional do título. Para iso, poderase organizar como unha unidade formativa específica no módulo profesional de formación en centros de traballo.

7. Para garantir a incorporación das competencias e os contidos de carácter transversal nestas ensinanzas, na programación dos módulos profesionais que configuran cada ciclo formativo básico da formación profesional deberán identificarse con claridade o conxunto de actividades de aprendizaxe e de avaliación asociadas ás devanditas competencias e aos contidos.

Artigo 13. Desenvolvemento curricular por parte do centro

1. O centro educativo concretará e desenvolverá o currículo dos ciclos formativos de formación profesional básica, no uso da súa autonomía, tal como se recolle no capítulo II do título V da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Para esta concreción teranse en conta a realidade social e económica e as características xeográficas, socioprodutivas e de recursos humanos do seu ámbito.

2. Os centros docentes desenvolverán o currículo das ensinanzas de formación profesional básica mediante a elaboración das correspondentes programacións para cada módulo profesional, de acordo coas especificacións para o resto da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Artigo 14. Metodoloxía

A metodoloxía nos ciclos formativos de formación profesional básica aterase ao establecido para o resto da formación profesional do sistema educativo de Galicia e, en particular:

1. Terá carácter globalizador e tenderá á integración de competencias e contidos entre os módulos profesionais que se inclúen en cada título. O devandito carácter integrador orientará a programación de cada módulo e a actividade docente.

2. Adaptarase ás necesidades dos alumnos e as alumnas e á adquisición progresiva das competencias da aprendizaxe permanente, para facilitar a súa transición cara á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo.

CAPÍTULO IV

Oferta, acceso, admisión e matrícula na formación profesional básica

Artigo 15. Oferta de ciclos formativos e requisitos de acceso.

1. A consellería con competencias en materia de educación establecerá a oferta obrigatoria para o alumnado que cumpra de forma simultánea os seguintes requisitos:

a) Ter quince anos, ou facelos durante o ano natural en curso, e non superar os dezasete anos no momento do acceso nin durante o ano natural en curso.

b) Ter cursado o primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso de educación secundaria obrigatoria.

c) Ser propostos/as polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.

2. A oferta obrigatoria poderá cursarse na modalidade presencial ou na modalidade de formación profesional dual.

3. O consello orientador ao que se refire o artigo 28.7 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ademais da proposta do equipo docente, deberá conter a identificación, mediante informe motivado, do grao de logro dos obxectivos e de adquisición das competencias correspondentes que xustifican a proposta. O consello orientador incluirase no expediente do alumno ou da alumna, xunto co documento de consentimento dos pais, as nais ou os/as titores/as legais, para que curse estas ensinanzas.

4. Ademais da oferta obrigatoria, poderanse ofrecer ciclos de formación profesional básica para as persoas que superen os 17 anos e que non estean en posesión dun título de formación profesional ou de calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos. Estes ciclos formativos poderán realizarse nas modalidades presencial ou a distancia, ou na modalidade de formación profesional dual.

5. Cando exista dispoñibilidade de prazas, poderanse completar os grupos da oferta obrigatoria con persoas que cumpran os requisitos establecidos no punto anterior, nas condicións que se determinen.

Artigo 16. Admisión aos ciclos formativos

A consellería con competencias en materia de educación establecerá os criterios de admisión segundo a oferta de prazas que teña programada para os ciclos formativos de formación profesional básica, para o que poderá ter en conta os criterios de idade da persoa solicitante e a situación dos seus estudos, así como das posibilidades de continuación no sistema educativo, entre outros.

Artigo 17. Matrícula nos ciclos formativos

No caso da oferta obrigatoria, a matrícula realizarase para cada curso académico en que se organicen as ensinanzas que conforman o ciclo formativo.

Capítulo V

Formación profesional dual na formación profesional básica

Artigo 18. Modalidade de formación profesional dual

1. A formación profesional dual na formación profesional básica constitúe unha modalidade da oferta dos ciclos formativos de formación profesional básica.

2. Esta modalidade formativa ten por obxecto a cualificación profesional dos alumnos e das alumnas nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa ou institución coa actividade formativa recibida no marco do sistema educativo.

3. A formación inherente a esta modalidade será a necesaria para a obtención do título profesional básico correspondente, sen prexuízo de poder incluír formación complementaria para dar resposta tanto ás necesidades do alumnado como ás necesidades das empresas.

Artigo 19. Módulos profesionais obxecto de formación na empresa

1. Os módulos profesionais non asociados aos bloques comúns poderán ser parcialmente ou totalmente impartidos en empresas ou institucións, harmonizando os procesos de ensino e aprendizaxe entre os centros docentes e os centros de traballo.

2. Os módulos profesionais asociados aos bloques comúns serán impartidos na súa totalidade nos centros docentes.

Artigo 20. Centros participantes

A formación profesional básica pola modalidade de formación profesional dual poderá ser impartida nos centros docentes autorizados pola consellería con competencias en materia de educación.

En calquera caso, procurarase que os centros conten con contornos produtivos que cumpran requisitos idóneos para a implantación desta modalidade, de conformidade coas características de:

a) A actividade profesional á que responde o ciclo formativo.

b) As empresas do contorno do centro educativo.

c) A formación implicada en cada ciclo formativo.

Artigo 21. Oferta de formación profesional básica pola modalidade de formación profesional dual

1. Tendo en conta a actividade profesional e os sectores produtivos das empresas do seu contorno, o centro educativo poderá ofrecer formación profesional básica pola modalidade de formación profesional dual despois de ser autorizado pola consellería con competencias en materia de educación, de maneira que os alumnos ou as alumnas dun mesmo grupo realicen distintos perfís profesionais conducentes a distintos títulos profesionais básicos.

2. Cando o grupo de alumnos ou alumnas realice distintos perfís profesionais, e coa finalidade de aproveitar optimamente os recursos, a docencia dos módulos dos bloques comúns realizarase co grupo completo.

Artigo 22. Acordos de colaboración

A consellería con competencias en materia de educación determinará as condicións en que os centros docentes poderán realizar os acordos de colaboración entre o centro educativo e as empresas ou institucións necesarios para o establecemento de proxectos de formación profesional dual.

CAPÍTULO VI

Avaliación, validacións e exencións na formación profesional básica

Artigo 23. Avaliación

Con carácter xeral, no proceso de avaliación nas ensinanzas de formación profesional básica estarase ao establecido con carácter xeral para o conxunto das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e en particular:

1. A avaliación dos alumnos e as alumnas dos ciclos de formación profesional básica terá carácter continuo, formativo e integrador, permitirá orientar as súas aprendizaxes e as programacións educativas, e realizarase por módulos profesionais.

2. O alumnado matriculado nun centro terá dereito a un máximo de dúas convocatorias anuais cada un dos catro anos en que pode estar a cursar estas ensinanzas para superar os módulos en que se estea matriculado, excepto o módulo de formación en centros de traballo, que poderá ser obxecto de avaliación unicamente en dúas convocatorias.

3. Os alumnos e as alumnas, sen superar o prazo máximo establecido de permanencia, poderán repetir cada curso unha soa vez como máximo, aínda que excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo do informe favorable do equipo docente.

4. A avaliación estará adaptada ás necesidades e á evolución dos alumnos e as alumnas, nomeadamente para as persoas en situación de discapacidade, para as que se incluirán medidas de accesibilidade que garantan unha participación non discriminatoria nas probas de avaliación.

5. O alumno ou a alumna poderá obter a promoción a segundo curso cando os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20 % do horario semanal; con todo, deberá matricularse dos módulos profesionais pendentes de primeiro curso. Os centros docentes deberán organizar as consecuentes actividades de recuperación e avaliación dos módulos profesionais pendentes.

6. O módulo de formación en centros de traballo, con independencia do momento en que se realice, avaliarase logo de alcanzada a avaliación positiva nos módulos profesionais asociados ás unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no período de formación en centros de traballo correspondente.

7. No caso de que os módulos se organicen en unidades formativas de menor duración, esas unidades poderán ser certificadas, e a certificación será válida no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A superación de todas as unidades formativas que constitúen o módulo profesional dará dereito á certificación deste, con validez en todo o territorio do Estado.

Artigo 24. Validacións e exencións

1. Aplicarase a normativa vixente en materia de validación e exención de módulos profesionais incluídos nos títulos profesionais básicos nas condicións e mediante os procedementos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo de Galicia.

2. Quen superara os módulos de Comunicación e sociedade I e II, e Ciencias aplicadas I e II en calquera dos ciclos formativos de formación profesional básica correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, terá validados os devanditos módulos en calquera outro ciclo formativo de formación profesional básica.

3. Os alumnos e as alumnas que cursaran un programa de cualificación profesional inicial e superaran os módulos formativos obrigatorios do ámbito de comunicación e do ámbito social que, ademais, superaran un módulo de Lingua estranxeira, ben establecido pola consellería con competencias en materia de educación ou ben de oferta dos centros docentes, no ámbito das súas competencias, poderán obter a validación do módulo profesional de Comunicación e sociedade I.

Así mesmo, quen superara os módulos formativos obrigatorios do ámbito científico-tecnolóxico poderá obter a validación do módulo profesional de Ciencias aplicadas I.

4. O alumnado matriculado na oferta á que se refire o artigo 15.4 deste decreto poderá obter, ademais, as seguintes validacións:

a) Quen teña superadas as materias do cuarto curso da educación secundaria obrigatoria en calquera das súas modalidades, incluídas no bloque de Comunicación e ciencias sociais, terá validado os módulos Comunicación e sociedade I e II.

b) Quen cumpra algún dos seguintes requisitos poderá obter a validación dos módulos profesionais de Ciencias aplicadas I e II:

b.1) Ter superadas as materias de Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e Bioloxía e xeoloxía, ou Física e química da modalidade de ensinanzas académicas do cuarto curso da educación secundaria obrigatoria.

b.2) Ter superadas as materias de Matemáticas orientadas as ensinanzas aplicadas e Ciencias aplicadas á actividade profesional da modalidade de ensinanza aplicada do cuarto curso da educación secundaria obrigatoria.

CAPÍTULO VII

Títulos profesionais básicos e os seus efectos

Artigo 25. Estrutura dos títulos

Os títulos profesionais básicos terán a mesma estrutura que o resto de títulos das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e incluirán, ademais, as competencias da aprendizaxe permanente.

Artigo 26. Vías para obtención dos títulos

1. O alumno ou a alumna que supere un ciclo de formación profesional básica obterá o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

2. As persoas maiores de 18 anos que superen a proba para a obtención directa do título profesional básico á que se refire o artigo 69.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, recibirán o título profesional básico correspondente.

3. As persoas maiores de 22 anos que teñan acreditadas todas as unidades de competencia incluídas nun título profesional básico, ben a través de certificados de profesionalidade de nivel 1 ou ben polo procedemento establecido de avaliación e acreditación de competencias profesionais, recibirán o título profesional básico correspondente.

Artigo 27. Efectos dos títulos

1. O título profesional básico terá valor académico e profesional.

2. O título profesional básico permitirá o acceso aos ciclos formativos de grao medio.

3. As persoas que estean en posesión dun título profesional básico poderán obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria por calquera das dúas opcións previstas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.

4. Os alumnos e as alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título profesional básico recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados, que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

5. O título profesional básico terá os mesmos efectos laborais que o título de graduado en educación secundaria obrigatoria para o acceso a empregos públicos e privados.

6. Os títulos profesionais básicos non constitúen unha regulación do exercicio de profesión regulada ningunha.

7. No caso de que o perfil profesional inclúa a posibilidade de desempeñar profesións reguladas ou exixencias específicas para unha ocupación concreta, recolleranse, como información complementaria en cada título de formación profesional básica, sen menoscabo do disposto na alínea 6 desta disposición.

8. A formación conducente á obtención dos títulos profesionais básicos capacitará para levar a cabo as funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais recollidas no artigo 35 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, e na normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais.

CAPÍTULO VIII

Implantación das ensinanzas de formación profesional básica

Artigo 28. Centros docentes

1. Os ciclos de formación profesional básica, conforme a programación da oferta de prazas destas ensinanzas, serán implantados nos centros que determine a consellería con competencias en materia de educación.

2. A estes centros seralles de aplicación o establecido con carácter xeral para o conxunto das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia.

3. A consellería con competencias en materia de educación autorizará o número de alumnos e alumnas por cada ciclo formativo de formación profesional básica en función das características deste, da localización do centro educativo e da organización de grupos específicos. En calquera caso, na modalidade presencial, o número máximo será de 30 alumnos ou alumnas por unidade escolar, sen prexuízo do establecido no artigo 87.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.

Artigo 29. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento dos ciclos de formación profesional básica quedarán establecidos para Galicia nos currículos de cada título profesional básico.

2. Os espazos e os equipamentos deberán garantir o desenvolvemento das actividades de ensino que permitan a adquisición do conxunto dos resultados de aprendizaxe incluídos en cada título.

3. Os espazos disporán da superficie necesaria e suficiente para desenvolver as actividades de ensino que se deriven dos resultados de aprendizaxe de cada módulo profesional. Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:

a) A superficie establecerase en función do número de persoas que ocupen o espazo formativo, e deberá permitir o desenvolvemento das actividades de ensino e aprendizaxe coa ergonomía e a mobilidade requiridas dentro deste.

b) Deberán cubrir a necesidade espacial de moblaxe, equipamento e instrumentos auxiliares de traballo.

c) Deberán respectar os espazos ou superficies de seguridade que exixan as máquinas e os equipamentos en funcionamento.

d) Cumprirán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo e cantas outras normas sexan de aplicación.

e) Poderán ser ocupados por diferentes grupos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos ou etapas educativas. A diferenciación dos espazos formativos poderá realizarse sen necesidade de pechamentos, agás cando así o requiran a racionalidade da oferta educativa e a economía na xestión dos recursos públicos.

4. Os equipamentos serán os necesarios e suficientes para garantir aos alumnos e ás alumnas o logro dos resultados de aprendizaxe e a calidade do ensino. Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:

a) O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, e cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos e cantas outras sexan de aplicación.

b) A cantidade e as características do equipamento deberán estar en función do número de persoas que o teñan que utilizar e deberá permitir o logro dos resultados de aprendizaxe, tendo en conta os criterios de avaliación e os contidos que se inclúen en cada módulo profesional que se imparta nos referidos espazos.

5. A consellería con competencias en materia de educación velará para que os espazos e os equipamentos sexan os adecuados en cantidade e características para o desenvolvemento dos procesos de ensino e aprendizaxe que se derivan dos resultados de aprendizaxe dos módulos correspondentes, co fin de garantir a calidade destas ensinanzas.

Artigo 30. Profesorado

1. Os módulos profesionais asociados aos bloques comúns serán impartidos:

a) Nos centros docentes de titularidade pública, por persoal funcionario dos corpos de catedráticos e catedráticas e de profesorado de ensino secundario dalgunha das especialidades que teñan atribución docente para impartir calquera das materias incluídas no bloque común correspondente.

b) Nos centros docentes de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas que teñan autorización para impartir estas ensinanzas, por profesorado coa titulación e os requisitos establecidos na normativa vixente para a impartición dalgunha das materias incluídas no bloque común correspondente.

2. Para o resto dos módulos, en cada currículo e en aplicación do regulado en cada título de formación profesional básica, estableceranse:

a) As especialidades do profesorado do sector público ás que se atribúe a impartición dos módulos profesionais correspondentes.

b) As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais nos centros docentes de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas que teñan autorización para impartir estas ensinanzas.

c) Os módulos que poden ser impartidos por profesorado especialista, cando cumpra, segundo o establecido no artigo 95.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

3. Cando non exista dispoñibilidade de profesores ou profesoras da especialidade correspondente ou de quen estea en posesión das titulacións requiridas para impartir docencia en centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas que teñan autorización para impartir estas ensinanzas, exixirase que as ensinanzas conducentes ás titulacións que se requiran para impartir docencia engloben os resultados de aprendizaxe dos módulos profesionais e, se os devanditos resultados de aprendizaxe non estivesen incluídos, ademais da titulación deberá acreditarse, mediante certificación, unha experiencia profesional ou de docencia de polo menos tres anos vinculada aos módulos correspondentes. No caso dos módulos profesionais de Comunicación e sociedade I e II, e Ciencias aplicadas I e II esta experiencia será de docencia nalgunha das materias incluídas en cada un dos bloques comúns.

4. No caso de que o módulo profesional de Comunicación e sociedade I ou o módulo profesional de Comunicación e sociedade II sexan impartidos por un profesor ou unha profesora dunha especialidade diferente a que é propia da Lingua estranxeira, deberá acreditar, polo menos, o nivel B2 nesta lingua do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

5. Cando os ciclos de formación profesional básica sexan impartidos nunha modalidade bilingüe, o profesorado deberá acreditar, polo menos, o nivel B2 da lingua correspondente do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

6. A consellería con competencias en materia de educación velará para que o profesorado cumpra os requisitos especificados, co fin de garantir así a calidade destas ensinanzas.

CAPÍTULO IX

Atención á diversidade e programas formativos adaptados

Artigo 31. Atención á diversidade.

1. A formación profesional básica organízase de acordo co principio de atención á diversidade dos alumnos e as alumnas e co seu carácter de oferta obrigatoria. As medidas de atención á diversidade estarán orientadas a responder á diversidade do alumnado e á consecución dos resultados de aprendizaxe vinculados ás competencias profesionais do título, e responderá ao dereito a unha educación inclusiva que lles permita alcanzar os obxectivos e a titulación correspondente, segundo o establecido na normativa vixente en materia de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social e laboral.

2. A consellería con competencias en materia de educación promoverá medidas metodolóxicas de atención á diversidade que permitan aos centros docentes, no exercicio da súa autonomía, unha organización das ensinanzas adecuada ás características dos alumnos e as alumnas, con especial atención no relativo á adquisición das competencias lingüísticas contidas nos módulos profesionais de Comunicación e sociedade I e II para os alumnos e as alumnas que presenten dificultades na súa expresión oral, sen que as medidas adoptadas supoñan unha minoración da avaliación das súas aprendizaxes.

3. Os centros docentes, respectando os criterios de avaliación dos distintos módulos, adaptarán os tempos e os instrumentos de avaliación ás circunstancias do alumnado con necesidades educativas especiais.

Artigo 32. Flexibilización modular na formación profesional básica

A flexibilización modular na formación profesional básica regularase segundo o establecido para o resto dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Artigo 33. Programas formativos para os alumnos e as alumnas con necesidades educativas especiais e específicas de apoio educativo

1. Para os efectos de dar continuidade aos alumnos e ás alumnas con necesidades educativas especiais e responder a colectivos con necesidades específicas de apoio educativo, a consellería con competencias en materia de educación poderá establecer e autorizar programas formativos adaptados ás súas necesidades. Estes programas poderán incluír módulos profesionais dun título profesional básico e outros módulos de formación apropiados para a adaptación ás súas necesidades. Esta formación complementaria seguirá a estrutura modular e os seus obxectivos estarán definidos en resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos, segundo o establecido na normativa vixente.

2. Cando se ofrezan módulos incluídos nun título profesional básico, a súa superación terá carácter acumulable para a obtención do devandito título. A superación do resto de módulos non incluídos nun título profesional básico que formen parte do programa acreditarase mediante certificación académica, e as competencias profesionais así adquiridas poderán ser avaliadas e acreditadas de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.

3. A duración destes programas será variable, segundo as necesidades dos colectivos a quen vaian destinados.

Artigo 34. Accesibilidade universal

A consellería con competencias en materia de educación garantirá que o alumnado poida acceder e cursar as ensinanzas de formación profesional que se regulan neste decreto nas condicións establecidas na disposición adicional terceira do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

Disposición adicional primeira. Establecemento dos currículos

1. A consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo de cada ciclo formativo conforme o tecido produtivo de Galicia e o establecido con carácter xeral para o conxunto das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia.

2. Segundo o establecido no artigo 39 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, o currículo destas ensinanzas axustarase ás esixencias derivadas do Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional

Disposición adicional segunda. Axudas individualizadas de transporte escolar

A consellería con competencias en materia de educación regulará o uso do transporte escolar polo alumnado de ensinanzas de oferta obrigatoria que cumpra os requisitos para ser considerado, segundo a normativa aplicable, usuario lexítimo do transporte escolar.

Neste sentido, o dito alumnado utilizará as rutas de transporte escolar ou regular actualmente existentes, ata o límite das prazas existentes en cada caso e, de non haber capacidade suficiente nos vehículos contratados ou non existir correspondencia cos itinerarios establecidos, poderá percibir axudas individualizadas de transporte escolar.

Disposición adicional terceira. Distribución horaria

Sen prexuízo do establecido nos currículos dos ciclos formativos da formación profesional básica e no calendario escolar de cada curso académico, respectando a distribución por cursos dos módulos profesionais, os centros docentes, no exercicio da súa autonomía, determinarán a distribución horaria semanal dos módulos profesionais e da titoría, cos límites regulados neste decreto e na normativa que o desenvolva.

Para esta distribución horaria, o centro poderá dispor de ata un 10 % da carga horaria anual do ciclo formativo, sempre e cando a duración de cada módulo non se modifique en máis dun 25 % e non sexa inferior á establecida no real decreto polo que se establece o currículo básico do título.

Disposición transitoria primeira. Profesorado ao que fai referencia o artigo 93 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, que viñera impartindo módulos formativos de carácter xeral dun Programa de Cualificación Profesional Inicial

Os profesores e as profesoras que viñeran impartindo módulos formativos de carácter xeral poderán seguir impartindo os módulos profesionais de Comunicación e sociedade I, e Ciencias aplicadas I no primeiro curso dos ciclos de formación profesional básica, conforme as seguintes condicións:

a) Quen teña praza asignada mediante oposición ou concurso para impartir os devanditos módulos durante o curso 2013-2014 poderá seguir impartíndoos ata o momento en que se produza o seu cesamento ou perda a condición de empregado público.

b) Quen impartira os devanditos módulos formativos sen ter praza asignada, poderá seguir impartíndoos durante catro cursos consecutivos a partir do curso 2014-2015.

c) Quen estivera en posesión dun contrato en vigor de carácter indefinido ou temporal durante o curso 2013-2014 poderá impartir os módulos a que fai referencia esta disposición transitoria ata o momento en que se extinga o devandito contrato.

Disposición transitoria segunda. Alumnado matriculado no curso académico 2013/2014 no primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial

1. O alumno ou a alumna que superara o primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial durante o curso 2013-2014, poderá realizar no curso académico 2014-2105 o segundo curso do programa de cualificación profesional inicial.

2. O alumnado matriculado durante o curso académico 2013-2014 no primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial e que non o superara poderá integrarse no curso académico 2014-2105 no primeiro curso dun ciclo de formación profesional básica.

Disposición transitoria terceira. Formación profesional dual nos ciclos de formación profesional básica

A modalidade de formación profesional dual na formación profesional básica, ata o momento en que se desenvolva a formación profesional dual do sistema educativo establecida no artigo 42.bis da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, realizarase de acordo co establecido para o sistema educativo no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, coa excepción da duración do tempo de permanencia do alumnado nos centros de traballo, que será en xeral do 25 % da duración total do ciclo formativo, sen que en ningún caso a devandita duración sexa inferior ao 15 %.

Disposición derradeira primeira. Implantación dos ciclos de formación profesional básica

1. Os ciclos de formación profesional básica substituirán progresivamente os programas de cualificación profesional inicial.

2. O primeiro curso dos ciclos de formación profesional básica implantarase no curso escolar 2014-2015, no que se suprimirá a oferta de primeiro curso dos programas de cualificación profesional inicial. Durante este curso escolar, os alumnos e as alumnas que superen os módulos de carácter voluntario obterán o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

3. O segundo curso dos ciclos de formación profesional básica implantarase no curso escolar 2015-2016, no que se suprimirá a oferta de segundo curso dos programas de cualificación profesional inicial.

4. De acordo co artigo 30 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, a partir do curso escolar 2013-2014 o equipo docente poderá propor aos pais, ás nais ou ás persoas que teñan a titoría legal, de ser o caso a través do consello orientador, a incorporación do alumno ou da alumna a un ciclo de formación profesional básica cando o grao de adquisición das competencias así o aconselle, sempre que cumpra os requisitos establecidos no artigo 41.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.

O consello orientador regulado no artigo 28.7 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, comezará a entregárselle aos pais, ás nais ou ás persoas que teñan a titoría legal de cada alumno ou alumna ao final do curso escolar 2013-2014.

Disposición derradeira segunda. Modificación da implantación de ensinanzas de formación profesional

Atendendo ao establecido na disposición adicional sexta do Real decreto 127/2014, os ciclos de grao medio e de grao superior de formación profesional cuxa implantación estivera prevista para o curso escolar 2014-2015 implantaranse no curso 2015-2016. Non obstante, a consellería con competencias en materia de educación poderá anticipar esa implantación.

Disposición derradeira terceira. Desenvolvemento normativo

Á formación profesional básica seranlle de aplicación os aspectos non recollidos neste decreto e que son de aplicación ao resto de ensinanzas de formación profesional do sistema educativo de Galicia, cando non se opoñan ao establecido neste decreto.

Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Disposición derradeira cuarta. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Servizos Administrativos

1. Identificación do título.

O título profesional básico en Servizos Administrativos queda identificado polos seguintes elementos:

– Denominación: Servizos Administrativos.

– Nivel: formación profesional básica.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: Administración e Xestión.

– Referente europeo: CINE-3.5.3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral do título.

A competencia xeral do título profesional básico en Servizos Administrativos consiste en realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

2.2. Competencias do título.

As competencias profesionais, persoais e sociais, e as competencias para a aprendizaxe permanente do título de profesional básico en Servizos Administrativos son as que se relacionan:

a) Preparar equipamentos e aplicacións informáticas para levar a cabo a gravación, o tratamento e a impresión de datos e textos, asegurando o seu funcionamento.

b) Elaborar documentos mediante as utilidades básicas das aplicacións informáticas dos procesadores de texto e follas de cálculo, aplicando procedementos de escritura ao tacto con exactitude e rapidez.

c) Realizar tarefas básicas de almacenamento e arquivamento de información e documentación en soportes dixital e convencional, de acordo cos protocolos establecidos.

d) Realizar labores de reprografía e encadernamento básico de documentos, de acordo cos criterios de calidade establecidos.

e) Tramitar correspondencia e paquetaría interna ou externa, utilizando os medios e os criterios establecidos.

f) Realizar operacións básicas de tesouraría, utilizando os documentos axeitados en cada caso.

g) Recibir e realizar comunicacións telefónicas e informáticas transmitindo con precisión a información encomendada segundo os protocolos e a imaxe corporativa.

h) Realizar as tarefas básicas de mantemento do almacén de material de oficina, preparando os pedidos que aseguren un nivel de existencias mínimo.

i) Atender a clientela utilizando as normas de cortesía e demostrando interese e preocupación por resolver satisfactoriamente as súas necesidades.

j) Resolver problemas predicibles relacionados cos ámbitos físico, social, persoal e produtivo, utilizando o razoamento científico e os elementos proporcionados polas ciencias aplicadas e sociais.

k) Actuar de xeito saudable en contextos cotiáns que favorezan o desenvolvemento persoal e social, analizando hábitos e influencias positivas para a saúde humana.

l) Valorar actuacións encamiñadas á conservación ambiental, diferenciando as consecuencias das actividades cotiás que poidan afectar o equilibrio do ambiente.

m) Obter e comunicar información destinada á autoaprendizaxe e ao seu uso en distintos contextos do seu ambiente persoal, social ou profesional mediante recursos ao seu alcance e os propios das tecnoloxías da información e da comunicación.

n) Actuar con respecto e sensibilidade cara á diversidade cultural, o patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais e artísticas, apreciando o seu uso como fonte de enriquecemento persoal e social.

ñ) Comunicarse con claridade, precisión e fluidez en contextos sociais ou profesionais e por diferentes medios, canles e soportes ao seu alcance, utilizando e adecuando recursos lingüísticos orais e escritos propios das linguas galega e castelá.

o) Comunicarse en situacións habituais de carácter laboral, persoal e social, utilizando recursos lingüísticos básicos en lingua estranxeira.

p) Realizar explicacións sinxelas sobre acontecementos e fenómenos característicos das sociedades contemporáneas a partir de información histórica e xeográfica ao seu dispor.

q) Adaptarse ás novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos na súa actividade laboral, utilizando as ofertas formativas ao seu alcance e localizando os recursos mediante as tecnoloxías da información e da comunicación.

r) Cumprir as tarefas propias do seu nivel con autonomía e responsabilidade, empregando criterios de calidade e eficiencia no traballo asignado e efectuándoo de forma individual ou como membro dun equipo.

s) Comunicarse eficazmente, respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no seu ámbito de traballo, contribuíndo á calidade do traballo realizado.

t) Asumir e cumprir as medidas de prevención de riscos e seguridade laboral na realización das actividades laborais, evitando danos persoais, laborais e ambientais.

u) Cumprir as normas de calidade e de accesibilidade e deseño universais que afectan a súa actividade profesional.

v) Actuar con espírito emprendedor, iniciativa persoal e responsabilidade na elección dos procedementos da súa actividade profesional.

w) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación vixente, participando activamente na vida económica, social e cultural.

2.3. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.

2.3.1. Cualificacións profesionais completas:

a) Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, ADG305_1 (Real decreto 107/2008, do 1 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0969_1: realizar e integrar operacións de apoio administrativo básico.

– UC0970_1: transmitir e recibir información operativa en xestións rutineiras con axentes externos da organización.

– UC0971_1: realizar operacións auxiliares de reprodución e arquivamento en soporte convencional ou informático.

b) Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, ADG306_1 (Real decreto 107/2008, do 1 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0973_1: introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia.

– UC0974_1: realizar operacións básicas de tratamento de datos e textos, e confección de documentación.

– UC0971_1: realizar operacións auxiliares de reprodución e arquivamento en soporte convencional ou informático.

2.3.2. Cualificacións profesionais incompletas:

Actividades auxiliares de comercio, COM412_1 (Real decreto 1179/2008, do 11 de xullo):

– UC1329_1: proporcionarlle atención e información operativa, estruturada e protocolizada á clientela.

– UC1326_1: preparar pedidos de xeito eficaz e eficiente, seguindo procedementos establecidos.

2.4. Contorno profesional.

2.4.1. Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.

2.4.2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Auxiliar de oficina.

– Auxiliar de servizos xerais.

– Auxiliar de arquivo.

– Ordenanza.

– Auxiliar de información.

– Telefonista en servizos centrais de información.

– Clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia.

– Gravador/ora-verificador/ora de datos.

– Auxiliar de dixitalización.

– Operador/ora documental.

– Auxiliar de venda.

– Auxiliar de dependente de comercio.

– Operador/ora de cobramento ou caixeiro/a.

2.5. Prospectiva do sector ou dos sectores relacionados co título.

a) A organización da actividade produtiva das empresas e do traballo require competencias non só de carácter técnico, senón aquelas outras que estean relacionadas co traballo en equipo, a autonomía e a iniciativa na toma de decisións, así como co desenvolvemento de tarefas e a vocación de atención ao público, configurándose o perfil das persoas profesionais da xestión administrativa en todos os niveis como dunha grande polivalencia.

b) As vías de demanda de emprego no sector apuntan ao incremento continuado do sector servizos. A subcontratación está a se converter nun dos maiores nichos laborais para estas persoas, o que implica o crecemento e a proliferación de empresas dedicadas en exclusiva a prestar servizos administrativos a outras (xestorías, asesorías, consultoras, centros de servizos, etc.).

c) O uso habitual do idioma inglés como lingua de traballo internacional é imprescindible, como consecuencia do proceso globalizador, e convértese nun factor máis de exixencia para as persoas profesionais da área administrativa.

3. Ensinanzas do ciclo formativo.

3.1. Obxectivos xerais do título.

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de formación profesional básica de Servizos Administrativos son os seguintes:

a) Identificar as principais fases do proceso de gravación, tratamento e impresión de datos e textos, determinando a secuencia de operacións, para preparar equipamentos informáticos e aplicacións.

b) Analizar as características dos procesadores de texto e das follas de cálculo, empregando as súas principais utilidades e as técnicas de escritura ao tacto, para elaborar documentos.

c) Caracterizar as fases do proceso de garda, custodia e recuperación da información, empregando equipamentos informáticos e medios convencionais para o seu almacenamento e o seu arquivamento.

d) Utilizar procedementos de reprodución e encadernamento de documentos controlando e mantendo operativos os equipamentos, para realizar labores de reprografía e encadernamento.

e) Describir os protocolos establecidos para a recepción e o envío de correspondencia e paquetaría, identificando os procedementos e as operacións, para a súa tramitación interna ou externa.

f) Describir os principais procedementos de cobramento, pagamento e control de operacións comerciais e administrativas utilizados na actividade empresarial, determinando a información salientable para a realización de operacións básicas de tesouraría e para o seu rexistro e a súa comprobación.

g) Determinar os elementos salientables das mensaxes máis usuais para a recepción e a emisión de chamadas e mensaxes mediante equipamentos telefónicos e informáticos.

h) Aplicar procedementos de control de almacenamento comparando niveis de existencias, para realizar tarefas básicas de mantemento do almacén de material de oficina.

i) Recoñecer as normas de cortesía e as situacións profesionais en que son aplicables, para atender a clientela.

j) Comprender os fenómenos que acontecen no ámbito natural mediante o coñecemento científico como un saber integrado, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar e resolver problemas básicos nos campos do coñecemento e da experiencia.

k) Desenvolver habilidades para formular, interpretar e resolver problemas, e aplicar o razoamento de cálculo matemático para se desenvolver na sociedade e no ámbito laboral, e para xestionar os seus recursos económicos.

l) Identificar e comprender os aspectos básicos de funcionamento do corpo humano e pólos en relación coa saúde individual e colectiva, e valorar a hixiene e a saúde, para permitir o desenvolvemento e o afianzamento de hábitos saudables de vida en función do contorno.

m) Desenvolver hábitos e valores acordes coa conservación e a sustentabilidade do patrimonio natural, comprendendo a interacción entre os seres vivos e o medio natural, para valorar as consecuencias que se derivan da acción humana sobre o equilibrio ambiental.

n) Desenvolver as destrezas básicas das fontes de información utilizando con sentido crítico as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter e comunicar información nos contornos persoal, social ou profesional.

ñ) Recoñecer características básicas de producións culturais e artísticas, aplicando técnicas de análise básica dos seus elementos, para actuar con respecto e sensibilidade cara á diversidade cultural, o patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais e artísticas.

o) Desenvolver e afianzar habilidades e destrezas lingüísticas, e alcanzar o nivel requirido de precisión, claridade e fluidez, utilizando os coñecementos sobre as linguas galega e castelá, para se comunicar no seu contexto social, na súa vida cotiá e na actividade laboral.

p) Desenvolver habilidades lingüísticas básicas en lingua estranxeira para se comunicar de xeito oral e escrito en situacións habituais e predicibles da vida cotiá e profesional.

q) Recoñecer causas e trazos propios de fenómenos e acontecementos contemporáneos, a súa evolución histórica e a súa distribución xeográfica, para explicar as características propias das sociedades contemporáneas.

r) Desenvolver valores e hábitos de comportamento baseados en principios democráticos, aplicándoos nas súas relacións sociais habituais e na resolución pacífica dos conflitos.

s) Comparar e seleccionar recursos e ofertas formativas existentes para a aprendizaxe ao longo da vida, para se adaptar ás novas situacións laborais e persoais.

t) Desenvolver a iniciativa, a creatividade e o espírito emprendedor, así como a confianza en si mesmo/a, a participación e o espírito crítico, para resolver situacións e incidencias da actividade profesional ou de índole persoal.

u) Desenvolver traballos en equipo asumindo os deberes, cooperando coas demais persoas con tolerancia e respecto, para a realización eficaz das tarefas e como medio de desenvolvemento persoal.

v) Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para se informar, se comunicar, aprender e facilitar as tarefas laborais.

w) Relacionar os riscos laborais e ambientais coa actividade laboral, co propósito de utilizar as medidas preventivas correspondentes para a protección persoal, evitando danos ambientais e ás demais persoas.

x) Desenvolver as técnicas da súa actividade profesional asegurando a eficacia e a calidade no seu traballo, e propor, se procede, melloras nas actividades de traballo.

y) Recoñecer os dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

z) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

aa) Rexeitar calquera discriminación por razón de orientación sexual ou de identidade de xénero.

3.2. Módulos profesionais.

Os módulos deste ciclo formativo son os que se relacionan:

– MP3001. Tratamento informático de datos.

– MP3002. Aplicacións básicas de ofimática.

– MP3003. Técnicas administrativas básicas.

– MP3004. Arquivamento e comunicación.

– MP3005. Atención á clientela.

– MP3006. Preparación de pedidos e venda de produtos.

– MP3008. Formación en centros de traballo.

– MP3009. Ciencias aplicadas I.

– MP3010. Ciencias aplicadas II.

– MP3011. Comunicación e sociedade I.

– MP3012. Comunicación e sociedade II.

4. Desenvolvemento de módulos

4.1 Módulo profesional: Tratamento informático de datos

• Código: MP3001.

• Duración: 204 horas.

4.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Prepara os equipamentos e os materiais necesarios para o seu traballo, recoñecendo as súas principais funcións, as súas aplicacións e as súas necesidades de mantemento.

– CA1.1. Identificáronse e clasificáronse os equipamentos informáticos e os seus periféricos en función da súa utilidade no proceso ofimático.

– CA1.2. Identificáronse as aplicacións informáticas asociándoas aos labores que se vaian realizar.

– CA1.3. Comprobáronse as conexións entre os elementos informáticos e corrixíronse, de ser o caso, os erros observados.

– CA1.4. Comprobouse o funcionamento das aplicacións informáticas que se vaian utilizar.

– CA1.5. Realizouse o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos informáticos.

– CA1.6. Adoptáronse as medidas de seguridade necesarias para evitar os riscos laborais derivados da conexión e a desconexión dos equipamentos.

– CA1.7. Situáronse os equipamentos tendo en conta criterios de ergonomía e saúde laboral.

• RA2. Grava informaticamente datos, textos e outros documentos, valorando a rapidez e a exactitude do proceso.

– CA2.1. Organizáronse ordenadamente os documentos que conteñen os datos que cumpra gravar.

– CA2.2. Comprobouse que os datos e os documentos non estean previamente gravados, co fin de evitar duplicidades.

– CA2.3. Situáronse correctamente os dedos sobre o teclado.

– CA2.4. Identificáronse os caracteres do teclado polo tacto e pola posición dos dedos.

– CA2.5. Manexouse o teclado estendido con rapidez e exactitude, sen necesidade de desviar a mirada cara ás teclas.

– CA2.6. Obtívose un grao de corrección elevado na gravación de datos, cun máximo dun cinco por cento de erros.

– CA2.7. Corrixíronse as anomalías e os erros detectados nos resultados.

– CA2.8. Utilizouse correctamente o escáner para dixitalizar imaxes e outros documentos.

– CA2.9. Mantívose a confidencialidade respecto dos datos e dos textos gravados.

– CA2.10. Seguíronse as normas de ergonomía e de hixiene postural na realización dos labores encomendados.

• RA3. Trata textos e datos informaticamente, e selecciona as aplicacións informáticas en función da tarefa.

– CA3.1. Identificáronse e seleccionáronse as aplicacións para utilizar en cada exercicio proposto.

– CA3.2. Elaboráronse textos mediante ferramentas de procesadores de textos utilizando distintos formatos.

– CA3.3. Inseríronse imaxes, táboas e outros obxectos nos textos.

– CA3.4. Gardáronse os documentos realizados no lugar indicado e nomeáronse de xeito que sexan doadamente identificables.

– CA3.5. Procedeuse á gravación sistemática do traballo realizado con obxecto de que non se produzan perdas fortuítas.

– CA3.6. Identificouse a periodicidade con que se deban realizar as copias de seguridade.

– CA3.7. Seguíronse as instrucións recibidas e as normas de ergonomía e de hixiene postural na realización dos labores encomendados.

• RA4. Tramita documentación mediante o seu arquivamento, a súa impresión e a súa transmisión, tendo en conta a relación entre o tipo de documento e a súa localización.

– CA4.1. Identificáronse e clasificáronse os documentos obtidos de acordo coas súas características e co seu contido.

– CA4.2. Identificáronse as posibles localizacións de ficheiro en soporte dixital.

– CA4.3. Arquiváronse dixitalmente os documentos no lugar correspondente.

– CA4.4. Accedeuse a documentos arquivados previamente.

– CA4.5. Comprobouse o estado dos consumibles de impresión e repuxéronse, de ser o caso.

– CA4.6. Seleccionáronse as opcións de impresión adecuadas a cada caso.

– CA4.7. Imprimíronse os documentos correctamente.

– CA4.8. Utilizáronse as ferramentas de mensaxaría informática interna, asegurando a recepción correcta dos documentos.

– CA4.9. Demostrouse responsabilidade e confidencialidade no tratamento da información.

– CA4.10. Deixáronse os equipamentos informáticos en perfecto estado de uso ao finalizar a xornada.

4.1.2 Contidos básicos

BC1. Preparación de equipamentos e materiais

• Compoñentes dos equipamentos informáticos.

• Periféricos informáticos.

• Aplicacións ofimáticas. Software de pagamento e software libre.

• Coñecemento básico de sistemas operativos.

• Conectadores dos equipamentos informáticos.

• Riscos laborais derivados da utilización de equipamentos informáticos.

• Saúde postural.

BC2. Gravación informática de datos, textos e outros documentos

• Organización da zona de traballo.

• Teclado estendido. Función das teclas.

• Técnica mecanográfica. Colocación dos dedos sobre o teclado.

• Técnicas de velocidade e precisión mecanográfica.

• Transcrición de textos.

• Técnicas de corrección de erros mecanográficos.

• Confidencialidade da información.

BC3. Tratamento de textos e datos

• Procesadores de textos: estrutura e funcións.

• Aplicación de formatos nos procesadores de textos. Edición de textos.

• Elaboración de comunicacións escritas básicas. Utilización de patróns.

• Combinar e comparar documentos.

• Elaboración de táboas.

• Realización de copias de seguridade do traballo realizado.

BC4. Tramitación de documentación

• Xestión de ficheiros e carpetas dixitais.

• Criterios de codificación e clasificación dos documentos.

• Rexistro dixital de documentos.

• Impresora: funcionamento e tipos; cambio de cartuchos de impresión.

• Impresión de documentos.

4.1.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de gravación de datos e elaboración de documentos informáticos, así como o arquivamento dixital, a impresión e a transmisión dos datos.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Preparación de equipamentos de aplicacións informáticas.

– Utilización de técnicas mecanográficas para a gravación de datos informáticos.

– Elaboración e xestión dos documentos informáticos.

A formación do módulo relaciónase cos seguintes obxectivos xerais a), b) e c) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais a), b) e c). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Gravación de datos en terminais informáticas.

– Utilización de aplicacións informáticas para a elaboración e o arquivamento de documentos.

– Utilización de equipamentos para imprimir e transmitir información.

4.2 Módulo profesional: Aplicacións básicas de ofimática

• Código: MP3002.

• Duración: 240 horas.

4.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Tramita información en liña aplicando ferramentas de internet, intranet e outras redes.

– CA1.1. Identificáronse as redes informáticas ás que se pode acceder.

– CA1.2. Diferenciáronse os métodos de procura de información en redes informáticas.

– CA1.3. Accedeuse á información a través de internet, intranet e outras redes de área local.

– CA1.4. Localizáronse documentos utilizando ferramentas de internet.

– CA1.5. Situáronse e recuperáronse ficheiros almacenados en servizos de aloxamento de ficheiros compartidos (“a nube”).

– CA1.6. Comprobouse a veracidade da información localizada.

– CA1.7. Valorouse a utilidade de páxinas institucionais e de internet en xeral para a realización de trámites administrativos.

• RA2. Realiza comunicacións internas e externas mediante as utilidades de correo electrónico seguindo as pautas marcadas.

– CA2.1. Identificáronse os procedementos de transmisión e recepción de mensaxes internas e externas.

– CA2.2. Utilizouse o correo electrónico para enviar e recibir mensaxes internas e externas.

– CA2.3. Anexáronse documentos, vínculos, etc., en mensaxes de correo electrónico.

– CA2.4. Empregáronse as utilidades do correo electrónico para clasificar contactos, listas de distribución de información, etc.

– CA2.5. Aplicáronse criterios de prioridade, importancia, seguimento, etc., no envío de mensaxes, seguindo as instrucións recibidas.

– CA2.6. Comprobáronse as medidas de seguridade e confidencialidade na custodia ou no envío de información, seguindo pautas prefixadas.

– CA2.7. Organizouse a axenda incluíndo tarefas, avisos e outras ferramentas de planificación do traballo.

• RA3. Elabora documentos utilizando as aplicacións básicas de follas de cálculo.

– CA3.1. Utilizáronse os tipos de datos e referencia para celas, rangos, follas e libros.

– CA3.2. Aplicáronse fórmulas e funcións básicas.

– CA3.3. Xeráronse e modificáronse gráficos de diferentes tipos.

– CA3.4. Utilizouse a folla de cálculo como base de datos sinxelos.

– CA3.5. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir textos, números, códigos e imaxes.

– CA3.6. Aplicáronse as regras de ergonomía e saúde no desenvolvemento das actividades.

• RA4. Elabora presentacións gráficas utilizando aplicacións informáticas.

– CA4.1. Identificáronse as opcións básicas das aplicacións de presentacións.

– CA4.2. Recoñecéronse os tipos de vista asociados a unha presentación.

– CA4.3. Aplicáronse e recoñecéronse as tipografías e as normas básicas de composición, deseño e utilización da cor.

– CA4.4. Creáronse presentacións sinxelas incorporando texto, gráficos, obxectos e ficheiros multimedia.

– CA4.5. Deseñáronse patróns de presentacións.

– CA4.6. Utilizáronse periféricos para executar presentacións asegurando o correcto funcionamento.

4.2.2 Contidos básicos

BC1. Tramitación de información en liña: internet, intranet e redes LAN

• Redes informáticas: redes locais (tipos e compoñentes), redes sen fíos, internet e intranet.

• Procura activa en redes informáticas.

• Páxinas institucionais.

BC2. Realización de comunicacións internas e externas por correo electrónico

• Procedementos de transmisión e recepción de mensaxes internas e externas.

• Envío e recepción de mensaxes por correo.

• Inclusión de documentos e vínculos en mensaxes de correo electrónico.

• Medidas de seguridade e confidencialidade na custodia e no envío de información.

• Organización da axenda para incluír tarefas, avisos e outras ferramentas de planificación do traballo.

BC3. Elaboración de documentos mediante follas de cálculo

• Tipos de datos. Referencias a celas. Rangos. Follas. Libros.

• Utilización de fórmulas e funcións.

• Creación e modificación de gráficos.

• Elaboración de distintos tipos de documentos.

• Aplicación de regras ergonómicas.

BC4. Elaboración de presentacións

• Identificación de opcións básicas das aplicacións de presentacións.

• Deseño e edición de diapositivas. Tipos de vistas.

• Formatado de diapositivas, textos e obxectos.

• Utilización de patróns e asistentes.

• Presentación para o público: conexión a un proxector e configuración.

4.2.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de tramitar información en liña e a elaboración de documentos informáticos mediante follas de cálculo e aplicacións de presentacións.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Tramitación de información en liña.

– Elaboración e xestión dos documentos informáticos.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais b) e c) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais b) e c). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e as competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Tramitación e procura de información a través de redes informáticas.

– Utilización de aplicacións informáticas para a elaboración de documentos.

4.3 Módulo profesional: Técnicas administrativas básicas

• Código: MP3003.

• Duración: 179 horas.

4.3.1 Unidade formativa 1: Tarefas administrativas

• Código: MP3003_12.

• Duración: 133 horas.

4.3.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Clasifica as tarefas administrativas dunha empresa identificando as áreas funcionais desta.

– CA1.1. Definiuse a organización dunha empresa.

– CA1.2. Describíronse as tarefas administrativas dunha empresa.

– CA1.3. Identificáronse as áreas funcionais dunha empresa.

– CA1.4. Definiuse o organigrama elemental dunha organización privada e pública.

– CA1.5. Identificouse a situación física das áreas de traballo.

• RA2. Tramita correspondencia e paquetaría, e identifica as fases do proceso.

– CA2.1. Describíronse as fases da xestión da correspondencia.

– CA2.2. Realizouse a recepción do correo físico e da paquetaría, cubríndose os documentos internos e externos asociados.

– CA2.3. Clasificouse o correo utilizando distintos criterios.

– CA2.4. Distribuíuse o correo interno e o externo.

– CA2.5. Anotouse nos libros rexistro o correo e os paquetes recibidos e distribuídos.

– CA2.6. Utilizouse o fax para o envío e a recepción de documentos por este medio.

– CA2.7. Preparouse para o seu envío a correspondencia e a paquetaría saínte, tanto a normal como a urxente.

– CA2.8. Púxose especial interese en non extraviar a correspondencia.

– CA2.9. Mantívose limpo e en orde o espazo de traballo.

• RA3. Controla o almacén de material de oficina, tendo en conta a relación entre o nivel de existencias e o aseguramento da continuidade dos servizos.

– CA3.1. Diferenciáronse os materiais de oficina en relación coas súas características e as súas aplicacións.

– CA3.2. Recoñecéronse as funcións dos inventarios de material.

– CA3.3. Identificáronse os tipos de valoración de existencias.

– CA3.4. Definíronse os tipos de existencias.

– CA3.5. Calculouse o volume de existencias.

– CA3.6. Empregáronse aplicacións informáticas no control de almacén.

– CA3.7. Describíronse os procedementos administrativos de aprovisionamento de material.

– CA3.8. Realizáronse pedidos para garantir unhas existencias mínimas.

– CA3.9. Valorouse a importancia dunhas existencias mínimas.

4.3.1.2 Contidos básicos

BC1. Realización das tarefas administrativas dunha empresa

• Definición da organización dunha empresa.

• Descrición das tarefas administrativas dunha empresa.

• Áreas funcionais dunha empresa.

• Organigramas elementais de organizacións e entidades privadas e públicas.

BC2. Tramitación de correspondencia e paquetaría

• Circulación interna da correspondencia por áreas e departamentos.

• Técnicas básicas de recepción, rexistro, clasificación e distribución de correspondencia e paquetaría.

• Servizo de correos.

• Servizos de mensaxaría externa.

• Fax e escáner: funcionamento.

• Integración de hábitos profesionais básicos.

BC3. Control de almacén de material de oficina

• Materiais tipo de oficina. Material funxible e non funxible.

• Valoración de existencias.

• Inventarios: tipos, características e documentación.

• Procedementos administrativos de aprovisionamento de material de oficina. Documentos.

4.3.2 Unidade formativa 2: Tesouraría

• Código: MP3003_22.

• Duración: 46 horas.

4.3.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Realiza operacións básicas de tesouraría e identifica os documentos utilizados.

– CA1.1. Identificáronse os medios de cobramento e pagamento.

– CA1.2. Recoñecéronse os xustificantes das operacións de tesouraría.

– CA1.3. Relacionáronse os requisitos básicos dos medios de pagamento máis habituais.

– CA1.4. Realizáronse pagamentos e cobramentos ao contado simulados, calculando o importe que haxa que devolver en cada caso.

– CA1.5. Realizáronse operacións de tesouraría simuladas, utilizando para iso os documentos máis habituais neste tipo de operacións.

– CA1.6. Cubriuse un libro rexistro de movementos de caixa.

– CA1.7. Realizouse o cálculo do importe que haxa que pagar ou cobrar en distintas hipóteses de traballo.

– CA1.8. Demostrouse responsabilidade tanto no manexo do diñeiro en efectivo como no dos documentos utilizados.

4.3.2.2 Contidos básicos

BC1. Operacións básicas de tesouraría

• Operacións básicas de cobramento e de pagamento.

• Operacións de pagamento en efectivo.

• Medios e instrumentos de pagamento: tarxetas de crédito e de débito, recibos, transferencias bancarias, cheques, obrigas de pagamento, letras de cambio e domiciliación bancaria.

• Integración de hábitos profesionais básicos.

4.3.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de realización de actividades elementais de xestión administrativa.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación das funcións administrativas nunha empresa.

– Xestión de correspondencia.

– Aprovisionamento do material de oficina.

– Xestión de tesouraría básica.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais e), f) e h) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais e), f) e h). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Identificación das funcións administrativas nunha empresa.

– Clasificación e repartición de correspondencia.

– Control do material de oficina no almacén.

– Realización de cobramentos e pagamentos utilizando diversos medios.

4.4 Módulo profesional: Arquivamento e comunicación

• Código: MP3004.

• Duración: 146 horas.

4.4.1 Unidade formativa 1: Reprografía e arquivamento

• Código: MP3004_12.

• Duración: 73 horas.

4.4.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Realiza labores de reprografía de documentos e valora a calidade do resultado obtido.

– CA1.1. Diferenciáronse os equipamentos de reprodución e encadernación.

– CA1.2. Relacionáronse as modalidades de encadernación básica.

– CA1.3. Recoñecéronse as anomalías máis frecuentes nos equipamentos de reprodución.

– CA1.4. Obtivéronse as copias necesarias dos documentos de traballo na calidade e na cantidade requiridas.

– CA1.5. Cortáronse os documentos e adaptáronse ao tamaño requirido, utilizando ferramentas específicas.

– CA1.6. Observáronse as medidas de seguridade requiridas.

– CA1.7. Encadernáronse documentos utilizando métodos básicos (grampaxe, encanutaxe, etc.).

– CA1.8. Púxose especial coidado en manter a correcta orde dos documentos encadernados.

– CA1.9. Plastificáronse documentos de distinto tamaño e grosor.

– CA1.10. Púxose interese en manter en condicións de funcionamento óptimo os equipamentos utilizados.

• RA2. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados dos labores de reprografía.

– CA2.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para o desenvolvemento dos labores de reprografía.

– CA2.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito nos labores de reprografía.

– CA2.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada cos labores de reprografía.

• RA3. Arquiva documentos convencionais utilizados nas operacións comerciais e administrativas, tendo en conta a relación entre o tipo de documento e a súa situación ou o seu destino.

– CA3.1. Identificáronse os tipos de arquivamento.

– CA3.2. Describíronse os criterios utilizados para arquivar.

– CA3.3. Indicáronse os procesos básicos de arquivamento.

– CA3.4. Arquiváronse documentos en soporte convencional seguindo os criterios establecidos.

– CA3.5. Accedeuse a documentos previamente arquivados.

– CA3.6. Distinguiuse a información fundamental que deben incluír os documentos comerciais e administrativos básicos.

– CA3.7. Rexistráronse os documentos administrativos básicos.

– CA3.8. Comprobouse a veracidade e a corrección da información contida nos documentos.

– CA3.9. Elaboráronse os rexistros de xeito limpo, ordenado e preciso.

– CA3.10. Valorouse o emprego de aplicacións informáticas na elaboración dos rexistros.

4.4.1.2 Contidos básicos

BC1. Reprografía de documentos

• Equipamentos de reprodución de documentos. Multicopista: concepto e clases. Fotocopiadora: concepto, características, cadro de control e carga de papel.

• Identificación das anomalías máis frecuentes nos equipamentos de reprodución.

• Mantemento, limpeza e precaucións cos equipamentos de reprodución.

• Reprodución de documentos.

• Ferramentas de encadernación básica.

• Utilización de ferramentas de corte de documentos (cisalla, guillotinas, etc.).

• Plastificadoras de documentos: definición.

• Medidas de seguridade.

BC2. Iniciativa emprendedora nos labores de reprografía

• A persoa emprendedora nas labores de reprografía.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación nos labores de reprografía.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada cos labores de reprografía.

BC3. Arquivamento de documentos

• Arquivamento convencional. Tipos de arquivamento.

• Criterios de arquivamento: alfabético, numérico, cronolóxico, xeográfico, etc.

• Técnicas básicas de xestión de arquivos.

• Documentos básicos en operacións de compravenda: fichas de clientela, pedidos, albarás e notas de entrega, recibos e facturas.

4.4.2 Unidade formativa 2: Comunicación telefónica e protocolo

• Código: MP3004_22.

• Duración: 73 horas.

4.4.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Comunícase telefonicamente, no ámbito profesional, distinguindo a orixe e o destino de chamadas e mensaxes.

– CA1.1. Recoñecéronse os equipamentos de telefonía.

– CA1.2. Valoráronse as opcións da central telefónica.

– CA1.3. Atendéronse as chamadas telefónicas seguindo os protocolos establecidos.

– CA1.4. Deriváronse as chamadas telefónicas cara ao/á destinatario/a final.

– CA1.5. Informouse da orixe da chamada o/a destinatario/a final desta.

– CA1.6. Cubríronse notas de aviso telefónico de xeito claro e preciso.

– CA1.7. Demostrouse interese en utilizar os equipamentos telefónicos dunha maneira eficaz.

– CA1.8. Amosouse cortesía e prontitude na atención ás chamadas telefónicas.

• RA2. Recibe persoas externas á organización recoñecendo e aplicando normas de protocolo.

– CA2.1. Identificáronse as normas de cortesía e aplicouse o protocolo de saúdo, presentación e despedida.

– CA2.2. Empregouse unha linguaxe cortés e apropiada segundo a situación.

– CA2.3. Diferenciáronse costumes característicos doutras culturas.

– CA2.4. Informouse previamente de datos salientables da persoa esperada.

– CA2.5. Identificouse ante a visita e solicitouse a información necesaria desta.

– CA2.6. Notificouse ao/á destinatario/a da visita a chegada desta e transmitíronse os datos identificativos.

– CA2.7. Transmitiuse durante a comunicación a imaxe corporativa da organización.

– CA2.8. Demostrouse interese por ofrecer un trato personalizado.

4.4.2.2 Contidos básicos

BC1. Comunicación telefónica no ámbito profesional

• Medios e equipamentos telefónicos.

• Funcionamento dunha central telefónica básica.

• Protocolo de actuación ante as comunicacións telefónicas.

• Recollida e transmisión de mensaxes telefónicas.

• Normas básicas de conduta e pasos que se deben seguir nas comunicacións telefónicas.

BC2. Recepción de persoas externas á organización

• Definición de protocolo.

• Normas de protocolo de recepción. Presentacións.

• Imaxe corporativa.

• Normas de cortesía.

4.4.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de realización de actividades elementais de xestión administrativa.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Encadernación e reprografía de documentos.

– Rexistro e arquivamento de documentación comercial e administrativa.

– Utilización de equipamentos de telefonía.

– Recepción de persoas externas

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais c), d) e g) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais c), d) e g). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e as competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Comprobación e arquivamento físico de documentación.

– Utilización de centrais telefónicas.

– Realización de copias utilizando equipamentos de reprografía.

– Realización de encadernacións sinxelas.

4.5 Módulo profesional: Atención á clientela

• Código: MP3005.

• Duración: 58 horas.

4.5.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Atende posible clientela, recoñecendo as técnicas de comunicación.

– CA1.1. Analizouse o comportamento da clientela posible.

– CA1.2. Adaptáronse adecuadamente a actitude e o discurso á situación de partida.

– CA1.3. Obtívose a información necesaria da posible clientela.

– CA1.4. Favoreceuse a comunicación co emprego de técnicas e actitudes apropiadas ao desenvolvemento desta.

– CA1.5. Mantívose unha conversa utilizando as fórmulas, os léxico comercial e os nexos de comunicación (pedir aclaracións, solicitar información, pedir a alguén que repita, etc.).

– CA1.6. Deuse resposta a unha pregunta de doada solución, utilizando o léxico comercial axeitado.

– CA1.7. Expresouse oralmente un tema prefixado ante un grupo ou nunha relación de comunicación na que interveñen dous/dúas interlocutores/as.

– CA1.8. Mantívose unha actitude conciliadora e sensible cara ás demais persoas, demostrando cordialidade e amabilidade no trato.

– CA1.9. Transmitiuse información con claridade, de xeito ordenado e con estrutura clara e precisa.

• RA2. Comunica á posible clientela as posibilidades do servizo e xustifícaas desde o punto de vista técnico.

– CA2.1. Analizouse a tipoloxía de público.

– CA2.2. Diferenciouse clientela de provedores/as e do público en xeral.

– CA2.3. Recoñeceuse a terminoloxía básica de comunicación comercial.

– CA2.4. Diferenciouse entre información e publicidade.

– CA2.5. Adecuáronse as respostas en función das preguntas do público.

– CA2.6. Informouse a clientela acerca das características do servizo, nomeadamente das calidades esperables.

– CA2.7. Asesorouse a clientela sobre a opción máis recomendable, cando existan varias posibilidades, e informouse das características e dos acabamentos previsibles de cada unha.

– CA2.8. Solicitóuselle á clientela que comunique a elección da opción elixida.

• RA3. Informa a probable clientela do servizo realizado e xustifica as operacións executadas.

– CA3.1. Fíxose entrega á clientela dos artigos procesados e informouse dos servizos realizados nos artigos.

– CA3.2. Transmitíronse á clientela, de maneira oportuna, as operacións que cumpra levar a cabo nos artigos entregados e os tempos previstos para iso.

– CA3.3. Identificáronse os documentos de entrega asociados ao servizo ou produto.

– CA3.4. Recolleuse a conformidade da clientela co acabamento obtido e, en caso contrario, tomouse nota adecuadamente das súas obxeccións.

– CA3.5. Valorouse a pulcritude e a corrección, tanto no vestir como na imaxe corporal, elementos clave na atención á clientela.

– CA3.6. Mantívose sempre o respecto cara á clientela.

– CA3.7. Intentouse a fidelización da clientela co bo resultado do traballo.

– CA3.8. Definiuse o período de garantía e as obrigas legais aparelladas.

• RA4. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados do servizo de atención á clientela.

– CA4.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para o desenvolvemento da atención á clientela.

– CA4.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito da atención á clientela.

– CA4.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa atención á clientela.

• RA5. Atende reclamacións de posible clientela e recoñece o protocolo de actuación.

– CA5.1. Ofrecéronselle alternativas á clientela ante reclamacións doadamente corrixibles, expondo claramente os tempos e as condicións das operacións que cumpra realizar, así como o nivel de probabilidade de modificación esperable.

– CA5.2. Recoñecéronse os aspectos principais en que incide a lexislación en relación coas reclamacións.

– CA5.3. Subministróuselle á clientela a información e a documentación necesarias para a presentación dunha reclamación escrita, de ser o caso.

– CA5.4. Recolléronse os formularios presentados pola clientela para a realización dunha reclamación.

– CA5.5. Cubriuse unha folla de reclamación.

– CA5.6. Compartiuse información co equipo de traballo.

4.5.2 Contidos básicos

BC1. Atención á clientela

• Proceso de comunicación. Axentes e elementos que interveñen.

• Barreiras e dificultades comunicativas.

• Comunicación verbal: emisión e recepción de mensaxes orais.

• Motivación, frustración e mecanismos de defensa. Comunicación non verbal.

BC2. Venda de produtos e servizos

• O/a vendedor/ora: características, funcións e actitudes; calidades e aptitudes para a venda e o seu desenvolvemento.

• Exposición das calidades dos produtos e servizos.

• O/a vendedor/ora profesional: modelo de actuación. Relacións coa clientela.

• Técnicas de venda.

BC3. Información á clientela

• Papeis, obxectivos e relación entre profesionais e a clientela.

• Tipoloxía de clientela e a súa relación coa prestación do servizo.

• Atención personalizada como base da confianza na oferta de servizo.

• Necesidades e gustos da clientela, e criterios para a súa satisfacción.

• Obxeccións da clientela e o seu tratamento.

BC4. Iniciativa emprendedora na atención á clientela

• A persoa emprendedora no servizo de atención á clientela.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na actividade de atención á clientela.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa atención á clientela.

BC5. Tratamento de reclamacións

• Técnicas utilizadas na actuación ante reclamacións. Xestión de reclamacións. Alternativas reparadoras. Elementos formais que contextualizan unha reclamación.

• Documentos necesarios ou probas nunha reclamación. Procedemento de recollida das reclamacións.

4.5.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de atención e servizo á clientela, tanto na información previa como na posvenda do produto ou servizo.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Comunicación coa clientela.

– Información do produto como base do servizo.

– Atención de reclamacións.

A formación do módulo relaciónase co obxectivo xeral i) do ciclo formativo e coa competencia profesional i). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Descrición dos produtos que comercializan e dos servizos que prestan empresas tipo.

– Realización de exercicios de expresión oral, aplicando as normas básicas de atención ao público.

– Resolución de situacións estándares mediante exercicios de simulación.

4.6 Módulo profesional: Preparación de pedidos e venda de produtos

• Código: MP3006.

• Duración: 113 horas.

4.6.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Asesora sobre as características dos produtos solicitados e selecciona as mercadorías requiridas de acordo coas instrucións establecidas.

– CA1.1. Identificáronse as fases do proceso de atención á clientela e preparación de pedidos en comercios, grandes superficies, almacéns e empresas ou departamentos de loxística.

– CA1.2. Aplicáronse técnicas de comunicación adecuadas ao público obxectivo do punto de venda, adaptando a actitude e discurso á situación de partida, obtendo a información necesaria da posible clientela.

– CA1.3. Déronse respostas a preguntas de doada solución, utilizando o léxico comercial axeitado.

– CA1.4. Mantívose unha actitude conciliadora e sensible coas demais persoas, demostrando cordialidade e amabilidade no trato e transmitindo a información con claridade e de xeito estruturado e preciso.

– CA1.5. Informouse a posible clientela das características dos produtos, nomeadamente das calidades esperables e das formas de uso e consumo, argumentando sobre as súas vantaxes e comunicando o período de garantía.

– CA1.6. Relacionáronse as operacións de cobramento e devolución coa documentación das posibles transaccións.

• RA2. Conforma pedidos de acordo cos requisitos da posible clientela, aplicando técnicas de medición e pesaxe mediante ferramentas manuais e terminais específicos.

– CA2.1. Aplicáronse as recomendacións básicas de seguridade, hixiene e saúde na manipulación, na conservación e na embalaxe de pedidos de mercadorías ou produtos, interpretando correctamente a simboloxía relacionada.

– CA2.2. Interpretouse a información contida en ordes de pedido tipo e cubríronse os documentos relacionados (follas de pedido, albarás, ordes de repartición, “packing list”, etc.).

– CA2.3. Describíronse os danos que poden sufrir as mercadorías ou os produtos durante a súa manipulación para a conformación e preparación de pedidos.

– CA2.4. Describíronse as características dun TPV e os procedementos para a utilización de medios de pagamento electrónicos.

– CA2.5. Realizáronse operacións de pesaxe e medición coas ferramentas e os equipamentos requiridos.

– CA2.6. Identificáronse os documentos de entrega asociados á venda e ás devolucións, realizando, de ser o caso, pechamentos de caixa.

– CA2.7. Aplicáronse as normas básicas de prevención de riscos laborais, utilizando os equipamentos de protección individual relacionados coa manipulación de mercadorías e produtos.

– CA2.8. Aplicáronse as normas básicas de prevención de riscos laborais relacionados coa manipulación de mercadorías e produtos.

• RA3. Prepara pedidos para a súa expedición aplicando procedementos manuais e automáticos de embalaxe e etiquetaxe mediante equipamentos específicos.

– CA3.1. Describíronse os pasos e os procedementos xerais para a preparación de pedidos (selección, agrupamento, etiquetaxe e presentación final).

– CA3.2. Identificáronse os principais tipos de envases e embalaxes, tendo en conta as súas relacións coas características físicas e coas técnicas dos produtos ou das mercadorías que conteñen.

– CA3.3. Utilizáronse os criterios de etiquetaxe establecidos, consignando, de ser o caso, o número de unidades, a medida e/ou o peso das mercadorías ou dos produtos embalados.

– CA3.4. Tomáronse as medidas oportunas para reducir os residuos xerados polos procesos de embalaxe.

– CA3.5. Manexouse coa precisión requirida os equipamentos de pesaxe e/ou contaxe manual e/ou mecánica, utilizando as unidades de medida e peso especificadas nas ordes de pedido.

– CA3.6. Aplicáronse as medidas e as normas de seguridade, hixiene e saúde establecidas, retirando os residuos xerados na preparación e na embalaxe.

• RA4. Realiza o seguimento do servizo posvenda identificando as situacións posibles e aplicando os protocolos correspondentes.

– CA4.1. Describíronse as funcións do servizo posvenda.

– CA4.2. Identificáronse os procedementos para tratar as reclamacións e os documentos asociados (formularios de reclamacións, follas de reclamacións, cartas, etc.).

– CA4.3. Recoñecéronse os aspectos principais en que incide a lexislación en relación coas reclamacións.

– CA4.4. Ofrecéronselle alternativas á clientela ante reclamacións doadamente corrixibles, expondo claramente os tempos e as condicións das operacións que cumpra realizar e o nivel de probabilidade de modificación esperable.

– CA4.5. Subministróuselle á clientela a información e a documentación necesarias para a presentación dunha reclamación escrita, de ser o caso.

– CA4.6. Recolléronse os formularios presentados pola clientela para a realización dunha reclamación, clasificáronse e transmitíuselle a súa información á persoa responsable do seu tratamento.

4.6.2 Contidos básicos

BC1. Asesoramento no punto de venda

• Fases do proceso de atención á clientela e de preparación de pedidos.

• Períodos de garantía. Requisitos para que a garantía sexa efectiva.

• Documentación relacionada coas operacións de cobramento e devolución.

• Técnicas básicas de venda. Técnicas de pechamento de vendas.

• Atención á clientela.

BC2. Conformación de pedidos de mercadorías e produtos

• Tipos de mercadorías e produtos: características.

• Pictogramas de mercadorías. Pictogramas de manipulación.

• Métodos de preparación de pedidos: manuais, semiautomáticos e automáticos.

• Manipulación e conservación de produtos. Recomendacións de seguridade, hixiene e saúde.

• Pesaxe, colocación e visibilidade. Equipamentos de pesaxe.

BC3. Preparación de pedidos para a expedición

• Operativa básica na preparación de pedidos. Pasos e características.

• Documentación para a preparación de pedidos. Control do proceso: rastrexabilidade.

• Finalización de pedidos.

• Normas de prevención de riscos laborais de aplicación á preparación de pedidos. Accidentes e riscos habituais.

• Hixiene postural. Recomendacións na manipulación manual de cargas.

BC4. Seguimento do servizo posvenda

• Servizo posvenda.

• Entrega de pedidos.

• Reclamacións. Orientacións para tratar a clientela.

• Documentos necesarios para a xestión de reclamacións.

• Aspectos básicos da lei de ordenación do comercio detallista.

4.6.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de realización de operacións de venda de produtos e tratamento de reclamacións.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Información, asesoramento e servizo posvenda, aplicando as técnicas de comunicación adecuadas á situación e amosando unha actitude de respecto e amabilidade no trato á clientela.

– Venda de produtos e realización das operacións preparación de pedidos, de cobramento e das devolucións de produtos, manexando TPV ou caixas rexistradoras.

– Atención de reclamacións da clientela, utilizando protocolos de actuación definidos para cada situación.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais g), h) e m) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais g) e h). Ademais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Realización de xogos de rol sobre diversas situacións de atención á clientela no punto de venda (información a distintos tipos de clientela, asesoramento, venda e atención de reclamacións).

– Elaboración de formularios de reclamacións, formalización de follas de reclamacións, e confección de cartas e informes relacionados coa atención á clientela.

– Realización de cobramentos con TPV, devolucións de produtos e manexo da documentación asociada a estas operacións.

– Exposicións orais e simulación de conversas telefónicas relacionadas con situacións de venda ou atención á clientela.

4.7 Módulo profesional: Formación en centros de traballo

• Código: MP3008.

• Duración: 320 horas.

4.7.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza os medios informáticos para introducir datos, elaborar e xestionar documentos, e selecciona as ferramentas informáticas adecuadas.

– CA1.1. Preparáronse os equipamentos e os materiais necesarios.

– CA1.2. Comprobouse o correcto funcionamento dos equipamentos.

– CA1.3. Realizáronse as operacións de gravación de datos e textos.

– CA1.4. Elaboráronse documentos utilizando ferramentas informáticas.

– CA1.5. Imprimíronse documentos.

– CA1.6. Enviáronse documentos a través de sistemas de mensaxaría informática interna.

– CA1.7. Adoptáronse medidas de seguridade e hixiene postural durante a realización do traballo.

– CA1.8. Conservouse a confidencialidade en todo o proceso.

• RA2. Realiza a tramitación da correspondencia e das comunicacións telefónicas, cumprindo as normas establecidas pola empresa.

– CA2.1. Recoñecéronse os tipos de envíos de correspondencia e paquetaría realizados.

– CA2.2. Realizouse a recepción, o rexistro, a clasificación e a distribución da correspondencia.

– CA2.3. Utilizouse o fax correctamente.

– CA2.4. Utilizáronse os medios de telefonía, recibindo, derivando e emitindo chamadas.

– CA2.5. Recolléronse e transmitíronse mensaxes telefónicas con claridade e precisión.

– CA2.6. Recoñecéronse as normas establecidas pola empresa en materia de comunicación.

– CA2.7. Amosouse interese por coñecer a organización interna da empresa ou entidade onde se estea a realizar o módulo.

• RA3. Realiza labores básicos de administración e xestión de oficina, identificando en cada caso os documentos que cumpra utilizar e as técnicas que haxa que aplicar.

– CA3.1. Identificáronse os equipamentos de reprodución e encadernación do contorno laboral.

– CA3.2. Realizáronse labores de reprografía e copia de documentos.

– CA3.3. Realizáronse labores de encadernación básica.

– CA3.4. Comprobouse o nivel de existencias do almacén de material de oficina.

– CA3.5. Realizáronse labores básicos de arquivamento.

– CA3.6. Recoñecéronse os documentos comerciais e administrativos utilizados.

– CA3.7. Realizáronse operacións básicas de tesouraría, identificando os documentos utilizados.

– CA3.8. Demostrouse responsabilidade na realización do traballo.

– CA3.9. Mantivéronse unhas relacións laborais cordiais co resto de compañeiros e compañeiras, integrándose no grupo de traballo.

• RA4. Atende os requirimentos da clientela, obtendo a información necesaria e resolvendo as dúbidas que poidan xurdir nela.

– CA4.1. Mantívose unha actitude de cordialidade e amabilidade no trato.

– CA4.2. Tratouse a clientela con cortesía, respecto e discreción.

– CA4.3. Demostrouse interese e preocupación por atender satisfactoriamente as necesidades da clientela.

– CA4.4. Transmitiuse información con claridade, de xeito ordenado, estruturado, claro e preciso.

– CA4.5. Obtívose a información necesaria da clientela, favorecendo a comunicación co emprego de técnicas e actitudes axeitadas.

– CA4.6. Déronse respostas a preguntas de doada solución, utilizando o léxico comercial axeitado.

– CA4.7. Demostrouse responsabilidade ante erros e fracasos.

– CA4.8. Ofrecéronselle alternativas á clientela ante reclamacións doadamente corrixibles, cunha exposición clara dos tempos e das condicións das operacións que cumpra realizar, así como do nivel de probabilidade de modificación esperable.

• RA5. Actúa consonte as normas de prevención e riscos laborais da empresa.

– CA5.1. Cumpriuse a normativa xeral sobre prevención e seguridade, así como a establecida pola empresa.

– CA5.2. Identificáronse os factores e as situacións de risco que se presentan no seu ámbito de actuación no centro de traballo.

– CA5.3. Adoptáronse actitudes relacionadas coa actividade para reducir os riscos laborais e ambientais.

– CA5.4. Empregouse o equipamento de protección individual establecido para cada operación.

– CA5.5. Utilizáronse os dispositivos de protección das máquinas, dos equipamentos e das instalacións en cada actividade.

– CA5.6. Actuouse segundo o plan de prevención.

– CA5.7. Mantívose a zona de traballo libre de riscos, con orde e limpeza.

– CA5.8. Traballouse con criterios de redución do consumo de enerxía e da xeración de residuos.

• RA6. Actúa con responsabilidade e intégrase no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

– CA6.1. Executáronse con dilixencia as instrucións recibidas.

– CA6.2. Responsabilizouse do traballo desenvolvido, comunicándose eficazmente coa persoa axeitada en cada momento.

– CA6.3. Cumpríronse os requisitos e as normas técnicas, demostrando un bo facer profesional e finalizando o traballo nun tempo límite razoable.

– CA6.4. Amosouse unha actitude de respecto cara ás normas e aos procedementos establecidos.

– CA6.5. Organizouse o traballo de acordo coas instrucións e cos procedementos establecidos, cumprindo as tarefas en orde de prioridade e actuando baixo criterios de seguridade e calidade nas intervencións.

– CA6.6. Coordinouse a actividade desempeñada co resto do persoal, informando de calquera cambio, necesidade salientable ou continxencia.

– CA6.7. Incorporouse puntualmente ao posto de traballo, levando a cabo os descansos instituídos, e non abandonou o centro de traballo antes do establecido sen motivos debidamente xustificados.

– CA6.8. Preguntáronselle adecuadamente á persoa superior inmediata as posibles dúbidas e a información necesaria para o desempeño dos seus labores.

– CA6.9. Realizouse o traballo conforme as indicacións realizadas polo persoal superior, e formuláronse as posibles modificacións ou suxestións no lugar e do modo adecuados.

4.7.2 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais propios do título profesional básico en Servizos Administrativos que se alcanzaran no centro educativo ou a desenvolver competencias características de difícil consecución nel.

4.8 Módulo profesional: Ciencias aplicadas I

• Código: MP3009.

• Duración: 175 horas.

4.8.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Resolve problemas matemáticos en situacións cotiás, utilizando os elementos básicos da linguaxe matemática e as súas operacións.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de números e utilizáronse para interpretar adecuadamente a información cuantitativa.

– CA1.2. Realizáronse cálculos con eficacia mediante cálculo mental ou mediante algoritmos de lapis e calculadora (física ou informática).

– CA1.3. Utilizáronse as TIC como medio de procura de información.

– CA1.4. Operouse con potencias de expoñente natural e enteiro aplicando as propiedades.

– CA1.5. Utilizouse a notación científica para representar números moi grandes ou moi pequenos e operar con eles.

– CA1.6. Representáronse os números reais sobre a recta numérica.

– CA1.7. Caracterizouse a proporción como expresión matemática.

– CA1.8. Comparáronse magnitudes establecendo o seu tipo de proporcionalidade.

– CA1.9. Utilizouse a regra de tres para resolver problemas nos que interveñen magnitudes directamente e inversamente proporcionais.

– CA1.10. Aplicouse o xuro simple e composto en actividades cotiás.

• RA2. Recoñece as instalacións e o material de laboratorio e valóraos como recursos necesarios para a realización das actividades prácticas.

– CA2.1. Identificáronse as técnicas experimentais que se vaian realizar.

– CA2.2. Manipuláronse adecuadamente os materiais instrumentais do laboratorio.

– CA2.3. Tivéronse en conta as condicións de hixiene e seguridade para as técnicas experimentais que se vaian realizar.

• RA3. Identifica propiedades fundamentais da materia nas formas en que se presenta na natureza, manexando as súas magnitudes físicas e as súas unidades fundamentais en unidades de sistema métrico decimal.

– CA3.1. Describíronse as propiedades da materia.

– CA3.2. Practicáronse os cambios de unidades de lonxitude, masa e capacidade.

– CA3.3. Identificouse a equivalencia entre unidades de volume e capacidade.

– CA3.4. Efectuáronse medidas en situacións reais utilizando as unidades do sistema métrico decimal e utilizando a notación científica.

– CA3.5. Identificouse a denominación dos cambios de estado da materia.

– CA3.6. Identificáronse, con exemplos sinxelos, diferentes sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos.

– CA3.7. Identificáronse os estados de agregación nos que se presenta a materia e utilizáronse modelos cinéticos para explicar os cambios de estado.

– CA3.8. Identificáronse sistemas materiais en relación co seu estado na natureza.

– CA3.9. Recoñecéronse os estados de agregación dunha substancia dada a súa temperatura de fusión e de ebulición.

– CA3.10. Establecéronse diferenzas entre ebulición e evaporación utilizando exemplos sinxelos.

• RA4. Utiliza o método máis adecuado para a separación de compoñentes de mesturas sinxelas en relación co proceso físico ou químico en que se basea.

– CA4.1. Identificouse e describiuse o que se considera substancia pura e mestura.

– CA4.2. Establecéronse as diferenzas fundamentais entre mesturas e compostos.

– CA4.3. Discrimináronse os procesos físicos e químicos.

– CA4.4. Seleccionáronse, dunha listaxe de substancias, as mesturas, os compostos e os elementos químicos.

– CA4.5. Aplicáronse de xeito práctico diferentes separacións de mesturas por métodos sinxelos.

– CA4.6. Describíronse as características xerais básicas de materiais en relación coas profesións, utilizando as TIC.

– CA4.7. Traballouse en equipo na realización de tarefas.

• RA5. Recoñece como a enerxía está presente nos procesos naturais, describindo fenómenos simples da vida real.

– CA5.1. Identificáronse situacións da vida cotiá nas que se pon de manifesto a intervención da enerxía.

– CA5.2. Recoñecéronse diversas fontes de enerxía.

– CA5.3. Establecéronse grupos de fontes de enerxía renovable e non renovable.

– CA5.4. Amosáronse as vantaxes e os inconvenientes (obtención, transporte e utilización) das fontes de enerxía renovables e non renovables, utilizando as TIC.

– CA5.5. Aplicáronse cambios de unidades de enerxía.

– CA5.6. Amosouse, en diferentes sistemas, a conservación da enerxía.

– CA5.7. Describíronse procesos relacionados co mantemento do organismo e da vida nos que se aprecia claramente o papel da enerxía.

• RA6. Localiza as estruturas anatómicas básicas discriminando os sistemas ou os aparellos aos que pertencen e asociándoos ás funcións que producen no organismo.

– CA6.1. Identificáronse e describíronse os órganos que configuran o corpo humano, e asociáronse ao sistema ou ao aparello correspondente.

– CA6.2. Relacionouse cada órgano, sistema e aparello á súa función, e indicáronse as súas asociacións.

– CA6.3. Describiuse a fisioloxía do proceso de nutrición e identificouse a función das estruturas anatómicas dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

– CA6.4. Describiuse a fisioloxía do proceso de reprodución e identificouse a función das estruturas anatómicas do aparello reprodutor.

– CA6.5. Detallouse como funciona o proceso de relación e identificouse a función das estruturas anatómicas dos sistemas nervioso e endócrino.

– CA6.6. Utilizáronse ferramentas informáticas para describir adecuadamente aparellos e sistemas.

• RA7. Diferencia a saúde da doenza, relacionando os hábitos de vida coas doenzas máis frecuentes e recoñecendo os principios básicos de defensa contra elas.

– CA7.1. Identificáronse situacións de saúde e de doenza para as persoas.

– CA7.2. Describíronse os mecanismos encargados da defensa do organismo.

– CA7.3. Identificáronse e clasificáronse as doenzas infecciosas e non infecciosas máis comúns na poboación, e recoñecéronse as súas causas, a súa prevención e os seus tratamentos.

– CA7.4. Relacionáronse os axentes que causan as doenzas infecciosas habituais co contaxio producido.

– CA7.5. Describiuse a acción das vacinas, dos antibióticos e doutras achegas da ciencia médica para o tratamento e a prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.6. Recoñeceuse o papel das campañas de vacinación na prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.7. Describiuse o tipo de doazóns e os problemas que se producen nos transplantes.

– CA7.8. Recoñecéronse situacións de risco para a saúde relacionadas co contorno profesional máis próximo.

– CA7.9. Deseñáronse pautas de hábitos saudables relacionados con situacións cotiás.

• RA8. Elabora menús e dietas equilibradas sinxelas diferenciando os nutrientes que conteñen e adaptándoos aos parámetros corporais e a situacións diversas.

– CA8.1. Discriminouse entre o proceso de nutrición e o de alimentación.

– CA8.2. Diferenciáronse os nutrientes necesarios para o mantemento da saúde.

– CA8.3. Recoñeceuse a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico no coidado do corpo humano.

– CA8.4. Relacionáronse as dietas coa saúde, diferenciando entre as necesarias para o mantemento da saúde e as que poden conducir a unha mingua desta.

– CA8.5. Realizouse o cálculo sobre balances calóricos en situacións habituais do contorno.

– CA8.6. Calculouse o metabolismo basal e os seus resultados, e representouse nun diagrama establecendo comparacións e conclusións.

– CA8.7. Elaboráronse menús para situacións concretas, investigando na rede as propiedades dos alimentos.

• RA9. Resolve situacións cotiás, utilizando expresións alxébricas sinxelas e aplicando os métodos de resolución máis axeitados.

– CA9.1. Concretáronse propiedades ou relacións de situacións sinxelas mediante expresións alxébricas.

– CA9.2. Simplificáronse expresións alxébricas sinxelas utilizando métodos de desenvolvemento e factorización.

– CA9.3. Resolvéronse problemas da vida cotiá en que cumpra a formulación e a resolución de ecuacións de primeiro grao.

– CA9.4. Resolvéronse problemas sinxelos utilizando métodos gráficos e as TIC.

4.8.2 Contidos básicos

BC1. Resolución de problemas mediante operacións básicas

• Recoñecemento e diferenciación dos tipos de números. Representación na recta real.

• Utilización da xerarquía das operacións.

• Interpretación e utilización dos números reais e das operacións en diferentes contextos.

• Notación científica. Representación e operacións de suma, resta, multiplicación e división.

• Proporcionalidade directa e inversa. Regra de tres. Comparación de magnitudes.

• As porcentaxes na economía.

• Técnicas de procura de información coas tecnoloxías da información e da comunicación.

BC2. Recoñecemento de materiais e instalacións de laboratorio

• Normas xerais de traballo no laboratorio.

• Normas de seguridade e hixiene no laboratorio.

• Materiais de laboratorio: tipos e utilidade.

• Técnicas experimentais. Manexo da instrumentación do laboratorio na realización de actividades prácticas.

BC3. Identificación das formas da materia

• Unidades de lonxitude, capacidade e masa no sistema métrico decimal: cálculos, equivalencias e medidas. Uso da notación científica.

• Materia: propiedades.

• Clasificación da materia segundo o seu estado de agregación e composición.

• Estados de agregación: sólido, líquido e gasoso. Temperatura de fusión e de ebulición.

• Sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos. Estados de agregación dos materiais na natureza.

• Natureza corpuscular da materia. Cambios de estado e modelos cinéticos.

BC4. Separación de mesturas e substancias

• Substancias puras e mesturas: identificación, descrición e diferenciación.

• Substancias puras: elementos e compostos. Táboa periódica.

• Técnicas básicas de separación de mesturas no laboratorio. Procesos físicos e químicos que interveñen.

• Características básicas dos materiais relacionados co perfil profesional.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas, normas, orde e elaboración de informes.

BC5. Recoñecemento da enerxía nos procesos naturais

• Manifestacións da enerxía na natureza: fontes de enerxía e procesos en que esta intervén.

• Fontes de enerxía renovable e non renovable: identificación. Vantaxes e inconvenientes de cada unha.

• A enerxía na vida cotiá: identificación de situacións próximas.

• Formas de enerxía e a súa transformación. Lei de conservación da enerxía.

• Enerxía, calor e temperatura. Unidades máis habituais do Sistema Internacional.

BC6. Localización de estruturas anatómicas básicas

• Niveis de organización da materia viva. Órganos, aparellos e sistemas. Relacións entre eles e as súas funcións.

• Fisioloxía do proceso de nutrición: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

• Fisioloxía do proceso de relación: sistemas nervioso e endócrino.

• Fisioloxía do proceso de reprodución: aparello reprodutor e desenvolvemento embrionario.

BC7. Diferenciación entre saúde e doenza

• Saúde e doenza: concepto e diferenciación.

• Tipos de doenzas: infecciosas e non infecciosas; doenzas de transmisión sexual. Causas, prevención e tratamentos.

• Mecanismos encargados da defensa do organismo. Sistema inmunitario.

• Hixiene e prevención de doenzas. Tratamento fronte ás doenzas infecciosas. Vacinas.

• Transplantes e doazóns.

• Saúde mental: prevención de drogodependencias e de trastornos alimentarios.

• Hábitos de vida saudables relacionados coas doenzas máis frecuentes e con situacións cotiás.

BC8. Elaboración de menús e de dietas

• Alimentos e nutrientes: diferenciación. Recoñecemento de nutrientes presentes nos alimentos.

• Alimentación e saúde. Hábitos saudables relacionados coa alimentación.

• Concepto e elaboración de dietas. Tipos de dietas. Elaboración de menús.

• Hábitos saudables relacionados coa alimentación. Importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico.

BC9. Resolución de ecuacións sinxelas

• Progresións aritméticas e xeométricas.

• Tradución de situacións da linguaxe verbal á alxébrica.

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, multiplicación e factor común.

• Desenvolvemento e factorización de expresións alxébricas. Identidades notables.

• Resolución de ecuacións de primeiro grao cunha incógnita.

• Aplicación de métodos gráficos de resolución de problemas.

4.8.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa consciente tanto da súa propia persoa como do medio que o rodea.

Os contidos deste módulo contribúen a afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da vida cotiá.

Así mesmo, utilizan a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de índole diversa, aplicados a calquera situación, tanto na vida cotiá como na vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfócase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na resolución de problemas sinxelos e na realización doutras tarefas significativas, e permítelle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos j), k), l), m) e n) do ciclo formativo e as competencias j), k), l) e m). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Utilización dos números e das súas operacións para resolver problemas.

– Recoñecemento das formas da materia.

– Recoñecemento e uso de material de laboratorio básico.

– Identificación e localización das estruturas anatómicas.

– Realización de exercicios de expresión oral, aplicando as normas básicas de atención ao público.

– Importancia da alimentación para unha vida saudable.

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

4.9 Módulo profesional: Ciencias aplicadas II

• Código: MP3010.

• Duración: 162 horas.

4.9.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Resolve situacións cotiás aplicando os métodos de resolución de ecuacións e de sistemas, valorando a precisión, a simplicidade e a utilidade da linguaxe alxébrica.

– CA1.1. Utilizáronse identidades notables nas operacións con polinomios.

– CA1.2. Obtivéronse valores numéricos a partir dunha expresión alxébrica.

– CA1.3. Resolvéronse ecuacións de primeiro e segundo grao sinxelas de modo alxébrico e gráfico.

– CA1.4. Resolvéronse problemas cotiáns e doutras áreas de coñecemento mediante ecuacións e sistemas.

– CA1.5. Valorouse a precisión, a simplicidade e a utilidade da linguaxe alxébrica para representar situacións formuladas na vida real.

– CA1.6. Resolvéronse sistemas de ecuacións sinxelos.

• RA2. Resolve problemas sinxelos de diversa índole, a través da súa análise contrastada e aplicando as fases do método científico.

– CA2.1. Formuláronse hipóteses sinxelas, a partir de observacións directas ou indirectas compiladas por distintos medios.

– CA2.2. Analizáronse diversas hipóteses e emitiuse una primeira aproximación á súa explicación.

– CA2.3. Planificáronse métodos e procedementos experimentais sinxelos de diversa índole para refutar ou non a súa hipótese.

– CA2.4. Traballouse en equipo na formulación da solución.

– CA2.5. Compiláronse os resultados dos ensaios de verificación e reflectíronse nun documento de xeito coherente.

– CA2.6. Defendeuse o resultado con argumentacións e probas, e verificacións ou refutacións das hipóteses emitidas.

• RA3. Realiza medidas directas e indirectas de figuras xeométricas presentes en contextos reais, utilizando os instrumentos, as fórmulas e as técnicas necesarias.

– CA3.1. Utilizáronse instrumentos apropiados para medir ángulos, lonxitudes, áreas e volumes de corpos e de figuras xeométricas, interpretando as escalas de medida.

– CA3.2. Utilizáronse estratexias (semellanzas e descomposición en figuras máis sinxelas, etc.) para estimar ou calcular medidas indirectas no mundo físico.

– CA3.3. Utilizáronse as fórmulas para calcular perímetros, áreas e volumes, e asignáronse as unidades correctas.

– CA3.4. Traballouse en equipo na obtención de medidas.

– CA3.5. Utilizáronse as TIC para representar figuras.

• RA4. Interpreta gráficas de dúas magnitudes calculando os parámetros significativos destas e relacionándoo con funcións matemáticas elementais e os principais valores estatísticos.

– CA4.1. Expresouse a ecuación da recta de diversas formas.

– CA4.2. Representouse graficamente a función cuadrática aplicando métodos sinxelos para a súa representación.

– CA4.3. Representouse graficamente a función inversa.

– CA4.4. Representouse graficamente a función exponencial.

– CA4.5. Extraeuse información de gráficas que representen os tipos de funcións asociadas a situacións reais.

– CA4.6. Utilizouse o vocabulario adecuado para a descrición de situacións relacionadas co azar e coa estatística.

– CA4.7. Elaboráronse e interpretáronse táboas e gráficos estatísticos.

– CA4.8. Analizáronse características da distribución estatística obtendo medidas de centralización e de dispersión.

– CA4.9. Aplicáronse as propiedades dos sucesos e a probabilidade.

– CA4.10. Resolvéronse problemas cotiáns mediante cálculos de probabilidade sinxelos.

• RA5. Aplica técnicas físicas ou químicas, utilizando o material necesario para a realización de prácticas de laboratorio sinxelas, medindo as magnitudes implicadas.

– CA5.1. Verificouse a dispoñibilidade do material básico utilizado nun laboratorio.

– CA5.2. Identificáronse e medíronse magnitudes básicas (masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.).

– CA5.3. Identificáronse tipos de biomoléculas presentes en materiais orgánicos e inorgánicos.

– CA5.4. Describíronse a célula e os tecidos animais e vexetais mediante a súa observación a través de instrumentos ópticos.

– CA5.5. Elaboráronse informes de ensaios onde se inclúa a xustificación, o procedemento seguido, os resultados obtidos e as conclusións.

– CA5.6. Aplicáronse as normas de traballo no laboratorio.

• RA6. Recoñece as reaccións químicas que se producen nos procesos biolóxicos e na industria, argumentando a súa importancia na vida cotiá e describindo os cambios que se producen.

– CA6.1. Identificáronse reaccións químicas principais da vida cotiá, da natureza e da industria.

– CA6.2. Describíronse as manifestacións de reaccións químicas.

– CA6.3. Describíronse os compoñentes principais dunha reacción química e a intervención da enerxía nela.

– CA6.4. Recoñecéronse algunhas reaccións químicas tipo (combustión, oxidación, descomposición, neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica).

– CA6.5. Identificáronse os compoñentes e o proceso de reaccións químicas sinxelas mediante ensaios de laboratorio.

– CA6.6. Elaboráronse informes utilizando as TIC sobre as industrias máis salientables (alimentaria, cosmética e de reciclaxe), describindo de forma sinxela os procesos que teñen lugar nelas.

– CA6.7. Aplicáronse as normas de seguridade no traballo de laboratorio.

• RA7. Identifica aspectos positivos e negativos do uso da enerxía nuclear, e describe os efectos da contaminación xerada na súa aplicación.

– CA7.1. Analizáronse efectos positivos e negativos do uso da enerxía nuclear.

– CA7.2. Diferenciáronse os procesos de fusión e de fisión nuclear.

– CA7.3. Identificáronse algúns problemas sobre verteduras nucleares produto de catástrofes naturais ou de mala xestión e mal mantemento das centrais nucleares.

– CA7.4. Argumentouse sobre a problemática dos residuos nucleares.

– CA7.5. Traballouse en equipo e utilizáronse as TIC.

• RA8. Identifica os cambios que se producen no planeta Terra argumentando as súas causas e tendo en conta as diferenzas entre relevo e paisaxe.

– CA8.1. Identificáronse os axentes xeolóxicos externos e cal é a súa acción sobre o relevo.

– CA8.2. Diferenciáronse os tipos de meteorización e identificáronse as súas consecuencias no relevo.

– CA8.3. Analizouse o proceso de erosión, recoñecendo os axentes xeolóxicos externos que interveñen e as consecuencias no relevo.

– CA8.4. Describiuse o proceso de transporte discriminando os axentes xeolóxicos externos que interveñen e as consecuencias no relevo.

– CA8.5. Analizouse o proceso de sedimentación discriminando os axentes xeolóxicos externos que interveñen, as situacións e as consecuencias no relevo.

• RA9. Categoriza os contaminantes atmosféricos principais identificando as súas orixes e relacionándoas cos seus efectos.

– CA9.1. Recoñecéronse os fenómenos da contaminación atmosférica e os principais axentes que a causan.

– CA9.2. Investigouse sobre o fenómeno da chuvia ácida, as súas consecuencias inmediatas e futuras, e como sería posible evitala.

– CA9.3. Describiuse o efecto invernadoiro argumentando as súas causas ou axentes que contribúen a el, así como as medidas para a súa redución.

– CA9.4. Describiuse a problemática que ocasiona a perda paulatina da capa de ozono, e as consecuencias para a saúde das persoas, o equilibrio da hidrosfera e as poboacións.

• RA10. Identifica os contaminantes da auga tendo en conta a relación entre o seu efecto no ambiente e o seu tratamento de depuración.

– CA10.1. Recoñeceuse e valorouse o papel da auga na existencia e na supervivencia da vida no planeta.

– CA10.2. Identificouse o efecto nocivo da contaminación dos acuíferos nas poboacións de seres vivos.

– CA10.3. Identificáronse posibles contaminantes en mostras de auga de distinta orixe, planificando e realizando ensaios de laboratorio.

– CA10.4. Analizáronse os efectos producidos pola contaminación da auga e o uso responsable desta.

• RA11. Contribúe ao equilibrio ambiental, analizando e argumentando as liñas básicas sobre o desenvolvemento sustentable e propondo accións para a súa mellora e a súa conservación.

– CA11.1. Analizáronse as implicacións positivas dun desenvolvemento sustentable.

– CA11.2. Propuxéronse medidas elementais encamiñadas a favorecer o desenvolvemento sustentable.

– CA11.3. Deseñáronse estratexias básicas para posibilitar o mantemento do ambiente.

– CA11.4. Traballouse en equipo na identificación dos obxectivos para a mellora ambiental.

• RA12. Relaciona as forzas que aparecen en situacións habituais cos efectos producidos tendo en conta a súa contribución ao movemento ou ao repouso dos obxectos e as magnitudes postas en xogo.

– CA12.1. Discrimináronse movementos cotiáns en función da súa traxectoria e da súa celeridade.

– CA12.2. Relacionáronse entre si a distancia percorrida, a velocidade, o tempo e a aceleración, expresándoas en unidades de uso habitual.

– CA12.3. Representáronse vectorialmente determinadas magnitudes como a velocidade e a aceleración.

– CA12.4. Relacionáronse os parámetros que definen o movemento rectilíneo uniforme utilizando as expresións gráfica e matemática.

– CA12.5. Realizáronse cálculos sinxelos de velocidades en movementos con aceleración constante.

– CA12.6. Describiuse a relación causa e efecto en distintas situacións, para atopar a relación entre forzas e movementos.

– CA12.7. Aplicáronse as leis de Newton en situacións da vida cotiá.

• RA13. Identifica os aspectos básicos da produción, o transporte e a utilización da enerxía eléctrica, e os factores que interveñen no seu consumo, describindo os cambios producidos e as magnitudes e valores característicos.

– CA13.1. Identificáronse e manexáronse as magnitudes físicas básicas para ter en conta no consumo de electricidade na vida cotiá.

– CA13.2. Analizáronse os hábitos de consumo e de aforro eléctrico e establecéronse liñas de mellora neles.

– CA13.3. Clasificáronse as centrais eléctricas e describiuse a transformación enerxética nelas.

– CA13.4. Analizáronse as vantaxes e as desvantaxes das centrais eléctricas.

– CA13.5. Describíronse basicamente as etapas da distribución da enerxía eléctrica desde a súa xénese á persoa usuaria.

– CA13.6. Traballouse en equipo na compilación de información sobre centrais eléctricas en España.

4.9.2 Contidos básicos

BC1. Resolución de ecuacións e de sistemas en situacións cotiás

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, produto, cociente e factor común.

• Obtención de valores numéricos en fórmulas. Regra de Ruffini.

• Polinomios: raíces e factorización. Teorema do resto e teorema do factor.

• Resolución alxébrica e gráfica de ecuacións de primeiro e de segundo grao.

• Resolución de sistemas de ecuacións sinxelos.

• Técnicas de resolución de problemas con ecuacións e sistemas.

• Linguaxe alxébrica. Precisión e simplicidade na tradución de situacións reais.

BC2. Resolución de problemas sinxelos

• Método científico.

• Fases do método científico: observación, elaboración de hipóteses, experimentación, análise de resultados, e leis ou teorías.

• Aplicación das fases do método científico a situacións sinxelas.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, cooperación, respecto e orde. Elaboración de informes.

BC3. Realización de medidas en figuras xeométricas

• Puntos e rectas.

• Rectas secantes e paralelas.

• Ángulo: medida.

• Polígonos: descrición dos seus elementos e clasificación.

• Triángulos. Semellanza; teoremas de Tales e de Pitágoras.

• Circunferencia e os seus elementos. Medida e cálculo de lonxitudes, áreas e volumes. Asignación de unidades.

• Cálculo de medidas indirectas. Semellanzas; descomposición en figuras máis simples.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, cooperación e respecto. Presentación de resultados.

• Uso de aplicacións informáticas de xeometría dinámica para o estudo e a representación de figuras xeométricas.

BC4. Interpretación de gráficos

• Interpretación dun fenómeno descrito mediante un enunciado, unha táboa, unha gráfica ou unha expresión analítica.

• Funcións lineais. Ecuación da recta.

• Funcións cuadráticas. Representación gráfica.

• Representación gráfica da función inversa e da función exponencial.

• Uso de aplicacións informáticas para a representación, a simulación e a análise da gráfica dunha función.

• Estatística. Táboas e gráficos estatísticos. Medidas de centralización e dispersión.

• Cálculo de probabilidades. Propiedades dos sucesos e da probabilidade. Resolución de problemas.

BC5. Aplicación de técnicas físicas ou químicas

• Material básico no laboratorio. Inventario.

• Normas de traballo no laboratorio.

• Medida de magnitudes fundamentais: lonxitude, masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.

• Recoñecemento de biomoléculas orgánicas e inorgánicas.

• Microscopio óptico e lupa binocular: fundamentos ópticos e manexo; utilización para describir a célula, e os tecidos animais e vexetais.

• Informes de traballo no laboratorio: estrutura e formato.

BC6. Recoñecemento de reaccións químicas cotiás

• Reacción química. Compoñentes e procesos. Ensaios de laboratorio.

• Condicións de produción das reaccións químicas: intervención de enerxía.

• Reaccións químicas en ámbitos da vida cotiá, da natureza e na industria.

• Reaccións químicas básicas: combustión, oxidación, descomposición, neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica.

• Procesos que teñen lugar nas industrias máis salientables (alimentarias, cosmética e de reciclaxe).

• Normas de seguridade no traballo de laboratorio.

BC7. Identificación de aspectos relativos á contaminación nuclear

• Orixe da enerxía nuclear.

• Tipos de procesos para a obtención e o uso da enerxía nuclear: fusión e fisión.

• Residuos radioactivos provenientes das centrais nucleares: problemática da súa xestión e do seu tratamento.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, normas, orde e elaboración de informes.

BC8. Identificación dos cambios no relevo e na paisaxe da Terra

• Axentes xeolóxicos externos e internos.

• Acción dos axentes xeolóxicos externos: meteorización, erosión, transporte e sedimentación.

• Identificación dos resultados da acción dos axentes xeolóxicos.

• Relevo e paisaxe. Factores condicionantes.

BC9. Categorización dos contaminantes atmosféricos principais

• Concepto.

• Chuvia ácida.

• Efecto invernadoiro.

• Destrución da capa de ozono.

BC10. Identificación de contaminantes da auga

• Auga: factor esencial para a vida no planeta.

• Contaminación da auga: causas e efectos.

• Tratamentos de depuración e potabilización de auga.

• Métodos de almacenamento da auga proveniente dos desxeamentos, as descargas fluviais e a chuvia.

BC11. Equilibrio ambiental e desenvolvemento sustentable

• Concepto e aplicacións do desenvolvemento sustentable.

• Factores que inciden sobre a conservación do ambiente.

• Accións que contribúen ao mantemento e na mellora do equilibrio ambiental.

BC12. Influencia das forzas sobre o estado de repouso e de movemento dos corpos

• Clasificación dos movementos segundo a súa traxectoria e a súa aceleración.

• Distancia percorrida, velocidade e aceleración. Unidades do Sistema Internacional e máis habituais. Cálculos en movementos con aceleración constante.

• Magnitudes escalares e vectoriais: distancia percorrida, velocidade e aceleración.

• Movemento rectilíneo uniforme: características. Interpretación gráfica.

• Forza: resultado dunha interacción. Relación entre forzas e movementos.

• Representación de forzas aplicadas a un sólido en situacións habituais. Resultante.

• Leis de Newton.

BC13. Produción e utilización da enerxía eléctrica

• Electricidade e desenvolvemento tecnolóxico.

• Materia e electricidade.

• Magnitudes básicas manexadas no consumo de electricidade: enerxía e potencia. Aplicacións na vida cotiá: interpretación do recibo da luz.

• Hábitos de consumo e aforro de electricidade.

• Sistemas de produción de enerxía eléctrica: tipos de centrais eléctricas, as súas vantaxes e as súas desvantaxes.

• Transporte e distribución da enerxía eléctrica: etapas.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades; elaboración de informes.

4.9.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que, utilizando os pasos do razoamento científico, basicamente a observación e a experimentación, o alumnado aprenda a interpretar fenómenos naturais e, do mesmo modo, poida afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da súa vida cotiá.

Igualmente, fórmase para que utilice a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de distinta índole, aplicados a calquera situación, na súa vida cotiá e na súa vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a física e a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfocarase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na solución de problemas e noutras tarefas significativas, e permitiralle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos j), k), l), m) e n) do ciclo formativo, e as competencias j), k), l) e m). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

– Interpretación de gráficos e curvas.

– Aplicación, cando proceda, do método científico.

– Valoración do ambiente e da influencia dos contaminantes.

– Características da enerxía nuclear.

– Aplicación de procedementos físicos e químicos elementais.

– Realización de exercicios de expresión oral.

– Representación de forzas.

4.10 Módulo profesional: Comunicación e sociedade I

• Código: MP3011.

• Duración: 206 horas.

4.10.1 Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá I

• Código: MP3011_13.

• Duración: 88 horas.

4.10.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición e as normas lingüísticas básicas.

– CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais.

– CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral.

– CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero.

– CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos breves seleccionados, estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e progresivo.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discriminatorios desde a perspectiva de xénero.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformuláronse as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñecendo usos e niveis da lingua, e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escritos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformulación das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario adecuado ao contexto.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Realiza as lectura de textos literarios representativos da literatura castelá anteriores ao século XIX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA3.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua castelá no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA3.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua castelá a partir de textos literarios.

• RA4. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura en lingua galega anteriores ao século XX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA4.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua galega no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA4.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua galega a partir de textos literarios.

• RA5. Coñece a formación da lingua galega e da lingua castelá e as distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas, sendo consciente da necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo.

– CA5.1. Analizáronse as características de formación da lingua galega e da lingua castelá.

– CA5.2. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá anterior ao século XX.

– CA5.3. Analizáronse os fenómenos de contacto de linguas, atendendo a situacións de bilingüismo, diglosia, interferencias e o conflito lingüístico.

– CA5.4. Valorouse a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

4.10.1.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá

• Textos orais.

• Aplicación de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Pautas para evitar a disrupción en situacións de comunicación oral.

• Intercambio comunicativo: elementos extralingüísticos da comunicación oral; usos orais informais e formais da lingua; adecuación ao contexto comunicativo.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral. Organización da frase: estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá.

• Composicións orais: exposicións orais sinxelas sobre feitos da actualidade; presentacións orais sinxelas; uso de medios de apoio (medios audiovisuais e TIC).

BC2. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá

• Tipos de textos. Características de textos de propios da vida cotiá e profesional.

• Estratexias de lectura: elementos textuais.

• Pautas para a utilización de dicionarios diversos.

• Estratexias básicas no proceso de composición escrita.

• Presentación de textos escritos en distintos soportes. Aplicación das normas gramaticais e ortográficas en lingua castelá e en lingua galega.

• Textos escritos. Principais conectores textuais en lingua castelá e en lingua galega. Aspectos básicos das formas verbais nos textos, con especial atención ás perífrases verbais, á concordancia e a coherencia temporal e modal. Funcións substantiva, adxectiva e adverbial do verbo. Sintaxe (enunciado, frase e oración; suxeito e predicado; complemento directo, indirecto, de réxime, circunstancial, axente e atributo). Estruturas subordinadas (substantivas, adxectivas e adverbiais).

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua castelá a partir da Idade Media e ata o século XVIII.

• Narrativa: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria.

• Poesía: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria. Interpretación.

• Teatro: temas e estilos segundo a época literaria.

BC4. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua galega desde a Idade Media e ata o século XIX.

• A literatura medieval.

• A literatura dos Séculos Escuros.

• A literatura do século XIX: etapas e obras máis significativas.

BC5. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas.

• A formación da lingua galega e da lingua castelá.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá ata o século XIX.

• Análise dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias).

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Valoración do plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

• Crítica dos prexuízos lingüísticos.

4.10.2 Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa I

• Código: MP3011_23.

• Duración: 59 horas.

4.10.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, elaborando presentacións orais de pouca extensión, ben estruturadas, relativas a situacións habituais de comunicación cotiá e frecuente de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.1. Aplicáronse as estratexias de escoita activa para a comprensión precisa das mensaxes recibidas.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa básica de mensaxes directas ou recibidas mediante formatos electrónicos, valorando as situacións de comunicación e as súas implicacións no uso do vocabulario empregado.

– CA1.3. Identificouse o sentido global do texto oral que presenta a información de xeito secuenciado e progresivo en situacións habituais frecuentes e de contido predicible.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación común e evidente que axuden a entender o sentido xeral da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse presentacións orais breves de textos descritivos, narrativos e instrutivos dos ámbitos persoal, público ou profesional, de acordo cun guión sinxelo, aplicando a estrutura de cada tipo de texto e utilizando, de ser o caso, medios informáticos.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas adaptadas a contextos diferentes (formal, non formal e situacións profesionais), e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases e palabras de situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA1.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia comprensible, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse as normas de relacións sociais básicas e estandarizadas dos países onde se fale a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade onde se fale a lingua estranxeira.

• RA2. Participa en conversas en lingua inglesa utilizando unha linguaxe sinxela e clara en situacións habituais frecuentes dos ámbitos persoal ou profesional, activando estratexias de comunicación básicas.

– CA2.1. Dialogouse, de xeito dirixido e seguindo un guión ben estruturado, utilizando un repertorio memorizado de modelos de oracións e conversas breves e básicas, sobre situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible.

– CA2.2. Mantívose a interacción utilizando estratexias de comunicación sinxelas para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.3. Utilizáronse estratexias básicas de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira, como a observación da persoa interlocutora e a procura da súa axuda para facilitar a bidirecionalidade da comunicación.

– CA2.4. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA2.5. Expresouse con certa claridade, utilizando unha entoación e unha pronuncia comprensibles, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos escritos breves e sinxelos en lingua inglesa, en situacións de comunicacións habituais e frecuentes dos ámbitos persoal, público ou profesional, desenvolvendo estratexias estruturadas de composición, e aplica estratexias de lectura comprensiva.

– CA3.1. Leuse o texto de xeito comprensivo, recoñecendo os seus trazos básicos, o seu contido global, e analizouse a súa intención e o seu contexto.

– CA3.2. Identificáronse as ideas fundamentais e a intención comunicativa básica do texto.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, en situacións habituais frecuentes, de contido moi predicible.

– CA3.4. Completáronse e reorganizáronse frases e oracións, atendendo ao propósito comunicativo e a normas gramaticais básicas.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e adecuados a un propósito comunicativo, seguindo modelos estruturados.

– CA3.6. Utilizouse o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional.

– CA3.7. Amosouse interese pola boa presentación dos textos escritos, respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas, e seguindo sinxelas pautas de revisión.

– CA3.8. Utilizáronse dicionarios impresos e en liña e correctores ortográficos dos procesadores na composición dos textos.

– CA3.9. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

4.10.2.2 Contidos básicos

BC1. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa

• Ideas principais en chamadas, mensaxes, ordes e indicacións moi claras.

• Descrición xeral de persoas, lugares e obxectos dos ámbitos profesional e público.

• Narración e explicación sobre situacións habituais e frecuentes do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, expresións e frases sinxelas frecuentes para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal ou profesional.

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais en presente e pasado; verbos principais, modais e auxiliares. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais e frecuentes. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso para iniciar, ordenar e finalizar.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos de carácter básico que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais.

• Estratexias fundamentais de comprensión e escoita activa.

• Formatos electrónicos máis usuais.

BC2. Participación en conversas en lingua inglesa

• Estratexias de comprensión e escoita activa para iniciar, manter e rematar a interacción.

• Elaboración de mensaxes e textos sinxelos en lingua inglesa.

• Comprensión da información global e da idea principal de textos básicos cotiáns, dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Léxico frecuente para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás e sinxelas dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Composición de textos escritos moi breves, sinxelos e ben estruturados.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

• Elementos lingüísticos fundamentais atendendo aos tipos de textos, aos contextos e aos propósitos comunicativos tendo en conta un enfoque centrado no uso da lingua e na súa dimensión social.

• Propiedades básicas do texto.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Estratexias de planificación e de corrección escrita.

• Estratexias de expresión e de interacción escrita.

• Usos sociais da lingua: información xeral, opinión e valoración.

• Funcións comunicativas máis habituais dos ámbitos persoal, público ou profesional en medios escritos.

• Coherencia espazo-temporal e cohesión a través do uso de recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito.

• Contidos léxico-semánticos sinxelos e básicos da lingua inglesa.

• Tempos e formas verbais. Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

• Estruturas gramaticais básicas:

• A oración simple e a oración composta con and/or/but.

• Dicionarios impresos e en liña, e correctores ortográficos.

4.10.3 Unidade formativa 3: Sociedade I

• Código: MP3011_33.

• Duración: 59 horas.

4.10.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Valora a evolución histórica das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga, así como as súas relacións coas paisaxes naturais, analizando os factores e os elementos implicados, e desenvolvendo actitudes e valores de aprecio do patrimonio natural e artístico.

– CA1.1. Describíronse mediante a análise de fontes gráficas as principais características dunha paisaxe natural, e recoñecéronse esas características no contorno máis próximo.

– CA1.2. Explicáronse a localización, o desprazamento e a adaptación ao medio dos grupos humanos do período da hominización, ata o dominio técnico dos metais por parte das principais culturas que o exemplifican.

– CA1.3. Relacionáronse as características dos fitos artísticos máis significativos do período prehistórico coa organización social e co corpo de crenzas, e valoráronse as súas diferenzas coas sociedades actuais.

– CA1.4. Valorouse a persistencia destas sociedades nas actuais, en especial no territorio galego e peninsular, identificando e comparando as súas principais características.

– CA1.5. Discrimináronse as principais características que require a análise das obras arquitectónicas e escultóricas mediante exemplos arquetípicos, diferenciando estilos canónicos.

– CA1.6. Xulgouse o impacto das primeiras sociedades humanas na paisaxe natural, analizando as características das cidades antigas e a súa evolución na actualidade no territorio galego e peninsular.

– CA1.7. Analizouse a persistencia en Galicia, na Península Ibérica e nos territorios extrapeninsulares españois das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga.

– CA1.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA1.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora a construción do espazo europeo ata as primeiras transformacións industriais das sociedades agrarias, analizando as súas características principais, así como a súa persistencia na sociedade actual e no contorno inmediato.

– CA2.1. Analizouse a transformación do mundo antigo no medieval, recoñecendo a evolución do espazo europeo, as súas relacións co espazo extraeuropeo e as características máis significativas das sociedades medievais en Galicia e en España.

– CA2.2. Valoráronse as características das paisaxes agrarias medievais e a súa persistencia nas sociedades actuais galega e española, identificando os seus elementos principais.

– CA2.3. Valoráronse as consecuencias da construción dos imperios coloniais en América nas culturas autóctonas e nas europeas.

– CA2.4. Analizouse o modelo político e social da monarquía absoluta durante a Idade Moderna nas principais potencias europeas, así como as súas peculiaridades en Galicia e en España.

– CA2.5. Valoráronse os indicadores demográficos básicos das transformacións na poboación europea, española e galega durante o período analizado.

– CA2.6. Describíronse as principais características da análise das obras pictóricas a través do estudo de exemplos arquetípicos das escolas e dos estilos que se suceden en Europa, en España e en Galicia desde o Renacemento ata a irrupción das vangardas históricas.

– CA2.7. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do perfil do título, analizando as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA2.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA2.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo en equipo.

4.10.3.2 Contidos básicos

BC1. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural

• Paisaxes naturais: aspectos xerais e locais.

• Sociedades prehistóricas.

• Nacemento das cidades: hábitat urbano e a súa evolución; gráficos de representación urbana; sociedades urbanas antigas; cultura grega (extensión, trazos, fitos principais e características esenciais da arte grega); cultura romana (características esenciais da arte romana); sociedades prehistóricas e antigas no territorio galego e peninsular.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (guións, esquemas, resumos, etc); ferramentas sinxelas de localización cronolóxica; vocabulario seleccionado e específico.

BC2. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna

• Europa medieval: persistencia de usos e costumes (espazo agrario e as súas características); contacto con outras culturas.

• Europa das monarquías absolutas: grandes monarquías europeas (localización e evolución sobre o mapa no contexto europeo); monarquía absoluta en España; evolución do sector produtivo durante o período.

• Colonización de América.

• Galicia na época medieval e moderna.

• Estudo da poboación.: evolución demográfica do espazo europeo; comentario de gráficas de poboación (pautas e instrumentos básicos).

• Evolución da arte europea, española e galega das épocas medieval e moderna. Pautas básicas para o comentario de obras pictóricas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (resumos, fichas temáticas, biografías, follas de cálculo ou similares, etc); vocabulario específico.

4.10.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa quen de recoñecer as características básicas dos fenómenos relacionados coa actividade humana e mellorar as súas habilidades comunicativas.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra coñecementos básicos relativos a ciencias sociais, lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, estará enfocada ao uso de ferramentas básicas da análise textual, á elaboración de información estruturada oral e escrita, á localización espazo-temporal dos fenómenos sociais e culturais, ao respecto pola diversidade de crenzas e ás pautas de relación cotiá en distintas sociedades e grupos humanos, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e en equipo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá I, Comunicación en lingua inglesa I, e Sociedade I.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais n), ñ), o), p), q) e r) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais m), n), ñ), o) e p). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a integración do alumnado nas situacións de aprendizaxe propostas, mediante a aplicación de estratexias motivadoras.

– Potenciación da autonomía na execución das actividades e na xestión do seu tempo de aprendizaxe, no ámbito das competencias e dos contidos do ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e en equipo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance, fomentando o uso das TIC, que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións estruturadas da realidade.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración do alumnado nas actividades de aprendizaxe, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que se deriven do perfil profesional.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes sinxelas orais e escritas, mediante o seu uso en distintos tipos de situacións comunicativas e textuais do contorno do alumnado.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións do seu contorno, que orientará a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo que permita a integración do alumnado nas actividades educativas con garantía de éxito.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes presentes no contorno do alumnado, en relación coas necesidades derivadas do uso da lingua con distintos falantes.

– Desenvolvemento de hábitos de lectura que permitan a satisfacción coa produción literaria, mediante o uso de textos seleccionados acordes ás súas necesidades e características.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración motivadora de saberes que lle permitan ao alumnado analizar e valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Utilización de recursos e fontes de información ao seu alcance para organizar a información que extraia, para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación da diversidade dos grupos humanos e os seus logros ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas do contorno do alumnado a partir da análise da información dispoñible e da formulación de explicacións xustificadas e a reflexión sobre a súa actuación ante estas, en situacións de aprendizaxe pautadas.

– Potenciación das capacidades de observación e criterios para a satisfacción coas expresións artísticas mediante a análise pautada de producións artísticas arquetípicas, apreciando os seus valores estéticos e temáticos.

4.11 Módulo profesional: Comunicación e sociedade II

• Código: MP3012.

• Duración: 135 horas.

4.11.1 Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá II

• Código: MP3012_13.

• Duración: 67 horas.

4.11.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, no ámbito laboral e noutros contextos, aplicando os principios da escoita activa, estratexias razoadas de composición e as normas lingüísticas correctas en cada caso.

– CA1.1. Aplicáronse as técnicas da escoita activa na análise de mensaxes orais procedentes de diversas fontes.

– CA1.2. Recoñeceuse a intención comunicativa e a estrutura e cohesión da comunicación oral, valorando posibles respostas.

– CA1.3. Realizouse un uso correcto dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Aplicáronse as técnicas de organización de reunións e de participación nelas.

– CA1.5. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, valorando e eliminando os usos discriminatorios.

– CA1.6. Utilizouse a terminoloxía gramatical correcta na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, no ámbito laboral e noutros contextos, aplicando á composición autónoma de textos de progresiva complexidade estratexias de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa adecuación para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas técnicas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, recoñecendo posibles usos discriminatorios.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, revisando e reformulando as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de diversos textos escritos de uso académico ou profesional, recoñecendo os usos e os niveis da lingua, e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro, preciso e adecuado ao formato e ao contexto comunicativo.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistematizadas na preparación de textos escritos que permiten mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario correcto segundo as normas lingüísticas e a finalidade.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais, comprobando a precisión e a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Interpreta textos literarios representativos da literatura en lingua castelá desde o século XIX ata a actualidade, recoñecendo a intención do autor ou da autora e relacionándoos co seu contexto histórico, sociocultural e literario.

– CA3.1. Describíronse os movementos literarios en lingua castelá no período considerado, recoñecendo as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal de obras adecuadas ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos pautados.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais fundamentadas sobre os aspectos apreciados en obras literarias.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias de análise de textos literarios, recoñecendo os temas e os motivos, os elementos simbólicos e a funcionalidade dos recursos estilísticos máis significativos.

– CA3.5. Informouse sobre un autor ou unha autora, un período ou unha obra da literatura en lingua castelá, recollendo de forma analítica a información correspondente.

• RA4. Interpreta textos literarios representativos da literatura en lingua galega desde comezos do século XX ata a actualidade, recoñecendo a intención da autora ou do autor e relacionándoos co seu contexto histórico, sociocultural e literario.

– CA4.1. Describíronse os movementos literarios en lingua galega no período considerado, recoñecendo as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal de obras adecuadas ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos pautados.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais fundamentadas sobre os aspectos apreciados en obras literarias.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias de análise de textos literarios, recoñecendo os temas e os motivos, os elementos simbólicos e a funcionalidade dos recursos estilísticos máis significativos.

– CA4.5. Informouse sobre un autor ou unha autora, un período ou unha obra da literatura en lingua galega, recollendo de forma analítica a información correspondente.

• RA5. Coñece e valora a situación sociolingüística das distintas linguas do Estado español e as principais características das variedades xeográficas da lingua galega e da lingua castelá, así como as distintas etapas, desde comezos do século XX, da historia social da lingua galega e da lingua castelá, valorando a función do estándar, a necesidade de normalizar a lingua galega e rexeitando os prexuízos lingüísticos.

– CA5.1. Identificouse a situación sociolingüística das distintas linguas do Estado español, valorando a diversidade lingüística como un elemento de enriquecemento cultural e outorgándolle a todas as linguas o mesmo valor e a mesma función comunicativa.

– CA5.2. Recoñécese a variedade interna das linguas castelá e galega como símbolo da riqueza do noso patrimonio lingüístico.

– CA5.3. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX.

– CA5.4. Valorouse a función do estándar de calquera lingua, así como a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

4.11.1.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá

• Textos orais.

• Técnicas de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Exposición de ideas e argumentos: organización e preparación dos contidos (ilación, sucesión e coherencia); estrutura.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral: organización da frase (estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá); coherencia semántica.

• Uso de recursos audiovisuais.

• Técnicas de organización de reunións e de participación nelas.

BC2. Uso de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá

• Traballos, informes, ensaios e outros textos académicos, científicos e profesionais.

• Aspectos lingüísticos para ter en conta: rexistros comunicativos da lingua e factores que condicionan o seu uso; variacións das formas deícticas en relación coa situación; estilo directo e indirecto.

• Estratexias de lectura con textos académicos.

• Presentación de textos escritos.

• Comprensión e produción de textos escritos: conectores textuais (causa, consecuencia, condición e hipótese); formas verbais nos textos (perífrases verbais; concordancia e coherencia temporal e modal); sintaxe (complementos; frases compostas);estratexias para mellorar o interese da persoa receptora.

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Interpretación de textos literarios en lingua castelá desde o século XIX

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria do período estudado.

• A literatura en lingua castelá nos seus xéneros.

• Evolución da literatura en lingua castelá desde o século XIX ata a actualidade.

• Expresión de opinións fundamentadas sobre textos e obras literarias en lingua castelá.

BC4. Interpretación de textos literarios en lingua galega desde comezos do século XX

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• A literatura en lingua galega nos seus xéneros.

• Evolución da literatura en lingua galega desde comezos do século XX ata a actualidade.

• Expresión de opinións fundamentadas sobre textos e obras literarias en lingua galega.

BC5. Coñecemento e respecto pola diversidade lingüística, a historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX e valoración do estándar e da necesidade de normalizar a lingua galega.

• A situación sociolingüística das linguas do Estado español.

• A variedade interna da lingua castelá e da lingua galega.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX.

• Funcións e valor da lingua estándar.

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Recoñecemento e rexeitamento dos prexuízos lingüísticos, valorando o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

4.11.2 Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa II

• Código: MP3012_23.

• Duración: 34 horas.

4.11.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, aplicando os principios da escoita activa e elaborando presentacións orais de pouca extensión, claras e estruturadas, relativas a temas e aspectos concretos, frecuentes e cotiáns dos ámbitos persoal, público e profesional.

– CA1.1. Aplicáronse sistematicamente as estratexias de escoita activa para a comprensión global e específica das mensaxes recibidas, sen necesidade de entender todos os seus elementos.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa de mensaxes directas ou empregando un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso, estruturadores (de apertura, continuidade e pechamento).

– CA1.3. Identificouse o sentido global e as ideas principais do texto oral e de estruturas gramaticais básicas en oracións sinxelas, de situacións habituais frecuentes e de contido predicible e concreto.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación esenciais que axudan a entender o sentido global e as ideas principais e secundarias da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse composicións e presentacións orais breves de acordo cun guión estruturado, aplicando o formato e os trazos propios de cada tipo de texto de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e marcadores de discurso para iniciar, enlazar, ordenar e finalizar o discurso en situacións habituais frecuentes e aspectos concretos.

– CA1.7. Expresouse a información usando unha entoación e unha pronuncia razoables, aceptándose as pautas e pequenas vacilacións.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva e crítica acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse e valoráronse as normas de relación social e as normas de cortesía máis frecuentes dos países onde se fala a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse e valoráronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade e do lugar de traballo onde se fala a lingua estranxeira.

– CA1.11. Identificáronse as principais actitudes e os comportamentos profesionais en situacións de comunicación habituais do ámbito profesional.

• RA2. Mantén conversas sinxelas e breves en lingua inglesa en situacións habituais e concretas, cara a cara ou por medios técnicos, do ámbito persoal, público e profesional, empregando estratexias de comunicación básica.

– CA2.1. Dialogouse seguindo un guión sobre temas e aspectos concretos e frecuentes do ámbito persoal, público e profesional.

– CA2.2. Describíronse, narráronse e explicáronse experiencias propias.

– CA2.3. Escoitouse e dialogouse en interaccións sinxelas, cotiás da vida profesional, pública e persoal, solicitando e proporcionando información con certo detalle.

– CA2.4. Mantívose a interacción utilizando diversas estratexias de comunicación esenciais para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.5. Utilizáronse estratexias de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira (parafrasear, linguaxe corporal e axudas audiovisuais), para facilitar a comunicación entre as persoas interlocutoras.

– CA2.6. Utilizáronse estruturas gramaticais e oracións sinxelas, e un repertorio esencial e limitado de expresións, frases, palabras frecuentes e marcadores de discurso lineais.

– CA2.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia razoables e comprensibles, aceptándose algunhas pausas e vacilacións, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos breves e sinxelos con certo detalle en lingua inglesa relativos a situacións de comunicación habituais do ámbito persoal, público e profesional, aplicando estratexias de lectura comprensiva e desenvolvendo estratexias sistemáticas de composición.

– CA3.1. Leuse o texto recoñecendo os trazos esenciais do xénero, a súa intención, o seu contexto e a súa estrutura, e interpretando o seu contido global e específico sen necesidade de entender todos os seus elementos.

– CA3.2. Identificouse a intención comunicativa básica do texto, o sentido xeral, a información esencial e as partes principais, mesmo cando o texto se organiza de distinta maneira.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais e oracións sinxelas, e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso básicos e lineais, en situacións habituais frecuentes e concretas de contido predicible.

– CA3.4. Completáronse frases, oracións e textos sinxelos atendendo ao propósito comunicativo, con estruturas gramaticais de escasa complexidade, en situacións habituais e concretas de contido predicible.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e sinxelos, adecuados a un propósito comunicativo, empregando os conectores máis frecuentes para enlazar as oracións.

– CA3.6. Respectáronse as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas seguindo pautas sistemáticas e concretas de revisión e corrección.

– CA3.7. Amosouse unha actitude reflexiva e crítica acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

4.11.2.2 Contidos básicos

BC1. Interpretación e comunicación de textos orais cotiáns en lingua inglesa

• Distinción de ideas principais e secundarias, información esencial de textos orais breves e sinxelos.

• Descrición de aspectos concretos de persoas, lugares, servizos básicos, obxectos e xestións sinxelas.

• Experiencias dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Narración, explicacións e intercambio de acontecementos e experiencias do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, frases e expresións para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal e profesional.

• Tipos de textos e a súa estrutura.

• Recursos tecnolóxicos

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais simples e compostas. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais do ámbito persoal, público e profesional. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso. Dominio sinxelo do discurso: coherencia e cohesión. Oracións simples e subordinadas de escasa complexidade.

• Estratexias de comprensión e escoita activa.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais e das normas de cortesía.

• Recoñecemento e uso de expresións relacionadas cos costumes e os ritos nunha comunidade de persoas usuarias da lingua inglesa.

BC2. Interacción en conversas en lingua inglesa

• Estratexias de interacción para manter e seguir unha conversa.

• Uso de frases estandarizadas.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

• Información global e específica de mensaxes de escasa dificultade referentes a asuntos básicos cotiáns dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Composición de textos escritos breves e ben estruturados.

• Léxico para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás, necesarias, sinxelas e concretas dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Terminoloxía específica da área profesional do alumnado.

• Recursos gramaticais. Marcadores do discurso. Dominio sinxelo do discurso: coherencia e cohesión. Uso das oracións simples e compostas na linguaxe escrita.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Propiedades básicas do texto.

• Normas socioculturais nas relacións dos ámbitos persoal, público e profesional en situacións cotiás.

• Estratexias de planificación da mensaxe.

4.11.3 Unidade formativa 3: Sociedade II

• Código: MP3012_33.

• Duración: 34 horas.

4.11.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Infire as características esenciais das sociedades contemporáneas a partir do estudo da súa evolución histórica, analizando os trazos básicos da súa organización social, política e económica en distintos momentos, e a sucesión de transformacións e conflitos acaecidos.

– CA1.1. Discrimináronse as consecuencias para a organización das sociedades actuais das correntes ideolóxicas que a cimentaron, situándoas no tempo e no espazo.

– CA1.2. Valorouse o modelo globalizado actual de relacións económicas mediante o estudo das transformacións económicas producidas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e os sistemas organizativos da actividade produtiva.

– CA1.3. Categorizáronse as características da organización social contemporánea, en especial a galega e a española, analizando a estrutura e as relacións sociais da poboación actual e a súa evolución durante o período, utilizando gráficas e fontes directas seleccionadas.

– CA1.4. Examinouse a evolución das relacións internacionais contemporáneas, elaborando explicacións causais e consecutivas que permitan desenvolver opinións propias sobre os conflitos actuais.

– CA1.5. Valorouse o proceso de unificación do espazo europeo, analizando a súa evolución, os seus principios e as súas institucións significativas, e argumentouse a súa influencia nas políticas nacionais dos países membros da Unión Europea.

– CA1.6. Asociouse a evolución dos acontecementos históricos globais coa evolución histórica do Estado español e do territorio galego, identificando as súas fases de evolución, os principais conflitos e a súa situación actual.

– CA1.7. Identificáronse os trazos esenciais da arte contemporánea, en especial a galega e a española, e a súa evolución ata os nosos días, construíndo opinións e criterios propios de orde estética.

– CA1.8. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do título e describíronse as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA1.9. Elaboráronse instrumentos pautados de recollida e difusión de información que permitan a avaliación das aprendizaxes realizadas, utilizando o vocabulario preciso.

– CA1.10. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora os principios básicos do sistema democrático analizando as súas institucións e as organizacións políticas e económicas en que se manifesta, inferindo pautas de actuación para acomodar o seu comportamento ao cumprimento dos devanditos principios.

– CA2.1. Recoñecéronse os principios básicos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e a súa situación no mundo de hoxe, valorando a súa implicación para a vida cotiá.

– CA2.2. Analizáronse os principios reitores, as institucións e as normas de funcionamento das principais institucións internacionais, xulgando o seu papel nos conflitos mundiais.

– CA2.3. Valorouse a importancia da mediación e da resolución de conflitos na extensión do modelo democrático, desenvolvendo criterios propios e razoados para a resolución destes.

– CA2.4. Xulgáronse os trazos esenciais do modelo democrático español valorando o contexto histórico do seu desenvolvemento.

– CA2.5. Valorouse a implicación do principio de non discriminación nas relacións persoais e sociais do contorno, xulgando comportamentos propios e alleos e inferindo pautas e accións apropiadas para acomodar a actitude aos dereitos e ás obrigas que diso se derivan.

– CA2.6. Elaborouse información pautada e organizada para a súa utilización en situacións de traballo colaborativo e contraste de opinións

4.11.3.2 Contidos básicos

BC1. Valoración das sociedades contemporáneas

• Construción dos sistemas democráticos: a Ilustración e as súas consecuencias, a sociedade liberal e a sociedade democrática.

• Estrutura económica e a súa evolución. Principios de organización económica. Economía globalizada actual. A segunda globalización. Terceira globalización: problemas do desenvolvemento. Evolución do sector produtivo propio en Galicia e en España.

• Relacións internacionais. Grandes potencias e conflito colonial. Guerra civil europea. Descolonización e guerra fría. Mundo globalizado actual. Principais institucións internacionais. Galicia e España no marco de relacións actual.

• Construción europea. Galicia e España en Europa.

• Arte contemporánea: ruptura do canon clásico; o cine e o cómic como entretemento de masas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: traballo colaborativo; presentacións e publicacións web.

BC2. Valoración das sociedades democráticas

• Declaración Universal de Dereitos Humanos: os dereitos humanos na vida cotiá; conflitos internacionais actuais.

• Modelo democrático español: construción da España democrática; constitución Española. A organización do Estado español. O Estado das autonomías. O Estatuto de Autonomía de Galicia.

• Principio de non discriminación na convivencia diaria. Resolución de conflitos.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas. Procesos e pautas para o traballo colaborativo. Preparación e presentación de información para actividades deliberativas. Normas de funcionamento e actitudes no contraste de opinións.

4.11.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente do alumnado e contén a formación para mellorar as súas posibilidades de desenvolvemento persoal, social e profesional, utilizando os pasos do método científico, mediante a análise dos principais fenómenos relacionados coas actividades humanas no mundo contemporáneo, co desenvolvemento de estratexias comunicativas suficientes en linguas galega e castelá, e cos fundamentos da comunicación en lingua inglesa en distintas situacións habituais.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra materias como as ciencias sociais, a lingua galega e literatura, a lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, enfocarase á adquisición de ferramentas de análise espazo-temporal, ao tratamento de textos orais e escritos, á elaboración de mensaxes estruturadas e ao respecto cara a outras sociedades, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e colaborativo, para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá II, Comunicación en lingua inglesa II, e Sociedade II.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais n), ñ), o), p), q) e r) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais m), n), ñ), o) e p). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas cara a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a implicación activa do alumno no seu proceso formativo, onde a práctica e a funcionalidade das aprendizaxes constitúan un contínuum que facilite a realización das actividades que leve a cabo o alumnado.

– Potenciación da autonomía e da iniciativa persoal, para utilizar as estratexias axeitadas no ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o desenvolvemento e o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e colaborativo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións razoadas da realidade.

– Garantía do acceso á información para todo o alumnado, fomentando o uso das TIC.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración de competencias e contidos, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade para permitir a adaptación do alumnado á realidade persoal, social e profesional.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que se deriven do perfil profesional e a súa adaptación aos requisitos profesionais do seu contorno.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes orais e escritas, mediante o seu uso en situacións comunicativas e textuais de distintos tipos.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións da vida persoal, social e profesional que deberá vehicular a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo colaborativo que permita desenvolver o concepto de intelixencia colectiva e a súa relación co ámbito profesional.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes característica das sociedades contemporáneas, máis especificamente no ámbito das culturas de fala inglesa.

– Creación de hábitos de lectura e criterios estéticos propios que lle permitan ao alumnado a satisfacción coa produción literaria, con maior afondamento na produción nas linguas galega e castelá.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración de saberes que permita o estudo dun fenómeno relacionado coas ciencias sociais desde unha perspectiva multidisciplinar que lle permitan ao alumnado valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Uso de estratexias e destrezas de actuación, recursos e fontes de información ao seu alcance para se achegar ao método científico e organizar a información que extraia para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación dos cambios e das transformacións sufridas polos grupos humanos ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas da sociedade actual a partir da análise da información dispoñible e da concreción de hipóteses propias e razoadas de explicación dos fenómenos observados en situación de aprendizaxe.

– Potenciación das capacidades de apreciación e de creación, de educación do gusto polas artes, mediante o desenvolvemento de contidos e actividades que se relacionen con obras e expresións artísticas seleccionadas.

5. Requisitos mínimos de calidade do contexto formativo

5.1. Espazos

Os espazos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo son:

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente.

60

40

60 %

Taller administrativo.

90

60

40 %

A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

O grao de utilización expresa en tanto por cento e con carácter orientativo a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas. O centro educativo, no exercicio da súa autonomía e en función da distribución horaria semanal dos módulos profesionais e da titoría, poderá determinar outro grao de utilización.

Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos e alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

5.2. Equipamentos mínimos

Espazo formativo

Equipamentos

Aula polivalente.

• Equipamentos audiovisuais.

• Equipamentos informáticos en rede e con conexión a internet. Software de aplicación.

Taller administrativo.

• Moblaxe e material diverso de oficina.

• Impresora.

• Programas informáticos de aplicación.

• Mesas de oficina con postos de traballo informatizados.

• Equipamentos de encadernación básica.

• Equipamento de reprografía (fotocopiadora e escáner)..

• Central telefónica ou teléfono multifuncións.

• Arquivo convencional.

6. Profesorado

6.1. Especialidades do profesorado do sector público ás que se atribúe a impartición dos módulos profesionais asociados ao perfil profesional

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP3001. Tratamento informático de datos.

• MP3002. Aplicacións básicas de ofimática.

• MP3003. Técnicas administrativas básicas.

• MP3004. Arquivamento e comunicación.

• MP3005. Atención á clientela.

• MP3006. Preparación de pedidos e venda de produtos.

• Especialidade:

• Procesos comerciais.

• Procesos de xestión administrativa.

• Outros:

• Profesorado especialista, de ser o caso.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP3008. Formación en centros de traballo.

6.2. Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais, para os centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas

Módulos profesionais

Titulacións

• MP3001. Tratamento informático de datos.

• MP3002. Aplicacións básicas de ofimática.

• MP3003. Técnicas administrativas básicas.

• MP3004. Arquivamento e comunicación.

• MP3005. Atención á clientela.

• MP3006. Preparación de pedidos e venda de produtos.

• MP3008. Formación en centros de traballo.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

6.3. Titulacións habilitantes para os efectos de docencia para a impartición dos módulos profesionais, para os centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

7. Correspondencia entre módulos profesionais e unidades de competencia para a súa acreditación ou convalidación

Módulos profesionais

Unidades de competencia acreditables

• MP3001. Tratamento informático de datos.

• UC0973_1: introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia.

• MP3002. Aplicacións básicas de ofimática.

• UC0974_1: realizar operacións básicas de tratamento de datos e textos, e confección de documentación.

• MP3003. Técnicas administrativas básicas.

• UC0969_1: realizar e integrar operacións de apoio administrativo básico.

• MP3004. Arquivamento e comunicación.

• UC0970_1: transmitir e recibir información operativa en xestións rutineiras con axentes externos da organización.

• UC0971_1: realizar operacións auxiliares de reprodución e arquivamento en soporte convencional ou informático.

• MP3005. Atención á clientela.

• UC1329_1: proporcionarlle atención e información operativa, estruturada e protocolizada á clientela.

• MP3006. Preparación de pedidos e venda de produtos.

• UC1326_1: preparar pedidos de xeito eficaz e eficiente, seguindo procedementos establecidos.

8. Ciclos formativos de grao medio aos que o título profesional básico en Servizos Administrativos permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión en caso de concorrencia competitiva

O título profesional básico en Servizos Administrativos terá preferencia para a admisión a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de:

– Administración e Xestión.

– Comercio e Márketing.

– Téxtil, Confección e Pel.

– Vidro e Cerámica.

– Artes Gráficas.

9. Distribución horaria

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de formación profesional básica de Servizos Administrativos para o réxime ordinario

Curso

Módulo profesional

Duración

horas

MP3001. Tratamento informático de datos.

204

MP3003. Técnicas administrativas básicas.

179

MP3004. Arquivamento e comunicación.

146

MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

Total 1º

(FCE)

910

MP3002. Aplicacións básicas de ofimática.

240

MP3005. Atención á clientela.

58

MP3006. Preparación de pedidos e venda de produtos.

113

MP3010. Ciencias aplicadas II.

162

MP3012. Comunicación e sociedade II.

135

Total 2º

(FCE)

708

MP3008. Formación en centros de traballo.

320

Titoría

No primeiro curso do ciclo formativo dedicaranse 35 horas á titoría, e 27 horas no segundo curso.

10. Unidades formativas

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

horas

• MP3003. Técnicas administrativas básicas.

• MP3003_12. Tarefas administrativas.

133

• MP3003_22. Tesouraría.

46

• MP3004. Arquivamento e comunicación.

• MP3004_12. Reprografía e arquivamento.

73

• MP3004_22. Comunicación telefónica e protocolo.

73

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

• MP3011_13. Comunicación en linguas galega e castelá I

88

• MP3011_23. Comunicación en lingua inglesa I

59

• MP3011_33. Sociedade I

59

• MP3012. Comunicación e sociedade II.

• MP3012_13. Comunicación en linguas galega e castelá II

67

• MP3012_23. Comunicación en lingua inglesa II

34

• MP3012_33. Sociedade II

34

ANEXO II

Currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en electricidade e electrónica

1. Identificación do título

O título profesional básico en Electricidade e Electrónica queda identificado polos seguintes elementos:

– Denominación: Electricidade e Electrónica.

– Nivel: formación profesional básica.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: Electricidade e Electrónica.

– Referente europeo: CINE-3.5.3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

2. Perfil profesional

2.1. Competencia xeral do título

A competencia xeral do título profesional básico en Electricidade e Electrónica consiste en realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

2.2. Competencias do título

As competencias profesionais, persoais e sociais, e as competencias para a aprendizaxe permanente do título profesional básico en Electricidade e Electrónica son as que se relacionan:

a) Reunir os materiais e as ferramentas para acometer a execución da montaxe ou do mantemento en instalacións eléctricas de baixa tensión, domóticas e de telecomunicacións en edificios.

b) Montar canalizacións e tubos en condicións de calidade e seguridade, seguindo o procedemento establecido.

c) Tender o cableamento en instalacións eléctricas de baixa tensión e domóticas en edificios, aplicando as técnicas e os procedementos normalizados.

d) Montar equipamentos e outros elementos auxiliares das instalacións electrotécnicas en condicións de calidade e seguridade, seguindo o procedemento establecido.

e) Aplicar técnicas de mecanizado e unión para o mantemento e a montaxe de instalacións, de acordo coas necesidades destas.

f) Realizar probas e verificacións funcionais e regulamentarias básicas das instalacións, utilizando os instrumentos axeitados e o procedemento establecido.

g) Realizar operacións auxiliares de mantemento e reparación de equipamentos e elementos de instalacións, garantindo o seu funcionamento.

h) Manter hábitos de orde, puntualidade, responsabilidade e pulcritude ao longo da súa actividade.

i) Resolver problemas predicibles relacionados cos ámbitos físico, social, persoal e produtivo, utilizando o razoamento científico e os elementos proporcionados polas ciencias aplicadas e sociais.

j) Actuar de xeito saudable en contextos cotiáns que favorezan o desenvolvemento persoal e social, analizando hábitos e influencias positivas para a saúde humana.

k) Valorar actuacións encamiñadas á conservación ambiental, diferenciando as consecuencias das actividades cotiás que poidan afectar o equilibrio do ambiente.

l) Obter e comunicar información destinada á autoaprendizaxe e ao seu uso en distintos contextos do seu ambiente persoal, social ou profesional mediante recursos ao seu alcance e os propios das tecnoloxías da información e da comunicación.

m) Actuar con respecto e sensibilidade cara á diversidade cultural, o patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais e artísticas, apreciando o seu uso como fonte de enriquecemento persoal e social.

n) Comunicarse con claridade, precisión e fluidez en contextos sociais ou profesionais e por diferentes medios, canles e soportes ao seu alcance, utilizando e adecuando recursos lingüísticos orais e escritos propios das linguas galega e castelá.

ñ) Comunicarse en situacións habituais de carácter laboral, persoal e social, utilizando recursos lingüísticos básicos en lingua estranxeira.

o) Realizar explicacións sinxelas sobre acontecementos e fenómenos característicos das sociedades contemporáneas a partir de información histórica e xeográfica ao seu dispor.

p) Adaptarse ás novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos na súa actividade laboral, utilizando as ofertas formativas ao seu alcance e localizando os recursos mediante as tecnoloxías da información e da comunicación.

q) Cumprir as tarefas propias do seu nivel con autonomía e responsabilidade, empregando criterios de calidade e eficiencia no traballo asignado e efectuándoo de forma individual ou como membro dun equipo.

r) Comunicarse eficazmente, respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no seu ámbito de traballo, contribuíndo á calidade do traballo realizado.

s) Asumir e cumprir as medidas de prevención de riscos e seguridade laboral na realización das actividades laborais, evitando danos persoais, laborais e ambientais.

t) Cumprir as normas de calidade e de accesibilidade e deseño universais que afectan a súa actividade profesional.

u) Actuar con espírito emprendedor, iniciativa persoal e responsabilidade na elección dos procedementos da súa actividade profesional.

v) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación vixente, participando activamente na vida económica, social e cultural.

2.3. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título

2.3.1. Cualificacións profesionais completas:

a) Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios, ELE255_1 (Real decreto 1115/2007, do 24 de agosto), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0816_1: realizar operacións de montaxe de instalacións eléctricas de baixa tensión e domóticas en edificios.

– UC0817_1: realizar operacións de montaxe de instalacións de telecomunicacións.

b) Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos, ELE481_1 (Real decreto 144/2011, do 4 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1559_1: realizar operacións de ensamblaxe na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– UC1560_1: realizar operacións de conexión na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– UC1561_1: realizar operacións auxiliares no mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

2.3.2. Cualificacións profesionais incompletas:

Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, IFC361_1 (Real decreto 1701/2007, do 14 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1207_1: realizar operacións auxiliares de montaxe de equipamentos microinformáticos.

2.4. Contorno profesional

2.4.1. Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións.

2.4.2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión.

– Axudante/a de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites.

– Axudante/a de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos.

– Axudante/a de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación.

– Axudante/a de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas.

– Peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica.

– Axudante/a de montador/ora de sistemas microinformáticos.

– Operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso.

2.5. Prospectiva do sector ou dos sectores relacionados co título

a) O perfil profesional do título profesional básico en Electricidade e Electrónica, dentro do sector terciario, evoluciona cara á especialización na instalación e no mantemento de infraestruturas de telecomunicacións, sistemas de seguridade, redes, domótica, telefonía, son e equipamentos informáticos.

b) No sector das instalacións eléctricas prevese un forte crecemento na demanda de instalacións automatizadas, tanto domóticas como industriais, de instalacións solares fotovoltaicas e de infraestruturas de telecomunicacións en edificios de vivendas e do sector terciario, manténdose estable nas instalacións electrotécnicas.

c) O desenvolvemento de novas tecnoloxías está a facer posible o cambio de materiais e equipamentos para lograr unha maior eficiencia enerxética e de seguridade eléctrica de previsible implantación obrigatoria nos próximos anos.

d) As empresas nas que exercen a súa actividade as persoas con esta titulación tenden a delegar nelas funcións e as responsabilidades, e obsérvase a preferencia por un perfil polivalente cun alto grao de autonomía e de capacidade para a toma de decisións, para o traballo en equipo e para a coordinación con persoal instalador doutros sectores.

e) As estruturas organizativas tenden a configurarse sobre a base de decisións descentralizadas e equipos participativos de xestión, potenciando a autonomía e a capacidade de decisión.

f) As características do mercado de traballo, a mobilidade laboral e a apertura económica obrigan a formar profesionais polivalentes capaces de se adaptar ás novas situacións socioeconómicas, laborais e organizativas do sector.

3. ENSINANZAS DO CICLO FORMATIVO

3.1. Obxectivos xerais do título

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de formación profesional básica de Electricidade e Electrónica son os seguintes:

a) Seleccionar os utensilios, as ferramentas, os equipamentos e os medios de montaxe e de seguridade, recoñecendo os materiais reais e considerando as operacións que cumpra realizar, para reunir os recursos e os medios.

b) Marcar a posición e aplicar técnicas de fixación de canalizacións, tubos e soportes utilizando as ferramentas adecuadas e o procedemento establecido, para realizar a montaxe.

c) Aplicar técnicas de tendido e guía de cables seguindo os procedementos establecidos e manexando as ferramentas e os medios correspondentes, para tender o cableamento.

d) Aplicar técnicas sinxelas de montaxe, manexando equipamentos, ferramentas e instrumentos, segundo procedementos establecidos e en condicións de seguridade, para montar equipamentos e elementos auxiliares.

e) Identificar e manexar as ferramentas utilizadas para mecanizar e unir elementos das instalacións en diferentes situacións que se produzan no mecanizado e na unión de elementos das instalacións.

f) Utilizar equipamentos de medida e relacionar os parámetros que cumpra medir coa configuración dos equipamentos e coa súa aplicación nas instalacións, de acordo coas instrucións de fábrica, para realizar probas e verificacións.

g) Desmontar e montar os equipamentos, substituír os elementos defectuosos e realizar os axustes necesarios, para manter e reparar instalacións e equipamentos.

h) Verificar a conexión e os parámetros característicos da instalación utilizando os equipamentos de medida en condicións de calidade e seguridade, para realizar operacións de mantemento.

i) Comprender os fenómenos que acontecen no ámbito natural mediante o coñecemento científico como un saber integrado, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar e resolver problemas básicos nos campos do coñecemento e da experiencia.

j) Desenvolver habilidades para formular, interpretar e resolver problemas, e aplicar o razoamento de cálculo matemático para se desenvolver na sociedade e no ámbito laboral, e para xestionar os seus recursos económicos.

k) Identificar e comprender os aspectos básicos de funcionamento do corpo humano e pólos en relación coa saúde individual e colectiva, e valorar a hixiene e a saúde, para permitir o desenvolvemento e o afianzamento de hábitos saudables de vida en función do contorno.

l) Desenvolver hábitos e valores acordes coa conservación e a sustentabilidade do patrimonio natural, comprendendo a interacción entre os seres vivos e o medio natural, para valorar as consecuencias que se derivan da acción humana sobre o equilibrio ambiental.

m) Desenvolver as destrezas básicas das fontes de información utilizando con sentido crítico as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter e comunicar información nos contornos persoal, social ou profesional.

n) Recoñecer características básicas de producións culturais e artísticas, aplicando técnicas de análise básica dos seus elementos, para actuar con respecto e sensibilidade cara á diversidade cultural, o patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais e artísticas.

ñ) Desenvolver e afianzar habilidades e destrezas lingüísticas, e alcanzar o nivel requirido de precisión, claridade e fluidez, utilizando os coñecementos sobre as linguas galega e castelá, para se comunicar no seu contexto social, na súa vida cotiá e na actividade laboral.

o) Desenvolver habilidades lingüísticas básicas en lingua estranxeira para se comunicar de xeito oral e escrito en situacións habituais e predicibles da vida cotiá e profesional.

p) Recoñecer causas e trazos propios de fenómenos e acontecementos contemporáneos, a súa evolución histórica e a súa distribución xeográfica, para explicar as características propias das sociedades contemporáneas.

q) Desenvolver valores e hábitos de comportamento baseados en principios democráticos, aplicándoos nas súas relacións sociais habituais e na resolución pacífica dos conflitos.

r) Comparar e seleccionar recursos e ofertas formativas existentes para a aprendizaxe ao longo da vida, para se adaptar ás novas situacións laborais e persoais.

s) Desenvolver a iniciativa, a creatividade e o espírito emprendedor, así como a confianza en si mesmo/a, a participación e o espírito crítico, para resolver situacións e incidencias da actividade profesional ou de índole persoal.

t) Desenvolver traballos en equipo asumindo os deberes, cooperando coas demais persoas con tolerancia e respecto, para a realización eficaz das tarefas e como medio de desenvolvemento persoal.

u) Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para se informar, se comunicar, aprender e facilitar as tarefas laborais.

v) Relacionar os riscos laborais e ambientais coa actividade laboral, co propósito de utilizar as medidas preventivas correspondentes para a protección persoal, evitando danos ambientais e ás demais persoas.

w) Desenvolver as técnicas da súa actividade profesional asegurando a eficacia e a calidade no seu traballo, e propor, se procede, melloras nas actividades de traballo.

x) Recoñecer os dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

y) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

z) Rexeitar calquera discriminación por razón de orientación sexual ou de identidade de xénero.

3.2. Módulos profesionais

Os módulos do ciclo formativo de formación profesional básica de Electricidade e Electrónica son os que se relacionan:

– MP3009. Ciencias aplicadas I.

– MP3011. Comunicación e sociedade I.

– MP3012. Comunicación e sociedade II.

– MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas.

– MP3014. Instalacións de telecomunicacións.

– MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

– MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

– MP3018. Formación en centros de traballo.

– MP3019. Ciencias aplicadas II.

4. Desenvolvemento de módulos

4.1 Módulo profesional: Ciencias aplicadas I

• Código: MP3009.

• Duración: 175 horas.

4.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Resolve problemas matemáticos en situacións cotiás, utilizando os elementos básicos da linguaxe matemática e as súas operacións.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de números e utilizáronse para interpretar adecuadamente a información cuantitativa.

– CA1.2. Realizáronse cálculos con eficacia mediante cálculo mental ou mediante algoritmos de lapis e calculadora (física ou informática).

– CA1.3. Utilizáronse as TIC como medio de procura de información.

– CA1.4. Operouse con potencias de expoñente natural e enteiro aplicando as propiedades.

– CA1.5. Utilizouse a notación científica para representar números moi grandes ou moi pequenos e operar con eles.

– CA1.6. Representáronse os números reais sobre a recta numérica.

– CA1.7. Caracterizouse a proporción como expresión matemática.

– CA1.8. Comparáronse magnitudes establecendo o seu tipo de proporcionalidade.

– CA1.9. Utilizouse a regra de tres para resolver problemas nos que interveñen magnitudes directamente e inversamente proporcionais.

– CA1.10. Aplicouse o xuro simple e composto en actividades cotiás.

• RA2. Recoñece as instalacións e o material de laboratorio e valóraos como recursos necesarios para a realización das actividades prácticas.

– CA2.1. Identificáronse as técnicas experimentais que se vaian realizar.

– CA2.2. Manipuláronse adecuadamente os materiais instrumentais do laboratorio.

– CA2.3. Tivéronse en conta as condicións de hixiene e seguridade para as técnicas experimentais que se vaian realizar.

• RA3. Identifica propiedades fundamentais da materia nas formas en que se presenta na natureza, manexando as súas magnitudes físicas e as súas unidades fundamentais en unidades de sistema métrico decimal.

– CA3.1. Describíronse as propiedades da materia.

– CA3.2. Practicáronse os cambios de unidades de lonxitude, masa e capacidade.

– CA3.3. Identificouse a equivalencia entre unidades de volume e capacidade.

– CA3.4. Efectuáronse medidas en situacións reais utilizando as unidades do sistema métrico decimal e utilizando a notación científica.

– CA3.5. Identificouse a denominación dos cambios de estado da materia.

– CA3.6. Identificáronse, con exemplos sinxelos, diferentes sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos.

– CA3.7. Identificáronse os estados de agregación nos que se presenta a materia e utilizáronse modelos cinéticos para explicar os cambios de estado.

– CA3.8. Identificáronse sistemas materiais en relación co seu estado na natureza.

– CA3.9. Recoñecéronse os estados de agregación dunha substancia dada a súa temperatura de fusión e de ebulición.

– CA3.10. Establecéronse diferenzas entre ebulición e evaporación utilizando exemplos sinxelos.

• RA4. Utiliza o método máis adecuado para a separación de compoñentes de mesturas sinxelas en relación co proceso físico ou químico en que se basea.

– CA4.1. Identificouse e describiuse o que se considera substancia pura e mestura.

– CA4.2. Establecéronse as diferenzas fundamentais entre mesturas e compostos.

– CA4.3. Discrimináronse os procesos físicos e químicos.

– CA4.4. Seleccionáronse, dunha listaxe de substancias, as mesturas, os compostos e os elementos químicos.

– CA4.5. Aplicáronse de xeito práctico diferentes separacións de mesturas por métodos sinxelos.

– CA4.6. Describíronse as características xerais básicas de materiais en relación coas profesións, utilizando as TIC.

– CA4.7. Traballouse en equipo na realización de tarefas.

• RA5. Recoñece como a enerxía está presente nos procesos naturais, describindo fenómenos simples da vida real.

– CA5.1. Identificáronse situacións da vida cotiá nas que se pon de manifesto a intervención da enerxía.

– CA5.2. Recoñecéronse diversas fontes de enerxía.

– CA5.3. Establecéronse grupos de fontes de enerxía renovable e non renovable.

– CA5.4. Amosáronse as vantaxes e os inconvenientes (obtención, transporte e utilización) das fontes de enerxía renovables e non renovables, utilizando as TIC.

– CA5.5. Aplicáronse cambios de unidades de enerxía.

– CA5.6. Amosouse, en diferentes sistemas, a conservación da enerxía.

– CA5.7. Describíronse procesos relacionados co mantemento do organismo e da vida nos que se aprecia claramente o papel da enerxía.

• RA6. Localiza as estruturas anatómicas básicas discriminando os sistemas ou os aparellos aos que pertencen e asociándoos ás funcións que producen no organismo.

– CA6.1. Identificáronse e describíronse os órganos que configuran o corpo humano, e asociáronse ao sistema ou ao aparello correspondente.

– CA6.2. Relacionouse cada órgano, sistema e aparello á súa función, e indicáronse as súas asociacións.

– CA6.3. Describiuse a fisioloxía do proceso de nutrición e identificouse a función das estruturas anatómicas dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

– CA6.4. Describiuse a fisioloxía do proceso de reprodución e identificouse a función das estruturas anatómicas do aparello reprodutor.

– CA6.5. Detallouse como funciona o proceso de relación e identificouse a función das estruturas anatómicas dos sistemas nervioso e endócrino.

– CA6.6. Utilizáronse ferramentas informáticas para describir adecuadamente aparellos e sistemas.

• RA7. Diferencia a saúde da doenza, relacionando os hábitos de vida coas doenzas máis frecuentes e recoñecendo os principios básicos de defensa contra elas.

– CA7.1. Identificáronse situacións de saúde e de doenza para as persoas.

– CA7.2. Describíronse os mecanismos encargados da defensa do organismo.

– CA7.3. Identificáronse e clasificáronse as doenzas infecciosas e non infecciosas máis comúns na poboación, e recoñecéronse as súas causas, a súa prevención e os seus tratamentos.

– CA7.4. Relacionáronse os axentes que causan as doenzas infecciosas habituais co contaxio producido.

– CA7.5. Describiuse a acción das vacinas, dos antibióticos e doutras achegas da ciencia médica para o tratamento e a prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.6. Recoñeceuse o papel das campañas de vacinación na prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.7. Describiuse o tipo de doazóns e os problemas que se producen nos transplantes.

– CA7.8. Recoñecéronse situacións de risco para a saúde relacionadas co contorno profesional máis próximo.

– CA7.9. Deseñáronse pautas de hábitos saudables relacionados con situacións cotiás.

• RA8. Elabora menús e dietas equilibradas sinxelas diferenciando os nutrientes que conteñen e adaptándoos aos parámetros corporais e a situacións diversas.

– CA8.1. Discriminouse entre o proceso de nutrición e o de alimentación.

– CA8.2. Diferenciáronse os nutrientes necesarios para o mantemento da saúde.

– CA8.3. Recoñeceuse a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico no coidado do corpo humano.

– CA8.4. Relacionáronse as dietas coa saúde, diferenciando entre as necesarias para o mantemento da saúde e as que poden conducir a unha mingua desta.

– CA8.5. Realizouse o cálculo sobre balances calóricos en situacións habituais do contorno.

– CA8.6. Calculouse o metabolismo basal e os seus resultados, e representouse nun diagrama establecendo comparacións e conclusións.

– CA8.7. Elaboráronse menús para situacións concretas, investigando na rede as propiedades dos alimentos.

• RA9. Resolve situacións cotiás, utilizando expresións alxébricas sinxelas e aplicando os métodos de resolución máis axeitados.

– CA9.1. Concretáronse propiedades ou relacións de situacións sinxelas mediante expresións alxébricas.

– CA9.2. Simplificáronse expresións alxébricas sinxelas utilizando métodos de desenvolvemento e factorización.

– CA9.3. Resolvéronse problemas da vida cotiá en que cumpra a formulación e a resolución de ecuacións de primeiro grao.

– CA9.4. Resolvéronse problemas sinxelos utilizando métodos gráficos e as TIC.

4.1.2 Contidos básicos

BC1. Resolución de problemas mediante operacións básicas

• Recoñecemento e diferenciación dos tipos de números. Representación na recta real.

• Utilización da xerarquía das operacións.

• Interpretación e utilización dos números reais e das operacións en diferentes contextos.

• Notación científica. Representación e operacións de suma, resta, multiplicación e división.

• Proporcionalidade directa e inversa. Regra de tres. Comparación de magnitudes.

• As porcentaxes na economía.

• Técnicas de procura de información coas tecnoloxías da información e da comunicación.

BC2. Recoñecemento de materiais e instalacións de laboratorio

• Normas xerais de traballo no laboratorio.

• Normas de seguridade e hixiene no laboratorio.

• Materiais de laboratorio: tipos e utilidade.

• Técnicas experimentais. Manexo da instrumentación do laboratorio na realización de actividades prácticas.

BC3. Identificación das formas da materia

• Unidades de lonxitude, capacidade e masa no sistema métrico decimal: cálculos, equivalencias e medidas. Uso da notación científica.

• Materia: propiedades.

• Clasificación da materia segundo o seu estado de agregación e composición.

• Estados de agregación: sólido, líquido e gasoso. Temperatura de fusión e de ebulición.

• Sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos. Estados de agregación dos materiais na natureza.

• Natureza corpuscular da materia. Cambios de estado e modelos cinéticos.

BC4. Separación de mesturas e substancias

• Substancias puras e mesturas: identificación, descrición e diferenciación.

• Substancias puras: elementos e compostos. Táboa periódica.

• Técnicas básicas de separación de mesturas no laboratorio. Procesos físicos e químicos que interveñen.

• Características básicas dos materiais relacionados co perfil profesional.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas, normas, orde e elaboración de informes.

BC5. Recoñecemento da enerxía nos procesos naturais

• Manifestacións da enerxía na natureza: fontes de enerxía e procesos en que esta intervén.

• Fontes de enerxía renovable e non renovable: identificación. Vantaxes e inconvenientes de cada unha.

• A enerxía na vida cotiá: identificación de situacións próximas.

• Formas de enerxía e a súa transformación. Lei de conservación da enerxía.

• Enerxía, calor e temperatura. Unidades máis habituais do Sistema Internacional.

BC6. Localización de estruturas anatómicas básicas

• Niveis de organización da materia viva. Órganos, aparellos e sistemas. Relacións entre eles e as súas funcións.

• Fisioloxía do proceso de nutrición: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

• Fisioloxía do proceso de relación: sistemas nervioso e endócrino.

• Fisioloxía do proceso de reprodución: aparello reprodutor e desenvolvemento embrionario.

BC7. Diferenciación entre saúde e doenza

• Saúde e doenza: concepto e diferenciación.

• Tipos de doenzas: infecciosas e non infecciosas; doenzas de transmisión sexual. Causas, prevención e tratamentos.

• Mecanismos encargados da defensa do organismo. Sistema inmunitario.

• Hixiene e prevención de doenzas. Tratamento fronte ás doenzas infecciosas. Vacinas.

• Transplantes e doazóns.

• Saúde mental: prevención de drogodependencias e de trastornos alimentarios.

• Hábitos de vida saudables relacionados coas doenzas máis frecuentes e con situacións cotiás.

BC8. Elaboración de menús e de dietas

• Alimentos e nutrientes: diferenciación. Recoñecemento de nutrientes presentes nos alimentos.

• Alimentación e saúde. Hábitos saudables relacionados coa alimentación.

• Concepto e elaboración de dietas. Tipos de dietas. Elaboración de menús.

• Hábitos saudables relacionados coa alimentación. Importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico.

BC9. Resolución de ecuacións sinxelas

• Progresións aritméticas e xeométricas.

• Tradución de situacións da linguaxe verbal á alxébrica.

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, multiplicación e factor común.

• Desenvolvemento e factorización de expresións alxébricas. Identidades notables.

• Resolución de ecuacións de primeiro grao cunha incógnita.

• Aplicación de métodos gráficos de resolución de problemas.

4.1.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa consciente tanto da súa propia persoa como do medio que o rodea.

Os contidos deste módulo contribúen a afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da vida cotiá.

Así mesmo, utilizan a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de índole diversa, aplicados a calquera situación, tanto na vida cotiá como na vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfócase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na resolución de problemas sinxelos e na realización doutras tarefas significativas, e permítelle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos i), j), k), l) e m) do ciclo formativo e as competencias i), j), k) e l). Ademais, relaciónase cos obxectivos r), s), t), u), v), w) e x), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Utilización dos números e das súas operacións para resolver problemas.

– Recoñecemento das formas da materia.

– Recoñecemento e uso de material de laboratorio básico.

– Identificación e localización das estruturas anatómicas.

– Realización de exercicios de expresión oral, aplicando as normas básicas de atención ao público.

– Importancia da alimentación para unha vida saudable.

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

4.2 Módulo profesional: Comunicación e sociedade I

• Código: MP3011.

• Duración: 206 horas.

4.2.1 Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá I

• Código: MP3011_13.

• Duración: 88 horas.

4.2.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición e as normas lingüísticas básicas.

– CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais.

– CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral.

– CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero.

– CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos breves seleccionados, estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e progresivo.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discriminatorios desde a perspectiva de xénero.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformuláronse as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñecendo usos e niveis da lingua, e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escritos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformulación das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario adecuado ao contexto.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura castelá anteriores ao século XIX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA3.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua castelá no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA3.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua castelá a partir de textos literarios.

• RA4. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura en lingua galega anteriores ao século XX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA4.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua galega no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA4.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua galega a partir de textos literarios.

• RA5. Coñece a formación da lingua galega e da lingua castelá e as distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas, sendo consciente da necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo.

– CA5.1. Analizáronse as características de formación da lingua galega e da lingua castelá.

– CA5.2. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá anterior ao século XX.

– CA5.3. Analizáronse os fenómenos de contacto de linguas, atendendo a situacións de bilingüismo, diglosia, interferencias e o conflito lingüístico.

– CA5.4. Valorouse a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

4.2.1.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá

• Textos orais.

• Aplicación de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Pautas para evitar a disrupción en situacións de comunicación oral.

• Intercambio comunicativo: elementos extralingüísticos da comunicación oral; usos orais informais e formais da lingua; adecuación ao contexto comunicativo.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral. Organización da frase: estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá.

• Composicións orais: exposicións orais sinxelas sobre feitos da actualidade; presentacións orais sinxelas; uso de medios de apoio (medios audiovisuais e TIC).

BC2. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá

• Tipos de textos. Características de textos de propios da vida cotiá e profesional.

• Estratexias de lectura: elementos textuais.

• Pautas para a utilización de dicionarios diversos.

• Estratexias básicas no proceso de composición escrita.

• Presentación de textos escritos en distintos soportes. Aplicación das normas gramaticais e ortográficas en lingua castelá e en lingua galega.

• Textos escritos. Principais conectores textuais en lingua castelá e en lingua galega. Aspectos básicos das formas verbais nos textos, con especial atención ás perífrases verbais, á concordancia e a coherencia temporal e modal. Funcións substantiva, adxectiva e adverbial do verbo. Sintaxe (enunciado, frase e oración; suxeito e predicado; complemento directo, indirecto, de réxime, circunstancial, axente e atributo). Estruturas subordinadas (substantivas, adxectivas e adverbiais).

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua castelá a partir da Idade Media e ata o século XVIII.

• Narrativa: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria.

• Poesía: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria. Interpretación.

• Teatro: temas e estilos segundo a época literaria.

BC4. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua galega desde a Idade Media e ata o século XIX.

• A literatura medieval.

• A literatura dos Séculos Escuros.

• A literatura do século XIX: etapas e obras máis significativas.

BC5. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas.

• A formación da lingua galega e da lingua castelá.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá ata o século XIX.

• Análise dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias).

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Valoración do plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

• Crítica dos prexuízos lingüísticos.

4.2.2 Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa I

• Código: MP3011_23.

• Duración: 59 horas.

4.2.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, elaborando presentacións orais de pouca extensión, ben estruturadas, relativas a situacións habituais de comunicación cotiá e frecuente de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.1. Aplicáronse as estratexias de escoita activa para a comprensión precisa das mensaxes recibidas.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa básica de mensaxes directas ou recibidas mediante formatos electrónicos, valorando as situacións de comunicación e as súas implicacións no uso do vocabulario empregado.

– CA1.3. Identificouse o sentido global do texto oral que presenta a información de xeito secuenciado e progresivo en situacións habituais frecuentes e de contido predicible.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación común e evidente que axuden a entender o sentido xeral da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse presentacións orais breves de textos descritivos, narrativos e instrutivos dos ámbitos persoal, público ou profesional, de acordo cun guión sinxelo, aplicando a estrutura de cada tipo de texto e utilizando, de ser o caso, medios informáticos.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas adaptadas a contextos diferentes (formal, non formal e situacións profesionais), e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases e palabras de situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA1.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia comprensible, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse as normas de relacións sociais básicas e estandarizadas dos países onde se fale a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade onde se fale a lingua estranxeira.

• RA2. Participa en conversas en lingua inglesa utilizando unha linguaxe sinxela e clara en situacións habituais frecuentes dos ámbitos persoal ou profesional, activando estratexias de comunicación básicas.

– CA2.1. Dialogouse, de xeito dirixido e seguindo un guión ben estruturado, utilizando un repertorio memorizado de modelos de oracións e conversas breves e básicas, sobre situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible.

– CA2.2. Mantívose a interacción utilizando estratexias de comunicación sinxelas para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.3. Utilizáronse estratexias básicas de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira, como a observación da persoa interlocutora e a procura da súa axuda para facilitar a bidirecionalidade da comunicación.

– CA2.4. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA2.5. Expresouse con certa claridade, utilizando unha entoación e unha pronuncia comprensibles, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos escritos breves e sinxelos en lingua inglesa, en situacións de comunicacións habituais e frecuentes dos ámbitos persoal, público ou profesional, desenvolvendo estratexias estruturadas de composición, e aplica estratexias de lectura comprensiva.

– CA3.1. Leuse o texto de xeito comprensivo, recoñecendo os seus trazos básicos, o seu contido global, e analizouse a súa intención e o seu contexto.

– CA3.2. Identificáronse as ideas fundamentais e a intención comunicativa básica do texto.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, en situacións habituais frecuentes, de contido moi predicible.

– CA3.4. Completáronse e reorganizáronse frases e oracións, atendendo ao propósito comunicativo e a normas gramaticais básicas.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e adecuados a un propósito comunicativo, seguindo modelos estruturados.

– CA3.6. Utilizouse o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional.

– CA3.7. Amosouse interese pola boa presentación dos textos escritos, respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas, e seguindo sinxelas pautas de revisión.

– CA3.8. Utilizáronse dicionarios impresos e en liña e correctores ortográficos dos procesadores na composición dos textos.

– CA3.9. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

4.2.2.2 Contidos básicos

BC1. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa

• Ideas principais en chamadas, mensaxes, ordes e indicacións moi claras.

• Descrición xeral de persoas, lugares e obxectos dos ámbitos profesional e público.

• Narración e explicación sobre situacións habituais e frecuentes do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, expresións e frases sinxelas frecuentes para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal ou profesional.

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais en presente e pasado; verbos principais, modais e auxiliares. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais e frecuentes. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso para iniciar, ordenar e finalizar.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos de carácter básico que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais.

• Estratexias fundamentais de comprensión e escoita activa.

• Formatos electrónicos máis usuais.

BC2. Participación en conversas en lingua inglesa

• Estratexias de comprensión e escoita activa para iniciar, manter e rematar a interacción.

• Elaboración de mensaxes e textos sinxelos en lingua inglesa.

• Comprensión da información global e da idea principal de textos básicos cotiáns, dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Léxico frecuente para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás e sinxelas dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Composición de textos escritos moi breves, sinxelos e ben estruturados.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

• Elementos lingüísticos fundamentais atendendo aos tipos de textos, aos contextos e aos propósitos comunicativos tendo en conta un enfoque centrado no uso da lingua e na súa dimensión social.

• Propiedades básicas do texto.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Estratexias de planificación e de corrección escrita.

• Estratexias de expresión e de interacción escrita.

• Usos sociais da lingua: información xeral, opinión e valoración.

• Funcións comunicativas máis habituais dos ámbitos persoal, público ou profesional en medios escritos.

• Coherencia espazo-temporal e cohesión a través do uso de recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito.

• Contidos léxico-semánticos sinxelos e básicos da lingua inglesa.

• Tempos e formas verbais. Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

• Estruturas gramaticais básicas:

• A oración simple e a oración composta con and/or/but.

• Dicionarios impresos e en liña, e correctores ortográficos.

4.2.3 Unidade formativa 3: Sociedade I

• Código: MP3011_33.

• Duración: 59 horas.

4.2.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Valora a evolución histórica das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga, así como as súas relacións coas paisaxes naturais, analizando os factores e os elementos implicados, e desenvolvendo actitudes e valores de aprecio do patrimonio natural e artístico.

– CA1.1. Describíronse mediante a análise de fontes gráficas as principais características dunha paisaxe natural, e recoñecéronse esas características no contorno máis próximo.

– CA1.2. Explicáronse a localización, o desprazamento e a adaptación ao medio dos grupos humanos do período da hominización, ata o dominio técnico dos metais por parte das principais culturas que o exemplifican.

– CA1.3. Relacionáronse as características dos fitos artísticos máis significativos do período prehistórico coa organización social e co corpo de crenzas, e valoráronse as súas diferenzas coas sociedades actuais.

– CA1.4. Valorouse a persistencia destas sociedades nas actuais, en especial no territorio galego e peninsular, identificando e comparando as súas principais características.

– CA1.5. Discrimináronse as principais características que require a análise das obras arquitectónicas e escultóricas mediante exemplos arquetípicos, diferenciando estilos canónicos.

– CA1.6. Xulgouse o impacto das primeiras sociedades humanas na paisaxe natural, analizando as características das cidades antigas e a súa evolución na actualidade no territorio galego e peninsular.

– CA1.7. Analizouse a persistencia en Galicia, na Península Ibérica e nos territorios extrapeninsulares españois das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga.

– CA1.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA1.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora a construción do espazo europeo ata as primeiras transformacións industriais das sociedades agrarias, analizando as súas características principais, así como a súa persistencia na sociedade actual e no contorno inmediato.

– CA2.1. Analizouse a transformación do mundo antigo no medieval, recoñecendo a evolución do espazo europeo, as súas relacións co espazo extraeuropeo e as características máis significativas das sociedades medievais en Galicia e en España.

– CA2.2. Valoráronse as características das paisaxes agrarias medievais e a súa persistencia nas sociedades actuais galega e española, identificando os seus elementos principais.

– CA2.3. Valoráronse as consecuencias da construción dos imperios coloniais en América nas culturas autóctonas e nas europeas.

– CA2.4. Analizouse o modelo político e social da monarquía absoluta durante a Idade Moderna nas principais potencias europeas, así como as súas peculiaridades en Galicia e en España.

– CA2.5. Valoráronse os indicadores demográficos básicos das transformacións na poboación europea, española e galega durante o período analizado.

– CA2.6. Describíronse as principais características da análise das obras pictóricas a través do estudo de exemplos arquetípicos das escolas e dos estilos que se suceden en Europa, en España e en Galicia desde o Renacemento ata a irrupción das vangardas históricas.

– CA2.7. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do perfil do título, analizando as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA2.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA2.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo en equipo.

4.2.3.2 Contidos básicos

BC1. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural

• Paisaxes naturais: aspectos xerais e locais.

• Sociedades prehistóricas.

• Nacemento das cidades: hábitat urbano e a súa evolución; gráficos de representación urbana; sociedades urbanas antigas; cultura grega (extensión, trazos, fitos principais e características esenciais da arte grega); cultura romana (características esenciais da arte romana); sociedades prehistóricas e antigas no territorio galego e peninsular.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (guións, esquemas, resumos, etc); ferramentas sinxelas de localización cronolóxica; vocabulario seleccionado e específico.

BC2. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna

• Europa medieval: persistencia de usos e costumes (espazo agrario e as súas características); contacto con outras culturas.

• Europa das monarquías absolutas: grandes monarquías europeas (localización e evolución sobre o mapa no contexto europeo); monarquía absoluta en España; evolución do sector produtivo durante o período.

• Colonización de América.

• Galicia na época medieval e moderna.

• Estudo da poboación.: evolución demográfica do espazo europeo; comentario de gráficas de poboación (pautas e instrumentos básicos).

• Evolución da arte europea, española e galega das épocas medieval e moderna. Pautas básicas para o comentario de obras pictóricas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (resumos, fichas temáticas, biografías, follas de cálculo ou similares, etc); vocabulario específico.

4.2.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa quen de recoñecer as características básicas dos fenómenos relacionados coa actividade humana e mellorar as súas habilidades comunicativas.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra coñecementos básicos relativos a ciencias sociais, lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, estará enfocada ao uso de ferramentas básicas da análise textual, á elaboración de información estruturada oral e escrita, á localización espazo-temporal dos fenómenos sociais e culturais, ao respecto pola diversidade de crenzas e ás pautas de relación cotiá en distintas sociedades e grupos humanos, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e en equipo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá I, Comunicación en lingua inglesa I, e Sociedade I.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais m), n), ñ), o), p) e q) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais l), m), n), ñ), e o). Ademais, relaciónase cos obxectivos r), s), t), u), v), w) e x), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a integración do alumnado nas situacións de aprendizaxe propostas, mediante a aplicación de estratexias motivadoras.

– Potenciación da autonomía na execución das actividades e na xestión do seu tempo de aprendizaxe, no ámbito das competencias e dos contidos do ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e en equipo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance, fomentando o uso das TIC, que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións estruturadas da realidade.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración do alumnado nas actividades de aprendizaxe, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que se deriven do perfil profesional.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes sinxelas orais e escritas, mediante o seu uso en distintos tipos de situacións comunicativas e textuais do contorno do alumnado.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións do seu contorno, que orientará a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo que permita a integración do alumnado nas actividades educativas con garantía de éxito.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes presentes no contorno do alumnado, en relación coas necesidades derivadas do uso da lingua con distintos falantes.

– Desenvolvemento de hábitos de lectura que permitan a satisfacción coa produción literaria, mediante o uso de textos seleccionados acordes ás súas necesidades e características.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración motivadora de saberes que lle permitan ao alumnado analizar e valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Utilización de recursos e fontes de información ao seu alcance para organizar a información que extraia, para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación da diversidade dos grupos humanos e os seus logros ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas do contorno do alumnado a partir da análise da información dispoñible e da formulación de explicacións xustificadas e a reflexión sobre a súa actuación ante estas, en situacións de aprendizaxe pautadas.

– Potenciación das capacidades de observación e criterios para a satisfacción coas expresións artísticas mediante a análise pautada de producións artísticas arquetípicas, apreciando os seus valores estéticos e temáticos.

4.3 Módulo profesional: Comunicación e sociedade II

• Código: MP3012.

• Duración: 135 horas.

4.3.1 Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá II

• Código: MP3012_13.

• Duración: 67 horas.

4.3.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, no ámbito laboral e noutros contextos, aplicando os principios da escoita activa, estratexias razoadas de composición e as normas lingüísticas correctas en cada caso.

– CA1.1. Aplicáronse as técnicas da escoita activa na análise de mensaxes orais procedentes de diversas fontes.

– CA1.2. Recoñeceuse a intención comunicativa e a estrutura e cohesión da comunicación oral, valorando posibles respostas.

– CA1.3. Realizouse un uso correcto dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Aplicáronse as técnicas de organización de reunións e de participación nelas.

– CA1.5. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, valorando e eliminando os usos discriminatorios.

– CA1.6. Utilizouse a terminoloxía gramatical correcta na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, no ámbito laboral e noutros contextos, aplicando á composición autónoma de textos de progresiva complexidade estratexias de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa adecuación para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas técnicas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, recoñecendo posibles usos discriminatorios.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, revisando e reformulando as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de diversos textos escritos de uso académico ou profesional, recoñecendo os usos e os niveis da lingua, e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro, preciso e adecuado ao formato e ao contexto comunicativo.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistematizadas na preparación de textos escritos que permiten mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario correcto segundo as normas lingüísticas e a finalidade.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais, comprobando a precisión e a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Interpreta textos literarios representativos da literatura en lingua castelá desde o século XIX ata a actualidade, recoñecendo a intención do autor ou da autora e relacionándoos co seu contexto histórico, sociocultural e literario.

– CA3.1. Describíronse os movementos literarios en lingua castelá no período considerado, recoñecendo as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal de obras adecuadas ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos pautados.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais fundamentadas sobre os aspectos apreciados en obras literarias.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias de análise de textos literarios, recoñecendo os temas e os motivos, os elementos simbólicos e a funcionalidade dos recursos estilísticos máis significativos.

– CA3.5. Informouse sobre un autor ou unha autora, un período ou unha obra da literatura en lingua castelá, recollendo de forma analítica a información correspondente.

• RA4. Interpreta textos literarios representativos da literatura en lingua galega desde comezos do século XX ata a actualidade, recoñecendo a intención da autora ou do autor e relacionándoos co seu contexto histórico, sociocultural e literario.

– CA4.1. Describíronse os movementos literarios en lingua galega no período considerado, recoñecendo as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal de obras adecuadas ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos pautados.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais fundamentadas sobre os aspectos apreciados en obras literarias.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias de análise de textos literarios, recoñecendo os temas e os motivos, os elementos simbólicos e a funcionalidade dos recursos estilísticos máis significativos.

– CA4.5. Informouse sobre un autor ou unha autora, un período ou unha obra da literatura en lingua galega, recollendo de forma analítica a información correspondente.

• RA5. Coñece e valora a situación sociolingüística das distintas linguas do Estado español e as principais características das variedades xeográficas da lingua galega e da lingua castelá, así como as distintas etapas, desde comezos do século XX, da historia social da lingua galega e da lingua castelá, valorando a función do estándar, a necesidade de normalizar a lingua galega e rexeitando os prexuízos lingüísticos.

– CA5.1. Identificouse a situación sociolingüística das distintas linguas do Estado español, valorando a diversidade lingüística como un elemento de enriquecemento cultural e outorgándolle a todas as linguas o mesmo valor e a mesma función comunicativa.

– CA5.2. Recoñécese a variedade interna das linguas castelá e galega como símbolo da riqueza do noso patrimonio lingüístico.

– CA5.3. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX.

– CA5.4. Valorouse a función do estándar de calquera lingua, así como a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

4.3.1.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá

• Textos orais.

• Técnicas de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Exposición de ideas e argumentos: organización e preparación dos contidos (ilación, sucesión e coherencia); estrutura.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral: organización da frase (estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá); coherencia semántica.

• Uso de recursos audiovisuais.

• Técnicas de organización de reunións e de participación nelas.

BC2. Uso de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá

• Traballos, informes, ensaios e outros textos académicos, científicos e profesionais.

• Aspectos lingüísticos para ter en conta: rexistros comunicativos da lingua e factores que condicionan o seu uso; variacións das formas deícticas en relación coa situación; estilo directo e indirecto.

• Estratexias de lectura con textos académicos.

• Presentación de textos escritos.

• Comprensión e produción de textos escritos: conectores textuais (causa, consecuencia, condición e hipótese); formas verbais nos textos (perífrases verbais; concordancia e coherencia temporal e modal); sintaxe (complementos; frases compostas);estratexias para mellorar o interese da persoa receptora.

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Interpretación de textos literarios en lingua castelá desde o século XIX

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria do período estudado.

• A literatura en lingua castelá nos seus xéneros.

• Evolución da literatura en lingua castelá desde o século XIX ata a actualidade.

• Expresión de opinións fundamentadas sobre textos e obras literarias en lingua castelá.

BC4. Interpretación de textos literarios en lingua galega desde comezos do século XX

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• A literatura en lingua galega nos seus xéneros.

• Evolución da literatura en lingua galega desde comezos do século XX ata a actualidade.

• Expresión de opinións fundamentadas sobre textos e obras literarias en lingua galega.

BC5. Coñecemento e respecto pola diversidade lingüística, a historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX e valoración do estándar e da necesidade de normalizar a lingua galega.

• A situación sociolingüística das linguas do Estado español.

• A variedade interna da lingua castelá e da lingua galega.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX.

• Funcións e valor da lingua estándar.

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Recoñecemento e rexeitamento dos prexuízos lingüísticos, valorando o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

4.3.2 Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa II

• Código: MP3012_23.

• Duración: 34 horas.

4.3.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, aplicando os principios da escoita activa e elaborando presentacións orais de pouca extensión, claras e estruturadas, relativas a temas e aspectos concretos, frecuentes e cotiáns dos ámbitos persoal, público e profesional.

– CA1.1. Aplicáronse sistematicamente as estratexias de escoita activa para a comprensión global e específica das mensaxes recibidas, sen necesidade de entender todos os seus elementos.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa de mensaxes directas ou empregando un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso, estruturadores (de apertura, continuidade e pechamento).

– CA1.3. Identificouse o sentido global e as ideas principais do texto oral e de estruturas gramaticais básicas en oracións sinxelas, de situacións habituais frecuentes e de contido predicible e concreto.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación esenciais que axudan a entender o sentido global e as ideas principais e secundarias da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse composicións e presentacións orais breves de acordo cun guión estruturado, aplicando o formato e os trazos propios de cada tipo de texto de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e marcadores de discurso para iniciar, enlazar, ordenar e finalizar o discurso en situacións habituais frecuentes e aspectos concretos.

– CA1.7. Expresouse a información usando unha entoación e unha pronuncia razoables, aceptándose as pautas e pequenas vacilacións.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva e crítica acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse e valoráronse as normas de relación social e as normas de cortesía máis frecuentes dos países onde se fala a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse e valoráronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade e do lugar de traballo onde se fala a lingua estranxeira.

– CA1.11. Identificáronse as principais actitudes e os comportamentos profesionais en situacións de comunicación habituais do ámbito profesional.

• RA2. Mantén conversas sinxelas e breves en lingua inglesa en situacións habituais e concretas, cara a cara ou por medios técnicos, do ámbito persoal, público e profesional, empregando estratexias de comunicación básica.

– CA2.1. Dialogouse seguindo un guión sobre temas e aspectos concretos e frecuentes do ámbito persoal, público e profesional.

– CA2.2. Describíronse, narráronse e explicáronse experiencias propias.

– CA2.3. Escoitouse e dialogouse en interaccións sinxelas, cotiás da vida profesional, pública e persoal, solicitando e proporcionando información con certo detalle.

– CA2.4. Mantívose a interacción utilizando diversas estratexias de comunicación esenciais para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.5. Utilizáronse estratexias de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira (parafrasear, linguaxe corporal e axudas audiovisuais), para facilitar a comunicación entre as persoas interlocutoras.

– CA2.6. Utilizáronse estruturas gramaticais e oracións sinxelas, e un repertorio esencial e limitado de expresións, frases, palabras frecuentes e marcadores de discurso lineais.

– CA2.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia razoables e comprensibles, aceptándose algunhas pausas e vacilacións, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos breves e sinxelos con certo detalle en lingua inglesa relativos a situacións de comunicación habituais do ámbito persoal, público e profesional, aplicando estratexias de lectura comprensiva e desenvolvendo estratexias sistemáticas de composición.

– CA3.1. Leuse o texto recoñecendo os trazos esenciais do xénero, a súa intención, o seu contexto e a súa estrutura, e interpretando o seu contido global e específico sen necesidade de entender todos os seus elementos.

– CA3.2. Identificouse a intención comunicativa básica do texto, o sentido xeral, a información esencial e as partes principais, mesmo cando o texto se organiza de distinta maneira.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais e oracións sinxelas, e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso básicos e lineais, en situacións habituais frecuentes e concretas de contido predicible.

– CA3.4. Completáronse frases, oracións e textos sinxelos atendendo ao propósito comunicativo, con estruturas gramaticais de escasa complexidade, en situacións habituais e concretas de contido predicible.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e sinxelos, adecuados a un propósito comunicativo, empregando os conectores máis frecuentes para enlazar as oracións.

– CA3.6. Respectáronse as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas seguindo pautas sistemáticas e concretas de revisión e corrección.

– CA3.7. Amosouse unha actitude reflexiva e crítica acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

4.3.2.2 Contidos básicos

BC1. Interpretación e comunicación de textos orais cotiáns en lingua inglesa

• Distinción de ideas principais e secundarias, información esencial de textos orais breves e sinxelos.

• Descrición de aspectos concretos de persoas, lugares, servizos básicos, obxectos e xestións sinxelas.

• Experiencias dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Narración, explicacións e intercambio de acontecementos e experiencias do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, frases e expresións para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal e profesional.

• Tipos de textos e a súa estrutura.

• Recursos tecnolóxicos

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais simples e compostas. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais do ámbito persoal, público e profesional. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso. Dominio sinxelo do discurso: coherencia e cohesión. Oracións simples e subordinadas de escasa complexidade.

• Estratexias de comprensión e escoita activa.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais e das normas de cortesía.

• Recoñecemento e uso de expresións relacionadas cos costumes e os ritos nunha comunidade de persoas usuarias da lingua inglesa.

BC2. Interacción en conversas en lingua inglesa

• Estratexias de interacción para manter e seguir unha conversa.

• Uso de frases estandarizadas.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

• Información global e específica de mensaxes de escasa dificultade referentes a asuntos básicos cotiáns dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Composición de textos escritos breves e ben estruturados.

• Léxico para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás, necesarias, sinxelas e concretas dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Terminoloxía específica da área profesional do alumnado.

• Recursos gramaticais. Marcadores do discurso. Dominio sinxelo do discurso: coherencia e cohesión. Uso das oracións simples e compostas na linguaxe escrita.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Propiedades básicas do texto.

• Normas socioculturais nas relacións dos ámbitos persoal, público e profesional en situacións cotiás.

• Estratexias de planificación da mensaxe.

4.3.3 Unidade formativa 3: Sociedade II

• Código: MP3012_33.

• Duración: 34 horas.

4.3.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Infire as características esenciais das sociedades contemporáneas a partir do estudo da súa evolución histórica, analizando os trazos básicos da súa organización social, política e económica en distintos momentos, e a sucesión de transformacións e conflitos acaecidos.

– CA1.1. Discrimináronse as consecuencias para a organización das sociedades actuais das correntes ideolóxicas que a cimentaron, situándoas no tempo e no espazo.

– CA1.2. Valorouse o modelo globalizado actual de relacións económicas mediante o estudo das transformacións económicas producidas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e os sistemas organizativos da actividade produtiva.

– CA1.3. Categorizáronse as características da organización social contemporánea, en especial a galega e a española, analizando a estrutura e as relacións sociais da poboación actual e a súa evolución durante o período, utilizando gráficas e fontes directas seleccionadas.

– CA1.4. Examinouse a evolución das relacións internacionais contemporáneas, elaborando explicacións causais e consecutivas que permitan desenvolver opinións propias sobre os conflitos actuais.

– CA1.5. Valorouse o proceso de unificación do espazo europeo, analizando a súa evolución, os seus principios e as súas institucións significativas, e argumentouse a súa influencia nas políticas nacionais dos países membros da Unión Europea.

– CA1.6. Asociouse a evolución dos acontecementos históricos globais coa evolución histórica do Estado español e do territorio galego, identificando as súas fases de evolución, os principais conflitos e a súa situación actual.

– CA1.7. Identificáronse os trazos esenciais da arte contemporánea, en especial a galega e a española, e a súa evolución ata os nosos días, construíndo opinións e criterios propios de orde estética.

– CA1.8. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do título e describíronse as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA1.9. Elaboráronse instrumentos pautados de recollida e difusión de información que permitan a avaliación das aprendizaxes realizadas, utilizando o vocabulario preciso.

– CA1.10. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora os principios básicos do sistema democrático analizando as súas institucións e as organizacións políticas e económicas en que se manifesta, inferindo pautas de actuación para acomodar o seu comportamento ao cumprimento dos devanditos principios.

– CA2.1. Recoñecéronse os principios básicos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e a súa situación no mundo de hoxe, valorando a súa implicación para a vida cotiá.

– CA2.2. Analizáronse os principios reitores, as institucións e as normas de funcionamento das principais institucións internacionais, xulgando o seu papel nos conflitos mundiais.

– CA2.3. Valorouse a importancia da mediación e da resolución de conflitos na extensión do modelo democrático, desenvolvendo criterios propios e razoados para a resolución destes.

– CA2.4. Xulgáronse os trazos esenciais do modelo democrático español valorando o contexto histórico do seu desenvolvemento.

– CA2.5. Valorouse a implicación do principio de non discriminación nas relacións persoais e sociais do contorno, xulgando comportamentos propios e alleos e inferindo pautas e accións apropiadas para acomodar a actitude aos dereitos e ás obrigas que diso se derivan.

– CA2.6. Elaborouse información pautada e organizada para a súa utilización en situacións de traballo colaborativo e contraste de opinións

4.3.3.2 Contidos básicos

BC1. Valoración das sociedades contemporáneas

• Construción dos sistemas democráticos: a Ilustración e as súas consecuencias, a sociedade liberal e a sociedade democrática.

• Estrutura económica e a súa evolución. Principios de organización económica. Economía globalizada actual. A segunda globalización. Terceira globalización: problemas do desenvolvemento. Evolución do sector produtivo propio en Galicia e en España.

• Relacións internacionais. Grandes potencias e conflito colonial. Guerra civil europea. Descolonización e guerra fría. Mundo globalizado actual. Principais institucións internacionais. Galicia e España no marco de relacións actual.

• Construción europea. Galicia e España en Europa.

• Arte contemporánea: ruptura do canon clásico; o cine e o cómic como entretemento de masas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: traballo colaborativo; presentacións e publicacións web.

BC2. Valoración das sociedades democráticas

• Declaración Universal de Dereitos Humanos: os dereitos humanos na vida cotiá; conflitos internacionais actuais.

• Modelo democrático español: construción da España democrática; constitución Española. A organización do Estado español. O Estado das autonomías. O Estatuto de Autonomía de Galicia.

• Principio de non discriminación na convivencia diaria. Resolución de conflitos.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas. Procesos e pautas para o traballo colaborativo. Preparación e presentación de información para actividades deliberativas. Normas de funcionamento e actitudes no contraste de opinións.

4.3.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente do alumnado e contén a formación para mellorar as súas posibilidades de desenvolvemento persoal, social e profesional, utilizando os pasos do método científico, mediante a análise dos principais fenómenos relacionados coas actividades humanas no mundo contemporáneo, co desenvolvemento de estratexias comunicativas suficientes en linguas galega e castelá, e cos fundamentos da comunicación en lingua inglesa en distintas situacións habituais.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra materias como as ciencias sociais, a lingua galega e literatura, a lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, enfocarase á adquisición de ferramentas de análise espazo-temporal, ao tratamento de textos orais e escritos, á elaboración de mensaxes estruturadas e ao respecto cara a outras sociedades, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e colaborativo, para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá II, Comunicación en lingua inglesa II, e Sociedade II.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais m), n), ñ), o), p) e q)do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais l), m), n), ñ), e o). Ademais, relaciónase cos obxectivos r), s), t), u), v), w) e x), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas cara a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a implicación activa do alumno no seu proceso formativo, onde a práctica e a funcionalidade das aprendizaxes constitúan un contínuum que facilite a realización das actividades que leve a cabo o alumnado.

– Potenciación da autonomía e da iniciativa persoal, para utilizar as estratexias axeitadas no ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o desenvolvemento e o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e colaborativo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións razoadas da realidade.

– Garantía do acceso á información para todo o alumnado, fomentando o uso das TIC.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración de competencias e contidos, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade para permitir a adaptación do alumnado á realidade persoal, social e profesional.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que se deriven do perfil profesional e a súa adaptación aos requisitos profesionais do seu contorno.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes orais e escritas, mediante o seu uso en situacións comunicativas e textuais de distintos tipos.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións da vida persoal, social e profesional que deberá vehicular a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo colaborativo que permita desenvolver o concepto de intelixencia colectiva e a súa relación co ámbito profesional.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes característica das sociedades contemporáneas, máis especificamente no ámbito das culturas de fala inglesa.

– Creación de hábitos de lectura e criterios estéticos propios que lle permitan ao alumnado a satisfacción coa produción literaria, con maior afondamento na produción nas linguas galega e castelá.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración de saberes que permita o estudo dun fenómeno relacionado coas ciencias sociais desde unha perspectiva multidisciplinar que lle permitan ao alumnado valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Uso de estratexias e destrezas de actuación, recursos e fontes de información ao seu alcance para se achegar ao método científico e organizar a información que extraia para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación dos cambios e das transformacións sufridas polos grupos humanos ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas da sociedade actual a partir da análise da información dispoñible e da concreción de hipóteses propias e razoadas de explicación dos fenómenos observados en situación de aprendizaxe.

– Potenciación das capacidades de apreciación e de creación, de educación do gusto polas artes, mediante o desenvolvemento de contidos e actividades que se relacionen con obras e expresións artísticas seleccionadas.

4.4 Módulo profesional: Instalacións eléctricas e domóticas

• Código: MP3013.

• Duración: 296 horas.

4.4.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Selecciona os elementos, os equipamentos e as ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento de instalacións eléctricas de edificios, en relación coa súa función na instalación.

– CA1.1. Identificáronse as canles protectoras, os tubos, as bandexas, os accesorios e os soportes de fixación segundo o seu uso na instalación (encaixado, de superficie, etc).

– CA1.2. Identificáronse os tipos de cables segundo a súa aplicación nas instalacións eléctricas.

– CA1.3. Identificáronse caixas, rexistros e mecanismos (interruptores, conmutadores, tomas de corrente, etc.) segundo a súa función.

– CA1.4. Identificáronse as formas de colocación de caixas e rexistros (encaixadas ou de superficie).

– CA1.5. Identificáronse as luminarias e os accesorios segundo o tipo (fluorescente, halóxeno, LED, etc.), en relación co espazo onde se vaian colocar.

– CA1.6. Identificáronse a nivel básico os sensores, actuadores, equipamentos de control e elementos típicos utilizados nas instalacións domóticas, en relación coa súa función e coas súas características principais.

– CA1.7. Consultáronse catálogos técnicos.

– CA1.8. Asociáronse as ferramentas e os equipamentos básicos utilizados na montaxe e no mantemento coas operacións que se vaian realizar.

– CA1.9. Axustouse o aprovisionamento do material, as ferramentas e o equipamento ao ritmo da intervención.

– CA1.10. Transmitiuse a información con claridade, de xeito ordenado e estruturado.

– CA1.11. Mantívose unha actitude ordenada e metódica.

• RA2. Monta canalizacións, soportes e caixas nunha instalación eléctrica de baixa tensión e/ou domótica, tendo en conta a implantación e o trazado da instalación.

– CA2.1. Identificáronse as ferramentas empregadas segundo o tipo (tubos de PVC, metálicos, etc.).

– CA2.2. Identificáronse as técnicas e os elementos empregados na unión de tubos e canalizacións.

– CA2.3. Realizouse a curvaxe de tubos.

– CA2.4. Realizouse a suxeición de tubos e canalizacións (mediante tacos e parafusos, abrazadeiras, grampas e fixacións químicas, etc.).

– CA2.5. Marcouse a situación das canalizacións e das caixas.

– CA2.6. Preparáronse os espazos destinados á colocación de caixas e canalizacións.

– CA2.7. Montáronse os cadros eléctricos e os elementos de sistemas automáticos e domóticos de acordo cos esquemas das instalacións e indicacións dadas.

– CA2.8. Respectáronse os tempos estipulados para a montaxe e aplicáronse as normas específicas do regulamento eléctrico na realización das actividades.

– CA2.9. Realizáronse os traballos con orde e limpeza, respectando as normas de seguridade e protección ambiental.

– CA2.10. Operouse con autonomía nas actividades propostas e mantívose unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA3. Tende o cableamento entre equipamentos e elementos das instalacións eléctricas de baixa tensión e/ou domóticas, aplicando técnicas de acordo coa tipoloxía dos cables e coas características da instalación.

– CA3.1. Identificáronse as características principais dos cables (sección, illamento, número de polos, agrupamento, cor, etc.).

– CA3.2. Identificáronse os tipos de agrupación de cables segundo a súa aplicación na instalación (cables monofío, cables multifío, mangas, barras, etc.).

– CA3.3. Relacionáronse as cores dos cables coa súa aplicación, de acordo co código correspondente.

– CA3.4. Identificáronse os tipos de guías pasacables máis habituais.

– CA3.5. Realizouse o tendido de cables utilizando a guía adecuada.

– CA3.6. Preparáronse os cables tendidos para a súa conexión deixando unha lonxitude de cable adicional, e etiquetáronse.

– CA3.7. Operouse coas ferramentas e cos materiais coa calidade e a seguridade requiridas.

– CA3.8. Realizáronse os traballos con orde e limpeza, respectando as normas de seguridade e protección ambiental.

– CA3.9. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

– CA3.10. Amosouse unha actitude responsable e de interese pola mellora do proceso.

• RA4. Instala mecanismos e elementos das instalacións eléctricas e/ou domóticas, identificando os seus compoñentes e as súas aplicacións.

– CA4.1. Identificáronse os mecanismos e os elementos das instalacións.

– CA4.2. Identificáronse as principais funcións dos mecanismos e dos elementos (interruptores, conmutadores, sensores, etc.).

– CA4.3. Ensambláronse os elementos formados por un conxunto de pezas.

– CA4.4. Colocáronse e fixáronse mecanismos, actuadores e sensores no seu lugar.

– CA4.5. Preparáronse os terminais de conexión segundo o seu tipo.

– CA4.6. Conectáronse os cables cos mecanismos e cos aparellos eléctricos, asegurando un bo contacto eléctrico e a correspondencia entre o cable e o terminal do aparello ou mecanismo.

– CA4.7. Operouse coas ferramentas e cos materiais coa calidade e a seguridade requiridas.

– CA4.8. Colocáronse embelecedores e tapas nos casos requiridos.

– CA4.9. Realizáronse os traballos con orde e limpeza, respectando as normas de seguridade e protección ambiental.

– CA4.10. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA5. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados das instalacións eléctricas e domóticas.

– CA5.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para as instalacións eléctricas e domóticas.

– CA5.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito nas instalacións eléctricas e domóticas.

– CA5.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coas instalacións eléctricas e domóticas.

• RA6. Realiza operacións auxiliares de mantemento de instalacións eléctricas e/ou domóticas de edificios, tendo en conta a relación entre as intervencións e os resultados perseguidos.

– CA6.1. Identificáronse as avarías tipo en instalacións eléctricas en edificios.

– CA6.2. Identificáronse as avarías tipo en instalacións domóticas en edificios.

– CA6.3. Inspeccionouse a instalación comprobando visualmente ou funcionalmente a disfunción.

– CA6.4. Recoñeceuse o estado da instalación ou dalgún dos seus elementos, efectuando probas funcionais ou medidas eléctricas elementais.

– CA6.5. Verificouse a ausencia de perigo para a integridade física e para a instalación.

– CA6.6. Substituíuse o elemento deteriorado ou avariado seguindo o procedemento establecido ou de acordo coas instrucións recibidas.

– CA6.7. Comprobouse o correcto funcionamento da instalación.

– CA6.8. Aplicáronse as normas de seguridade e protección ambiental en todas as intervencións de reparación da instalación.

– CA6.9. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

– CA6.10. Demostrouse responsabilidade ante erros e fracasos.

– CA6.11. Elaborouse un informe coas operacións realizadas nun documento co formato establecido.

4.4.2 Contidos básicos

BC1. Selección de elementos, equipamentos e ferramentas de instalacións eléctricas ou domóticas

• Elementos das instalacións de enlace: esquemas.

• Graos de electrificación en vivendas: esquemas tipo.

• Instalacións con bañeiras ou duchas. Características especiais

• Elementos da instalación eléctrica: cadro de distribución, elementos de mando e protección, tubos e canalizacións, caixas, cables eléctricos, elementos de manobra e de conexión, etc.

• Instalacións tipo: características, circuítos, planos e esquemas.

• Dispositivos de protección contra contactos directos e indirectos.

• Posta a terra en instalacións de baixa tensión en edificios.

• Sensores, actuadores e equipamentos de control utilizados en instalacións domóticas básicas: tipos e características.

• Seguridade nas instalacións.

BC2. Montaxe de canalizacións, soportes e caixas en instalacións eléctricas de baixa tensión e/ou domótica

• Tipos de canalizacións (tubos metálicos e non metálicos, canles, bandexas, soportes, etc): características.

• Técnicas de montaxe dos sistemas de instalación: encaixada, en superficie ou aérea. Tradeadura segundo os tipos de superficie. Fixacións: tipos e características. Ferramentas.

• Preparación, mecanizado e execución de cadros ou armarios, canalizacións, cables, terminais, empalmes e conexións. Medios e equipamentos

• Medios e equipamentos de seguridade. Prevención de accidentes. Riscos en instalacións eléctricas de baixa tensión. Riscos en altura.

BC3. Tendido de cableamento entre equipamentos e elementos de instalacións eléctricas de baixa tensión e/ou domóticas

• Características e tipos de cables (sección, illamento, número de polos, agrupamento e cor).

• Técnicas de instalación e tendido do cableamento. Guías pasacables: tipos e características. Precaucións.

• Separación de circuítos.

• Identificación e etiquetaxe.

• Medidas de seguridade e protección.

BC4. Instalación de mecanismos e elementos das instalacións eléctricas de baixa tensión e/ou domóticas

• Técnicas de montaxe de elementos de protección (fusibles, interruptor de control de potencia, interruptor diferencial e interruptores magnetotérmicos).

• Técnicas de instalación e fixación sobre raíl. Conexión de aparellos de manobra (interruptores, conmutadores, premedores, etc.).

• Técnicas de instalación, fixación e conexión de tomas de corrente.

• Técnicas de instalación, fixación e conexión de receptores eléctricos (luminarias, motores, timbres, etc).

• Técnicas de instalación, fixación e conexión de sensores, actuadores e equipamentos de control utilizados en instalacións domóticas básicas.

• Instalación e conexión de autómatas programables básicos (relés programables): diagramas de bloques e funcións básicas.

• Medidas de seguridade e protección

BC5. Iniciativa emprendedora nas instalacións eléctricas e domóticas

• A persoa emprendedora nas instalacións eléctricas e domóticas.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación nas instalacións eléctricas e domóticas.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coas instalacións eléctricas e domóticas.

BC6. Mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión e/ou domóticas de edificios

• Medición de magnitudes eléctricas: tensión, intensidade, resistencia, continuidade, potencia e resistencia de illamento. Relacións básicas entre as magnitudes eléctricas.

• Manexo de equipamentos de medida.

• Avarías tipo en instalacións eléctricas de baixa tensión e/ou domóticas, en vivendas e edificios. Síntomas e efectos.

• Reparación de avarías: substitución de elementos; técnicas rutineiras de mantemento.

• Medidas de seguridade e protección.

4.4.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión e domóticas en edificios.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación de equipamentos, elementos, ferramentas e medios auxiliares.

– Montaxe de equipamentos, canalizacións e soportes, e tendido de cables.

– Mantemento de usuario ou de primeiro nivel.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g) e h) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais a), b), c), d), e), f) e h). Ademais relaciónase cos obxectivos r), s), t), u), v), w) e x), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Identificación de equipamentos, medios auxiliares, equipamentos e ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento das instalacións.

– Aplicación de técnicas de montaxe de equipamentos e elementos das instalacións.

– Realización de medidas das magnitudes típicas das instalacións.

4.5 Módulo profesional: Instalacións de telecomunicacións

• Código: MP3014.

• Duración: 205 horas.

4.5.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Selecciona os elementos que configuran as instalacións de telecomunicacións, identificando e describindo as súas principais características e a súa funcionalidade.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de instalacións relacionados coa infraestrutura común de telecomunicacións en edificios.

– CA1.2. Identificáronse os equipamentos e os elementos utilizados nas instalacións de telecomunicación en edificios (fontes de alimentación, amplificadores, centrais, monitores, cámaras, videoporteiros, etc.) e describiuse a súa función principal.

– CA1.3. Identificáronse os elementos (canalizacións, cableamentos, antenas, armarios, caixas, etc.) dunha instalación de infraestrutura de telecomunicacións dun edificio, a partir de catálogos e/ou elementos reais.

– CA1.4. Identificáronse os tipos de condutores (par de cobre, cable coaxial, fibra óptica, etc.) e indicouse a súa aplicación nas instalacións, de acordo coas súas características.

– CA1.5. Identificouse a tipoloxía das caixas (rexistros, armarios, racks, caixas de superficie, de encaixar, etc.), en función da súa aplicación.

– CA1.6. Identificáronse os tipos de fixacións (tacos, bridas, parafusos, porcas, grampas, etc.) de canalizacións e equipamentos.

– CA1.7. Identificáronse os sistemas de fixación requiridos para cada elemento que cumpra suxeitar.

– CA1.8. Utilizáronse catálogos técnicos.

– CA1.9. Axustouse a subministración dos elementos da instalación co ritmo de execución desta.

– CA1.10. Realizáronse todas as operacións tendo en conta a normativa de seguridade laboral e de protección ambiental.

– CA1.11. Transmitiuse a información con claridade, de xeito ordenado e estruturado.

– CA1.12. Mantívose unha actitude ordenada e metódica.

• RA2. Monta canalizacións, soportes e armarios en instalacións de infraestruturas de telecomunicacións en edificios, interpretando os esbozos da instalación, seguindo as normas de seguridade persoal e dos materiais utilizados.

– CA2.1. Identificáronse nun esbozo do edificio ou dunha parte do edificio os lugares de colocación dos elementos da instalación.

– CA2.2. Identificáronse as fases típicas de montaxe dun rack e marcouse a localización dos elementos.

– CA2.3. Determináronse as técnicas de suxeición e fixación de tubos, canalizacións, equipamentos e elementos das instalacións mediante tacos e parafusos, abrazadeiras, grampas, bridas, fixacións químicas, etc., e marcouse a localización dos elementos.

– CA2.4. Seleccionáronse as ferramentas necesarias en cada caso, en función da súa aplicación.

– CA2.5. Preparáronse os ocos para a colocación de caixas e canalizacións.

– CA2.6. Preparáronse e/ou mecanizáronse as canalizacións e as caixas.

– CA2.7. Realizouse a curvaxe de tubos de PVC, metálicos e outros.

– CA2.8. Realizáronse unións de tubos e canalizacións

– CA2.9. Montáronse canalizacións, caixas, tubos, etc., asegurando a súa fixación mecánica.

– CA2.10. Montáronse os armarios (racks).

– CA2.11. Aplicáronse normas de seguridade no uso de ferramentas e equipamentos.

– CA2.12. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade e protección ambiental.

– CA2.13. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA3. Monta cables en instalacións de telecomunicacións en edificios, aplicando as técnicas establecidas, e verifica o resultado.

– CA3.1. Realizouse o aprovisionamento dos condutores empregados segundo o tipo de instalacións de telecomunicacións (radio, televisión, telefonía, etc.): cables de pares, cable coaxial e fibra óptica.

– CA3.2. Seleccionouse a guía pasacables máis adecuada en función do tipo de canalización.

– CA3.3. Identificáronse os tubos e os seus extremos.

– CA3.4. Introduciuse a guía pasacables no tubo.

– CA3.5. Suxeitouse adecuadamente o cable á guía pasacables de xeito progresivo.

– CA3.6. Tirouse da guía pasacables evitando que se solte ou se dane o cable.

– CA3.7. Cortouse o cable deixando unha lonxitude adecuada en cada extremo.

– CA3.8. Etiquetouse o cable seguindo o procedemento establecido.

– CA3.9. Aplicáronse normas de seguridade no uso de ferramentas e equipamentos.

– CA3.10. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade e protección ambiental.

– CA3.11. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA4. Instala elementos e equipamentos de instalacións de infraestruturas de telecomunicacións en edificios para a recepción e a distribución de sinais de radio e televisión, telefonía e sistemas de vixilancia e videoporteiros), aplicando as técnicas establecidas, e verifica o resultado.

– CA4.1. Ensambláronse os elementos que consten de varias pezas.

– CA4.2. Identificouse o cableamento en función da súa etiquetaxe ou das cores.

– CA4.3. Situáronse os equipamentos ou elementos (antenas, amplificadores, etc.) no seu lugar.

– CA4.4. Fixáronse os equipamentos ou elementos (antenas, amplificadores, etc.).

– CA4.5. Conectouse o cableamento cos equipamentos e cos elementos, asegurando un bo contacto.

– CA4.6. Colocáronse os embelecedores, as tapas e os elementos decorativos.

– CA4.7. Determináronse as posibles medidas de corrección en función dos resultados obtidos.

– CA4.8. Aplicáronse normas de seguridade, no uso de ferramentas e equipamentos.

– CA4.9. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade e protección ambiental.

– CA4.10. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA5. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados da instalación de telecomunicacións.

– CA5.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para a instalación de telecomunicacións.

– CA5.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito na instalación de telecomunicacións.

– CA5.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa instalación de telecomunicacións.

4.5.2 Contidos básicos

BC1. Selección dos elementos de instalacións de telecomunicación

• Instalacións de telefonía e redes locais: características. Medios de transmisión. Equipamentos: centrais, hub, switch, router, etc.

• Instalacións de infraestruturas de telecomunicación en edificios: características. Medios de transmisión. Equipamentos e elementos.

• Instalacións básicas de megafonía e sonorización: tipos e características. Difusores de sinal. Cables e elementos de interconexión. Equipamentos: amplificadores, reprodutores, gravadores, etc.

• Instalacións de circuíto pechado de televisión: características. Cámaras. Monitores. Equipamentos de procesamento de sinal.

• Instalación de antenas: tipos e características.

BC2. Montaxe de canalizacións, soportes e armarios nas instalacións de telecomunicación

• Características e tipos das canalizacións: tubos ríxidos e flexibles, canles, bandexas, soportes, etc.

• Preparación e mecanizado de canalizacións.

• Técnicas de montaxe de canalizacións e tubos.

• Características e tipos das fixacións. Técnicas de montaxe.

• Medios e equipamentos de seguridade.

BC3. Montaxe de cables nas instalacións de telecomunicación

• Características e tipos de condutores: cable coaxial, de pares, fibra óptica, etc.

• Técnicas de tendido dos condutores.

• Identificación e etiquetaxe de condutores.

• Medios e equipamentos de seguridade.

BC4. Montaxe de equipamentos e elementos das instalacións de telecomunicación

• Instalación e fixación de equipamentos en instalacións de telecomunicación.

• Técnicas de fixación: en armarios e en superficie. Normas de seguridade.

• Técnicas de montaxe de antenas de radio e televisión.

• Técnicas de conexións dos condutores.

• Instalación e fixación de tomas de sinal.

• Riscos en altura.

• Medios e equipamentos de seguridade.

BC5. Iniciativa emprendedora na instalación de telecomunicacións.

• A persoa emprendedora na instalación de telecomunicacións.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na instalación de telecomunicacións.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa instalación de telecomunicacións.

4.5.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar operacións auxiliares de montaxe de instalacións de telecomunicacións en edificios.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación de equipamentos, elementos, ferramentas e medios auxiliares.

– Montaxe de antenas.

– Montaxe de equipamentos, canalizacións e soportes.

– Tendido de cables.

– Mantemento de usuario ou de primeiro nivel.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g) e h) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais a), b), c), d), e), f), g) e h). Ademais, relaciónase cos obxectivos r), s), t), u), v), w) e x), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso ensinanza aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Identificación de equipamentos, medios auxiliares e ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento das instalacións.

– Aplicación de técnicas de montaxe de equipamentos e elementos das instalacións.

– Toma de medidas das magnitudes típicas das instalacións.

4.6 Módulo profesional: Equipamentos eléctricos e electrónicos

• Código: MP3015.

• Duración: 233 horas.

4.6.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Identifica o material, as ferramentas e o equipamento necesarios para a montaxe e a ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos, e describe as súas principais características e a súa funcionalidade.

– CA1.1. Identificáronse e clasificáronse os elementos e os compoñentes tipo dun equipamento eléctrico ou electrónico, en función da súa aplicación e da súa situación.

– CA1.2. Identificáronse e clasificáronse os tipos de terminais e conectores máis utilizados en equipamentos eléctricos ou electrónicos.

– CA1.3. Identificáronse e clasificáronse as ancoraxes e as suxeicións tipo (parafusos, clips, pestanas, etc.) dun equipamento eléctrico ou electrónico, en función da súa aplicación, da rixidez e da estabilidade.

– CA1.4. Identificáronse e clasificáronse as ferramentas (aparafusador eléctrico, aparafusadores planos e de estrela, chaves, etc.) normalmente empregadas na ensamblaxe dun equipamento eléctrico ou electrónico en función da súa aplicación e idoneidade.

– CA1.5. Identificáronse e clasificáronse os medios e os equipamentos de seguridade persoal (luvas de protección, lentes, máscara, etc.), en función da súa aplicación e tendo en conta as ferramentas que se vaian utilizar.

• RA2. Determina a secuencia das operacións de montaxe e desmontaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos, interpretando esquemas e identificando os pasos.

– CA2.1. Recoñeceuse a simboloxía de representación gráfica dos elementos e dos compoñentes dos equipamentos eléctricos e electrónicos.

– CA2.2. Interpretouse o procedemento e a secuencia de montaxe e conexión, a partir de esquemas ou guías de montaxe.

– CA2.3. Identificouse cada elemento representados no esquema co elemento real.

– CA2.4. Identificouse o procedemento e a secuencia de montaxe e conexión dos elementos (inserción de tarxetas, fixación de elementos, etc.).

– CA2.5. Definiuse o proceso e a secuencia de montaxe e conexión a partir do esquema ou da guía de montaxe.

• RA3. Monta e desmonta elementos de equipamentos eléctricos ou electrónicos, interpretando esquemas e guías de montaxe, nas condicións de calidade e seguridade establecidas.

– CA3.1. Seleccionáronse os esquemas e as guías de montaxe indicados para un modelo determinado.

– CA3.2. Seleccionáronse as ferramentas indicadas nos esquemas e nas guías de montaxe.

– CA3.3. Preparáronse os elementos e os materiais que se vaian utilizar, seguindo procedementos normalizados.

– CA3.4. Identificouse a localización dos elementos no equipamento.

– CA3.5. Ensambláronse os compoñentes seguindo procedementos normalizados, aplicando as normas de seguridade destes.

– CA3.6. Fixáronse os compoñentes cos elementos de suxeición indicados nos esquemas ou nas guías de montaxe, aplicando o par de aperto ou presión establecidos.

– CA3.7. Aplicáronse técnicas de montaxe de compoñentes e conectores electrónicos en placas de circuíto impreso.

– CA3.8. Aplicáronse técnicas de desmontaxe de equipamentos eléctricos ou electrónicos.

– CA3.9. Cumpríronse os requisitos de seguridade establecidos.

– CA3.10. Elaborouse un informe que recolla as actividades desenvolvidas e os resultados obtidos.

– CA3.11. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade e protección ambiental.

– CA3.12. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA4. Conecta elementos en equipamentos eléctricos ou electrónicos aplicando técnicas básicas, e verifica a continuidade nas condicións de calidade e seguridade establecidas.

– CA4.1. Seleccionáronse os esquemas e as guías de montaxe indicados para un modelo determinado de conexión.

– CA4.2. Seleccionáronse as ferramentas indicadas nos esquemas e nas guías de conexión.

– CA4.3. Seleccionouse o tipo de conector e o cableamento apropiado para cada elemento.

– CA4.4. Dispuxéronse e colocáronse as pezas do conector e os cables.

– CA4.5. Dispuxéronse e colocáronse as proteccións persoais e dos elementos.

– CA4.6. Acondicionáronse os cables (pelar, estirar e ordenar) seguindo procedementos.

– CA4.7. Inseríronse as pezas do conector na orde correcta e uníronse os cables (soldar, crimpar, embornar, etc.) da forma establecida no procedemento.

– CA4.8. Realizouse a conexión (soldadura, embornado e conector) segundo o procedemento establecido (posición de elementos, inserción do elemento, manobra de fixación, etc.).

– CA4.9. Verificouse a correcta conexión dos elementos que conforman o equipamento.

– CA4.10. Cumpríronse as medidas de seguridade na utilización de equipamentos e ferramentas.

– CA4.11. Dispuxéronse e colocáronse as etiquetas nos cables, segundo o procedemento establecido.

– CA4.12. Tratáronse os residuos xerados de acordo coa normativa ambiental.

– CA4.13. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade.

– CA4.14. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA5. Realiza o mantemento básico de equipamentos eléctricos e electrónicos, aplicando as técnicas establecidas en condicións de calidade e seguridade.

– CA5.1. Seleccionáronse os esquemas e as guías indicados para un modelo determinado.

– CA5.2. Seleccionáronse as ferramentas segundo as operacións que haxa que realizar.

– CA5.3. Identificáronse os elementos para substituír, así como as súas características e a súa funcionalidade.

– CA5.4. Aprovisionáronse os elementos de substitución.

– CA5.5. Seleccionáronse as ferramentas necesarias para as operacións que se vaian realizar.

– CA5.6. Abriuse o equipamento desmontando a carcasa e as proteccións, e desmontáronse os elementos que cumpra substituír, empregando as técnicas e as ferramentas apropiadas, segundo os requisitos de cada intervención.

– CA5.7. Montáronse os elementos de substitución empregando as técnicas e as ferramentas apropiadas, segundo os requisitos de cada intervención.

– CA5.8. Verificouse o funcionamento correcto do equipamento eléctrico ou electrónico logo de finalizado o proceso, coas proteccións habilitadas e a carcasa novamente montada.

– CA5.9. Elaborouse un informe coas operacións realizadas nun documento co formato establecido.

– CA5.10. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade.

– CA5.11. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

4.6.2 Contidos básicos

BC1. Identificación de materiais, ferramentas e equipamentos de montaxe, ensamblaxe, conexión e mantemento

• Corrente alterna e continua. Magnitudes eléctricas. Relación entre magnitudes. Instrumentos de medida (polímetro, wattímetro, osciloscopio, etc.).

• Circuítos eléctricos básicos (elementos pasivos e activos, proteccións, etc.).

• Conectores: características e tipoloxía.

• Cables: características e tipoloxía. Normalización.

• Fibra óptica: aplicacións máis usuais; tipoloxía e características.

• Tipos de equipamentos: máquinas ferramenta, electrodomésticos, equipamentos informáticos, de audio, de vídeo e de comunicacións, e equipamentos industriais

• Ferramentas manuais e máquinas ferramentas.

• Materiais auxiliares. Elementos de ensamblaxe e suxeición: función, tipoloxía e características.

BC2. Proceso de montaxe e mantemento de equipamentos

• Simboloxía eléctrica e electrónica: normalización.

• Interpretación de planos e esquemas.

• Identificación de compoñentes comerciais. Catálogos.

• Identificación de conectores e cables comerciais. Catálogos.

• Interpretación de esquemas e guías de montaxe e desmontaxe.

• Interpretación de esquemas e guías de conexión.

• Caracterización das operacións.

• Secuencia de operacións.

• Selección de ferramentas e equipamentos. Tipoloxía das ferramentas.

• Interpretación de ordes de traballo.

• Elaboración de informes

• Prevención de riscos, saúde laboral e protección ambiental.

• Riscos na manipulación de sistemas e instalacións.

BC3. Montaxe e desmontaxe de equipamentos

• Compoñentes electrónicos: tipos, características e funcións básicas.

• Técnicas de montaxe e inserción de compoñentes electrónicos.

• Ferramentas manuais: tipoloxía e características. Estación de soldadura, confomadora e ferramenta de manipulación de compoñentes de montaxe superficial (SMD).

• Técnicas de soldadura branda: aplicacións máis habituais. Precaucións para ter en conta.

• Utilización de ferramentas manuais e máquinas ferramenta. Seguridade no manexo de ferramentas e máquinas.

• Técnicas de montaxe e ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• Montaxe de elementos accesorios.

• Técnicas de substitución de elementos e compoñentes de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• Operacións de etiquetaxe e control.

• Equipamentos de protección e seguridade.

BC4. Aplicación de técnicas de conexión e conectorización

• Técnicas de conexión: características e aplicacións.

• Soldadura, embornado e fixación de conectores.

• Ferramentas manuais e máquinas ferramenta: crimpadora, tenaces, pelacables, soldador, etc.

• Operacións de etiquetaxe e control.

• Elementos de fixación: bridas, pechamentos de torsión, elementos pasacables, etc.

BC5. Aplicación de técnicas de substitución de elementos

• Esquemas e guías.

• Aprovisionamento de elementos.

• Características eléctricas dos equipamentos e/ou dos seus elementos para substituír: tensión e corrente; corrente alterna e corrente continua; resistencia eléctrica; potencia eléctrica.

• Ancoraxes e suxeicións: tipos e características.

• Mantemento preventivo e mantemento correctivo. Operacións básicas de mantemento preventivo. Vida útil.

• Plans de emerxencia.

• Actuación en caso de accidente.

• Elaboración de informes. Partes de avarías. Histórico de avarías e partes de traballo.

• Prevención de riscos, saúde laboral e protección ambiental. Tratamento dos residuos xerados. Separación e reciclaxe.

4.6.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para realizar operacións de ensamblaxe, conexión e mantemento básico de equipamentos eléctricos e electrónicos.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación de equipamentos, elementos, ferramentas e medios auxiliares.

– Montaxe e conexión de equipamentos eléctricos e electrónicos , canalizacións e soportes.

– Tendido de cables.

– Mantemento de usuario ou de primeiro nivel.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a), d), e), f) e g) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais a), d), e), f), g) e h). Ademais relaciónase cos obxectivos r), s), t), u), v), w) e x), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Identificación dos elementos, os medios auxiliares e as ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Características dos elementos, os medios auxiliares e as ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Aplicación de técnicas de montaxe de equipamentos e elementos eléctricos e electrónicos.

– Toma de medidas das magnitudes típicas en equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

4.7 Módulo profesional: Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos

• Código: MP3016.

• Duración: 206 horas.

4.7.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Selecciona os elementos que configuran as redes de transmisión de voz e datos, e describe as súas principais características e funcións.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de instalacións relacionadas coas redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.2. Identificáronse os elementos (canalizacións, medios de transmisión, antenas, armarios, racks, caixas, etc.) das redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.3. Clasificáronse os tipos de medios de transmisión (par de cobre, cable coaxial, fibra óptica, etc.) empregados nas redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.4. Determinouse a tipoloxía das caixas (rexistros, armarios, racks, caixas de superficie, de empotrar, etc.) empregadas nas redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.5. Describíronse os tipos de fixacións (tacos, bridas, parafusos, porcas, grampas, etc.) de canalizacións e sistemas que se empregan nas redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.6. Relacionáronse as fixacións de canalizacións e sistemas empregadas nas redes de transmisión de voz e datos co elemento que cumpra suxeitar.

• RA2. Monta canalizacións, soportes e armarios en redes de transmisión de voz e datos, identificando os elementos no plano da instalación e aplicando técnicas de montaxe.

– CA2.1. Seleccionáronse as técnicas e as ferramentas empregadas para a instalación e a adaptación de canalizacións en redes de transmisión de voz e datos.

– CA2.2. Montáronse racks de transmisión de voz e datos, seguindo os procedementos recomendados.

– CA2.3. Identificouse nun plano do edificio ou nunha parte do edificio a situación dos elementos da instalación de rede de transmisión de voz e datos.

– CA2.4. Preparouse a colocación de caixas e canalizacións de redes de transmisión de voz e datos.

– CA2.5. Preparáronse e/ou mecanizáronse as canalizacións e caixas de redes de transmisión de voz e datos.

– CA2.6. Montáronse os armarios (racks) de redes de transmisión de voz e datos, interpretando o plano.

– CA2.7. Montáronse canalizacións, caixas, tubos, etc., de redes de transmisión de voz e datos, asegurando a súa fixación mecánica.

– CA2.8. Aplicáronse normas de seguridade no uso de ferramentas e sistemas utilizados para a montaxe de redes de transmisión de voz e datos.

• RA3. Desprega o cableamento dunha rede de voz e datos, e analiza o seu trazado.

– CA3.1. Recoñecéronse os detalles dos medios de transmisión guiados utilizados en instalacións de redes de voz e datos durante o seu despregamento (categoría do cableamento, tipo de fibra óptica, espazos por onde que discorre, soporte para as canalizacións, etc.).

– CA3.2. Utilizáronse os tipos de guías pasacables, indicando o xeito óptimo de suxeitar os cables e as guías.

– CA3.3. Cortouse e etiquetouse o cable.

– CA3.4. Etiquetáronse os medios de transmisión guiados de redes de voz e datos.

– CA3.5. Montáronse os armarios de comunicacións e os accesorios en redes de voz e datos.

– CA3.6. Montáronse e conectáronse as tomas de usuario e paneis de parcheamento en redes de voz e datos.

– CA3.7. Despregáronse redes de transmisión de voz e datos que empregan medios de transmisión sen fíos.

– CA3.8. Traballouse con base na calidade e na seguridade requiridas durante o despregamento de redes de voz e datos.

• RA4. Instala elementos e sistemas de transmisión de voz e datos, recoñecendo e aplicando as técnicas de montaxe.

– CA4.1. Ensambláronse os elementos de transmisión de voz e datos que consten de varias pezas.

– CA4.2. Identificáronse os medios de transmisión de voz e datos en función da súa etiquetaxe ou das súas cores.

– CA4.3. Instaláronse e fixáronse os sistemas ou os elementos de transmisión de voz e datos (hubs, switchs, routers, etc.) no seu lugar.

– CA4.4. Instaláronse e fixáronse os sistemas ou elementos de transmisión sen fíos de voz e datos (antenas, amplificadores, etc.) no seu lugar.

– CA4.5. Seleccionáronse as ferramentas adecuadas para a instalación de elementos e sistemas de transmisión de voz e datos.

– CA4.6. Conectouse o cableamento cos sistemas e os elementos de transmisión de voz e datos, asegurando un bo contacto.

– CA4.7. Colocáronse os embelecedores, as tapas e os elementos decorativos dos sistemas de transmisión de voz e datos.

– CA4.8. Aplicáronse normas de seguridade no uso de ferramentas á hora de instalar elementos e sistemas de transmisión de voz e datos.

• RA5. Realiza operacións básicas de configuración en redes locais, en relación coas súas aplicacións.

– CA5.1. Describíronse os principios de funcionamento das redes locais.

– CA5.2. Identificáronse os tipos de redes e as súas topoloxías.

– CA5.3. Recoñecéronse os elementos das redes locais e identificáronse coa súa función.

– CA5.4. Describíronse os medios de transmisión das redes locais.

– CA5.5. Interpretáronse mapas físicos de diferentes redes locais.

– CA5.6. Representouse o mapa físico de diversas redes locais.

– CA5.7. Utilizáronse aplicacións informáticas para representar o mapa físico de diferentes redes locais.

• RA6. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados da instalación de redes para transmisión de datos.

– CA6.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para a instalación de redes para transmisión de datos.

– CA6.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito na instalación de redes para transmisión de datos.

– CA6.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa instalación de redes para transmisión de datos.

• RA7. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, e identifica os riscos asociados, así como as medidas e os sistemas para os previr.

– CA7.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, utensilios, máquinas e medios de transporte.

– CA7.2. Operouse coas máquinas respectando as normas de seguridade.

– CA7.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas, máquinas de corte e conformación, etc.

– CA7.4. Describíronse os elementos de seguridade (proteccións, alarmas, pasos de emerxencia, etc.) das máquinas e os sistemas de protección individual (calzado, protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento.

– CA7.5. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.

– CA7.6. Identificáronse as posibles fontes de contaminación ambiental.

– CA7.7. Clasificáronse os residuos xerados para a súa retirada selectiva.

– CA7.8. Valorouse a orde e a limpeza de instalacións e sistemas como primeiro factor de prevención de riscos.

4.7.2 Contidos básicos

BC1. Selección de elementos de redes de transmisión de voz e datos

• Instalacións relacionadas coas redes de transmisión de voz e datos.

• Elementos das redes de transmisión de voz e datos: canalizacións (tubos ríxidos e flexibles, canalizacións, bandexas, soportes, etc.), medios de transmisión (cable coaxial, par trenzado, fibra óptica, etc.), antenas, armarios, racks, caixas, e fixacións (tacos, bridas, parafusos, porcas e grampas).

• Instalacións de infraestruturas de telecomunicación en edificios: características.

• Sistemas e elementos de interconexión.

BC2. Montaxe de canalizacións, soportes e armarios en redes de transmisión de voz e datos

• Montaxe de canalizacións, soportes e armarios nas instalacións de telecomunicación.

• Técnicas de instalación e adaptación de canalizacións en redes de transmisión de voz e datos.

• Ferramentas empregadas na instalación e na adaptación de canalizacións en redes de transmisión de voz e datos.

• Montaxe de racks de transmisión de voz e datos.

• Características e tipos das canalizacións: tubos ríxidos e flexibles, canles, bandexas, soportes, etc.

• Preparación e mecanizado de canalizacións. Técnicas de montaxe de canalizacións e tubos.

• Montaxe de canalizacións: tubos ríxidos e flexibles, bandexas, soportes, etc.

• Normas de seguridade no uso de ferramentas e sistemas utilizados na montaxe de redes de transmisión de voz e datos.

BC3. Despregamento do cableamento de redes de voz e datos

• Recomendacións na instalación do cableamento dos medios de transmisión guiados.

• Técnicas para tender os medios de transmisión guiados.

• Guías pasacables.

• Identificación e etiquetaxe dos medios de transmisión guiados.

• Armarios de comunicacións e os seus accesorios.

• Tomas de usuario e paneis de parcheamento.

• Despregamento de redes sen fíos de voz e datos.

BC4. Instalación de elementos e sistemas de transmisión de voz e datos

• Características e tipos das fixacións. Técnicas de montaxe.

• Montaxe de sistemas e elementos das instalacións de comunicación de voz e datos.

• Ferramentas.

• Instalación e fixación de sistemas en instalacións de comunicación de voz e datos.

• Técnicas de fixación: en armarios e en superficie.

• Técnicas de conexión dos medios de transmisión guiados.

• Colocación de embelecedores, tapas e elementos decorativos.

• Instalación e fixación de sistemas e elementos de transmisión sen fíos (antenas, amplificadores, etc.).

BC5. Configuración básica de redes locais

• Características. Vantaxes e inconvenientes. Tipos. Topoloxías. Elementos de rede.

• Identificación de elementos e espazos físicos dunha rede local.

• Medios de transmisión das redes locais.

• Cuartos e armarios de comunicacións.

• Conectores e tomas de rede.

• Dispositivos de interconexión de redes.

• Configuración básica dos dispositivos de interconexión de redes con cables e sen eles.

• Mapas físicos de redes locais.

BC6. Iniciativa emprendedora na instalación de redes para transmisión de datos.

• A persoa emprendedora na instalación de redes para transmisión de datos.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na instalación de redes para transmisión de datos.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa instalación de redes para transmisión de datos.

BC7. Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental

• Normas, medios e sistemas de seguridade.

• Identificación de riscos.

• Determinación das medidas de prevención de riscos laborais.

• Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe.

• Sistemas de protección individual.

• Normativa de prevención de riscos laborais.

• Normativa de protección ambiental e tratamento de residuos.

4.7.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de instalar canalizacións, cableamento e sistemas auxiliares en instalacións de redes locais en pequenos contornos.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación de sistemas, elementos, ferramentas e medios auxiliares.

– Montaxe de canalizacións e soportes.

– Tendido de cables para redes locais.

– Montaxe dos elementos da rede local.

– Integración dos elementos da rede.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g) e h) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), c), d), e), f) g) e h). Ademais, relaciónase cos obxectivos r), s), t), u), v), w) e x), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Identificación de sistemas, medios auxiliares, sistemas e ferramentas, para a realización da montaxe e o mantemento das instalacións.

– Aplicación de técnicas de montaxe de sistemas e elementos das instalacións.

– Toma de medidas das magnitudes típicas das instalacións.

4.8 Módulo profesional: Formación en centros de traballo

• Código: MP3018.

• Duración: 320 horas.

4.8.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Realiza operacións auxiliares na montaxe de instalacións eléctricas e de telecomunicacións en edificios, seguindo os procesos do sistema de calidade establecido na empresa e os correspondentes protocolos de seguridade.

– CA1.1. Identificáronse os elementos das instalacións, a súa función e a súa disposición.

– CA1.2. Realizáronse operacións de mecanizado e construción de tubaxes.

– CA1.3. Realizouse a colocación, a fixación e a interconexión dos equipamentos e dos accesorios, utilizando técnicas correctas.

– CA1.4. Montáronse os cadros eléctricos e os sistemas automáticos de acordo cos esquemas das instalacións.

– CA1.5. Realizáronse e comprobáronse as conexións eléctricas aos elementos periféricos de mando e potencia.

– CA1.6. Operouse respectando os criterios de seguridade persoal e material, coa calidade requirida.

– CA1.7. Realizáronse as operacións con criterios de respecto polo ambiente.

– CA1.8. Participouse dentro do grupo de traballo amosando iniciativa e interese.

• RA2. Realiza operacións auxiliares na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos, seguindo os procesos do sistema de calidade establecido na empresa e os correspondentes protocolos de seguridade.

– CA2.1. Identificáronse os elementos de equipamentos eléctricos e electrónicos, a súa función e a súa disposición.

– CA2.2. Realizouse a colocación, a fixación e a interconexión dos equipamentos e dos accesorios utilizando técnicas correctas.

– CA2.3. Montáronse os elementos e os sistemas do equipamento.

– CA2.4. Realizáronse e comprobáronse as conexións eléctricas dos elementos.

– CA2.5. Operouse respectando os criterios de seguridade persoal e material, coa calidade requirida.

– CA2.6. Realizáronse as operacións con criterios de respecto polo ambiente.

– CA2.7. Participouse dentro do grupo de traballo amosando iniciativa e interese.

• RA3. Realiza operacións de mantemento preventivo nas instalacións e nos equipamentos aplicando instrucións de acordo cos plans de mantemento.

– CA3.1. Realizáronse intervencións de mantemento preventivo sobre a instalación ou os equipamentos.

– CA3.2. Realizáronse revisións do estado dos equipamentos e dos elementos das instalacións.

– CA3.3. Seleccionáronse e utilizáronse as ferramentas e os instrumentos para as operacións de mantemento preventivo.

– CA3.4. Realizáronse as operacións con criterios de respecto polo ambiente.

– CA3.5. Colaborouse dentro do grupo de traballo amosando iniciativa e interese.

– CA3.6. Determináronse as posibles medidas de corrección en función dos resultados obtidos.

– CA3.7. Realizáronse todas as operacións tendo en conta a normativa de seguridade laboral e de protección ambiental.

• RA4. Actúa conforme as normas de prevención e riscos laborais da empresa.

– CA4.1. Cumpriuse a normativa xeral sobre prevención e seguridade, así como a establecida pola empresa.

– CA4.2. Identificáronse os factores e as situacións de risco que se presentan no seu ámbito de actuación no centro de traballo.

– CA4.3. Adoptáronse actitudes relacionadas coa actividade para reducir os riscos laborais e ambientais.

– CA4.4. Empregouse o equipamento de protección individual establecido para cada operación.

– CA4.5. Utilizáronse os dispositivos de protección das máquinas, equipamentos e instalacións nas actividades.

– CA4.6. Actuouse segundo o plan de prevención.

– CA4.7. Mantívose a zona de traballo libre de riscos, con orde e limpeza.

– CA4.8. Traballouse con criterios de redución do consumo de enerxía e na xeración de residuos.

• RA5. Actúa de xeito responsable e intégrase no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

– CA5.1. Executáronse con dilixencia as instrucións recibidas.

– CA5.2. Responsabilizouse do traballo que desenvolve, comunicándose eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.

– CA5.3. Cumpríronse os requisitos e as normas técnicas, demostrando un bo facer profesional e finalizando o seu traballo nun tempo límite razoable.

– CA5.4. Amosouse unha actitude de respecto cara ás normas e aos procedementos establecidos.

– CA5.5. Organizouse o traballo de acordo coas instrucións e cos procedementos establecidos, cumprindo as tarefas en orde de prioridade e actuando baixo criterios de seguridade e calidade nas intervencións.

– CA5.6. Coordinouse a actividade desempeñada co resto do persoal, informando de calquera cambio, necesidade salientable ou continxencia.

– CA5.7. Incorporouse puntualmente ao posto de traballo, levando a cabo os descansos instituídos, e non abandonou o centro de traballo antes do establecido sen motivos debidamente xustificados.

– CA5.8. Preguntáronselle adecuadamente á persoa superior inmediata as posibles dúbidas e a información necesaria para o desempeño dos seus labores.

– CA5.9. Realizouse o traballo conforme as indicacións realizadas polo persoal superior, e formuláronse as posibles modificacións ou suxestións no lugar e do modo adecuados.

4.8.2 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais propios do título de formación profesional básica en Electricidade e Electrónica que se alcanzaran no centro educativo ou a desenvolver competencias características de difícil consecución nel.

4.9 Módulo profesional: Ciencias aplicadas II

• Código: MP3019.

• Duración: 162 horas.

4.9.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Resolve situacións cotiás aplicando os métodos de resolución de ecuacións e de sistemas, valorando a precisión, a simplicidade e a utilidade da linguaxe alxébrica.

– CA1.1. Utilizáronse identidades notables nas operacións con polinomios.

– CA1.2. Obtivéronse valores numéricos a partir dunha expresión alxébrica.

– CA1.3. Resolvéronse ecuacións de primeiro e segundo grao sinxelas de modo alxébrico e gráfico.

– CA1.4. Resolvéronse problemas cotiáns e doutras áreas de coñecemento mediante ecuacións e sistemas.

– CA1.5. Valorouse a precisión, a simplicidade e a utilidade da linguaxe alxébrica para representar situacións formuladas na vida real.

– CA1.6. Resolvéronse sistemas de ecuacións sinxelos.

• RA2. Resolve problemas sinxelos de diversa índole, a través da súa análise contrastada e aplicando as fases do método científico.

– CA2.1. Formuláronse hipóteses sinxelas, a partir de observacións directas ou indirectas compiladas por distintos medios.

– CA2.2. Analizáronse diversas hipóteses e emitiuse una primeira aproximación á súa explicación.

– CA2.3. Planificáronse métodos e procedementos experimentais sinxelos de diversa índole para refutar ou non a súa hipótese.

– CA2.4. Traballouse en equipo na formulación da solución.

– CA2.5. Compiláronse os resultados dos ensaios de verificación e reflectíronse nun documento de xeito coherente.

– CA2.6. Defendeuse o resultado con argumentacións e probas, e verificacións ou refutacións das hipóteses emitidas.

• RA3. Realiza medidas directas e indirectas de figuras xeométricas presentes en contextos reais, utilizando os instrumentos, as fórmulas e as técnicas necesarias.

– CA3.1. Utilizáronse instrumentos apropiados para medir ángulos, lonxitudes, áreas e volumes de corpos e de figuras xeométricas, interpretando as escalas de medida.

– CA3.2. Utilizáronse estratexias (semellanzas e descomposición en figuras máis sinxelas, etc.) para estimar ou calcular medidas indirectas no mundo físico.

– CA3.3. Utilizáronse as fórmulas para calcular perímetros, áreas e volumes, e asignáronse as unidades correctas.

– CA3.4. Traballouse en equipo na obtención de medidas.

– CA3.5. Utilizáronse as TIC para representar figuras.

• RA4. Interpreta gráficas de dúas magnitudes calculando os parámetros significativos destas e relacionándoo con funcións matemáticas elementais e os principais valores estatísticos.

– CA4.1. Expresouse a ecuación da recta de diversas formas.

– CA4.2. Representouse graficamente a función cuadrática aplicando métodos sinxelos para a súa representación.

– CA4.3. Representouse graficamente a función inversa.

– CA4.4. Representouse graficamente a función exponencial.

– CA4.5. Extraeuse información de gráficas que representen os tipos de funcións asociadas a situacións reais.

– CA4.6. Utilizouse o vocabulario adecuado para a descrición de situacións relacionadas co azar e coa estatística.

– CA4.7. Elaboráronse e interpretáronse táboas e gráficos estatísticos.

– CA4.8. Analizáronse características da distribución estatística obtendo medidas de centralización e de dispersión.

– CA4.9. Aplicáronse as propiedades dos sucesos e a probabilidade.

– CA4.10. Resolvéronse problemas cotiáns mediante cálculos de probabilidade sinxelos.

• RA5. Aplica técnicas físicas ou químicas, utilizando o material necesario para a realización de prácticas de laboratorio sinxelas, medindo as magnitudes implicadas.

– CA5.1. Verificouse a dispoñibilidade do material básico utilizado nun laboratorio.

– CA5.2. Identificáronse e medíronse magnitudes básicas (masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.).

– CA5.3. Identificáronse tipos de biomoléculas presentes en materiais orgánicos e inorgánicos.

– CA5.4. Describíronse a célula e os tecidos animais e vexetais mediante a súa observación a través de instrumentos ópticos.

– CA5.5. Elaboráronse informes de ensaios onde se inclúa a xustificación, o procedemento seguido, os resultados obtidos e as conclusións.

– CA5.6. Aplicáronse as normas de traballo no laboratorio.

• RA6. Recoñece as reaccións químicas que se producen nos procesos biolóxicos e na industria, argumentando a súa importancia na vida cotiá e describindo os cambios que se producen.

– CA6.1. Identificáronse reaccións químicas principais da vida cotiá, da natureza e da industria.

– CA6.2. Describíronse as manifestacións de reaccións químicas.

– CA6.3. Describíronse os compoñentes principais dunha reacción química e a intervención da enerxía nela.

– CA6.4. Recoñecéronse algunhas reaccións químicas tipo (combustión, oxidación, descomposición, neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica).

– CA6.5. Identificáronse os compoñentes e o proceso de reaccións químicas sinxelas mediante ensaios de laboratorio.

– CA6.6. Elaboráronse informes utilizando as TIC sobre as industrias máis salientables (alimentaria, cosmética e de reciclaxe), describindo de forma sinxela os procesos que teñen lugar nelas.

– CA6.7. Aplicáronse as normas de seguridade no traballo de laboratorio.

• RA7. Identifica aspectos positivos e negativos do uso da enerxía nuclear, e describe os efectos da contaminación xerada na súa aplicación.

– CA7.1. Analizáronse efectos positivos e negativos do uso da enerxía nuclear.

– CA7.2. Diferenciáronse os procesos de fusión e de fisión nuclear.

– CA7.3. Identificáronse algúns problemas sobre verteduras nucleares produto de catástrofes naturais ou de mala xestión e mal mantemento das centrais nucleares.

– CA7.4. Argumentouse sobre a problemática dos residuos nucleares.

– CA7.5. Traballouse en equipo e utilizáronse as TIC.

• RA8. Identifica os cambios que se producen no planeta Terra argumentando as súas causas e tendo en conta as diferenzas entre relevo e paisaxe.

– CA8.1. Identificáronse os axentes xeolóxicos externos e cal é a súa acción sobre o relevo.

– CA8.2. Diferenciáronse os tipos de meteorización e identificáronse as súas consecuencias no relevo.

– CA8.3. Analizouse o proceso de erosión, recoñecendo os axentes xeolóxicos externos que interveñen e as consecuencias no relevo.

– CA8.4. Describiuse o proceso de transporte discriminando os axentes xeolóxicos externos que interveñen e as consecuencias no relevo.

– CA8.5. Analizouse o proceso de sedimentación discriminando os axentes xeolóxicos externos que interveñen, as situacións e as consecuencias no relevo.

• RA9. Categoriza os contaminantes atmosféricos principais identificando as súas orixes e relacionándoas cos seus efectos.

– CA9.1. Recoñecéronse os fenómenos da contaminación atmosférica e os principais axentes que a causan.

– CA9.2. Investigouse sobre o fenómeno da chuvia ácida, as súas consecuencias inmediatas e futuras, e como sería posible evitala.

– CA9.3. Describiuse o efecto invernadoiro argumentando as súas causas ou axentes que contribúen a el, así como as medidas para a súa redución.

– CA9.4. Describiuse a problemática que ocasiona a perda paulatina da capa de ozono, e as consecuencias para a saúde das persoas, o equilibrio da hidrosfera e as poboacións.

• RA10. Identifica os contaminantes da auga tendo en conta a relación entre o seu efecto no ambiente e o seu tratamento de depuración.

– CA10.1. Recoñeceuse e valorouse o papel da auga na existencia e na supervivencia da vida no planeta.

– CA10.2. Identificouse o efecto nocivo da contaminación dos acuíferos nas poboacións de seres vivos.

– CA10.3. Identificáronse posibles contaminantes en mostras de auga de distinta orixe, planificando e realizando ensaios de laboratorio.

– CA10.4. Analizáronse os efectos producidos pola contaminación da auga e o uso responsable desta.

• RA11. Contribúe ao equilibrio ambiental, analizando e argumentando as liñas básicas sobre o desenvolvemento sustentable e propondo accións para a súa mellora e a súa conservación.

– CA11.1. Analizáronse as implicacións positivas dun desenvolvemento sustentable.

– CA11.2. Propuxéronse medidas elementais encamiñadas a favorecer o desenvolvemento sustentable.

– CA11.3. Deseñáronse estratexias básicas para posibilitar o mantemento do ambiente.

– CA11.4. Traballouse en equipo na identificación dos obxectivos para a mellora ambiental.

• RA12. Relaciona as forzas que aparecen en situacións habituais cos efectos producidos tendo en conta a súa contribución ao movemento ou ao repouso dos obxectos e as magnitudes postas en xogo.

– CA12.1. Discrimináronse movementos cotiáns en función da súa traxectoria e da súa celeridade.

– CA12.2. Relacionáronse entre si a distancia percorrida, a velocidade, o tempo e a aceleración, expresándoas en unidades de uso habitual.

– CA12.3. Representáronse vectorialmente determinadas magnitudes como a velocidade e a aceleración.

– CA12.4. Relacionáronse os parámetros que definen o movemento rectilíneo uniforme utilizando as expresións gráfica e matemática.

– CA12.5. Realizáronse cálculos sinxelos de velocidades en movementos con aceleración constante.

– CA12.6. Describiuse a relación causa e efecto en distintas situacións, para atopar a relación entre forzas e movementos.

– CA12.7. Aplicáronse as leis de Newton en situacións da vida cotiá.

• RA13. Identifica os aspectos básicos da produción, o transporte e a utilización da enerxía eléctrica, e os factores que interveñen no seu consumo, describindo os cambios producidos e as magnitudes e valores característicos.

– CA13.1. Identificáronse e manexáronse as magnitudes físicas básicas para ter en conta no consumo de electricidade na vida cotiá.

– CA13.2. Analizáronse os hábitos de consumo e de aforro eléctrico e establecéronse liñas de mellora neles.

– CA13.3. Clasificáronse as centrais eléctricas e describiuse a transformación enerxética nelas.

– CA13.4. Analizáronse as vantaxes e as desvantaxes das centrais eléctricas.

– CA13.5. Describíronse basicamente as etapas da distribución da enerxía eléctrica desde a súa xénese á persoa usuaria.

– CA13.6. Traballouse en equipo na compilación de información sobre centrais eléctricas en España.

• RA14. Identifica os compoñentes básicos de circuítos eléctricos sinxelos, realizando medidas e determinando os valores das magnitudes que os caracterizan.

– CA14.1. Identificáronse os elementos básicos dun circuíto sinxelo en relación cos existentes na vida cotiá.

– CA14.2. Puxéronse de manifesto os factores dos que depende a resistencia dun condutor.

– CA14.3. Experimentáronse sobre circuítos elementais as variacións dunha magnitude básica en función dos cambios producidos nas outras.

– CA14.4. Realizáronse esquemas de circuítos eléctricos sinxelos interpretando as situacións sobre estes.

– CA14.5. Describíronse e exemplificáronse as variacións producidas nas asociacións serie, paralelo e mixtas.

– CA14.6. Calculáronse magnitudes eléctricas elementais no contorno habitual de consumo.

4.9.2 Contidos básicos

BC1. Resolución de ecuacións e de sistemas en situacións cotiás

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, produto, cociente e factor común.

• Obtención de valores numéricos en fórmulas. Regra de Ruffini.

• Polinomios: raíces e factorización. Teorema do resto e teorema do factor.

• Resolución alxébrica e gráfica de ecuacións de primeiro e de segundo grao.

• Resolución de sistemas de ecuacións sinxelos.

• Técnicas de resolución de problemas con ecuacións e sistemas.

• Linguaxe alxébrica. Precisión e simplicidade na tradución de situacións reais.

BC2. Resolución de problemas sinxelos

• Método científico.

• Fases do método científico: observación, elaboración de hipóteses, experimentación, análise de resultados, e leis ou teorías.

• Aplicación das fases do método científico a situacións sinxelas.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, cooperación, respecto e orde. Elaboración de informes.

BC3. Realización de medidas en figuras xeométricas

• Puntos e rectas.

• Rectas secantes e paralelas.

• Ángulo: medida.

• Polígonos: descrición dos seus elementos e clasificación.

• Triángulos. Semellanza; teoremas de Tales e de Pitágoras.

• Circunferencia e os seus elementos. Medida e cálculo de lonxitudes, áreas e volumes. Asignación de unidades.

• Cálculo de medidas indirectas. Semellanzas; descomposición en figuras máis simples.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, cooperación e respecto. Presentación de resultados.

• Uso de aplicacións informáticas de xeometría dinámica para o estudo e a representación de figuras xeométricas.

BC4. Interpretación de gráficos

• Interpretación dun fenómeno descrito mediante un enunciado, unha táboa, unha gráfica ou unha expresión analítica.

• Funcións lineais. Ecuación da recta.

• Funcións cuadráticas. Representación gráfica.

• Representación gráfica da función inversa e da función exponencial.

• Uso de aplicacións informáticas para a representación, a simulación e a análise da gráfica dunha función.

• Estatística. Táboas e gráficos estatísticos. Medidas de centralización e dispersión.

• Cálculo de probabilidades. Propiedades dos sucesos e da probabilidade. Resolución de problemas.

BC5. Aplicación de técnicas físicas ou químicas

• Material básico no laboratorio. Inventario.

• Normas de traballo no laboratorio.

• Medida de magnitudes fundamentais: lonxitude, masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.

• Recoñecemento de biomoléculas orgánicas e inorgánicas.

• Microscopio óptico e lupa binocular: fundamentos ópticos e manexo; utilización para describir a célula, e os tecidos animais e vexetais.

• Informes de traballo no laboratorio: estrutura e formato.

BC6. Recoñecemento de reaccións químicas cotiás

• Reacción química. Compoñentes e procesos. Ensaios de laboratorio.

• Condicións de produción das reaccións químicas: intervención de enerxía.

• Reaccións químicas en ámbitos da vida cotiá, da natureza e na industria.

• Reaccións químicas básicas: combustión, oxidación, descomposición, neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica.

• Procesos que teñen lugar nas industrias máis salientables (alimentarias, cosmética e de reciclaxe).

• Normas de seguridade no traballo de laboratorio.

BC7. Identificación de aspectos relativos á contaminación nuclear

• Orixe da enerxía nuclear.

• Tipos de procesos para a obtención e o uso da enerxía nuclear: fusión e fisión.

• Residuos radioactivos provenientes das centrais nucleares: problemática da súa xestión e do seu tratamento.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, normas, orde e elaboración de informes.

BC8. Identificación dos cambios no relevo e na paisaxe da Terra

• Axentes xeolóxicos externos e internos.

• Acción dos axentes xeolóxicos externos: meteorización, erosión, transporte e sedimentación.

• Identificación dos resultados da acción dos axentes xeolóxicos.

• Relevo e paisaxe. Factores condicionantes.

BC9. Categorización dos contaminantes atmosféricos principais

• Concepto.

• Chuvia ácida.

• Efecto invernadoiro.

• Destrución da capa de ozono.

BC10. Identificación de contaminantes da auga

• Auga: factor esencial para a vida no planeta.

• Contaminación da auga: causas e efectos.

• Tratamentos de depuración e potabilización de auga.

• Métodos de almacenamento da auga proveniente dos desxeamentos, as descargas fluviais e a chuvia.

BC11. Equilibrio ambiental e desenvolvemento sustentable

• Concepto e aplicacións do desenvolvemento sustentable.

• Factores que inciden sobre a conservación do ambiente.

• Accións que contribúen ao mantemento e na mellora do equilibrio ambiental.

BC12. Influencia das forzas sobre o estado de repouso e de movemento dos corpos

• Clasificación dos movementos segundo a súa traxectoria e a súa aceleración.

• Distancia percorrida, velocidade e aceleración. Unidades do Sistema Internacional e máis habituais. Cálculos en movementos con aceleración constante.

• Magnitudes escalares e vectoriais: distancia percorrida, velocidade e aceleración.

• Movemento rectilíneo uniforme: características. Interpretación gráfica.

• Forza: resultado dunha interacción. Relación entre forzas e movementos.

• Representación de forzas aplicadas a un sólido en situacións habituais. Resultante.

• Leis de Newton.

BC13. Produción e utilización da enerxía eléctrica

• Electricidade e desenvolvemento tecnolóxico.

• Materia e electricidade.

• Magnitudes básicas manexadas no consumo de electricidade: enerxía e potencia. Aplicacións na vida cotiá: interpretación do recibo da luz.

• Hábitos de consumo e aforro de electricidade.

• Sistemas de produción de enerxía eléctrica: tipos de centrais eléctricas, as súas vantaxes e as súas desvantaxes.

• Transporte e distribución da enerxía eléctrica: etapas.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades; elaboración de informes.

BC14. Identificación compoñentes de circuítos básicos

• Elementos dun circuíto eléctrico.

• Compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. Cálculo da resistencia dun condutor.

• Elaboración e interpretación de esquemas eléctricos.

• Circuítos serie, paralelo e mixto.

• Magnitudes eléctricas básicas.

• Realización de medidas experimentais de resistencia, voltaxe e intensidade.

• Cálculo da enerxía consumida e da potencia disipada nos compoñentes eléctricos.

4.9.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que, utilizando os pasos do razoamento científico, basicamente a observación e a experimentación, o alumnado aprenda a interpretar fenómenos naturais e, do mesmo modo, poida afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da súa vida cotiá.

Igualmente, fórmase para que utilice a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de distinta índole, aplicados a calquera situación, na súa vida cotiá e na súa vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a física e a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfocarase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na solución de problemas e noutras tarefas significativas, e permitiralle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos i), j), k), l) e m) do ciclo formativo, e as competencias i), j), k) e l). Ademais, relaciónase cos obxectivos r), s), t), u), v), w) e x), e coas competencias p), q), r), s), t), u) e v), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

– Interpretación de gráficos e curvas.

– Aplicación, cando proceda, do método científico.

– Valoración do ambiente e da influencia dos contaminantes.

– Características da enerxía nuclear.

– Aplicación de procedementos físicos e químicos elementais.

– Realización de exercicios de expresión oral.

– Representación de forzas.

5. Requisitos mínimos de calidade do contexto formativo

5.1. Espazos

Os espazos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo son:

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente.

60

40

50 %

Taller de instalacións electrotécnicas

120

90

50 %

A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

O grao de utilización expresa en tanto por cento e con carácter orientativo a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas. O centro educativo, no exercicio da súa autonomía e en función da distribución horaria semanal dos módulos profesionais e da titoría, poderá determinar outro grao de utilización.

Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos e alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

5.2. Equipamentos mínimos

Espazo formativo

Equipamentos

Aula polivalente.

• Equipamentos audiovisuais.

• Equipamentos informáticos en rede e con conexión a internet. Software de aplicación.

Taller de instalacións electrotécnicas

• Equipamentos para montar ou simular instalacións.

• Ferramentas manuais para traballos eléctricos e electrónicos.

• Ferramentas manuais para traballos mecánicos.

• Equipamentos de medida de magnitudes eléctricas.

• Equipamentos audiovisuais.

• Compoñentes para montaxe de redes e de computadores.

• Comprobadores de redes.

• Equipamentos de soldadura para compoñentes.

• Fontes de alimentación.

• Equipamentos e medios de seguridade.

6. Profesorado

6.1. Especialidades do profesorado do sector público ás que se atribúe a impartición dos módulos profesionais asociados ao perfil profesional

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas.

• MP3014. Instalacións de telecomunicacións.

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

Especialidade:

• Instalacións Electrotécnicas.

• Equipamentos Electrónicos.

Outros:

• Profesorado especialista, de ser o caso.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP3018. Formación en centros de traballo.

• Instalacións Electrotécnicas.

• Equipamentos Electrónicos.

Profesorado técnico de formación profesional.

6.2. Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais, para os centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas

Módulos profesionais

Titulacións

• MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas.

• MP3014. Instalacións de telecomunicacións.

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

• MP3018. Formación en centros de traballo.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

6.3. Titulacións habilitantes para os efectos de docencia para a impartición dos módulos profesionais, para os centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas

Módulos profesionais

Titulacións

• MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas.

• MP3014. Instalacións de telecomunicacións.

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

• MP3018. Formación en centros de traballo.

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

7. Correspondencia entre módulos profesionais e unidades de competencia para a súa acreditación ou validación

Módulos profesionais

Unidades de competencia acreditables

• MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas.

• UC0816_1: realizar operacións de montaxe de instalacións eléctricas de baixa tensión e domóticas en edificios.

• MP3014. Instalacións de telecomunicacións.

• UC0817_1: realizar operacións de montaxe de instalacións de telecomunicacións.

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

• UC1559_1: realizar operacións de ensamblaxe na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• UC1560_1: realizar operacións de conexión na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• UC1561_1: realizar operacións auxiliares no mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

• UC1207_1: realizar operacións auxiliares de montaxe de equipamentos microinformáticos.

8. Ciclos formativos de grao medio aos que o título profesional básico en Electricidade e Electrónica permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión en caso de concorrencia competitiva

O título profesional básico en Electricidade e Electrónica terá preferencia para a admisión a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de:

– Electricidade e Electrónica.

– Informática e Comunicacións.

– Fabricación Mecánica.

– Instalación e Mantemento.

– Enerxía e Auga.

– Industrias Extractivas.

– Marítimo-Pesqueira.

– Química.

– Transporte e Mantemento de Vehículos.

– Madeira, Moble e Cortiza.

– Edificación e Obra Civil.

9. Distribución horaria

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de formación profesional básica de Electricidade e Electrónica para o réxime ordinario

Curso

Módulo

Duración

horas

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

• MP3011. Comunicación e sociedade I

206

• MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas.

296

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

233

Total 1º

(FCE)

910

• MP3012. Comunicación e sociedade II.

135

• MP3014. Instalacións de telecomunicacións.

205

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

206

• MP3019. Ciencias aplicadas II.

162

Total 2º

(FCE)

708

• MP3018. Formación en centros de traballo.

320

Titoría

No primeiro curso do ciclo formativo dedicaranse 35 horas á titoría, e 27 horas no segundo curso.

10. Unidades formativas

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

horas

• MP3011. Comunicación e sociedade I

• MP3011_13. Comunicación en linguas galega e castelá I.

88

• MP3011_23. Comunicación en lingua inglesa I.

59

• MP3011_33. Sociedade I.

59

• MP3012. Comunicación e sociedade II.

• MP3012_13. Comunicación en linguas galega e castelá II.

67

• MP3012_23. Comunicación en lingua inglesa II.

34

• MP3012_33. Sociedade II.

34

ANEXO III

Currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en fabricación e montaxe

1. Identificación do título.

O título profesional básico en Fabricación e Montaxe queda identificado polos seguintes elementos:

– Denominación: Fabricación e Montaxe.

– Nivel: formación profesional básica.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: Fabricación Mecánica, e Instalación e Mantemento.

– Referente europeo: CINE-3.5.3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral do título.

A competencia xeral do título profesional básico en Fabricación e Montaxe consiste en realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

2.2. Competencias do título.

As competencias profesionais, persoais e sociais, e as competencias para a aprendizaxe permanente do título profesional básico en Fabricación e Montaxe son as que se relacionan:

a) Preparar o posto de traballo, as ferramentas, a maquinaria auxiliar e os equipamentos de mecanizado e montaxe no taller, e/ou de instalación e mantemento en obra.

b) Realizar unións fixas e desmontables en materiais metálicos e non metálicos, seguindo criterios de seguridade, funcionalidade e economía.

c) Realizar a montaxe e o axuste de elementos metálicos e non metálicos mediante ferramentas portátiles, conseguindo os axustes, a igualación ou a escorregadura das partes móbiles.

d) Abrir rozas e gabias para o tendido de tubaxes de evacuación e subministración de auga, circuítos de calefacción e climatización básica.

e) Ensamblar tubaxes para aplicacións de evacuación e subministración de auga e instalacións de calefacción.

f) Configurar e montar pequenas instalacións de rega automática asegurando a cobertura de toda a superficie e o aforro de auga.

g) Montar equipamentos sanitarios conectados á rede de evacuación e á de subministración interior.

h) Montar unidades interiores e exteriores de equipamentos de climatización básica.

i) Construír e ensamblar condutos de ventilación en fibra ou similar, realizando operacións de acabamento e seladura de xuntas.

j) Realizar o mantemento de máquinas, equipamentos, utensilios e instalacións, cumprindo os procedementos establecidos nos manuais para o seu uso e a súa conservación.

k) Resolver problemas predicibles relacionados cos ámbitos físico, social, persoal e produtivo, utilizando o razoamento científico e os elementos proporcionados polas ciencias aplicadas e sociais.

l) Actuar de xeito saudable en contextos cotiáns que favorezan o desenvolvemento persoal e social, analizando hábitos e influencias positivas para a saúde humana.

m) Valorar actuacións encamiñadas á conservación ambiental, diferenciando as consecuencias das actividades cotiás que poidan afectar o equilibrio do ambiente.

n) Obter e comunicar información destinada á autoaprendizaxe e ao seu uso en distintos contextos do seu ambiente persoal, social ou profesional mediante recursos ao seu alcance e os propios das tecnoloxías da información e da comunicación.

ñ) Actuar con respecto e sensibilidade cara á diversidade cultural, o patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais e artísticas, apreciando o seu uso como fonte de enriquecemento persoal e social.

o) Comunicarse con claridade, precisión e fluidez en contextos sociais ou profesionais e por diferentes medios, canles e soportes ao seu alcance, utilizando e adecuando recursos lingüísticos orais e escritos propios das linguas galega e castelá.

p) Comunicarse en situacións habituais de carácter laboral, persoal e social, utilizando recursos lingüísticos básicos en lingua estranxeira.

q) Realizar explicacións sinxelas sobre acontecementos e fenómenos característicos das sociedades contemporáneas a partir de información histórica e xeográfica ao seu dispor.

r) Adaptarse ás novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos na súa actividade laboral, utilizando as ofertas formativas ao seu alcance e localizando os recursos mediante as tecnoloxías da información e da comunicación.

s) Cumprir as tarefas propias do seu nivel con autonomía e responsabilidade, empregando criterios de calidade e eficiencia no traballo asignado e efectuándoo de forma individual ou como membro dun equipo.

t) Comunicarse eficazmente, respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no seu ámbito de traballo, contribuíndo á calidade do traballo realizado.

u) Asumir e cumprir as medidas de prevención de riscos e seguridade laboral na realización das actividades laborais, evitando danos persoais, laborais e ambientais.

v) Cumprir as normas de calidade e de accesibilidade e deseño universais que afectan a súa actividade profesional.

w) Actuar con espírito emprendedor, iniciativa persoal e responsabilidade na elección dos procedementos da súa actividade profesional.

x) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación vixente, participando activamente na vida económica, social e cultural.

2.3. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.

2. 3.1 Cualificacións profesionais completas:

a) Operacións auxiliares de fabricación mecánica, FME031_1 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0087_1: realizar operacións básicas de fabricación.

– UC0088_1: realizar operacións básicas de montaxe.

b) Operacións de fontanaría e calefacción-climatización doméstica, IMA367_1 (Real decreto 182/2008, do 8 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1154_1: realizar a instalación de tubaxes, incluíndo a preparación, o corte e a unión de tubos para a condución de auga e desaugadoiros.

– UC1155_1: realizar operacións básicas de instalación e mantemento de aparatos sanitarios, radiadores e aparellos de climatización de uso doméstico.

2.4. Contorno profesional.

2.4.1. Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.

2.4.2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Peón de industrias manufactureiras.

– Auxiliar de procesos automatizados.

– Fontaneiro/a.

– Montador/ora de equipamentos de calefacción.

– Mantedor/ora de equipamentos de calefacción.

– Montador/ora de equipamentos de climatización.

– Mantedor/ora de equipamentos de climatización

– Instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga.

2.5. Prospectiva do sector ou dos sectores relacionados co título.

a) O perfil profesional, dentro do sector produtivo, evoluciona cara a un incremento na toma de decisións propias dos procesos automatizados e a realización de funcións de planificación, mantemento, calidade e prevención de riscos laborais na pequena empresa.

b) As estruturas organizativas tenden a se configurar sobre a base de decisións descentralizadas, relacións funcionais do traballo en equipo, rotación de postos de traballo e canles de participación.

c) A evolución tecnolóxica tende a sistemas enerxeticamente máis eficientes, polo uso da electrónica, de automatismos e de novos materiais.

d) O desenvolvemento de novos campos de produción de calor, entre os que se poden destacar os sistemas de coxeneración, a utilización de paneis solares para a obtención de AQS, as bombas de calor xeotérmicas e as instalacións de biomasa, adquiriu unha extraordinaria importancia.

e) O mesmo sucede co desenvolvemento de novos campos de produción de frío, entre os que salientan os sistemas de absorción, utilizando a calor residual de instalacións produtoras de calor ou mediante o uso de paneis solares térmicos.

f) O sector produtivo apunta a unha evolución cara ás competencias relacionadas co emprego das enerxías renovables, sistemas electrónicos que incrementan o rendemento, máquinas con altos rendementos enerxéticos e novos materiais plásticos para o transporte de fluídos.

g) Os procesos de montaxe e mantemento terán que se adaptar á normativa referente aos tratamentos e á xestión de residuos e de axentes contaminantes.

3. Ensinanzas do ciclo formativo.

3.1. Obxectivos xerais do título.

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

a) Aplicar o plan de mantemento de equipamentos e de uso de espazos no taller e en obra, interpretando as especificacións establecidas, para preparar o posto de traballo.

b) Seleccionar os equipamentos, as ferramentas e os accesorios necesarios, identificando os criterios que cumpra aplicar, para realizar unións fixas e desmontables.

c) Manexar as ferramentas portátiles axeitadas interpretando as especificacións do procedemento que cumpra aplicar, para realizar a montaxe e o axuste de elementos.

d) Interpretar esbozos e esquemas de redes básicas de distribución de fluídos identificando as condicións de traballo e as marcas de implantación, para a apertura de rozas e gabias.

e) Identificar as principais fases do proceso de construción de conducións de fluídos aplicando técnicas básicas de soldadura e unión, para ensamblar tubaxes de cobre ou PVC.

f) Relacionar os elementos de redes básicas de distribución de fluídos cos recursos para a súa instalación, elaborando listaxes dos elementos necesarios, para configurar e montar instalacións eficientes de rega automática.

g) Relacionar os elementos de redes domésticas de distribución, evacuación e saneamento cos sistemas para a súa instalación, suxeición e regulación, acoplando billas, válvulas de corte e tubaxes de desaugamento, para montar equipamentos sanitarios.

h) Interpretar esquemas e manuais de aparellos e instalacións domésticas de auga fría e calefacción identificando a secuencia de operacións, para o seu mantemento.

i) Identificar os condutos comerciais para a instalación de redes convencionais de ventilación aplicando técnicas básicas de mecanizado e unión, para a súa construción e a súa ensamblaxe.

j) Interpretar manuais de uso de máquinas, equipamentos, utensilios e instalacións identificando a secuencia de operacións, para realizar o seu mantemento básico.

k) Comprender os fenómenos que acontecen no ámbito natural mediante o coñecemento científico como un saber integrado, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar e resolver problemas básicos nos campos do coñecemento e da experiencia.

l) Desenvolver habilidades para formular, interpretar e resolver problemas, e aplicar o razoamento de cálculo matemático para se desenvolver na sociedade e no ámbito laboral, e para xestionar os seus recursos económicos.

m) Identificar e comprender os aspectos básicos de funcionamento do corpo humano e pólos en relación coa saúde individual e colectiva, e valorar a hixiene e a saúde, para permitir o desenvolvemento e o afianzamento de hábitos saudables de vida en función do contorno.

n) Desenvolver hábitos e valores acordes coa conservación e a sustentabilidade do patrimonio natural, comprendendo a interacción entre os seres vivos e o medio natural, para valorar as consecuencias que se derivan da acción humana sobre o equilibrio ambiental.

ñ) Desenvolver as destrezas básicas das fontes de información utilizando con sentido crítico as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter e comunicar información nos contornos persoal, social ou profesional.

o) Recoñecer características básicas de producións culturais e artísticas, aplicando técnicas de análise básica dos seus elementos, para actuar con respecto e sensibilidade cara á diversidade cultural, o patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais e artísticas.

p) Desenvolver e afianzar habilidades e destrezas lingüísticas, e alcanzar o nivel requirido de precisión, claridade e fluidez, utilizando os coñecementos sobre as linguas galega e castelá, para se comunicar no seu contexto social, na súa vida cotiá e na actividade laboral

q) Desenvolver habilidades lingüísticas básicas en lingua estranxeira para se comunicar de xeito oral e escrito en situacións habituais e predicibles da vida cotiá e profesional.

r) Recoñecer causas e trazos propios de fenómenos e acontecementos contemporáneos, a súa evolución histórica e a súa distribución xeográfica, para explicar as características propias das sociedades contemporáneas.

s) Desenvolver valores e hábitos de comportamento baseados en principios democráticos, aplicándoos nas súas relacións sociais habituais e na resolución pacífica dos conflitos.

t) Comparar e seleccionar recursos e ofertas formativas existentes para a aprendizaxe ao longo da vida, para se adaptar ás novas situacións laborais e persoais.

u) Desenvolver a iniciativa, a creatividade e o espírito emprendedor, así como a confianza en si mesmo/a, a participación e o espírito crítico, para resolver situacións e incidencias da actividade profesional ou de índole persoal.

v) Desenvolver traballos en equipo asumindo os deberes, cooperando coas demais persoas con tolerancia e respecto, para a realización eficaz das tarefas e como medio de desenvolvemento persoal.

w) Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para se informar, se comunicar, aprender e facilitar as tarefas laborais.

x) Relacionar os riscos laborais e ambientais coa actividade laboral, co propósito de utilizar as medidas preventivas correspondentes para a protección persoal, evitando danos ambientais e ás demais persoas.

y) Desenvolver as técnicas da súa actividade profesional asegurando a eficacia e a calidade no seu traballo, e propor, se procede, melloras nas actividades de traballo.

z) Recoñecer os dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

aa) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

ab) Rexeitar calquera discriminación por razón de orientación sexual ou de identidade de xénero.

3.2. Módulos profesionais.

Os módulos deste ciclo formativo son os que se relacionan:

– MP3009. Ciencias aplicadas I.

– MP3011. Comunicación e sociedade I.

– MP3012. Comunicación e sociedade II.

– MP3019. Ciencias aplicadas II.

– MP3020. Operacións básicas de fabricación.

– MP3021. Soldadura e carpintaría metálica.

– MP3022. Carpintaría de aluminio e PVC.

– MP3023. Redes de evacuación.

– MP3024. Fontanaría e calefacción básica.

– MP3025. Montaxe de equipamentos de climatización.

– MP3027. Formación en centros de traballo.

4. Desenvolvemento de módulos

4.1 Módulo profesional: Ciencias aplicadas I

• Código: MP3009.

• Duración: 175 horas.

4.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Resolve problemas matemáticos en situacións cotiás, utilizando os elementos básicos da linguaxe matemática e as súas operacións.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de números e utilizáronse para interpretar adecuadamente a información cuantitativa.

– CA1.2. Realizáronse cálculos con eficacia mediante cálculo mental ou mediante algoritmos de lapis e calculadora (física ou informática).

– CA1.3. Utilizáronse as TIC como medio de procura de información.

– CA1.4. Operouse con potencias de expoñente natural e enteiro aplicando as propiedades.

– CA1.5. Utilizouse a notación científica para representar números moi grandes ou moi pequenos e operar con eles.

– CA1.6. Representáronse os números reais sobre a recta numérica.

– CA1.7. Caracterizouse a proporción como expresión matemática.

– CA1.8. Comparáronse magnitudes establecendo o seu tipo de proporcionalidade.

– CA1.9. Utilizouse a regra de tres para resolver problemas nos que interveñen magnitudes directamente e inversamente proporcionais.

– CA1.10. Aplicouse o xuro simple e composto en actividades cotiás.

• RA2. Recoñece as instalacións e o material de laboratorio e valóraos como recursos necesarios para a realización das actividades prácticas.

– CA2.1. Identificáronse as técnicas experimentais que se vaian realizar.

– CA2.2. Manipuláronse adecuadamente os materiais instrumentais do laboratorio.

– CA2.3. Tivéronse en conta as condicións de hixiene e seguridade para as técnicas experimentais que se vaian realizar.

• RA3. Identifica propiedades fundamentais da materia nas formas en que se presenta na natureza, manexando as súas magnitudes físicas e as súas unidades fundamentais en unidades de sistema métrico decimal.

– CA3.1. Describíronse as propiedades da materia.

– CA3.2. Practicáronse os cambios de unidades de lonxitude, masa e capacidade.

– CA3.3. Identificouse a equivalencia entre unidades de volume e capacidade.

– CA3.4. Efectuáronse medidas en situacións reais utilizando as unidades do sistema métrico decimal e utilizando a notación científica.

– CA3.5. Identificouse a denominación dos cambios de estado da materia.

– CA3.6. Identificáronse, con exemplos sinxelos, diferentes sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos.

– CA3.7. Identificáronse os estados de agregación nos que se presenta a materia e utilizáronse modelos cinéticos para explicar os cambios de estado.

– CA3.8. Identificáronse sistemas materiais en relación co seu estado na natureza.

– CA3.9. Recoñecéronse os estados de agregación dunha substancia dada a súa temperatura de fusión e de ebulición.

– CA3.10. Establecéronse diferenzas entre ebulición e evaporación utilizando exemplos sinxelos.

• RA4. Utiliza o método máis adecuado para a separación de compoñentes de mesturas sinxelas en relación co proceso físico ou químico en que se basea.

– CA4.1. Identificouse e describiuse o que se considera substancia pura e mestura.

– CA4.2. Establecéronse as diferenzas fundamentais entre mesturas e compostos.

– CA4.3. Discrimináronse os procesos físicos e químicos.

– CA4.4. Seleccionáronse, dunha listaxe de substancias, as mesturas, os compostos e os elementos químicos.

– CA4.5. Aplicáronse de xeito práctico diferentes separacións de mesturas por métodos sinxelos.

– CA4.6. Describíronse as características xerais básicas de materiais en relación coas profesións, utilizando as TIC.

– CA4.7. Traballouse en equipo na realización de tarefas.

• RA5. Recoñece como a enerxía está presente nos procesos naturais, describindo fenómenos simples da vida real.

– CA5.1. Identificáronse situacións da vida cotiá nas que se pon de manifesto a intervención da enerxía.

– CA5.2. Recoñecéronse diversas fontes de enerxía.

– CA5.3. Establecéronse grupos de fontes de enerxía renovable e non renovable.

– CA5.4. Amosáronse as vantaxes e os inconvenientes (obtención, transporte e utilización) das fontes de enerxía renovables e non renovables, utilizando as TIC.

– CA5.5. Aplicáronse cambios de unidades de enerxía.

– CA5.6. Amosouse, en diferentes sistemas, a conservación da enerxía.

– CA5.7. Describíronse procesos relacionados co mantemento do organismo e da vida nos que se aprecia claramente o papel da enerxía.

• RA6. Localiza as estruturas anatómicas básicas discriminando os sistemas ou os aparellos aos que pertencen e asociándoos ás funcións que producen no organismo.

– CA6.1. Identificáronse e describíronse os órganos que configuran o corpo humano, e asociáronse ao sistema ou ao aparello correspondente.

– CA6.2. Relacionouse cada órgano, sistema e aparello á súa función, e indicáronse as súas asociacións.

– CA6.3. Describiuse a fisioloxía do proceso de nutrición e identificouse a función das estruturas anatómicas dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

– CA6.4. Describiuse a fisioloxía do proceso de reprodución e identificouse a función das estruturas anatómicas do aparello reprodutor.

– CA6.5. Detallouse como funciona o proceso de relación e identificouse a función das estruturas anatómicas dos sistemas nervioso e endócrino.

– CA6.6. Utilizáronse ferramentas informáticas para describir adecuadamente aparellos e sistemas.

• RA7. Diferencia a saúde da doenza, relacionando os hábitos de vida coas doenzas máis frecuentes e recoñecendo os principios básicos de defensa contra elas.

– CA7.1. Identificáronse situacións de saúde e de doenza para as persoas.

– CA7.2. Describíronse os mecanismos encargados da defensa do organismo.

– CA7.3. Identificáronse e clasificáronse as doenzas infecciosas e non infecciosas máis comúns na poboación, e recoñecéronse as súas causas, a súa prevención e os seus tratamentos.

– CA7.4. Relacionáronse os axentes que causan as doenzas infecciosas habituais co contaxio producido.

– CA7.5. Describiuse a acción das vacinas, dos antibióticos e doutras achegas da ciencia médica para o tratamento e a prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.6. Recoñeceuse o papel das campañas de vacinación na prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.7. Describiuse o tipo de doazóns e os problemas que se producen nos transplantes.

– CA7.8. Recoñecéronse situacións de risco para a saúde relacionadas co contorno profesional máis próximo.

– CA7.9. Deseñáronse pautas de hábitos saudables relacionados con situacións cotiás.

• RA8. Elabora menús e dietas equilibradas sinxelas diferenciando os nutrientes que conteñen e adaptándoos aos parámetros corporais e a situacións diversas.

– CA8.1. Discriminouse entre o proceso de nutrición e o de alimentación.

– CA8.2. Diferenciáronse os nutrientes necesarios para o mantemento da saúde.

– CA8.3. Recoñeceuse a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico no coidado do corpo humano.

– CA8.4. Relacionáronse as dietas coa saúde, diferenciando entre as necesarias para o mantemento da saúde e as que poden conducir a unha mingua desta.

– CA8.5. Realizouse o cálculo sobre balances calóricos en situacións habituais do contorno.

– CA8.6. Calculouse o metabolismo basal e os seus resultados, e representouse nun diagrama establecendo comparacións e conclusións.

– CA8.7. Elaboráronse menús para situacións concretas, investigando na rede as propiedades dos alimentos.

• RA9. Resolve situacións cotiás, utilizando expresións alxébricas sinxelas e aplicando os métodos de resolución máis axeitados.

– CA9.1. Concretáronse propiedades ou relacións de situacións sinxelas mediante expresións alxébricas.

– CA9.2. Simplificáronse expresións alxébricas sinxelas utilizando métodos de desenvolvemento e factorización.

– CA9.3. Resolvéronse problemas da vida cotiá en que cumpra a formulación e a resolución de ecuacións de primeiro grao.

– CA9.4. Resolvéronse problemas sinxelos utilizando métodos gráficos e as TIC.

4.1.2 Contidos básicos

BC1. Resolución de problemas mediante operacións básicas

• Recoñecemento e diferenciación dos tipos de números. Representación na recta real.

• Utilización da xerarquía das operacións.

• Interpretación e utilización dos números reais e das operacións en diferentes contextos.

• Notación científica. Representación e operacións de suma, resta, multiplicación e división.

• Proporcionalidade directa e inversa. Regra de tres. Comparación de magnitudes.

• As porcentaxes na economía.

• Técnicas de procura de información coas tecnoloxías da información e da comunicación.

BC2. Recoñecemento de materiais e instalacións de laboratorio

• Normas xerais de traballo no laboratorio.

• Normas de seguridade e hixiene no laboratorio.

• Materiais de laboratorio: tipos e utilidade.

• Técnicas experimentais. Manexo da instrumentación do laboratorio na realización de actividades prácticas.

BC3. Identificación das formas da materia

• Unidades de lonxitude, capacidade e masa no sistema métrico decimal: cálculos, equivalencias e medidas. Uso da notación científica.

• Materia: propiedades.

• Clasificación da materia segundo o seu estado de agregación e composición.

• Estados de agregación: sólido, líquido e gasoso. Temperatura de fusión e de ebulición.

• Sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos. Estados de agregación dos materiais na natureza.

• Natureza corpuscular da materia. Cambios de estado e modelos cinéticos.

BC4. Separación de mesturas e substancias

• Substancias puras e mesturas: identificación, descrición e diferenciación.

• Substancias puras: elementos e compostos. Táboa periódica.

• Técnicas básicas de separación de mesturas no laboratorio. Procesos físicos e químicos que interveñen.

• Características básicas dos materiais relacionados co perfil profesional.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas, normas, orde e elaboración de informes.

BC5. Recoñecemento da enerxía nos procesos naturais

• Manifestacións da enerxía na natureza: fontes de enerxía e procesos en que esta intervén.

• Fontes de enerxía renovable e non renovable: identificación. Vantaxes e inconvenientes de cada unha.

• A enerxía na vida cotiá: identificación de situacións próximas.

• Formas de enerxía e a súa transformación. Lei de conservación da enerxía.

• Enerxía, calor e temperatura. Unidades máis habituais do Sistema Internacional.

BC6. Localización de estruturas anatómicas básicas

• Niveis de organización da materia viva. Órganos, aparellos e sistemas. Relacións entre eles e as súas funcións.

• Fisioloxía do proceso de nutrición: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

• Fisioloxía do proceso de relación: sistemas nervioso e endócrino.

• Fisioloxía do proceso de reprodución: aparello reprodutor e desenvolvemento embrionario.

BC7. Diferenciación entre saúde e doenza

• Saúde e doenza: concepto e diferenciación.

• Tipos de doenzas: infecciosas e non infecciosas; doenzas de transmisión sexual. Causas, prevención e tratamentos.

• Mecanismos encargados da defensa do organismo. Sistema inmunitario.

• Hixiene e prevención de doenzas. Tratamento fronte ás doenzas infecciosas. Vacinas.

• Transplantes e doazóns.

• Saúde mental: prevención de drogodependencias e de trastornos alimentarios.

• Hábitos de vida saudables relacionados coas doenzas máis frecuentes e con situacións cotiás.

BC8. Elaboración de menús e de dietas

• Alimentos e nutrientes: diferenciación. Recoñecemento de nutrientes presentes nos alimentos.

• Alimentación e saúde. Hábitos saudables relacionados coa alimentación.

• Concepto e elaboración de dietas. Tipos de dietas. Elaboración de menús.

• Hábitos saudables relacionados coa alimentación. Importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico.

BC9. Resolución de ecuacións sinxelas

• Progresións aritméticas e xeométricas.

• Tradución de situacións da linguaxe verbal á alxébrica.

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, multiplicación e factor común.

• Desenvolvemento e factorización de expresións alxébricas. Identidades notables.

• Resolución de ecuacións de primeiro grao cunha incógnita.

• Aplicación de métodos gráficos de resolución de problemas.

4.1.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa consciente tanto da súa propia persoa como do medio que o rodea.

Os contidos deste módulo contribúen a afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da vida cotiá.

Así mesmo, utilizan a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de índole diversa, aplicados a calquera situación, tanto na vida cotiá como na vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfócase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na resolución de problemas sinxelos e na realización doutras tarefas significativas, e permítelle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos j), k), m) e n) do ciclo formativo e as competencias j), l) e m). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x), e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v), e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Utilización dos números e das súas operacións para resolver problemas.

– Recoñecemento das formas da materia.

– Recoñecemento e uso de material de laboratorio básico.

– Identificación e localización das estruturas anatómicas.

– Realización de exercicios de expresión oral, aplicando as normas básicas de atención ao público.

– Importancia da alimentación para unha vida saudable.

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

4.2 Módulo profesional: Comunicación e sociedade I

• Código: MP3011.

• Duración: 206 horas.

4.2.1 Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá I

• Código: MP3011_13.

• Duración: 88 horas.

4.2.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición e as normas lingüísticas básicas.

– CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais.

– CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral.

– CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero.

– CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos breves seleccionados, estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e progresivo.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discriminatorios desde a perspectiva de xénero.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformuláronse as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñecendo usos e niveis da lingua, e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escritos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformulación das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario adecuado ao contexto.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura castelá anteriores ao século XIX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA3.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua castelá no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA3.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua castelá a partir de textos literarios.

• RA4. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura en lingua galega anteriores ao século XX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA4.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua galega no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA4.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua galega a partir de textos literarios.

• RA5. Coñece a formación da lingua galega e da lingua castelá e as distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas, sendo consciente da necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo.

– CA5.1. Analizáronse as características de formación da lingua galega e da lingua castelá.

– CA5.2. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá anterior ao século XX.

– CA5.3. Analizáronse os fenómenos de contacto de linguas, atendendo a situacións de bilingüismo, diglosia, interferencias e o conflito lingüístico.

– CA5.4. Valorouse a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

4.2.1.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá

• Textos orais.

• Aplicación de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Pautas para evitar a disrupción en situacións de comunicación oral.

• Intercambio comunicativo: elementos extralingüísticos da comunicación oral; usos orais informais e formais da lingua; adecuación ao contexto comunicativo.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral. Organización da frase: estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá.

• Composicións orais: exposicións orais sinxelas sobre feitos da actualidade; presentacións orais sinxelas; uso de medios de apoio (medios audiovisuais e TIC).

BC2. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá

• Tipos de textos. Características de textos de propios da vida cotiá e profesional.

• Estratexias de lectura: elementos textuais.

• Pautas para a utilización de dicionarios diversos.

• Estratexias básicas no proceso de composición escrita.

• Presentación de textos escritos en distintos soportes. Aplicación das normas gramaticais e ortográficas en lingua castelá e en lingua galega.

• Textos escritos. Principais conectores textuais en lingua castelá e en lingua galega. Aspectos básicos das formas verbais nos textos, con especial atención ás perífrases verbais, á concordancia e a coherencia temporal e modal. Funcións substantiva, adxectiva e adverbial do verbo. Sintaxe (enunciado, frase e oración; suxeito e predicado; complemento directo, indirecto, de réxime, circunstancial, axente e atributo). Estruturas subordinadas (substantivas, adxectivas e adverbiais).

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua castelá a partir da Idade Media e ata o século XVIII.

• Narrativa: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria.

• Poesía: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria. Interpretación.

• Teatro: temas e estilos segundo a época literaria.

BC4. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua galega desde a Idade Media e ata o século XIX.

• A literatura medieval.

• A literatura dos Séculos Escuros.

• A literatura do século XIX: etapas e obras máis significativas.

BC5. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas.

• A formación da lingua galega e da lingua castelá.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá ata o século XIX.

• Análise dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias).

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Valoración do plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

• Crítica dos prexuízos lingüísticos.

4.2.2 Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa I

• Código: MP3011_23.

• Duración: 59 horas.

4.2.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, elaborando presentacións orais de pouca extensión, ben estruturadas, relativas a situacións habituais de comunicación cotiá e frecuente de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.1. Aplicáronse as estratexias de escoita activa para a comprensión precisa das mensaxes recibidas.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa básica de mensaxes directas ou recibidas mediante formatos electrónicos, valorando as situacións de comunicación e as súas implicacións no uso do vocabulario empregado.

– CA1.3. Identificouse o sentido global do texto oral que presenta a información de xeito secuenciado e progresivo en situacións habituais frecuentes e de contido predicible.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación común e evidente que axuden a entender o sentido xeral da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse presentacións orais breves de textos descritivos, narrativos e instrutivos dos ámbitos persoal, público ou profesional, de acordo cun guión sinxelo, aplicando a estrutura de cada tipo de texto e utilizando, de ser o caso, medios informáticos.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas adaptadas a contextos diferentes (formal, non formal e situacións profesionais), e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases e palabras de situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA1.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia comprensible, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse as normas de relacións sociais básicas e estandarizadas dos países onde se fale a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade onde se fale a lingua estranxeira.

• RA2. Participa en conversas en lingua inglesa utilizando unha linguaxe sinxela e clara en situacións habituais frecuentes dos ámbitos persoal ou profesional, activando estratexias de comunicación básicas.

– CA2.1. Dialogouse, de xeito dirixido e seguindo un guión ben estruturado, utilizando un repertorio memorizado de modelos de oracións e conversas breves e básicas, sobre situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible.

– CA2.2. Mantívose a interacción utilizando estratexias de comunicación sinxelas para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.3. Utilizáronse estratexias básicas de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira, como a observación da persoa interlocutora e a procura da súa axuda para facilitar a bidirecionalidade da comunicación.

– CA2.4. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA2.5. Expresouse con certa claridade, utilizando unha entoación e unha pronuncia comprensibles, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos escritos breves e sinxelos en lingua inglesa, en situacións de comunicacións habituais e frecuentes dos ámbitos persoal, público ou profesional, desenvolvendo estratexias estruturadas de composición, e aplica estratexias de lectura comprensiva.

– CA3.1. Leuse o texto de xeito comprensivo, recoñecendo os seus trazos básicos, o seu contido global, e analizouse a súa intención e o seu contexto.

– CA3.2. Identificáronse as ideas fundamentais e a intención comunicativa básica do texto.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, en situacións habituais frecuentes, de contido moi predicible.

– CA3.4. Completáronse e reorganizáronse frases e oracións, atendendo ao propósito comunicativo e a normas gramaticais básicas.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e adecuados a un propósito comunicativo, seguindo modelos estruturados.

– CA3.6. Utilizouse o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional.

– CA3.7. Amosouse interese pola boa presentación dos textos escritos, respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas, e seguindo sinxelas pautas de revisión.

– CA3.8. Utilizáronse dicionarios impresos e en liña e correctores ortográficos dos procesadores na composición dos textos.

– CA3.9. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

4.2.2.2 Contidos básicos

BC1. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa

• Ideas principais en chamadas, mensaxes, ordes e indicacións moi claras.

• Descrición xeral de persoas, lugares e obxectos dos ámbitos profesional e público.

• Narración e explicación sobre situacións habituais e frecuentes do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, expresións e frases sinxelas frecuentes para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal ou profesional.

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais en presente e pasado; verbos principais, modais e auxiliares. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais e frecuentes. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso para iniciar, ordenar e finalizar.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos de carácter básico que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais.

• Estratexias fundamentais de comprensión e escoita activa.

• Formatos electrónicos máis usuais.

BC2. Participación en conversas en lingua inglesa

• Estratexias de comprensión e escoita activa para iniciar, manter e rematar a interacción.

• Elaboración de mensaxes e textos sinxelos en lingua inglesa.

• Comprensión da información global e da idea principal de textos básicos cotiáns, dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Léxico frecuente para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás e sinxelas dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Composición de textos escritos moi breves, sinxelos e ben estruturados.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

• Elementos lingüísticos fundamentais atendendo aos tipos de textos, aos contextos e aos propósitos comunicativos tendo en conta un enfoque centrado no uso da lingua e na súa dimensión social.

• Propiedades básicas do texto.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Estratexias de planificación e de corrección escrita.

• Estratexias de expresión e de interacción escrita.

• Usos sociais da lingua: información xeral, opinión e valoración.

• Funcións comunicativas máis habituais dos ámbitos persoal, público ou profesional en medios escritos.

• Coherencia espazo-temporal e cohesión a través do uso de recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito.

• Contidos léxico-semánticos sinxelos e básicos da lingua inglesa.

• Tempos e formas verbais. Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

• Estruturas gramaticais básicas:

• A oración simple e a oración composta con and/or/but.

• Dicionarios impresos e en liña, e correctores ortográficos.

4.2.3 Unidade formativa 3: Sociedade I

• Código: MP3011_33.

• Duración: 59 horas.

4.2.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Valora a evolución histórica das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga, así como as súas relacións coas paisaxes naturais, analizando os factores e os elementos implicados, e desenvolvendo actitudes e valores de aprecio do patrimonio natural e artístico.

– CA1.1. Describíronse mediante a análise de fontes gráficas as principais características dunha paisaxe natural, e recoñecéronse esas características no contorno máis próximo.

– CA1.2. Explicáronse a localización, o desprazamento e a adaptación ao medio dos grupos humanos do período da hominización, ata o dominio técnico dos metais por parte das principais culturas que o exemplifican.

– CA1.3. Relacionáronse as características dos fitos artísticos máis significativos do período prehistórico coa organización social e co corpo de crenzas, e valoráronse as súas diferenzas coas sociedades actuais.

– CA1.4. Valorouse a persistencia destas sociedades nas actuais, en especial no territorio galego e peninsular, identificando e comparando as súas principais características.

– CA1.5. Discrimináronse as principais características que require a análise das obras arquitectónicas e escultóricas mediante exemplos arquetípicos, diferenciando estilos canónicos.

– CA1.6. Xulgouse o impacto das primeiras sociedades humanas na paisaxe natural, analizando as características das cidades antigas e a súa evolución na actualidade no territorio galego e peninsular.

– CA1.7. Analizouse a persistencia en Galicia, na Península Ibérica e nos territorios extrapeninsulares españois das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga.

– CA1.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA1.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora a construción do espazo europeo ata as primeiras transformacións industriais das sociedades agrarias, analizando as súas características principais, así como a súa persistencia na sociedade actual e no contorno inmediato.

– CA2.1. Analizouse a transformación do mundo antigo no medieval, recoñecendo a evolución do espazo europeo, as súas relacións co espazo extraeuropeo e as características máis significativas das sociedades medievais en Galicia e en España.

– CA2.2. Valoráronse as características das paisaxes agrarias medievais e a súa persistencia nas sociedades actuais galega e española, identificando os seus elementos principais.

– CA2.3. Valoráronse as consecuencias da construción dos imperios coloniais en América nas culturas autóctonas e nas europeas.

– CA2.4. Analizouse o modelo político e social da monarquía absoluta durante a Idade Moderna nas principais potencias europeas, así como as súas peculiaridades en Galicia e en España.

– CA2.5. Valoráronse os indicadores demográficos básicos das transformacións na poboación europea, española e galega durante o período analizado.

– CA2.6. Describíronse as principais características da análise das obras pictóricas a través do estudo de exemplos arquetípicos das escolas e dos estilos que se suceden en Europa, en España e en Galicia desde o Renacemento ata a irrupción das vangardas históricas.

– CA2.7. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do perfil do título, analizando as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA2.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA2.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo en equipo.

4.2.3.2 Contidos básicos

BC1. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural

• Paisaxes naturais: aspectos xerais e locais.

• Sociedades prehistóricas.

• Nacemento das cidades: hábitat urbano e a súa evolución; gráficos de representación urbana; sociedades urbanas antigas; cultura grega (extensión, trazos, fitos principais e características esenciais da arte grega); cultura romana (características esenciais da arte romana); sociedades prehistóricas e antigas no territorio galego e peninsular.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (guións, esquemas, resumos, etc); ferramentas sinxelas de localización cronolóxica; vocabulario seleccionado e específico.

BC2. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna

• Europa medieval: persistencia de usos e costumes (espazo agrario e as súas características); contacto con outras culturas.

• Europa das monarquías absolutas: grandes monarquías europeas (localización e evolución sobre o mapa no contexto europeo); monarquía absoluta en España; evolución do sector produtivo durante o período.

• Colonización de América.

• Galicia na época medieval e moderna.

• Estudo da poboación.: evolución demográfica do espazo europeo; comentario de gráficas de poboación (pautas e instrumentos básicos).

• Evolución da arte europea, española e galega das épocas medieval e moderna. Pautas básicas para o comentario de obras pictóricas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (resumos, fichas temáticas, biografías, follas de cálculo ou similares, etc); vocabulario específico.

4.2.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa quen de recoñecer as características básicas dos fenómenos relacionados coa actividade humana e mellorar as súas habilidades comunicativas.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra coñecementos básicos relativos a ciencias sociais, lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, estará enfocada ao uso de ferramentas básicas da análise textual, á elaboración de información estruturada oral e escrita, á localización espazo-temporal dos fenómenos sociais e culturais, ao respecto pola diversidade de crenzas e ás pautas de relación cotiá en distintas sociedades e grupos humanos, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e en equipo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá I, Comunicación en lingua inglesa I, e Sociedade I.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais n), ñ), o), e p) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais m), n), ñ), e o). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x), e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v), e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a integración do alumnado nas situacións de aprendizaxe propostas, mediante a aplicación de estratexias motivadoras.

– Potenciación da autonomía na execución das actividades e na xestión do seu tempo de aprendizaxe, no ámbito das competencias e dos contidos do ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e en equipo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance, fomentando o uso das TIC, que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións estruturadas da realidade.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración do alumnado nas actividades de aprendizaxe, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que se deriven do perfil profesional.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes sinxelas orais e escritas, mediante o seu uso en distintos tipos de situacións comunicativas e textuais do contorno do alumnado.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións do seu contorno, que orientará a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo que permita a integración do alumnado nas actividades educativas con garantía de éxito.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes presentes no contorno do alumnado, en relación coas necesidades derivadas do uso da lingua con distintos falantes.

– Desenvolvemento de hábitos de lectura que permitan a satisfacción coa produción literaria, mediante o uso de textos seleccionados acordes ás súas necesidades e características.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración motivadora de saberes que lle permitan ao alumnado analizar e valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Utilización de recursos e fontes de información ao seu alcance para organizar a información que extraia, para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación da diversidade dos grupos humanos e os seus logros ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas do contorno do alumnado a partir da análise da información dispoñible e da formulación de explicacións xustificadas e a reflexión sobre a súa actuación ante estas, en situacións de aprendizaxe pautadas.

– Potenciación das capacidades de observación e criterios para a satisfacción coas expresións artísticas mediante a análise pautada de producións artísticas arquetípicas, apreciando os seus valores estéticos e temáticos.

4.3 Módulo profesional: Comunicación e sociedade II

• Código: MP3012.

• Duración: 135 horas.

4.3.1 Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá II

• Código: MP3012_13.

• Duración: 67 horas.

4.3.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, no ámbito laboral e noutros contextos, aplicando os principios da escoita activa, estratexias razoadas de composición e as normas lingüísticas correctas en cada caso.

– CA1.1. Aplicáronse as técnicas da escoita activa na análise de mensaxes orais procedentes de diversas fontes.

– CA1.2. Recoñeceuse a intención comunicativa e a estrutura e cohesión da comunicación oral, valorando posibles respostas.

– CA1.3. Realizouse un uso correcto dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Aplicáronse as técnicas de organización de reunións e de participación nelas.

– CA1.5. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, valorando e eliminando os usos discriminatorios.

– CA1.6. Utilizouse a terminoloxía gramatical correcta na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, no ámbito laboral e noutros contextos, aplicando á composición autónoma de textos de progresiva complexidade estratexias de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa adecuación para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas técnicas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, recoñecendo posibles usos discriminatorios.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, revisando e reformulando as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de diversos textos escritos de uso académico ou profesional, recoñecendo os usos e os niveis da lingua, e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro, preciso e adecuado ao formato e ao contexto comunicativo.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistematizadas na preparación de textos escritos que permiten mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario correcto segundo as normas lingüísticas e a finalidade.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais, comprobando a precisión e a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Interpreta textos literarios representativos da literatura en lingua castelá desde o século XIX ata a actualidade, recoñecendo a intención do autor ou da autora e relacionándoos co seu contexto histórico, sociocultural e literario.

– CA3.1. Describíronse os movementos literarios en lingua castelá no período considerado, recoñecendo as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal de obras adecuadas ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos pautados.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais fundamentadas sobre os aspectos apreciados en obras literarias.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias de análise de textos literarios, recoñecendo os temas e os motivos, os elementos simbólicos e a funcionalidade dos recursos estilísticos máis significativos.

– CA3.5. Informouse sobre un autor ou unha autora, un período ou unha obra da literatura en lingua castelá, recollendo de forma analítica a información correspondente.

• RA4. Interpreta textos literarios representativos da literatura en lingua galega desde comezos do século XX ata a actualidade, recoñecendo a intención da autora ou do autor e relacionándoos co seu contexto histórico, sociocultural e literario.

– CA4.1. Describíronse os movementos literarios en lingua galega no período considerado, recoñecendo as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal de obras adecuadas ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos pautados.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais fundamentadas sobre os aspectos apreciados en obras literarias.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias de análise de textos literarios, recoñecendo os temas e os motivos, os elementos simbólicos e a funcionalidade dos recursos estilísticos máis significativos.

– CA4.5. Informouse sobre un autor ou unha autora, un período ou unha obra da literatura en lingua galega, recollendo de forma analítica a información correspondente.

• RA5. Coñece e valora a situación sociolingüística das distintas linguas do Estado español e as principais características das variedades xeográficas da lingua galega e da lingua castelá, así como as distintas etapas, desde comezos do século XX, da historia social da lingua galega e da lingua castelá, valorando a función do estándar, a necesidade de normalizar a lingua galega e rexeitando os prexuízos lingüísticos.

– CA5.1. Identificouse a situación sociolingüística das distintas linguas do Estado español, valorando a diversidade lingüística como un elemento de enriquecemento cultural e outorgándolle a todas as linguas o mesmo valor e a mesma función comunicativa.

– CA5.2. Recoñécese a variedade interna das linguas castelá e galega como símbolo da riqueza do noso patrimonio lingüístico.

– CA5.3. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX.

– CA5.4. Valorouse a función do estándar de calquera lingua, así como a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

4.3.1.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá

• Textos orais.

• Técnicas de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Exposición de ideas e argumentos: organización e preparación dos contidos (ilación, sucesión e coherencia); estrutura.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral: organización da frase (estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá); coherencia semántica.

• Uso de recursos audiovisuais.

• Técnicas de organización de reunións e de participación nelas.

BC2. Uso de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá

• Traballos, informes, ensaios e outros textos académicos, científicos e profesionais.

• Aspectos lingüísticos para ter en conta: rexistros comunicativos da lingua e factores que condicionan o seu uso; variacións das formas deícticas en relación coa situación; estilo directo e indirecto.

• Estratexias de lectura con textos académicos.

• Presentación de textos escritos.

• Comprensión e produción de textos escritos: conectores textuais (causa, consecuencia, condición e hipótese); formas verbais nos textos (perífrases verbais; concordancia e coherencia temporal e modal); sintaxe (complementos; frases compostas);estratexias para mellorar o interese da persoa receptora.

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Interpretación de textos literarios en lingua castelá desde o século XIX

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria do período estudado.

• A literatura en lingua castelá nos seus xéneros.

• Evolución da literatura en lingua castelá desde o século XIX ata a actualidade.

• Expresión de opinións fundamentadas sobre textos e obras literarias en lingua castelá.

BC4. Interpretación de textos literarios en lingua galega desde comezos do século XX

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• A literatura en lingua galega nos seus xéneros.

• Evolución da literatura en lingua galega desde comezos do século XX ata a actualidade.

• Expresión de opinións fundamentadas sobre textos e obras literarias en lingua galega.

BC5. Coñecemento e respecto pola diversidade lingüística, a historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX e valoración do estándar e da necesidade de normalizar a lingua galega.

• A situación sociolingüística das linguas do Estado español.

• A variedade interna da lingua castelá e da lingua galega.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX.

• Funcións e valor da lingua estándar.

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Recoñecemento e rexeitamento dos prexuízos lingüísticos, valorando o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

4.3.2 Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa II

• Código: MP3012_23.

• Duración: 34 horas.

4.3.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, aplicando os principios da escoita activa e elaborando presentacións orais de pouca extensión, claras e estruturadas, relativas a temas e aspectos concretos, frecuentes e cotiáns dos ámbitos persoal, público e profesional.

– CA1.1. Aplicáronse sistematicamente as estratexias de escoita activa para a comprensión global e específica das mensaxes recibidas, sen necesidade de entender todos os seus elementos.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa de mensaxes directas ou empregando un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso, estruturadores (de apertura, continuidade e pechamento).

– CA1.3. Identificouse o sentido global e as ideas principais do texto oral e de estruturas gramaticais básicas en oracións sinxelas, de situacións habituais frecuentes e de contido predicible e concreto.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación esenciais que axudan a entender o sentido global e as ideas principais e secundarias da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse composicións e presentacións orais breves de acordo cun guión estruturado, aplicando o formato e os trazos propios de cada tipo de texto de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e marcadores de discurso para iniciar, enlazar, ordenar e finalizar o discurso en situacións habituais frecuentes e aspectos concretos.

– CA1.7. Expresouse a información usando unha entoación e unha pronuncia razoables, aceptándose as pautas e pequenas vacilacións.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva e crítica acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse e valoráronse as normas de relación social e as normas de cortesía máis frecuentes dos países onde se fala a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse e valoráronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade e do lugar de traballo onde se fala a lingua estranxeira.

– CA1.11. Identificáronse as principais actitudes e os comportamentos profesionais en situacións de comunicación habituais do ámbito profesional.

• RA2. Mantén conversas sinxelas e breves en lingua inglesa en situacións habituais e concretas, cara a cara ou por medios técnicos, do ámbito persoal, público e profesional, empregando estratexias de comunicación básica.

– CA2.1. Dialogouse seguindo un guión sobre temas e aspectos concretos e frecuentes do ámbito persoal, público e profesional.

– CA2.2. Describíronse, narráronse e explicáronse experiencias propias.

– CA2.3. Escoitouse e dialogouse en interaccións sinxelas, cotiás da vida profesional, pública e persoal, solicitando e proporcionando información con certo detalle.

– CA2.4. Mantívose a interacción utilizando diversas estratexias de comunicación esenciais para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.5. Utilizáronse estratexias de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira (parafrasear, linguaxe corporal e axudas audiovisuais), para facilitar a comunicación entre as persoas interlocutoras.

– CA2.6. Utilizáronse estruturas gramaticais e oracións sinxelas, e un repertorio esencial e limitado de expresións, frases, palabras frecuentes e marcadores de discurso lineais.

– CA2.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia razoables e comprensibles, aceptándose algunhas pausas e vacilacións, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos breves e sinxelos con certo detalle en lingua inglesa relativos a situacións de comunicación habituais do ámbito persoal, público e profesional, aplicando estratexias de lectura comprensiva e desenvolvendo estratexias sistemáticas de composición.

– CA3.1. Leuse o texto recoñecendo os trazos esenciais do xénero, a súa intención, o seu contexto e a súa estrutura, e interpretando o seu contido global e específico sen necesidade de entender todos os seus elementos.

– CA3.2. Identificouse a intención comunicativa básica do texto, o sentido xeral, a información esencial e as partes principais, mesmo cando o texto se organiza de distinta maneira.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais e oracións sinxelas, e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso básicos e lineais, en situacións habituais frecuentes e concretas de contido predicible.

– CA3.4. Completáronse frases, oracións e textos sinxelos atendendo ao propósito comunicativo, con estruturas gramaticais de escasa complexidade, en situacións habituais e concretas de contido predicible.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e sinxelos, adecuados a un propósito comunicativo, empregando os conectores máis frecuentes para enlazar as oracións.

– CA3.6. Respectáronse as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas seguindo pautas sistemáticas e concretas de revisión e corrección.

– CA3.7. Amosouse unha actitude reflexiva e crítica acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

4.3.2.2 Contidos básicos

BC1. Interpretación e comunicación de textos orais cotiáns en lingua inglesa

• Distinción de ideas principais e secundarias, información esencial de textos orais breves e sinxelos.

• Descrición de aspectos concretos de persoas, lugares, servizos básicos, obxectos e xestións sinxelas.

• Experiencias dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Narración, explicacións e intercambio de acontecementos e experiencias do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, frases e expresións para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal e profesional.

• Tipos de textos e a súa estrutura.

• Recursos tecnolóxicos

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais simples e compostas. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais do ámbito persoal, público e profesional. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso. Dominio sinxelo do discurso: coherencia e cohesión. Oracións simples e subordinadas de escasa complexidade.

• Estratexias de comprensión e escoita activa.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais e das normas de cortesía.

• Recoñecemento e uso de expresións relacionadas cos costumes e os ritos nunha comunidade de persoas usuarias da lingua inglesa.

BC2. Interacción en conversas en lingua inglesa

• Estratexias de interacción para manter e seguir unha conversa.

• Uso de frases estandarizadas.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

• Información global e específica de mensaxes de escasa dificultade referentes a asuntos básicos cotiáns dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Composición de textos escritos breves e ben estruturados.

• Léxico para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás, necesarias, sinxelas e concretas dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Terminoloxía específica da área profesional do alumnado.

• Recursos gramaticais. Marcadores do discurso. Dominio sinxelo do discurso: coherencia e cohesión. Uso das oracións simples e compostas na linguaxe escrita.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Propiedades básicas do texto.

• Normas socioculturais nas relacións dos ámbitos persoal, público e profesional en situacións cotiás.

• Estratexias de planificación da mensaxe.

4.3.3 Unidade formativa 3: Sociedade II

• Código: MP3012_33.

• Duración: 34 horas.

4.3.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Infire as características esenciais das sociedades contemporáneas a partir do estudo da súa evolución histórica, analizando os trazos básicos da súa organización social, política e económica en distintos momentos, e a sucesión de transformacións e conflitos acaecidos.

– CA1.1. Discrimináronse as consecuencias para a organización das sociedades actuais das correntes ideolóxicas que a cimentaron, situándoas no tempo e no espazo.

– CA1.2. Valorouse o modelo globalizado actual de relacións económicas mediante o estudo das transformacións económicas producidas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e os sistemas organizativos da actividade produtiva.

– CA1.3. Categorizáronse as características da organización social contemporánea, en especial a galega e a española, analizando a estrutura e as relacións sociais da poboación actual e a súa evolución durante o período, utilizando gráficas e fontes directas seleccionadas.

– CA1.4. Examinouse a evolución das relacións internacionais contemporáneas, elaborando explicacións causais e consecutivas que permitan desenvolver opinións propias sobre os conflitos actuais.

– CA1.5. Valorouse o proceso de unificación do espazo europeo, analizando a súa evolución, os seus principios e as súas institucións significativas, e argumentouse a súa influencia nas políticas nacionais dos países membros da Unión Europea.

– CA1.6. Asociouse a evolución dos acontecementos históricos globais coa evolución histórica do Estado español e do territorio galego, identificando as súas fases de evolución, os principais conflitos e a súa situación actual.

– CA1.7. Identificáronse os trazos esenciais da arte contemporánea, en especial a galega e a española, e a súa evolución ata os nosos días, construíndo opinións e criterios propios de orde estética.

– CA1.8. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do título e describíronse as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA1.9. Elaboráronse instrumentos pautados de recollida e difusión de información que permitan a avaliación das aprendizaxes realizadas, utilizando o vocabulario preciso.

– CA1.10. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora os principios básicos do sistema democrático analizando as súas institucións e as organizacións políticas e económicas en que se manifesta, inferindo pautas de actuación para acomodar o seu comportamento ao cumprimento dos devanditos principios.

– CA2.1. Recoñecéronse os principios básicos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e a súa situación no mundo de hoxe, valorando a súa implicación para a vida cotiá.

– CA2.2. Analizáronse os principios reitores, as institucións e as normas de funcionamento das principais institucións internacionais, xulgando o seu papel nos conflitos mundiais.

– CA2.3. Valorouse a importancia da mediación e da resolución de conflitos na extensión do modelo democrático, desenvolvendo criterios propios e razoados para a resolución destes.

– CA2.4. Xulgáronse os trazos esenciais do modelo democrático español valorando o contexto histórico do seu desenvolvemento.

– CA2.5. Valorouse a implicación do principio de non discriminación nas relacións persoais e sociais do contorno, xulgando comportamentos propios e alleos e inferindo pautas e accións apropiadas para acomodar a actitude aos dereitos e ás obrigas que diso se derivan.

– CA2.6. Elaborouse información pautada e organizada para a súa utilización en situacións de traballo colaborativo e contraste de opinións

4.3.3.2 Contidos básicos

BC1. Valoración das sociedades contemporáneas

• Construción dos sistemas democráticos: a Ilustración e as súas consecuencias, a sociedade liberal e a sociedade democrática.

• Estrutura económica e a súa evolución. Principios de organización económica. Economía globalizada actual. A segunda globalización. Terceira globalización: problemas do desenvolvemento. Evolución do sector produtivo propio en Galicia e en España.

• Relacións internacionais. Grandes potencias e conflito colonial. Guerra civil europea. Descolonización e guerra fría. Mundo globalizado actual. Principais institucións internacionais. Galicia e España no marco de relacións actual.

• Construción europea. Galicia e España en Europa.

• Arte contemporánea: ruptura do canon clásico; o cine e o cómic como entretemento de masas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: traballo colaborativo; presentacións e publicacións web.

BC2. Valoración das sociedades democráticas

• Declaración Universal de Dereitos Humanos: os dereitos humanos na vida cotiá; conflitos internacionais actuais.

• Modelo democrático español: construción da España democrática; constitución Española. A organización do Estado español. O Estado das autonomías. O Estatuto de Autonomía de Galicia.

• Principio de non discriminación na convivencia diaria. Resolución de conflitos.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas. Procesos e pautas para o traballo colaborativo. Preparación e presentación de información para actividades deliberativas. Normas de funcionamento e actitudes no contraste de opinións.

4.3.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente do alumnado e contén a formación para mellorar as súas posibilidades de desenvolvemento persoal, social e profesional, utilizando os pasos do método científico, mediante a análise dos principais fenómenos relacionados coas actividades humanas no mundo contemporáneo, co desenvolvemento de estratexias comunicativas suficientes en linguas galega e castelá, e cos fundamentos da comunicación en lingua inglesa en distintas situacións habituais.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra materias como as ciencias sociais, a lingua galega e literatura, a lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, enfocarase á adquisición de ferramentas de análise espazo-temporal, ao tratamento de textos orais e escritos, á elaboración de mensaxes estruturadas e ao respecto cara a outras sociedades, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e colaborativo, para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá II, Comunicación en lingua inglesa II, e Sociedade II.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais n), o), p), q) e r) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais m), n), ñ), o) e p). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x), e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v), e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas cara a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a implicación activa do alumnado no seu proceso formativo, onde a práctica e a funcionalidade das aprendizaxes constitúan un contínuum que facilite a realización das actividades que leve a cabo o alumnado.

– Potenciación da autonomía e da iniciativa persoal, para utilizar as estratexias axeitadas no ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o desenvolvemento e o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e colaborativo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións razoadas da realidade.

– Garantía do acceso á información para todo o alumnado, fomentando o uso das TIC.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración de competencias e contidos, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade para permitir a adaptación do alumnado á realidade persoal, social e profesional.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que se deriven do perfil profesional e a súa adaptación aos requisitos profesionais do seu contorno.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes orais e escritas, mediante o seu uso en situacións comunicativas e textuais de distintos tipos.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións da vida persoal, social e profesional que deberá vehicular a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo colaborativo que permita desenvolver o concepto de intelixencia colectiva e a súa relación co ámbito profesional.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes característica das sociedades contemporáneas, máis especificamente no ámbito das culturas de fala inglesa.

– Creación de hábitos de lectura e criterios estéticos propios que lle permitan ao alumnado a satisfacción coa produción literaria, con maior afondamento na produción nas linguas galega e castelá.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración de saberes que permita o estudo dun fenómeno relacionado coas ciencias sociais desde unha perspectiva multidisciplinar que lle permitan ao alumnado valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Uso de estratexias e destrezas de actuación, recursos e fontes de información ao seu alcance para se achegar ao método científico e organizar a información que extraia para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación dos cambios e das transformacións sufridas polos grupos humanos ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas da sociedade actual a partir da análise da información dispoñible e da concreción de hipóteses propias e razoadas de explicación dos fenómenos observados en situación de aprendizaxe.

– Potenciación das capacidades de apreciación e de creación, de educación do gusto polas artes, mediante o desenvolvemento de contidos e actividades que se relacionen con obras e expresións artísticas seleccionadas.

4.4 Módulo profesional: Ciencias aplicadas II

• Código: MP3019.

• Duración: 162 horas.

4.4.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Resolve situacións cotiás aplicando os métodos de resolución de ecuacións e de sistemas, valorando a precisión, a simplicidade e a utilidade da linguaxe alxébrica.

– CA1.1. Utilizáronse identidades notables nas operacións con polinomios.

– CA1.2. Obtivéronse valores numéricos a partir dunha expresión alxébrica.

– CA1.3. Resolvéronse ecuacións de primeiro e segundo grao sinxelas de modo alxébrico e gráfico.

– CA1.4. Resolvéronse problemas cotiáns e doutras áreas de coñecemento mediante ecuacións e sistemas.

– CA1.5. Valorouse a precisión, a simplicidade e a utilidade da linguaxe alxébrica para representar situacións formuladas na vida real.

– CA1.6. Resolvéronse sistemas de ecuacións sinxelos.

• RA2. Resolve problemas sinxelos de diversa índole, a través da súa análise contrastada e aplicando as fases do método científico.

– CA2.1. Formuláronse hipóteses sinxelas, a partir de observacións directas ou indirectas compiladas por distintos medios.

– CA2.2. Analizáronse diversas hipóteses e emitiuse una primeira aproximación á súa explicación.

– CA2.3. Planificáronse métodos e procedementos experimentais sinxelos de diversa índole para refutar ou non a súa hipótese.

– CA2.4. Traballouse en equipo na formulación da solución.

– CA2.5. Compiláronse os resultados dos ensaios de verificación e reflectíronse nun documento de xeito coherente.

– CA2.6. Defendeuse o resultado con argumentacións e probas, e verificacións ou refutacións das hipóteses emitidas.

• RA3. Realiza medidas directas e indirectas de figuras xeométricas presentes en contextos reais, utilizando os instrumentos, as fórmulas e as técnicas necesarias.

– CA3.1. Utilizáronse instrumentos apropiados para medir ángulos, lonxitudes, áreas e volumes de corpos e de figuras xeométricas, interpretando as escalas de medida.

– CA3.2. Utilizáronse estratexias (semellanzas e descomposición en figuras máis sinxelas, etc.) para estimar ou calcular medidas indirectas no mundo físico.

– CA3.3. Utilizáronse as fórmulas para calcular perímetros, áreas e volumes, e asignáronse as unidades correctas.

– CA3.4. Traballouse en equipo na obtención de medidas.

– CA3.5. Utilizáronse as TIC para representar figuras.

• RA4. Interpreta gráficas de dúas magnitudes calculando os parámetros significativos destas e relacionándoo con funcións matemáticas elementais e os principais valores estatísticos.

– CA4.1. Expresouse a ecuación da recta de diversas formas.

– CA4.2. Representouse graficamente a función cuadrática aplicando métodos sinxelos para a súa representación.

– CA4.3. Representouse graficamente a función inversa.

– CA4.4. Representouse graficamente a función exponencial.

– CA4.5. Extraeuse información de gráficas que representen os tipos de funcións asociadas a situacións reais.

– CA4.6. Utilizouse o vocabulario adecuado para a descrición de situacións relacionadas co azar e coa estatística.

– CA4.7. Elaboráronse e interpretáronse táboas e gráficos estatísticos.

– CA4.8. Analizáronse características da distribución estatística obtendo medidas de centralización e de dispersión.

– CA4.9. Aplicáronse as propiedades dos sucesos e a probabilidade.

– CA4.10. Resolvéronse problemas cotiáns mediante cálculos de probabilidade sinxelos.

• RA5. Aplica técnicas físicas ou químicas, utilizando o material necesario para a realización de prácticas de laboratorio sinxelas, medindo as magnitudes implicadas.

– CA5.1. Verificouse a dispoñibilidade do material básico utilizado nun laboratorio.

– CA5.2. Identificáronse e medíronse magnitudes básicas (masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.).

– CA5.3. Identificáronse tipos de biomoléculas presentes en materiais orgánicos e inorgánicos.

– CA5.4. Describíronse a célula e os tecidos animais e vexetais mediante a súa observación a través de instrumentos ópticos.

– CA5.5. Elaboráronse informes de ensaios onde se inclúa a xustificación, o procedemento seguido, os resultados obtidos e as conclusións.

– CA5.6. Aplicáronse as normas de traballo no laboratorio.

• RA6. Recoñece as reaccións químicas que se producen nos procesos biolóxicos e na industria, argumentando a súa importancia na vida cotiá e describindo os cambios que se producen.

– CA6.1. Identificáronse reaccións químicas principais da vida cotiá, da natureza e da industria.

– CA6.2. Describíronse as manifestacións de reaccións químicas.

– CA6.3. Describíronse os compoñentes principais dunha reacción química e a intervención da enerxía nela.

– CA6.4. Recoñecéronse algunhas reaccións químicas tipo (combustión, oxidación, descomposición, neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica).

– CA6.5. Identificáronse os compoñentes e o proceso de reaccións químicas sinxelas mediante ensaios de laboratorio.

– CA6.6. Elaboráronse informes utilizando as TIC sobre as industrias máis salientables (alimentaria, cosmética e de reciclaxe), describindo de forma sinxela os procesos que teñen lugar nelas.

– CA6.7. Aplicáronse as normas de seguridade no traballo de laboratorio.

• RA7. Identifica aspectos positivos e negativos do uso da enerxía nuclear, e describe os efectos da contaminación xerada na súa aplicación.

– CA7.1. Analizáronse efectos positivos e negativos do uso da enerxía nuclear.

– CA7.2. Diferenciáronse os procesos de fusión e de fisión nuclear.

– CA7.3. Identificáronse algúns problemas sobre verteduras nucleares produto de catástrofes naturais ou de mala xestión e mal mantemento das centrais nucleares.

– CA7.4. Argumentouse sobre a problemática dos residuos nucleares.

– CA7.5. Traballouse en equipo e utilizáronse as TIC.

• RA8. Identifica os cambios que se producen no planeta Terra argumentando as súas causas e tendo en conta as diferenzas entre relevo e paisaxe.

– CA8.1. Identificáronse os axentes xeolóxicos externos e cal é a súa acción sobre o relevo.

– CA8.2. Diferenciáronse os tipos de meteorización e identificáronse as súas consecuencias no relevo.

– CA8.3. Analizouse o proceso de erosión, recoñecendo os axentes xeolóxicos externos que interveñen e as consecuencias no relevo.

– CA8.4. Describiuse o proceso de transporte discriminando os axentes xeolóxicos externos que interveñen e as consecuencias no relevo.

– CA8.5. Analizouse o proceso de sedimentación discriminando os axentes xeolóxicos externos que interveñen, as situacións e as consecuencias no relevo.

• RA9. Categoriza os contaminantes atmosféricos principais identificando as súas orixes e relacionándoas cos seus efectos.

– CA9.1. Recoñecéronse os fenómenos da contaminación atmosférica e os principais axentes que a causan.

– CA9.2. Investigouse sobre o fenómeno da chuvia ácida, as súas consecuencias inmediatas e futuras, e como sería posible evitala.

– CA9.3. Describiuse o efecto invernadoiro argumentando as súas causas ou axentes que contribúen a el, así como as medidas para a súa redución.

– CA9.4. Describiuse a problemática que ocasiona a perda paulatina da capa de ozono, e as consecuencias para a saúde das persoas, o equilibrio da hidrosfera e as poboacións.

• RA10. Identifica os contaminantes da auga tendo en conta a relación entre o seu efecto no ambiente e o seu tratamento de depuración.

– CA10.1. Recoñeceuse e valorouse o papel da auga na existencia e na supervivencia da vida no planeta.

– CA10.2. Identificouse o efecto nocivo da contaminación dos acuíferos nas poboacións de seres vivos.

– CA10.3. Identificáronse posibles contaminantes en mostras de auga de distinta orixe, planificando e realizando ensaios de laboratorio.

– CA10.4. Analizáronse os efectos producidos pola contaminación da auga e o uso responsable desta.

• RA11. Contribúe ao equilibrio ambiental, analizando e argumentando as liñas básicas sobre o desenvolvemento sustentable e propondo accións para a súa mellora e a súa conservación.

– CA11.1. Analizáronse as implicacións positivas dun desenvolvemento sustentable.

– CA11.2. Propuxéronse medidas elementais encamiñadas a favorecer o desenvolvemento sustentable.

– CA11.3. Deseñáronse estratexias básicas para posibilitar o mantemento do ambiente.

– CA11.4. Traballouse en equipo na identificación dos obxectivos para a mellora ambiental.

• RA12. Relaciona as forzas que aparecen en situacións habituais cos efectos producidos tendo en conta a súa contribución ao movemento ou ao repouso dos obxectos e as magnitudes postas en xogo.

– CA12.1. Discrimináronse movementos cotiáns en función da súa traxectoria e da súa celeridade.

– CA12.2. Relacionáronse entre si a distancia percorrida, a velocidade, o tempo e a aceleración, expresándoas en unidades de uso habitual.

– CA12.3. Representáronse vectorialmente determinadas magnitudes como a velocidade e a aceleración.

– CA12.4. Relacionáronse os parámetros que definen o movemento rectilíneo uniforme utilizando as expresións gráfica e matemática.

– CA12.5. Realizáronse cálculos sinxelos de velocidades en movementos con aceleración constante.

– CA12.6. Describiuse a relación causa e efecto en distintas situacións, para atopar a relación entre forzas e movementos.

– CA12.7. Aplicáronse as leis de Newton en situacións da vida cotiá.

• RA13. Identifica os aspectos básicos da produción, o transporte e a utilización da enerxía eléctrica, e os factores que interveñen no seu consumo, describindo os cambios producidos e as magnitudes e valores característicos.

– CA13.1. Identificáronse e manexáronse as magnitudes físicas básicas para ter en conta no consumo de electricidade na vida cotiá.

– CA13.2. Analizáronse os hábitos de consumo e de aforro eléctrico e establecéronse liñas de mellora neles.

– CA13.3. Clasificáronse as centrais eléctricas e describiuse a transformación enerxética nelas.

– CA13.4. Analizáronse as vantaxes e as desvantaxes das centrais eléctricas.

– CA13.5. Describíronse basicamente as etapas da distribución da enerxía eléctrica desde a súa xénese á persoa usuaria.

– CA13.6. Traballouse en equipo na compilación de información sobre centrais eléctricas en España.

• RA14. Identifica os compoñentes básicos de circuítos eléctricos sinxelos, realizando medidas e determinando os valores das magnitudes que os caracterizan.

– CA14.1. Identificáronse os elementos básicos dun circuíto sinxelo en relación cos existentes na vida cotiá.

– CA14.2. Puxéronse de manifesto os factores dos que depende a resistencia dun condutor.

– CA14.3. Experimentáronse sobre circuítos elementais as variacións dunha magnitude básica en función dos cambios producidos nas outras.

– CA14.4. Realizáronse esquemas de circuítos eléctricos sinxelos interpretando as situacións sobre estes.

– CA14.5. Describíronse e exemplificáronse as variacións producidas nas asociacións serie, paralelo e mixtas.

– CA14.6. Calculáronse magnitudes eléctricas elementais no contorno habitual de consumo.

4.4.2 Contidos básicos

BC1. Resolución de ecuacións e de sistemas en situacións cotiás

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, produto, cociente e factor común.

• Obtención de valores numéricos en fórmulas. Regra de Ruffini.

• Polinomios: raíces e factorización. Teorema do resto e teorema do factor.

• Resolución alxébrica e gráfica de ecuacións de primeiro e de segundo grao.

• Resolución de sistemas de ecuacións sinxelos.

• Técnicas de resolución de problemas con ecuacións e sistemas.

• Linguaxe alxébrica. Precisión e simplicidade na tradución de situacións reais.

BC2. Resolución de problemas sinxelos

• Método científico.

• Fases do método científico: observación, elaboración de hipóteses, experimentación, análise de resultados, e leis ou teorías.

• Aplicación das fases do método científico a situacións sinxelas.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, cooperación, respecto e orde. Elaboración de informes.

BC3. Realización de medidas en figuras xeométricas

• Puntos e rectas.

• Rectas secantes e paralelas.

• Ángulo: medida.

• Polígonos: descrición dos seus elementos e clasificación.

• Triángulos. Semellanza; teoremas de Tales e de Pitágoras.

• Circunferencia e os seus elementos. Medida e cálculo de lonxitudes, áreas e volumes. Asignación de unidades.

• Cálculo de medidas indirectas. Semellanzas; descomposición en figuras máis simples.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, cooperación e respecto. Presentación de resultados.

• Uso de aplicacións informáticas de xeometría dinámica para o estudo e a representación de figuras xeométricas.

BC4. Interpretación de gráficos

• Interpretación dun fenómeno descrito mediante un enunciado, unha táboa, unha gráfica ou unha expresión analítica.

• Funcións lineais. Ecuación da recta.

• Funcións cuadráticas. Representación gráfica.

• Representación gráfica da función inversa e da función exponencial.

• Uso de aplicacións informáticas para a representación, a simulación e a análise da gráfica dunha función.

• Estatística. Táboas e gráficos estatísticos. Medidas de centralización e dispersión.

• Cálculo de probabilidades. Propiedades dos sucesos e da probabilidade. Resolución de problemas.

BC5. Aplicación de técnicas físicas ou químicas

• Material básico no laboratorio. Inventario.

• Normas de traballo no laboratorio.

• Medida de magnitudes fundamentais: lonxitude, masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.

• Recoñecemento de biomoléculas orgánicas e inorgánicas.

• Microscopio óptico e lupa binocular: fundamentos ópticos e manexo; utilización para describir a célula, e os tecidos animais e vexetais.

• Informes de traballo no laboratorio: estrutura e formato.

BC6. Recoñecemento de reaccións químicas cotiás

• Reacción química. Compoñentes e procesos. Ensaios de laboratorio.

• Condicións de produción das reaccións químicas: intervención de enerxía.

• Reaccións químicas en ámbitos da vida cotiá, da natureza e na industria.

• Reaccións químicas básicas: combustión, oxidación, descomposición, neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica.

• Procesos que teñen lugar nas industrias máis salientables (alimentarias, cosmética e de reciclaxe).

• Normas de seguridade no traballo de laboratorio.

BC7. Identificación de aspectos relativos á contaminación nuclear

• Orixe da enerxía nuclear.

• Tipos de procesos para a obtención e o uso da enerxía nuclear: fusión e fisión.

• Residuos radioactivos provenientes das centrais nucleares: problemática da súa xestión e do seu tratamento.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, normas, orde e elaboración de informes.

BC8. Identificación dos cambios no relevo e na paisaxe da Terra

• Axentes xeolóxicos externos e internos.

• Acción dos axentes xeolóxicos externos: meteorización, erosión, transporte e sedimentación.

• Identificación dos resultados da acción dos axentes xeolóxicos.

• Relevo e paisaxe. Factores condicionantes.

BC9. Categorización dos contaminantes atmosféricos principais

• Concepto.

• Chuvia ácida.

• Efecto invernadoiro.

• Destrución da capa de ozono.

BC10. Identificación de contaminantes da auga

• Auga: factor esencial para a vida no planeta.

• Contaminación da auga: causas e efectos.

• Tratamentos de depuración e potabilización de auga.

• Métodos de almacenamento da auga proveniente dos desxeamentos, as descargas fluviais e a chuvia.

BC11. Equilibrio ambiental e desenvolvemento sustentable

• Concepto e aplicacións do desenvolvemento sustentable.

• Factores que inciden sobre a conservación do ambiente.

• Accións que contribúen ao mantemento e na mellora do equilibrio ambiental.

BC12. Influencia das forzas sobre o estado de repouso e de movemento dos corpos

• Clasificación dos movementos segundo a súa traxectoria e a súa aceleración.

• Distancia percorrida, velocidade e aceleración. Unidades do Sistema Internacional e máis habituais. Cálculos en movementos con aceleración constante.

• Magnitudes escalares e vectoriais: distancia percorrida, velocidade e aceleración.

• Movemento rectilíneo uniforme: características. Interpretación gráfica.

• Forza: resultado dunha interacción. Relación entre forzas e movementos.

• Representación de forzas aplicadas a un sólido en situacións habituais. Resultante.

• Leis de Newton.

BC13. Produción e utilización da enerxía eléctrica

• Electricidade e desenvolvemento tecnolóxico.

• Materia e electricidade.

• Magnitudes básicas manexadas no consumo de electricidade: enerxía e potencia. Aplicacións na vida cotiá: interpretación do recibo da luz.

• Hábitos de consumo e aforro de electricidade.

• Sistemas de produción de enerxía eléctrica: tipos de centrais eléctricas, as súas vantaxes e as súas desvantaxes.

• Transporte e distribución da enerxía eléctrica: etapas.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades; elaboración de informes.

BC14. Identificación compoñentes de circuítos básicos

• Elementos dun circuíto eléctrico.

• Compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. Cálculo da resistencia dun condutor.

• Elaboración e interpretación de esquemas eléctricos.

• Circuítos serie, paralelo e mixto.

• Magnitudes eléctricas básicas.

• Realización de medidas experimentais de resistencia, voltaxe e intensidade.

• Cálculo da enerxía consumida e da potencia disipada nos compoñentes eléctricos.

4.4.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que, utilizando os pasos do razoamento científico, basicamente a observación e a experimentación, o alumnado aprenda a interpretar fenómenos naturais e, do mesmo modo, poida afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da súa vida cotiá.

Igualmente, fórmase para que utilice a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de distinta índole, aplicados a calquera situación, na súa vida cotiá e na súa vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a física e a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfocarase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na solución de problemas e noutras tarefas significativas, e permitiralle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos j), k), m) e n) do ciclo formativo, e as competencias j), l) e m). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x), e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v), e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

– Interpretación de gráficos e curvas.

– Aplicación, cando proceda, do método científico.

– Valoración do ambiente e da influencia dos contaminantes.

– Características da enerxía nuclear.

– Aplicación de procedementos físicos e químicos elementais.

– Realización de exercicios de expresión oral.

– Representación de forzas.

4.5 Módulo profesional: Operacións básicas de fabricación

• Código: MP3020.

• Duración: 179 horas.

4.5.1 Unidade formativa 1: Técnicas manuais básicas de arranque de labra

• Código: MP3020_12.

• Duración: 89 horas.

4.5.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Organiza o seu traballo na execución de limadura, serraxe, roscaxe, etc., interpretando a información contida nas especificacións do produto que se vaia mecanizar.

– CA1.1. Interpretouse a simboloxía normalizada aplicable en fabricación mecánica.

– CA1.2. Comprendéronse as instrucións orais e escritas recibidas para a realización do traballo.

– CA1.3. Extraeuse de follas de traballo, catálogos e outros documentos a información necesaria que permita pór en práctica o proceso de traballo.

– CA1.4. Explicáronse as operacións que cumpra realizar, de forma que permitan a realización do proceso, axustándose ás especificacións sinaladas.

– CA1.5. Realizáronse a man alzada debuxos sinxelos que representen os produtos que haxa que obter.

– CA1.6. Tivéronse en conta as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridos na organización do traballo.

– CA1.7. Mantivéronse as zonas de traballo da súa responsabilidade en condicións de orde, limpeza e seguridade.

– CA1.8. Operouse con autonomía nas actividades propostas.

• RA2. Prepara materiais, utensilios e ferramentas de limadura, serraxe, roscaxe, etc., recoñecendo as súas características e as súas aplicacións.

– CA2.1. Realizouse o abastecemento dos materiais necesarios para o proceso de mecanizado.

– CA2.2. Comprobouse que os medios e as ferramentas que se vaian utilizar estean nas condicións de uso que permitan aproveitar optimamente o seu rendemento.

– CA2.3. Seleccionáronse as ferramentas e os utensilios en función do tipo do material e da calidade requirida.

– CA2.4. Efectuouse o transporte de materiais e equipamentos aplicando as normas de seguridade requiridas.

– CA2.5. Realizouse o mantemento e o coidado dos medios empregados no proceso logo de finalizado.

– CA2.6. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais requiridas.

– CA2.7. Planificáronse metodicamente as tarefas que cumpra realizar con previsión das dificultades e o xeito de superalas.

• RA3. Realiza operacións básicas de limadura, serraxe, roscaxe, etc., seleccionando as ferramentas e aplicando as técnicas de fabricación.

– CA3.1. Realizouse a preparación e a limpeza das superficies das pezas que haxa que limar, serrar, roscar, etc.

– CA3.2. Trazáronse e marcáronse as pezas segundo especificacións requiridas ou instrucións recibidas.

– CA3.3. Manipuláronse e colocáronse as pezas empregando as ferramentas e os utensilios apropiados.

– CA3.4. Realizáronse as operacións de limadura, serraxe, roscaxe, etc., seguindo as especificacións recibidas.

– CA3.5. Aplicouse a normativa de prevención de riscos laborais na execución das operacións de limadura, serraxe, roscaxe, etc.

– CA3.6. Realizáronse os traballos con orde e limpeza.

• RA4. Realiza operacións de verificación sobre as pezas obtidas, tendo en conta a relación entre as características do produto final e as especificacións técnicas.

– CA4.1. Identificáronse e describíronse os instrumentos básicos de medida e control, e o seu funcionamento.

– CA4.2. Operouse cos instrumentos de verificación e control segundo os procedementos establecidos.

– CA4.3. Comparáronse as medicións realizadas cos requisitos expresados no plano ou nas follas de verificación.

– CA4.4. Realizouse o rexistro dos resultados nas fichas e nos documentos axeitados.

– CA4.5. Reflectíronse nos informes as incidencias observadas durante o control de materias primas, das operacións de mecanizado e das pezas mecanizadas.

– CA4.6. Realizouse o mantemento de uso dos aparellos utilizados.

– CA4.7. Operouse con rigor nos procedementos desenvolvidos.

4.5.1.2 Contidos básicos

BC1. Organización do traballo de limadura, serraxe, roscaxe, etc.

• Recepción do plan.

• Interpretación do proceso.

• Representación gráfica.

• Normalización, tolerancias e acabamentos superficiais.

• Calidade, normativas e catálogos.

• Planificación das tarefas.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais nos traballos de mecanizado.

BC2. Preparación de materiais, utensilios e ferramentas

• Coñecementos de materiais.

• Propiedades e aplicacións.

• Máquinas ferramenta manuais.

• Mantemento de primeiro nivel dos medios empregados.

• Medidas de prevención de riscos laborais aplicables.

BC3. Operacións básicas de fabricación

• Trazado plano.

• Trazado ao aire.

• Ferramentas manuais.

• Execución das operacións básicas de limadura, serraxe, roscaxe, etc.

• Técnica de aplicación dos métodos de unión.

• Normas de prevención de riscos laborais aplicables ás operacións básicas de limadura, serraxe, roscaxe, etc.

BC4. Verificación de pezas de limadura, serraxe, roscaxe, etc.

• Preparación de materiais para a verificación e o control.

• Instrumentos de medida para magnitudes lineais e angulares (calibre, goniómetro, galgas, etc.).

• Instrumentos de verificación de superficies planas e angulares.

• Procedemento de verificación e control.

• Interpretación dos resultados obtidos.

4.5.2 Unidade formativa 2: Técnicas mecánicas básicas de arranque de labra

• Código: MP3020_22.

• Duración: 90 horas.

4.5.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Organiza o seu traballo na execución de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc., interpretando a información contida nas especificacións do produto que se vaia mecanizar.

– CA1.1. Interpretouse a simboloxía normalizada aplicable en fabricación mecánica.

– CA1.2. Comprendéronse as instrucións orais e escritas recibidas para a realización do traballo.

– CA1.3. Extraeuse de follas de traballo, catálogos e outros documentos a información necesaria que permita pór en práctica o proceso de traballo.

– CA1.4. Explicáronse as operacións que cumpra realizar, de xeito que permitan a realización do proceso, axustándose ás especificacións sinaladas.

– CA1.5. Realizáronse a man alzada debuxos sinxelos que representen os produtos que haxa que obter.

– CA1.6. Tivéronse en conta as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridos na organización do traballo.

– CA1.7. Mantivéronse as zonas de traballo da súa responsabilidade en condicións de orde, limpeza e seguridade.

– CA1.8. Operouse con autonomía nas actividades propostas.

• RA2. Prepara materiais, utensilios e máquinas de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc., recoñecendo as súas características e as súas aplicacións.

– CA2.1. Realizouse o abastecemento dos materiais necesarios para o proceso de mecanizado.

– CA2.2. Comprobouse que os medios, as ferramentas e os equipamentos que se vaian utilizar estean nas condicións de uso que permitan aproveitar optimamente o seu rendemento.

– CA2.3. Seleccionáronse as ferramentas, os utensilios e as máquinas en función do tipo do material e da calidade requirida.

– CA2.4. Efectuouse o transporte de materiais e equipamentos aplicando as normas de seguridade requiridas.

– CA2.5. Realizouse o mantemento e o coidado dos medios empregados no proceso, logo de finalizado.

– CA2.6. Axustouse o abastecemento de material, ferramentas e equipamentos ao ritmo da intervención.

– CA2.7. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais requiridas.

– CA2.8. Planificáronse metodicamente as tarefas que cumpra realizar, con previsión das dificultades e o xeito de superalas.

• RA3. Realiza operacións básicas de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc., seleccionando as ferramentas e os equipamentos, conforme as técnicas de fabricación.

– CA3.1. Realizouse a preparación e a limpeza das superficies das pezas aue cumpra tradear, tornear, fresar, etc.

– CA3.2. Trazáronse e marcáronse as pezas segundo especificacións requiridas ou instrucións recibidas.

– CA3.3. Manipuláronse e colocáronse as pezas empregando as ferramentas e os utensilios apropiados.

– CA3.4. Axustáronse os parámetros de mecanizado en función do material, das características da peza e das ferramentas empregadas.

– CA3.5. Realizáronse as operacións de mecanizado na máquina axeitada, en función do material e da calidade requirida.

– CA3.6. Realizáronse as operacións de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc., seguindo as especificacións recibidas.

– CA3.7. Aplicouse a normativa de prevención de riscos laborais na execución das operacións de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc.

– CA3.8. Realizáronse os traballos con orde e limpeza.

• RA4. Manipula cargas na alimentación e descarga de máquinas e sistemas automáticos para a realización de operacións de fabricación, e describe os dispositivos e o proceso.

– CA4.1. Describíronse os procesos auxiliares de fabricación mecánica en mecanizado, soldadura, caldeiraría, etc.

– CA4.2. Analizáronse os procedementos de alimentación e descarga de sistemas automáticos de fabricación mecánica.

– CA4.3. Describíronse os procedementos de manipulación de cargas.

– CA4.4. Axustáronse os parámetros de operación segundo as instrucións recibidas.

– CA4.5. Efectuáronse operacións de carga e descarga de máquinas automáticas segundo as especificacións requiridas.

– CA4.6. Vixiouse o sistema automatizado para o seu correcto funcionamento, detendo o sistema ante calquera anomalía que poña en risco a calidade do produto.

– CA4.7. Aplicáronse os requisitos de seguridade na manipulación e no transporte de cargas.

– CA4.8. Comunicáronse as incidencias xurdidas e rexistráronse no documento apropiado.

– CA4.9. Aplicouse a normativa de prevención de riscos laborais na manipulación de máquinas e equipamentos.

– CA4.10. Amosouse unha actitude responsable e de interese pola mellora do proceso.

– CA4.11. Mantivéronse hábitos de orde e limpeza.

• RA5. Realiza operacións de verificación sobre as pezas obtidas, tendo en conta a relación entre as características do produto final e as especificacións técnicas.

– CA5.1. Identificáronse e describíronse os instrumentos básicos de medida e control, e o seu funcionamento.

– CA5.2. Operouse cos instrumentos de verificación e control segundo os procedementos establecidos.

– CA5.3. Comparáronse as medicións realizadas cos requisitos expresados no plano ou nas follas de verificación.

– CA5.4. Realizouse o rexistro dos resultados nas fichas e nos documentos apropiados.

– CA5.5. Reflectíronse nos informes as incidencias observadas durante o control de materias primas, das operacións de mecanizado e das pezas mecanizadas.

– CA5.6. Realizouse o mantemento de uso dos aparellos utilizados.

– CA5.7. Operouse con rigor nos procedementos desenvolvidos.

4.5.2.2 Contidos básicos

BC1. Organización do traballo de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc.

• Recepción do plan.

• Interpretación do proceso.

• Representación gráfica.

• Normalización, tolerancias e acabamentos superficiais.

• Calidade, normativas e catálogos.

• Planificación das tarefas.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais nos traballos de mecanizado.

BC2. Preparación de materiais, utensilios e máquinas

• Principais ferramentas auxiliares.

• Manipulación de cargas.

• Mantemento de primeiro nivel dos medios empregados.

• Medidas de prevención de riscos laborais aplicables.

BC3. Operacións básicas de fabricación

• Ferramentas auxiliares.

• Máquinas ferramenta: normas de emprego e utilización.

• Execución das operacións básicas de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc.

• Normas de prevención de riscos laborais aplicables ás operacións básicas de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc.

BC4. Manipulación de cargas na alimentación e na descarga de máquinas e sistemas automáticos

• Operacións auxiliares e de carga e descarga.

• Sistemas de alimentación e descarga de máquinas.

• Sistemas de seguridade empregados nos sistemas de carga e descarga.

• Normas de prevención de riscos laborais aplicables ás operacións de carga e descarga de materiais.

BC5. Verificación de pezas de tradeadura, torneadura, fresaxe, etc.

• Preparación de materiais para a verificación e o control.

• Instrumentos de medida para magnitudes lineais e angulares (reloxo comparador, calas, galgas, etc.).

• Instrumentos de verificación de superficies planas e angulares.

• Procedemento de verificación e control.

• Interpretación dos resultados obtidos.

4.5.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de construción e montaxe de produtos de construcións metálicas.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Preparación do posto de traballo.

– Interpretación de planos sinxelos.

– Recoñecemento de materiais e equipamentos para o mecanizado.

– Execución de operacións básicas de mecanizados por arranque de labra.

– Verificación de produtos elaborados.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a) e j) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais a) e j). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e as competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Selección de materiais e equipamentos para o mecanizado.

– Técnicas de mecanizado por arranque de labra.

– Control de procesos e de calidade dos produtos.

4.6 Módulo profesional: Soldadura e carpintaría metálica

• Código: MP3021.

• Duración: 175 horas.

4.6.1 Unidade formativa 1: Soldadura na carpintaría metálica

• Código: MP3021_12.

• Duración: 100 horas.

4.6.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Prepara os equipamentos de soldadura por arco eléctrico, oxiacetilénica, MIG-MAG e TIG, e recoñece as súas características e as súas aplicacións.

– CA1.1. Identificáronse os compoñentes dun posto de traballo de soldadura por arco eléctrico, soldadura oxiacetilénica, MIG-MAG e TIG.

– CA1.2. Describiuse o funcionamento dos compoñentes dun posto de traballo de soldadura por arco, oxiacetilénica, MIG-MAG e TIG.

– CA1.3. Reguláronse as variables de traballo (presión, caudal, corrente, intensidade e dardo da chama) segundo o traballo que cumpra realizar e o proceso que se vaia usar.

– CA1.4. Seleccionouse o material de achega en relación coas características técnicas dos elementos que haxa que unir.

– CA1.5. Seleccionáronse e montáronse os accesorios segundo as operacións que ser vaian realizar.

– CA1.6. Realizáronse as unións soldadas utilizando as técnicas normalizadas.

– CA1.7. Realizouse a limpeza, a lubricación e o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos de soldadura.

– CA1.8. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA1.9. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de preparación.

– CA1.10. Aplicáronse os equipamentos de protección individual axeitados en cada fase da preparación.

• RA2. Realiza as operacións básicas de soldadura sobre materiais férricos, tendo en conta a relación entre a técnica que se vaia utilizar e as características do produto final.

– CA2.1. Preparáronse os bordos das pezas que se vaian unir.

– CA2.2. Executáronse os procesos de soldadura e unións de acordo coas características técnicas dos produtos.

– CA2.3. Verificáronse con equipamentos ou medicións as pezas obtidas, e corrixíronse os posibles defectos.

– CA2.4. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA2.5. Aplicáronse as normas de seguridade e saúde laboral utilizando correctamente as proteccións das máquinas e os medios individuais de protección.

4.6.1.2 Contidos básicos

BC1. Preparación dos equipamentos de soldadura por arco eléctrico, oxiacetilénica, MIG-MAG e TIG

• Regulación dos parámetros, das intensidades e de caudais.

• Tipos de eléctrodos e a súa elección.

• Tipos de fíos e de varas, e a súa elección.

• Tipo de gases.

• Tipos de tungstenos.

• Presións e chama do soprete.

• Dispositivos de seguridade nos equipamentos de soldadura.

• Normas de seguridade.

• Medidas de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

BC2. Operacións básicas de soldadura

• Procedemento de soldadura oxiacetilénica.

• Procedemento de soldadura por arco eléctrico.

• Procedemento de soldadura MIG-MAG.

• Procedemento de soldadura TIG.

• Técnicas de soldadura.

• Óptimo aproveitamento dos recursos.

• Verificación de pezas.

• Medidas de prevención de riscos laborais aplicables.

4.6.2 Unidade formativa 2: Montaxe na carpintaría metálica

• Código: MP3021_22.

• Duración: 75 horas.

4.6.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Prepara materiais de carpintaría metálica férrica, en relación coas características do produto final, interpretando a documentación técnica.

– CA1.1. Identificáronse os materiais que haxa que utilizar, os perfís, as ferraxes e os medios de unión, de acordo cos elementos que se vaian construír.

– CA1.2. Seleccionáronse os materiais para empregar no proceso.

– CA1.3. Comprobáronse as características dos perfís, das ferraxes e dos medios de unión.

– CA1.4. Realizáronse esbozos, vistas e seccións sobre as pezas individuais que forman o conxunto.

– CA1.5. Describíronse as características básicas de perfís, ferraxes e medios de unión.

– CA1.6. Transmitiuse a información con claridade, de xeito ordenado e estruturado.

– CA1.7. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

– CA1.8. Mantívose unha actitude ordenada e metódica.

• RA2. Prepara as máquinas e as ferramentas de construcións metálicas, e recoñece as súas características e as súas aplicacións.

– CA2.1. Identificáronse e clasificáronse as máquinas e as ferramentas en función das súas prestacións no proceso de fabricación.

– CA2.2. Identificáronse os dispositivos das máquinas e os seus sistemas de control.

– CA2.3. Seleccionáronse e montáronse os accesorios e as ferramentas, segundo as operacións que se vaian realizar.

– CA2.4. Comprobouse o estado de funcionalidade dos accesorios e das ferramentas para executar un correcto mecanizado.

– CA2.5. Realizouse o axuste e o reaxuste dos equipamentos e das ferramentas en función da operación que haxa que executar.

– CA2.6. Realizouse a limpeza, a lubricación e o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos e das ferramentas.

– CA2.7. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais requiridas.

– CA2.8. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA2.9. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de preparación.

• RA3. Realiza as operacións básicas de mecanizado por conformación sobre materiais férricos, tendo en conta a relación entre a técnica que se vai utilizar e as características do produto final.

– CA3.1. Describíronse as fases de proceso de mecanizado en función das características de material e da técnica de mecanizado.

– CA3.2. Estableceuse unha orde de execución en función do óptimo aproveitamento dos recursos.

– CA3.3. Realizouse a recalcadura, a estirada, o aplanamento, a curvaxe e a dobra de perfís e chapas de acordo con procedementos normalizados.

– CA3.4. Alimentáronse correctamente máquinas manuais tendo en conta as propiedades dos materiais.

– CA3.5. Alimentáronse máquinas automáticas, tendo en conta o proceso que se vaia desenvolver e os parámetros da máquina.

– CA3.6. Verificáronse con equipamentos ou medicións as pezas obtidas, e corrixíronse os posibles defectos.

– CA3.7. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA3.8. Aplicáronse as normas de seguridade e saúde laboral utilizando correctamente as proteccións das máquinas e os medios individuais de protección.

• RA4. Realiza as operacións básicas de montaxe de produtos férricos, tendo en conta a relación entre as súas fases e as características do produto final.

– CA4.1. Realizouse o plano de montaxe do produto que haxa que obter.

– CA4.2. Describíronse as fases de proceso de montaxe en función das pezas que se vaian unir.

– CA4.3. Seleccionáronse os accesorios, os medios de unión e as ferramentas, en función da orde de execución.

– CA4.4. Colocáronse as pezas que se vaian montar para obter un produto de calidade.

– CA4.5. Realizáronse as unións fixas e desmontables seguindo criterios de seguridade, funcionalidade e economía.

– CA4.6. Verificáronse as características dimensionais e xeométricas dos produtos obtidos, e corrixíronse posibles defectos.

– CA4.7. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA4.8. Aplicáronse as normas de seguridade e saúde laboral utilizando correctamente as proteccións das máquinas e os medios individuais de protección.

– CA4.9. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de preparación.

• RA5. Transporta produtos de carpintaría metálica férrica, e selecciona as embalaxes e os utensilios de transporte.

– CA5.1. Seleccionáronse os produtos de embalaxe de acordo coas características do produto final.

– CA5.2. Seleccionáronse os soportes e os medios de amarre axeitados para a súa inmobilización durante o transporte.

– CA5.3. Realizouse a embalaxe dos produtos cos materiais apropiados e protexendo os puntos débiles de deterioración.

– CA5.4. Identificáronse mediante etiquetas ou outros medios especificados os produtos embalados.

– CA5.5. Manipulouse o produto embalado con seguridade e coidado ata a súa colocación no medio de transporte.

– CA5.6. Realizáronse as suxeicións cos medios axeitados e verificouse a inmobilización.

– CA5.7. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais na embalaxe e no transporte de cargas.

– CA5.8. Realizouse a descarga e a desembalaxe do produto de acordo con normas de seguridade, para evitar a súa deterioración.

– CA5.9. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de embalaxe e transporte.

4.6.2.2 Contidos básicos

BC1. Preparación de materiais de carpintaría metálica férrica

• Tipos de perfís.

• Tipos de chapas.

• Formas comerciais.

• Realización de esbozos, vistas e seccións.

• Tipos de ferraxes.

• Medios de unión.

• Cálculo da medida e do número de perfís que haxa que cortar.

• Medidas de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

BC2. Preparación de máquinas e ferramentas de construcións metálicas

• Montaxe e desmontaxe de ferramentas, utensilios e pezas.

• Máquinas de conformación.

• Dispositivos de seguridade.

• Normas de seguridade.

• Equipamentos de protección individual.

• Dispositivos de máquinas para a seguridade activa.

• Medidas de prevención de riscos laborais aplicables.

BC3. Operacións básicas de mecanizado por conformación

• Procedementos de estirada, aplanamento, curvaxe e dobra de perfís e chapas.

• Máquinas manuais.

• Técnica de mecanizado por arranque labra e conformación.

• Óptimo aproveitamento dos recursos.

• Máquinas automáticas.

• Verificación de pezas.

• Medidas de prevención de riscos laborais aplicables.

BC4. Operacións básicas de montaxe de produtos férricos

• Planos de montaxes.

• Proceso de montaxe.

• Medios de unións fixas e desmontables.

• Realización de unións fixas e desmontables.

• Verificación de produtos.

• Especificacións de prevención de riscos laborais aplicables.

BC5. Transporte de produtos de carpintaría metálica férrica

• Soportes e medios de suxeición.

• Medidas de seguridade para o transporte.

• Procedementos de inmobilización de produtos férricos.

• Procedementos de descarga e desembalaxe dos produtos.

• Normas de seguridade durante a manipulación e o transporte.

• Medidas de prevención de riscos laborais na embalaxe e no transporte de cargas aplicables.

4.6.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de construción e montaxe de produtos férricos de construcións metálicas.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Diferenciación de tipos de materiais comerciais.

– Recoñecemento de produtos e técnicas para a súa construción.

– Preparación de máquinas, equipamentos de soldadura e ferramentas.

– Construción de portas, fiestras, balcóns, bancos, andeis, moegas e depósitos.

– Técnicas de mecanizado por conformación e soldadura.

– Verificación de produtos elaborados.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais b), c) e j) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais b), c) e j). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s),t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Selección de materiais.

– Técnicas de construción de produtos.

– Control de procesos e de calidade dos produtos.

4.7 Módulo profesional: Carpintaría de aluminio e PVC

• Código: MP3022.

• Duración: 175 horas.

4.7.1 Unidade formativa 1: Elaboracións en aluminio

• Código: MP3022_12.

• Duración: 110 horas.

4.7.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Prepara materiais de aluminio, en relación coas características do produto final, interpretando a documentación técnica.

– CA1.1. Identificáronse os materiais que se vaian utilizar, os perfís, as ferraxes e os medios de unión, de acordo cos elementos que haxa que construír.

– CA1.2. Seleccionáronse os materiais para empregar no proceso.

– CA1.3. Comprobáronse as características dos perfís, das ferraxes e dos medios de unión.

– CA1.4. Realizáronse esbozos, vistas e seccións sobre as pezas individuais que forman o conxunto.

– CA1.5. Describíronse as características básicas dos perfís, das ferraxes e dos medios de unión.

– CA1.6. Transmitiuse a información con claridade, de xeito ordenado e estruturado.

– CA1.7. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

– CA1.8. Mantívose unha actitude ordenada e metódica.

• RA2. Prepara as máquinas e as ferramentas do aluminio, recoñecendo as súas características e as súas aplicacións.

– CA2.1. Identificáronse e clasificáronse as máquinas e as ferramentas en función das súas prestacións no proceso de fabricación.

– CA2.2. Identificáronse os dispositivos das máquinas e os seus sistemas de control.

– CA2.3. Seleccionáronse e montáronse os accesorios e as ferramentas, segundo as operacións que se vaian realizar.

– CA2.4. Comprobouse o estado de funcionalidade dos accesorios e das ferramentas para executar un correcto mecanizado.

– CA2.5. Realizouse o axuste e o reaxuste dos equipamentos e das ferramentas en función da operación que haxa que executar.

– CA2.6. Realizouse a limpeza, a lubricación e o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos e das ferramentas.

– CA2.7. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA2.8. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de preparación.

– CA2.9. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais requiridas.

• RA3. Realiza as operacións de mecanizado sobre materiais de aluminio, tendo en conta a relación entre a técnica que se vaia utilizar e as características do produto final.

– CA3.1. Describíronse as fases de proceso de mecanizado en función das características de material e da técnica de mecanizado.

– CA3.2. Estableceuse unha orde de execución en función do óptimo aproveitamento dos recursos.

– CA3.3. Realizouse a suxeición dos perfís de aluminio nas condicións de seguridade requiridas.

– CA3.4. Realizouse a tronza, a cuñaxe, o encaixe, a fresaxe, a tradeadura e a roscaxe de perfís e chapas de aluminio de acordo cos procedementos normalizados.

– CA3.5. Realizouse o remate das pezas mecanizadas para a súa posterior ensamblaxe.

– CA3.6. Verificáronse con equipamentos ou medicións as pezas obtidas, e corrixíronse os posibles defectos.

– CA3.7. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA3.8. Aplicáronse as normas de seguridade e saúde laboral utilizando correctamente as proteccións de máquinas e os medios individuais de protección.

• RA4. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados da montaxe de produtos de aluminio.

– CA4.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para a montaxe de produtos de aluminio.

– CA4.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito na montaxe de produtos de aluminio.

– CA4.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa montaxe de produtos de aluminio.

• RA5. Realiza as operacións de montaxe de produtos de aluminio, tendo en conta a relación entre as súas fases e as características do produto final.

– CA5.1. Describíronse as fases de proceso de ensamblaxe e montaxe en función das pezas que se vaian unir.

– CA5.2. Seleccionáronse os accesorios, os medios de unión e as ferramentas, en función da orde de execución.

– CA5.3. Realizouse a montaxe de bisagras, ferraxes e accesorios sobre os elementos mecanizados.

– CA5.4. Realizáronse as unións fixas e desmontables seguindo criterios de seguridade, funcionalidade e economía.

– CA5.5. Realizouse a ensamblaxe dos compoñentes da estrutura e comprobouse a súa rixidez e a súa funcionalidade.

– CA5.6. Verificáronse as características dimensionais e xeométricas dos produtos obtidos, e corrixíronse posibles defectos.

– CA5.7. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA5.8. Aplicáronse as normas de seguridade requiridas na montaxe de produtos de aluminio.

– CA5.9. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de preparación.

• RA6. Transporta produtos de aluminio, e selecciona as embalaxes e os utensilios de transportes.

– CA6.1. Seleccionáronse os produtos de embalaxe de acordo coas características do produto final.

– CA6.2. Seleccionáronse os soportes e os medios de amarre axeitados para a súa inmobilización durante o transporte.

– CA6.3. Realizouse a embalaxe dos produtos cos materiais apropiados e protexendo os puntos débiles de deterioración.

– CA6.4. Identificáronse mediante etiquetas ou outros medios especificados os produtos embalados.

– CA6.5. Manipulouse o produto embalado con seguridade e coidado ata a súa colocación no medio de transporte.

– CA6.6. Realizáronse as suxeicións cos medios adecuados e verificouse a inmobilización.

– CA6.7. Realizouse a descarga e a desembalaxe do produto de acordo con normas de seguridade para evitar a súa deterioración.

– CA6.8. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais na embalaxe e no transporte de cargas.

– CA6.9. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de embalaxe e transporte.

4.7.1.2 Contidos básicos

BC1. Preparación de materiais de carpintaría de aluminio

• Perfís comerciais de aluminio.

• Manexo de perfís.

• Utensilios de para a cuñaxe e o encaixe.

• Tipos de ferraxes.

• Elementos e materiais de unión.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables

BC2. Preparación de máquinas e ferramentas do aluminio

• Ferramentas empregadas.

• Montaxe e desmontaxe de ferramentas, utensilios e pezas.

• Máquinas empregadas en carpintaría de aluminio.

• Cuñaxe e formas de cuños.

• Dispositivos de seguridade.

• Medidas de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

• Equipamentos de protección individual.

• Dispositivos de máquinas para a seguridade activa.

BC3. Mecanizado de materiais de aluminio

• Procedementos de tronza, cuñaxe, encaixe, fresaxe, tradeadura e roscaxe de perfís e chapas.

• Técnicas de remate.

• Máquinas automáticas.

• Verificación de pezas.

• Medidas de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

BC4. Iniciativa emprendedora na montaxe de produtos de aluminio

• A persoa emprendedora na montaxe de produtos de aluminio.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na montaxe de produtos de aluminio.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa montaxe de produtos de aluminio.

BC5. Montaxe de produtos de aluminio

• Fases do proceso de montaxe.

• Accesorios.

• Medios de unións fixas e desmontables.

• Realización de unións fixas e desmontables.

• Normas sobre estanquidade e métodos de execución.

• Verificación e axuste dos elementos montados.

• Normas de seguridade e saúde laboral durante a montaxe.

• Utilización das proteccións nas máquinas e os medios individuais de protección.

• Mantemento da área de traballo.

• Medidas de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables na montaxe.

BC6. Transporte de produtos de carpintaría de aluminio

• Soportes e medios de suxeición.

• Procedementos de embalaxe.

• Procedementos de inmobilización.

• Procedementos de descarga e desembalaxe.

• Normas de seguridade e saúde laboral durante a manipulación e o transporte.

• Medidas de prevención de riscos laborais na embalaxe e no transporte de cargas aplicables.

4.7.2 Unidade formativa 2: Elaboracións en PVC

• Código: MP3022_22.

• Duración: 65 horas.

4.7.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Prepara materiais de PVC en relación coas características do produto final e interpretando a documentación técnica.

– CA1.1. Identificáronse os materiais que cumpra utilizar, os perfís, as ferraxes e os medios de unión, de acordo cos elementos que se vaian construír.

– CA1.2. Seleccionáronse os materiais para empregar no proceso.

– CA1.3. Comprobáronse as características dos perfís, das ferraxes e dos medios de unión.

– CA1.4. Realizáronse esbozos, vistas e seccións sobre as pezas individuais que forman o conxunto.

– CA1.5. Describíronse as características básicas dos perfís, das ferraxes e dos medios de unión.

– CA1.6. Transmitiuse a información con claridade, de xeito ordenado e estruturado.

– CA1.7. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

– CA1.8. Mantívose unha actitude ordenada e metódica.

• RA2. Prepara as máquinas e as ferramentas do PVC, e recoñece as súas características e as súas aplicacións.

– CA2.1. Identificáronse e clasificáronse as máquinas e as ferramentas en función das súas prestacións no proceso de fabricación.

– CA2.2. Identificáronse os dispositivos das máquinas e os seus sistemas de control.

– CA2.3. Seleccionáronse e montáronse os accesorios e as ferramentas, segundo as operacións que se vaian realizar.

– CA2.4. Comprobouse o estado de funcionalidade dos accesorios e das ferramentas para executar un correcto mecanizado.

– CA2.5. Realizouse o axuste e o reaxuste dos equipamentos e das ferramentas en función da operación que haxa que executar.

– CA2.6. Realizouse a limpeza, a lubricación e o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos e das ferramentas.

– CA2.7. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA2.8. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de preparación.

– CA2.9. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais requiridas.

• RA3. Realiza as operacións de mecanizado sobre materiais de PVC, tendo en conta a relación entre a técnica que se vaia utilizar e as características do produto final.

– CA3.1. Describíronse as fases de proceso de mecanizado en función das características do material e da técnica de mecanizado.

– CA3.2. Estableceuse unha orde de execución en función do óptimo aproveitamento dos recursos.

– CA3.3. Realizouse a suxeición de PVC nas condicións de seguridade requiridas.

– CA3.4. Realizouse a tronza, o encaixe, a fresaxe, a tradeadura e a roscaxe de perfís e chapas de PVC de acordo cos procedementos normalizados.

– CA3.5. Realizouse o remate das pezas mecanizadas para a súa posterior ensamblaxe.

– CA3.6. Verificáronse con equipamentos ou medicións as pezas obtidas, e corrixíronse os posibles defectos.

– CA3.7. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA3.8. Aplicáronse as normas de seguridade e saúde laboral utilizando correctamente as proteccións de máquinas e os medios individuais de protección.

• RA4. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados da montaxe de produtos de PVC.

– CA4.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para a montaxe de produtos de PVC.

– CA4.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito na montaxe de produtos de PVC.

– CA4.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa montaxe de produtos de PVC.

• RA5. Realiza as operacións de montaxe de produtos de PVC, tendo en conta a relación entre as súas fases e as características do produto final.

– CA5.1. Describíronse as fases de proceso de ensamblaxe e montaxe en función das pezas que se vaian unir.

– CA5.2. Seleccionáronse os accesorios, os medios de unión e as ferramentas, en función da orde de execución.

– CA5.3. Realizouse a montaxe de bisagras, ferraxes e accesorios sobre os elementos mecanizados.

– CA5.4. Realizáronse as unións fixas e desmontables seguindo criterios de seguridade, funcionalidade e economía.

– CA5.5. Realizouse a ensamblaxe dos compoñentes da estrutura e comprobouse a súa rixidez e a súa funcionalidade.

– CA5.6. Verificáronse as características dimensionais e xeométricas dos produtos obtidos e corrixíronse posibles defectos.

– CA5.7. Mantívose a área de traballo co grao axeitado de orde e limpeza.

– CA5.8. Aplicáronse as normas de seguridade requiridas na montaxe PVC.

– CA5.9. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de preparación.

• RA6. Transporta produtos de PVC, e selecciona as embalaxes e os utensilios de transporte.

– CA6.1. Seleccionáronse os produtos de embalaxe de acordo coas características do produto final.

– CA6.2. Seleccionáronse os soportes e os medios de amarre axeitados para a súa inmobilización durante o transporte.

– CA6.3. Realizouse a embalaxe dos produtos cos materiais axeitados e protexendo os puntos débiles de deterioración.

– CA6.4. Identificáronse mediante etiquetas ou outros medios especificados os produtos embalados.

– CA6.5. Manipulouse o produto embalado con seguridade e coidado, ata a súa situación no medio de transporte.

– CA6.6. Realizáronse as suxeicións cos medios adecuados e verificouse a inmobilización.

– CA6.7. Realizouse a descarga e a desembalaxe do produto, de acordo con normas de seguridade, para evitar a súa deterioración.

– CA6.8. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais na embalaxe e no transporte de cargas.

– CA6.9. Mantívose unha actitude metódica e ordenada no proceso de embalaxe e transporte.

4.7.2.2 Contidos básicos

BC1. Preparación de materiais de carpintaría de PVC

• Perfís comerciais de PVC.

• Manexo de perfís.

• Utensilios de encaixe.

• Tipos de ferraxes.

• Elementos e materiais de unión.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables

BC2. Preparación de máquinas e ferramentas do PVC

• Ferramentas empregadas.

• Montaxe e desmontaxe de ferramentas, utensilios e pezas.

• Máquinas empregadas en PVC.

• Dispositivos de seguridade.

• Medidas de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

• Equipamentos de protección individual.

• Dispositivos de máquinas para a seguridade activa.

BC3. Mecanizado de materiais de PVC

• Procedementos de tronza, encaixe, fresaxe, tradeadura e roscaxe de perfís e chapas.

• Técnicas de remate.

• Máquinas automáticas.

• Verificación de pezas.

• Medidas de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

BC4. Iniciativa emprendedora na montaxe de produtos de PVC

• A persoa emprendedora na montaxe de produtos de PVC.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na montaxe de produtos de PVC.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa montaxe de produtos de PVC.

BC5. Montaxe de produtos de PVC

• Fases do proceso de montaxe.

• Accesorios.

• Medios de unións fixas e desmontables.

• Realización de unións fixas e desmontables.

• Normas sobre estanquidade e métodos de execución.

• Verificación e axuste dos elementos montados.

• Normas de seguridade e saúde laboral durante a montaxe.

• Utilización das proteccións nas máquinas e os medios individuais de protección.

• Mantemento da área de traballo.

• Medidas de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables na montaxe.

BC6. Transporte de produtos de PVC

• Soportes e medios de suxeición.

• Procedementos de embalaxe.

• Procedementos de inmobilización.

• Procedementos de descarga e desembalaxe.

• Normas de seguridade e saúde laboral durante a manipulación e o transporte.

• Medidas de prevención de riscos laborais na embalaxe e no transporte de cargas aplicables.

4.7.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de construción e montaxe de produtos férricos de construcións metálicas.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Diferenciación dos tipos de materiais comerciais.

– Preparación de máquinas, equipamentos de soldadura e ferramentas.

– Recoñecemento de produtos e técnicas para a súa construción.

– Construción de portas, fiestras, biombos e pechamentos.

– Técnicas de mecanizado por arranque de labra.

– Verificación de produtos elaborados.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a), b), c) e j) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais a), b), c) e j). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y) e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Selección de materiais.

– Técnicas de construción de produtos.

– Control de procesos e de calidade dos produtos.

4.8 Módulo profesional: Redes de evacuación

• Código: MP3023.

• Duración: 157 horas.

4.8.1 Unidade formativa 1: Implantación de redes de evacuación

• Código: MP3023_12.

• Duración: 57 horas

4.8.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Acondiciona a zona de traballo, describe as operacións que cumpra realizar e identifica equipamentos e materiais.

– CA1.1. Interpretouse a documentación gráfica.

– CA1.2. Recoñecéronse os elementos que haxa que instalar.

– CA1.3. Extraeuse a información salientable para levar a cabo a preparación da zona de traballo.

– CA1.4. Identificáronse as operacións que se vaian realizar.

– CA1.5. Limpouse o contorno das zonas en que se vaian realizar os traballos.

– CA1.6. Aprovisionáronse os materiais, os equipamentos e as ferramentas.

– CA1.7. Realizáronse operacións de apertura de rozas.

– CA1.8. Clasificáronse os residuos de apertura de rozas.

– CA1.9. Abríronse e compactáronse gabias no terreo.

– CA1.10. Mantivéronse as zonas de traballo da súa responsabilidade en condicións de orde, limpeza e seguridade.

– CA1.11. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

– CA1.12. Operouse con autonomía nas actividades propostas.

4.8.1.2 Contidos básicos

BC1. Acondicionamento da zona de traballo e aprovisionamento de materiais

• Sistemas de unidades. Medida de magnitudes. Lonxitudes, superficies e volumes, presións e temperaturas.

• Representación gráfica (manual) de instalacións de redes de evacuación. Interpretación de escalas.

• Manexo de equipamentos de medida.

• Identificación de compoñentes.

• Manexo de ferramentas portátiles.

• Técnicas de marcaxe de caixas e rozas.

• Técnicas de clasificación dos residuos.

• Técnicas de evacuación de residuos.

• Marcaxe de elementos.

• Orde de desmontaxe e montaxe de elementos.

• Condicións de seguridade.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

4.8.2 Unidade formativa 2: Montaxe e mantemento de redes de evacuación de auga

• Código: MP3023_22.

• Duración: 100 horas

4.8.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Monta redes xerais de evacuación de auga, tendo en conta a función que realiza cada compoñente.

– CA1.1. Describiuse a función de cada elemento no conxunto da instalación.

– CA1.2. Identificouse o sistema de montaxe (vertical, horizontal, pendentes, conexións, etc.).

– CA1.3. Fíxose a implantación da instalación.

– CA1.4. Realizouse a montaxe da estrutura necesaria (estada, traballo vertical e suxeiccións) para a instalación de evacuación de auga.

– CA1.5. Montáronse os elementos (pechamentos hidráulicos, baixantes, colectores pendurados, elementos de conexión, etc.) dunha rede xeral de evacuación dun edificio ou dunha vivenda tipo.

– CA1.6. Montáronse os elementos (pechamentos hidráulicos, baixantes, colectores pendurados, elementos de conexión, fosa séptica, etc.) dunha vivenda unifamiliar.

– CA1.7. Preparouse o morteiro necesario para a suxeición das conducións tendo en conta a ausencia de vibracións e o illamento acústico.

– CA1.8. Conectáronse os elementos da instalación.

– CA1.9. Realizáronse probas de funcionamento.

– CA1.10. Colaborouse cos/coas compañeiros/as para a realización dos traballos.

– CA1.11. Aplicáronse as medidas requiridas pola lexislación de tratamento de augas.

– CA1.12. Retirouse o material sobrante e clasificouse para o seu aproveitamento ou a súa reciclaxe.

• RA2. Monta redes de evacuación de augas pluviais, tendo en conta función que realiza cada compoñente.

– CA2.1. Describiuse a función de cada elemento no conxunto da instalación e o seu sistema de montaxe (vertical, horizontal, pendentes, conexións, etc.).

– CA2.2. Identificouse o sistema de montaxe (vertical, horizontal, pendentes, conexións, etc.).

– CA2.3. Fíxose a implantación da instalación.

– CA2.4. Montáronse as conducións dunha rede de evacuación de augas pluviais de evacuación dun edificio ou dunha vivenda tipo (canlóns, baixantes, colectores pendurados ou soterrados, elementos de conexión, etc.).

– CA2.5. Aplicáronse técnicas de ancoraxe e suxeición, e as normas de seguridade establecidas.

– CA2.6. Realizáronse operacións de conexión dos elementos da rede de evacuación á rede xeral (colectores, arquetas, pozos, etc.).

– CA2.7. Realizáronse probas de funcionamento.

– CA2.8. Colaborouse cos/coas compañeiros/as para a realización dos traballos.

– CA2.9. Retirouse o material sobrante e clasificouse para o seu aproveitamento ou a súa reciclaxe.

– CA2.10. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

• RA3. Monta redes de evacuación de augas residuais, tendo en conta función que realiza cada compoñente.

– CA3.1. Describiuse a función de cada elemento no conxunto dunha instalación de evacuación de augas residuais.

– CA3.2. Identificouse o sistema de montaxe (vertical, horizontal, pendentes, conexións, etc.).

– CA3.3. Fíxose a implantación da instalación.

– CA3.4. Uníronse e tendéronse as tubaxes de evacuación de augas residuais presentándoas desde cada equipamento sanitario ao colector ou á baixante correspondente, seguindo as instrucións correspondentes.

– CA3.5. Uniuse cada condución da rede de evacuación de augas residuais dun cuarto de baño a cada equipamento sanitario ou elemento terminal.

– CA3.6. Insonorizáronse as tubaxes de evacuación.

– CA3.7. Conectouse a rede de evacuación de augas residuais aos elementos (colectores, arquetas, pozos, etc.) da rede xeral de evacuación do edificio, seguindo a normativa correspondente.

– CA3.8. Realizáronse probas de funcionamento.

– CA3.9. Colaborouse cos/coas compañeiros/as para a realización dos traballos.

– CA3.10. Retirouse o material sobrante e clasificouse para o seu aproveitamento ou a súa reciclaxe.

– CA3.11. Aplicáronse as medidas requiridas pola lexislación de tratamento de augas.

• RA4. Mantén redes de evacuación de augas, e asocia as disfuncións coa súa posible causa.

– CA4.1. Describíronse as posibles disfuncións que poden presentar as redes xerais de evacuación, as redes de augas pluviais e as redes de augas residuais.

– CA4.2. Relacionáronse as disfuncións das redes coas operacións de mantemento.

– CA4.3. Seleccionáronse equipamentos, ferramentas e utensilios necesarios para as operacións de mantemento.

– CA4.4. Realizáronse operacións de reparación e mantemento de instalacións das redes conforme a normativa.

– CA4.5. Realizáronse probas de funcionamento.

– CA4.6. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

– CA4.7. Aplicáronse as medidas requiridas pola lexislación de tratamento de augas.

– CA4.8. Retirouse o material sobrante e clasificouse para o seu aproveitamento ou a súa reciclaxe.

4.8.2.2 Contidos básicos

BC1. Montaxe de redes xerais de evacuación de augas

• Tipoloxía das instalacións de evacuación de augas.

• Características dos materiais das tubaxes.

• Configuracións dos sistemas de evacuación.

• Elementos que compoñen as instalacións.

• Técnicas de montaxe e unión de tubaxes plásticas, de gres e de fundición.

• Especificacións de prevención de riscos laborais na montaxe.

• Lexislación sobre tratamento de augas.

BC2. Montaxe de redes de evacuación de augas pluviais

• Tipoloxía das instalacións de evacuación de augas pluviais.

• Características dos materiais das tubaxes.

• Configuracións dos sistemas de evacuación.

• Elementos que compoñen as instalacións.

• Técnicas de montaxe e unión de canlóns e tubaxes.

• Sistemas de suxeición.

• Probas de estanquidade.

• Instalacións de recuperación da auga de chuvia.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

BC3. Montaxe de redes de evacuación de augas residuais

• Tipoloxía das instalacións de evacuación de augas residuais.

• Características dos materiais das tubaxes.

• Configuracións dos sistemas de evacuación.

• Elementos que compoñen as instalacións.

• Técnicas de montaxe e unión.

• Probas de estanquidade.

• Lexislación sobre tratamento de augas.

BC4. Mantemento de redes de evacuación

• Comprobacións periódicas de estanquidade.

• Revisión de sifóns e válvulas.

• Diminución de caudais.

• Eliminación de atascos.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

• Lexislación sobre tratamento de augas.

4.8.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de montaxe e mantemento de redes de evacuación de augas.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Acondicionamento da zona de traballo.

– Montaxe de redes xerais de evacuación de auga.

– Montaxe de redes de evacuación de augas pluviais.

– Monta de redes de evacuación de augas residuais.

– Conservación de redes de evacuación de augas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais d), e), g) e j) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais d), e) e j). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Selección de materiais e equipamentos para a execución de instalacións de evacuación de augas.

– Técnicas de unión e montaxe de instalacións de evacuación de augas.

– Procedementos para o mantemento e a conservación de redes de evacuación de augas.

Suxírese comezar polo estudo do sistema de unidades e continuar coa representación gráfica de redes de evacuación e as súas escalas. A continuación recoméndase seguir coa implantación da instalación e, por último, coa montaxe da instalación.

4.9 Módulo profesional: Fontanaría e calefacción básica

• Código: MP3024.

• Duración: 157 horas.

4.9.1 Unidade formativa 1: Operacións básicas de instalación en fontanaría

• Código: MP3024_13.

• Duración: 75 horas.

4.9.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Elabora orzamentos, identificando o custo dos materiais e dos recursos, para unha instalación tipo nunha vivenda ou nun edificio.

– CA1.1. Relacionáronse os elementos da instalación coa documentación gráfica.

– CA1.2. Estimouse o tempo necesario para executar as instalacións.

– CA1.3. Determináronse os equipamentos de traballo necesarios para realizar as instalacións.

– CA1.4. Comparáronse equipamentos e elementos de diversos subministradores mediante catálogos físicos ou virtuais.

– CA1.5. Identificouse o material para empregar nas tubaxes e o sistema de instalación máis adecuado.

– CA1.6. Valorouse o importe dos materiais que se vaian instalar.

– CA1.7. Valorouse o custo da desmontaxe de instalacións existentes.

– CA1.8. Confeccionouse o orzamento utilizando medios informáticos.

– CA1.9. Tivéronse en consideración os requisitos das especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

• RA2. Prepara as zonas de traballo identificando as operacións que se vaian realizar, os equipamentos e os materiais no taller de instalacións.

– CA2.1. Localizouse o lugar concreto onde se instala cada equipamento ou tubaxe.

– CA2.2. Marcouse nos paramentos o trazado das conducións.

– CA2.3. Realizáronse operacións de albanelaría básica nas zonas de traballo.

– CA2.4. Realizáronse as tradeaduras necesarias para os elementos de fixación das suxeicións das tubaxes.

– CA2.5. Realizáronse as rozas para o encaixe de tubaxes.

– CA2.6. Realizouse a recollida selectiva de residuos.

– CA2.7. Acondicionáronse as superficies.

– CA2.8. Realizáronse os traballos con orde e limpeza.

– CA2.9. Aprovisionáronse os restos de materiais para a súa posterior retirada.

– CA2.10. Utilizáronse os elementos de protección necesarios.

– CA2.11. Tivéronse en conta as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

• RA3. Monta redes de subministración de auga a edificios, tendo en conta a función de cada compoñente da instalación no taller de instalacións.

– CA3.1. Identificouse o percorrido das tubaxes de subministración de auga.

– CA3.2. Seleccionouse o tipo de tubaxe máis adecuado para cada instalación (cobre, polipropileno, polibutileno, polietileno reticulado ou multicapa), así como os seus accesorios.

– CA3.3. Seleccionouse o illante máis adecuado a cada tipo de tubaxe segundo a normativa vixente.

– CA3.4. Seleccionouse o sistema de unión das tubaxes (embutidas, soldadas, pegadas, etc.).

– CA3.5. Seleccionouse o sistema de protección mecánica para as tubaxes (tubo corrugado, etc.).

– CA3.6. Aprovisionáronse os materiais e os elementos necesarios para realizar a pasta para tapar as tubaxes.

– CA3.7. Montáronse os elementos de suxeición das tubaxes.

– CA3.8. Montáronse as tubaxes aos elementos de suxeición ou encaixáronse nas rozas realizadas.

– CA3.9. Uníronse as tubaxes utilizando o sistema que corresponda a cada material.

– CA3.10. Realizáronse as operacións de albanelaría necesarias para finalizar o encaixe das tubaxes.

– CA3.11. Realizáronse as probas que indica a normativa sobre as instalacións interiores e as instalacións de AQS.

– CA3.12. Mantívose limpa e ordenada a zona de traballo.

– CA3.13. Utilizáronse os elementos de protección adecuados aos traballos.

– CA3.14. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais requiridas.

• RA4. Monta aparellos sanitarios, identificando a secuencia de operacións de montaxe e posta en marcha segundo a instalación proposta, para a montaxe no taller de instalacións.

– CA4.1. Relacionouse a documentación técnica cos elementos que haxa que instalar (lavabos, inodoros, pratos de ducha, bañeiras, vertedoiros, lavapratos, cabinas de hidromasaxe ou saunas).

– CA4.2. Describíronse as principais características dos aparellos sanitarios (caudal, diámetro das conexións, etc.).

– CA4.3. Aprovisionáronse as ferramentas e os materiais necesarios para realizar a montaxe dos aparellos.

– CA4.4. Presentáronse os aparellos no lugar que ocuparán na instalación.

– CA4.5. Montáronse os soportes e as fixacións dos aparellos.

– CA4.6. Montáronse e conectáronse os aparellos sanitarios ás tubaxes correspondentes (abastecementos, desaugadoiros, sifóns e filtros).

– CA4.7. Montáronse e reguláronse as billas de cada aparello sanitario (cisternas fluxores, billas e economizadores).

– CA4.8. Realizáronse as probas de estanquidade sobre as instalacións conforme a normativa.

– CA4.9. Montáronse e conectáronse termos eléctricos, termos con bomba de calor, quentadores de gas e eléctricos para produción de AQS, conforme a normativa.

– CA4.10. Aplicáronse criterios de seguridade no transporte e na manipulación das cargas.

– CA4.11. Colaborouse cos/coas compañeiros/as na montaxe dos equipamentos.

• RA5. Realiza instalacións de rega automática distribuíndo os elementos e aplicando técnicas básicas de montaxe no taller de instalacións.

– CA5.1. Configurouse a instalación en función da área de rega.

– CA5.2. Seleccionáronse os elementos necesarios para acometer a instalación de rega (tubaxes, aspersores, programadores e bombas).

– CA5.3. Aprovisionáronse os materiais, as ferramentas e os equipamentos.

– CA5.4. Realizáronse as gabias na parcela obxecto da instalación.

– CA5.5. Tendéronse e conectáronse as tubaxes segundo as instrucións de montaxe.

– CA5.6. Cubríronse as gabias e deixouse o terreo nivelado.

– CA5.7. Realizáronse probas de estanquidade e alcance da instalación.

– CA5.8. Aprovisionouse o material sobrante para o seu posterior aproveitamento ou a reciclaxe.

– CA5.9. Utilizáronse as medidas de seguridade requiridas para realizar as instalacións.

– CA5.10. Aplicáronse as medidas ambientais requiridas.

4.9.1.2 Contidos básicos

BC1. Elaboración de orzamentos

• Medicións.

• Estimación do custo dos materiais.

• Estimación de tempos de traballo.

• Aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación na elaboración de orzamentos.

• Requisitos da aplicación das especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables

BC2. Montaxe de redes de subministración de auga

• Sistemas de instalación.

• Execución de redes de tubaxes.

• Proteccións: térmicas, contra esforzos mecánicos e contra ruídos.

• Características dos materiais das tubaxes.

• Rede de auga fría.

• Instalación de auga quente sanitaria.

• Elementos que compoñen a rede de auga fría.

• Sistemas de tratamento de auga.

• Instalacións de auga quente sanitaria: termos eléctricos, quentadores de gas, termos con bomba de calor e quentadores eléctricos.

• Protección contra retornos.

• Técnicas de montaxe e unión de tubaxes plásticas, de gres e de fundición (cobre, polipropileno, polibutileno, polietileno reticulado e multicapa): pegadas, embutidas, soldadas, etc.

• Medidas de prevención de riscos laborais aplicables.

BC3. Acondicionamento da zona de traballo

• Sistemas de unidades. Medida de magnitudes. Lonxitudes, superficies, volumes e presión.

• Manexo de equipamentos de medida.

• Interpretación de planos.

• Manexo de ferramentas portátiles.

• Técnicas de marcaxe de ocos e rozas.

• Técnicas de clasificación dos residuos.

• Técnicas de evacuación de residuos.

• Marcaxe de elementos.

• Orde de desmontaxe e montaxe de elementos.

• Condicións de seguridade.

BC4. Montaxe de aparellos sanitarios

• Interpretación de planos e documentación técnica.

• Aparellos sanitarios (lavabos, inodoros, pratos de ducha, bañeiras, vertedoiros e lavapratos): tipoloxía.

• Técnicas de montaxe de aparellos sanitarios.

• Billas (fluxores, billas, filtros e economizadores): tipos; regulación.

• Medidas de seguridade aplicables.

BC5. Realización de instalacións de rega automática

• Instalacións de rega automática.

• Tipos de aspersores.

• Configuración de instalacións de rega automática.

• Elementos constituíntes dunha instalación de rega.

• Características dos materiais das tubaxes.

• Técnicas de montaxe e unión de tubaxes plásticas.

• Especificacións ambientais aplicables.

4.9.2 Unidade formativa 2: Operacións básicas de instalación en calefacción

• Código: MP3024_23.

• Duración: 52 horas.

4.9.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Monta instalacións de calefacción, e identifica os elementos e a súa función na instalación.

– CA1.1. Compilouse a documentación técnica salientable a modo de traballo sobre unha instalación tipo de calefacción nunha vivenda ou nun edificio tipo.

– CA1.2. Interpretouse a documentación gráfica (planos e esquemas) dos elementos implicados na instalación e o sistema de instalación (monotubo, bitubo, chan radiante, etc.).

– CA1.3. Aprovisionáronse as ferramentas (cortatubos para distintas tubaxes, chaves fixas, alicates, pico de loro, desaparafusadores, lámpadas de gas, soldadura branda, equipamento de soldadura por termofusión para polipropileno, equipamento de presión para multicapa, polietileno) e os equipamentos necesarios (tubaxes, radiadores, unitermos, fancoils, válvulas, caldeiras, bombas de calor aerotérmicas e xeotérmicas, e bombas recirculadoras).

– CA1.4. Describiuse a función de cada elemento (radiadores, chan radiante, unitermos, fancoils e xeradores de calor), así como os seus elementos de control (termóstatos e válvulas), para instalar no conxunto da instalación tipo proposta para montar no taller de instalacións.

– CA1.5. Fixáronse aos paramentos os elementos de suxeición dos equipamentos e das tubaxes que se vaian instalar.

– CA1.6. Uníronse e tendéronse as tubaxes do sistema de emisión (radiadores, aerotermos ou chan radiante).

– CA1.7. Conectáronse os elementos terminais ao equipamento de produción de calor.

– CA1.8. Realizouse a conexión eléctrica para o funcionamento da instalación (caldeiras, termóstatos e válvulas de zona).

– CA1.9. Realizáronse as probas de presión conforme a normativa.

– CA1.10. Aprovisionouse o material sobrante para o seu posterior aproveitamento ou a súa reciclaxe.

– CA1.11. Utilizáronse as medidas de seguridade requiridas para realizar as instalacións.

– CA1.12. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

4.9.2.2 Contidos básicos

BC1. Montaxe de instalacións de calefacción

• Conceptos básicos de electricidade aplicada ao control dunha instalación de calefacción formada por unha caldeira, unha bomba recircualdora para calefacción, dous termóstatos de zona e un termóstato de AQS.

• Sistemas de instalación: esquemas hidráulicos e eléctricos de instalacións tipo en calefacción.

• Execución de redes de tubaxes para instalacións de calefacción. Técnicas de montaxe e unión de tubaxes plásticas e metálicas.

• Características dos materiais das tubaxes.

• Elementos que compoñen a instalación de calefacción.

• Probas: de estanquidade e de resistencia mecánica.

• Axuste e equilibraxe en circuítos de auga para calefacción.

• Especificacións de prevención de riscos laborais aplicables.

4.9.3 Unidade formativa 3: Operacións básicas de mantemento en instalacións de fontanaría e calefacción

• Código: MP3024_33.

• Duración: 30 horas.

4.9.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Mantén instalacións de redes de subministración de auga e calefacción identificando as operacións que se vaian realizar, tendo en conta a relación entre as disfuncións e as súas posibles solucións.

– CA1.1. Aplicouse a normativa específica para cada tipo de instalación.

– CA1.2. Preparouse o material e os equipamentos necesarios.

– CA1.3. Preparáronse os equipamentos de prevención de riscos necesarios.

– CA1.4. Realizouse o baleiramento das instalacións.

– CA1.5. Laváronse as instalacións despois do seu baleiramento.

– CA1.6. Realizouse a enchedura das instalacións.

– CA1.7. Realizouse o mantemento das instalacións seguindo criterios hixiénico-sanitarios.

– CA1.8. Realizáronse probas de funcionamento.

– CA1.9. Aplicáronse técnicas de aforro de auga e de eficiencia enerxética.

– CA1.10. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

4.9.3.2 Contidos básicos

BC1. Mantemento de redes de subministración de auga e calefacción

• Medidas para tomar ante interrupción do servizo.

• Nova posta en servizo.

• Avarías e reparación.

• Instalacións de calefacción.

• Programa de mantemento.

• Revisión e limpeza de filtros.

• Revisión de bombas.

• Revisión do estado do illamento térmico.

• Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

4.9.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de montaxe de instalacións de fontanaría e calefacción básica.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Elaboración de orzamentos.

– Preparación das zonas de traballo.

– Montaxe de redes de subministración de auga.

– Montaxe de instalacións de rega automática.

– Montaxe de instalacións de calefacción básica.

– Montaxe de aparellos sanitarios.

– Mantemento de instalacións de subministración de auga e calefacción.

– Aplicación das especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais f), g) e j) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais a), f), g), e j). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Selección de materiais e equipamentos para a execución de instalacións de subministración de auga e calefacción.

– Técnicas de unión e montaxe de tubaxes e equipamentos de instalacións de auga e calefacción.

– Procedementos para o mantemento e a conservación de instalacións de fontanaría e calefacción.

Suxírese empezar seguindo a orde establecida nas unidades formativas realizando en cada unha o orzamento sobre un plano dado, a desagregación de material e as ordes de pedido. A continuación pásase ao taller de instalacións a realizar as implantacións, a montaxe, as probas correspondentes e a posta en marcha. Logo de realizadas as dúas primeiras unidades formativas, procederase a realizar a terceira unidade formativa.

4.10 Módulo profesional: Montaxe de equipamentos de climatización

• Código: MP3025.

• Duración: 97 horas.

4.10.1 Unidade formativa 1: Operacións básicas en instalacións de ventilación

• Código: MP3025_12.

• Duración: 49 horas.

4.10.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Instala equipamentos de ventilación e conducións de aire, e describe o seu funcionamento e a secuencia de operacións.

– CA1.1. Compilouse a documentación técnica salientable e, sobre o plano dunha instalación de ventilación unha vivenda ou edificio tipo, elaborouse un orzamento e unha folla de pedido de material para a súa posterior montaxe no taller de instalacións.

– CA1.2. Identificáronse elementos, dimensións e características dos condutos que se vaian instalar.

– CA1.3. Relacionouse o trazado da instalación coas perdas de carga.

– CA1.4. Recoñecéronse as principais características dos equipamentos de ventilación.

– CA1.5. Construíronse os condutos dunha rede de distribución de aire (en chapa, fibra de vidro ou PVC).

– CA1.6. Realizáronse operacións de montaxe de condutos e elementos.

– CA1.7. Realizáronse probas de funcionamento da instalación de ventilación.

– CA1.8. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais requiridas.

– CA1.9. Colaborouse cos/coas compañeiros/as na montaxe das instalacións.

– CA1.10. Recolleuse a zona de traballo e aprovisionáronse os materiais sobrantes para a súa reutilización ou a súa reciclaxe.

• RA2. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados da montaxe de instalacións de ventilación.

– CA2.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para a montaxe de instalacións de ventilación.

– CA2.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito na montaxe de instalacións de ventilación.

– CA2.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa montaxe de instalacións de ventilación.

• RA3. Monta soportes para unidades exteriores identificando e aplicando as normas de seguridade.

– CA3.1. Interpretouse a documentación gráfica e recoñecéronse os elementos que haxa que instalar.

– CA3.2. Seleccionáronse os elementos de suxeición que hai que utilizar para a montaxe de unidades exteriores.

– CA3.3. Avaliouse o risco asociado ás operacións de montaxe que se vaian realizar.

– CA3.4. Seleccionáronse os equipamentos de protección necesarios para realizar a montaxe.

– CA3.5. Montáronse os elementos de seguridade necesarios para este tipo de instalación.

– CA3.6. Montáronse os soportes de suxeición das unidades exteriores.

– CA3.7. Comprobouse a fiabilidade da montaxe das suxeicións.

– CA3.8. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais requiridas nas operacións de montaxe.

– CA3.9. Colaborouse cos/coas compañeiros/as na montaxe das suxeicións.

4.10.1.2 Contidos básicos

BC1. Instalación de equipamentos de ventilación e condutos de aire

• Interpretación de documentación técnica (perdas de carga, velocidades, diámetros de condutos, reixas, difusores, etc.).

• Ventiladores: tipos e características.

• Reixas e difusores: tipos e características.

• Técnicas de montaxe de ventiladores.

• Construción de condutos (en chapa ou fibra de vidro).

• Ferramentas para a construción de condutos (cortadoras de chapa, encartadoras e ferramentas manuais para fibra de vidro).

• Montaxe de condutos (sistemas para suxeitar e colgar).

• Aplicación das especificacións de prevención de riscos laborais requiridas.

BC2. Iniciativa emprendedora na montaxe de instalacións de ventilación

• A persoa emprendedora na montaxe de instalacións de ventilación.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na montaxe de instalacións de ventilación.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa montaxe de instalacións de ventilación.

BC3. Técnicas de seguridade na montaxe de instalacións en altura

• Riscos derivados da montaxe de instalacións de climatización.

• Estadas: tipoloxía; montaxe e utilización.

• Liña de vida: montaxe e utilización.

• Equipamentos de protección.

• Aplicación das especificacións de prevención de riscos laborais requiridas na montaxe.

4.10.2 Unidade formativa 2: Operacións básicas para a instalación de equipamentos de climatización

• Código: MP3025_22.

• Duración: 48 horas

4.10.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Prepara as zonas de traballo identificando as operacións que se vaian realizar, os equipamentos e os materiais no taller de instalacións.

– CA1.1. Recoñecéronse os elementos que haxa que instalar.

– CA1.2. Interpretouse a documentación gráfica (debuxos e esbozos), identificando os elementos implicados nas instalacións de fontanaría.

– CA1.3. Identificouse o lugar de montaxe de cada equipamento.

– CA1.4. Identificouse o trazado dunha rede de condutos e as dimensións de cada tramo.

– CA1.5. Preparáronse os materiais e os equipamentos necesarios para realizar as instalacións.

– CA1.6. Realizáronse as tradeaduras necesarias para a ancoraxe dos elementos de suxeición dos equipamentos ou condutos.

– CA1.7. Montáronse os equipamentos de protección necesarios para os riscos que implica a montaxe (estadas, liña de vida, etc.).

– CA1.8. Mantívose limpa e ordenada a zona de traballo.

– CA1.9. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

– CA1.10. Utilizáronse os equipamentos de protección necesarios para realizar os traballos con seguridade.

• RA2. Prepara os materiais e os equipamentos necesarios para a montaxe das instalacións.

– CA2.1. Montáronse as unidades interiores e exteriores de equipamentos de climatización doméstica (bombas de calor aire-aire, aire-auga e auga-auga).

– CA2.2. Montáronse as tubaxes de refrixerante e conectáronse aos equipamentos.

– CA2.3. Realizouse a instalación eléctrica e de control para o correcto funcionamento dos equipamentos.

– CA2.4. Montáronse dispositivos para a evacuación de condensados.

– CA2.5. Conectáronse os desaugadoiros dos equipamentos de climatización doméstica á rede de evacuación.

– CA2.6. Colaborouse cos/coas compañeiros/as na montaxe e posta en marcha das instalacións.

– CA2.7. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

– CA2.8. Recolleuse a zona de traballo.

– CA2.9. Seleccionáronse os materiais sobrantes para a súa reutilización ou a súa reciclaxe.

• RA3. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados da montaxe de equipamentos de climatización.

– CA3.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para a montaxe de equipamentos de climatización.

– CA3.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito na montaxe de equipamentos de climatización.

– CA3.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa montaxe de equipamentos de climatización.

• RA4. Monta equipamentos domésticos de climatización, e describe o seu funcionamento e a secuencia de operacións.

– CA4.1. Documentouse a interpretación das instalacións.

– CA4.2. Identificouse a función de cada elemento no conxunto da instalación.

– CA4.3. Seleccionouse o sistema de montaxe de cada equipamento e tubaxe.

– CA4.4. Seleccionouse a canalización eléctrica e os condutores para a montaxe dos equipamentos de climatización.

4.10.2.2 Contidos básicos

BC1. Acondicionamento de zonas de traballo para instalacións de ventilación e climatización doméstica

• Sistemas de unidades. Medida de magnitudes. Lonxitudes, superficies, volumes, presión e temperatura.

• Conceptos básicos de electricidade aplicada ao control dunha instalación de climatización formada por unha bomba de calor aire-aire, aire-auga e auga-auga, así como os elementos necesarios para o seu correcto funcionamento (termóstatos, radiadores, fancoils, cabezais electrotérmicos e chan radiante, segundo proceda co equipamento instalado).

• Manexo de equipamentos de medida (termómetros, manómetros e flexómetro).

• Esquemas de instalacións. Sobre o esquema dunha instalación tipo dunha vivenda ou dun edificio, desenvolvemento do orzamento e o aprovisionamento de materiais para realizar a montaxe no taller de instalacións.

• Manexo de ferramentas portátiles (chicharra, curvadoras de tubo, cortatubos, alicates, chaves fixas, flexómetro, balanza de carga, bomba de baleiro e detector de fugas).

• Aplicación das especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

BC2. Montaxe de equipamentos de climatización doméstica

• Tipoloxía dos equipamentos.

• Introdución ao manexo de gases refrixerantes (carga e recuperación).

• Interpretación de documentación técnica.

• Tendido de tubaxes de refrixerante.

• Proba de presión, baleiro e carga de refrixerante.

• Evacuación de condensados (bombas de condensados).

• Aplicación das medidas de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

BC3. Iniciativa emprendedora na montaxe de equipamentos de climatización

• A persoa emprendedora na montaxe de equipamentos de climatización.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na montaxe de equipamentos de climatización.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa montaxe de equipamentos de climatización.

BC4. Técnicas de seguridade na montaxe de instalacións en altura

• Riscos derivados da montaxe de instalacións de climatización.

• Estadas: tipoloxía; montaxe e utilización.

• Liña de vida: montaxe e utilización.

• Equipamentos de protección.

• Aplicación das especificacións de prevención de riscos laborais requiridas na montaxe.

4.10.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de montaxe de equipamentos de climatización doméstica e pequenas redes de ventilación.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Preparación das zonas de traballo.

– Montaxe de equipamentos domésticos de climatización.

– Montaxe de equipamentos de ventilación e construción de condutos de aire.

– Técnicas de seguridade aplicada á montaxe de instalacións de climatización.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a), h), i) e j) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), h), i) e j). Ademais, relaciónase cos obxectivos s), t), u), v), w), x) e y), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Selección de materiais e ferramentas para a montaxe de equipamentos de climatización doméstica.

– Técnicas de montaxe de equipamentos de climatización doméstica.

– Técnicas de construción e montaxe de condutos de ventilación.

– Técnicas de seguridade fronte aos riscos inherentes á montaxe de instalacións de climatización.

Suxírese comezar polo estudo dun sistema de ventilación formado por un ventilador centrífugo e unha liña de condutos cun cóbado de 90º e catro reixas, o orzamento, o aprovisionamento de materiais e a posterior montaxe no taller de instalacións.

A continuación suxírese realizar o estudo da climatización dunha vivenda tipo realizando o orzamento dos equipamentos e o aprovisionamento de materiais necesarios para a súa montaxe no taller de instalacións (bombas de calor aire-aire, auga-auga, aire-auga, cliamtizadores, bombas circuladoras, soportes, unidades interiores split parede, baixa silueta, casete e só teito).

4.11 Módulo profesional: Formación en centros de traballo

• Código: MP3027.

• Duración: 320 horas.

4.11.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Realiza operacións auxiliares no mecanizado e na montaxe de construcións metálicas, seguindo os procesos do sistema de calidade establecido na empresa e os correspondentes protocolos de seguridade.

– CA1.1. Identificáronse os elementos das instalacións, a súa función e a súa disposición.

– CA1.2. Preparáronse as ferramentas e os equipamentos necesarios para o mecanizado e a montaxe.

– CA1.3. Realizáronse operacións básicas de mecanizado en fabricación mecánica.

– CA1.4. Realizáronse operacións de soldaxe de elementos férricos.

– CA1.5. Realizáronse operacións de montaxe de estruturas metálicas.

– CA1.6. Comprobáronse as dimensións e as características dos elementos montados.

– CA1.7. Operouse respectando os criterios de seguridade persoal e material, coa calidade requirida.

– CA1.8. Realizáronse as operacións con criterios de respecto polo ambiente.

– CA1.9. Participouse dentro do grupo de traballo amosando iniciativa e interese.

• RA2. Realiza operacións de montaxe e mantemento de instalacións de fontanaría, seguindo a documentación técnica e as instrucións de montaxe.

– CA2.1. Identificáronse os elementos das instalacións, a súa función e a súa disposición.

– CA2.2. Preparáronse as ferramentas e os equipamentos necesarios para a montaxe ou o mantemento das instalacións.

– CA2.3. Preparouse a zona de traballo para a montaxe ou o mantemento das instalacións.

– CA2.4. Realizáronse operacións de unión de tubaxes e accesorios das instalacións.

– CA2.5. Utilizáronse as ferramentas e os equipamentos para a montaxe das instalacións.

– CA2.6. Realizáronse operacións de mantemento das instalacións de subministración e evacuación de auga.

– CA2.7. Reparáronse disfuncións nas instalacións e devolvéuselles o servizo.

– CA2.8. Realizáronse as probas das instalacións segundo a regulamentación vixente.

– CA2.9. Operouse respectando os criterios de seguridade persoal e material, coa calidade requirida.

– CA2.10. Realizáronse as operacións con criterios de respecto polo ambiente.

– CA2.11. Participouse dentro do grupo de traballo amosando iniciativa e interese.

• RA3. Realiza operacións de montaxe de instalacións de calefacción e climatización doméstica, seguindo a documentación técnica e as instrucións de montaxe.

– CA3.1. Identificáronse os elementos das instalacións, a súa función e a súa disposición.

– CA3.2. Preparáronse as ferramentas e os equipamentos necesarios para a montaxe ou o mantemento das instalacións.

– CA3.3. Preparouse a zona de traballo para a montaxe ou o mantemento das instalacións.

– CA3.4. Realizáronse operacións de unión de tubaxes e elementos terminais das instalacións.

– CA3.5. Utilizáronse as ferramentas e os equipamentos para a montaxe das instalacións.

– CA3.6. Construíronse e montáronse condutos de ventilación.

– CA3.7. Realizáronse operacións de mantemento das instalacións de calefacción.

– CA3.8. Reparáronse disfuncións nas instalacións de calefacción.

– CA3.9. Realizáronse as probas das instalacións segundo a regulamentación vixente.

– CA3.10. Operouse respectando os criterios de seguridade persoal e material, coa calidade requirida.

– CA3.11. Realizáronse as operacións con criterios de respecto polo ambiente.

– CA3.12. Participouse dentro do grupo de traballo amosando iniciativa e interese.

• RA4. Realiza operacións de mantemento preventivo nas instalacións a cargo da empresa, seguindo indicacións, segundo os plans de mantemento correspondentes.

– CA4.1. Realizáronse intervencións de mantemento preventivo sobre a instalación.

– CA4.2. Realizáronse revisións do estado dos equipamentos e dos elementos das instalacións.

– CA4.3. Seleccionáronse e utilizáronse as ferramentas e os instrumentos para as operacións de mantemento preventivo.

– CA4.4. Realizáronse as operacións con criterios de respecto polo ambiente.

– CA4.5. Colaborouse dentro do grupo de traballo amosando iniciativa e interese.

– CA4.6. Determináronse as posibles medidas de corrección en función dos resultados obtidos.

– CA4.7. Realizáronse todas as operacións tendo en conta a normativa de seguridade laboral e de protección ambiental.

• RA5. Actúa conforme as normas de prevención e riscos laborais da empresa.

– CA5.1. Cumpriuse a normativa xeral sobre prevención e seguridade, así como a establecida pola empresa.

– CA5.2. Identificáronse os factores e as situacións de risco que se presenten no seu ámbito de actuación no centro de traballo.

– CA5.3. Adoptáronse actitudes relacionadas coa actividade para reducir os riscos laborais e ambientais.

– CA5.4. Empregouse o equipamento de protección individual establecido para cada operación.

– CA5.5. Utilizáronse os dispositivos de protección das máquinas, equipamentos e instalacións nas actividades.

– CA5.6. Actuouse segundo o plan de prevención.

– CA5.7. Mantívose a zona de traballo libre de riscos, con orde e limpeza.

– CA5.8. Traballouse con criterios de redución do consumo de enerxía e na xeración de residuos.

• RA6. Actúa de xeito responsable e intégrase no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

– CA6.1. Executáronse con dilixencia as instrucións recibidas.

– CA6.2. Responsabilizouse do traballo que desenvolve, comunicándose eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.

– CA6.3. Cumpríronse os requisitos e as normas técnicas, demostrando un bo facer profesional e finalizando o seu traballo nun tempo límite razoable.

– CA6.4. Amosouse unha actitude de respecto cara ás normas e aos procedementos establecidos.

– CA6.5. Organizouse o traballo de acordo coas instrucións e cos procedementos establecidos, cumprindo as tarefas en orde de prioridade e actuando baixo criterios de seguridade e calidade nas intervencións.

– CA6.6. Coordinouse a actividade desempeñada co resto do persoal, informando de calquera cambio, necesidade salientable ou continxencia.

– CA6.7. Incorporouse puntualmente ao posto de traballo, levando a cabo os descansos instituídos, e non abandonou o centro de traballo antes do establecido sen motivos debidamente xustificados.

– CA6.8. Preguntáronselle adecuadamente á persoa superior inmediata as posibles dúbidas e a información necesaria para o desempeño dos seus labores.

– CA6.9. Realizouse o traballo conforme as indicacións realizadas polo persoal superior, e formuláronse as posibles modificacións ou suxestións no lugar e modo adecuados.

4.11.2 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais propios do título profesional básico en Fabricación e Montaxe que se alcanzaran no centro educativo ou a desenvolver competencias características de difícil consecución nel.

5. Requisitos mínimos de calidade do contexto formativo

5.1. Espazos

Os espazos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo son:

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente.

60

40

50 %

Taller de construcións metálicas

150

100

25 %

Taller de instalacións.

150

100

25 %

A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

O grao de utilización expresa en tanto por cento e con carácter orientativo a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas. O centro educativo, no exercicio da súa autonomía e en función da distribución horaria semanal dos módulos profesionais e da titoría, poderá determinar outro grao de utilización.

Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos e alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

5.2. Equipamentos mínimos

Espazo formativo

Equipamentos

Aula polivalente.

• Equipamentos audiovisuais.

• Equipamentos informáticos en rede e con conexión a internet. Software de aplicación.

Taller de construcións metálicas

• Bancos de traballo con parafusos.

• Serra.

• Curvadora de roletes.

• Trade.

• Cisalla.

• Equipamentos de soldadura.

• Radiais, bigornias bicórneas.

• Tronzadora con tope.

• Trades e remachadoras.

• Equipamentos e medios de seguridade.

Taller de instalacións.

• Bancos de traballo con parafusos.

• Martelo e trade.

• Equipamento portátil de climatización doméstica.

• Elementos das instalacións e para conexión de compoñentes de redes de auga.

• Elementos de ventilación e instalación de condutos.

• Equipamentos de soldadura para tubaxes. Ferramentas de traballo.

• Bombas.

• Equipamentos e medios de seguridade.

6. Profesorado

6.1. Especialidades do profesorado do sector público ás que se atribúe a impartición dos módulos profesionais asociados ao perfil profesional

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP3020. Operacións básicas de fabricación.

• MP3021. Soldadura e carpintaría metálica.

• MP3022. Carpintaría de aluminio e PVC.

• MP3023. Redes de evacuación.

• MP3024. Fontanaría e calefacción básica.

• MP3025. Montaxe de equipamentos de climatización.

Especialidade:

• Mecanizado e mantemento de máquinas.

• Soldadura.

• Instalación e mantemento de equipamentos térmicos e de fluídos.

Outros:

• Profesorado especialista, de ser o caso.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP3027 Formación en centros de traballo.

• Mecanizado e mantemento de máquinas.

• Soldadura.

• Instalación e mantemento de equipamentos térmicos e de fluídos.

Profesorado técnico de formación profesional.

6.2. Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais, para os centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas

Módulos profesionais

Titulacións

• MP3020. Operacións básicas de fabricación.

• MP3021. Soldadura e carpintaría metálica.

• MP3022. Carpintaría de aluminio e PVC.

• MP3023. Redes de evacuación.

• MP3024. Fontanaría e calefacción básica.

• MP3025. Montaxe de equipamentos de climatización.

• MP3027 Formación en centros de traballo.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

6.3. Titulacións habilitantes para os efectos de docencia para a impartición dos módulos profesionais, para os centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas

Módulos profesionais

Titulacións

• MP3020. Operacións básicas de fabricación.

• MP3021. Soldadura e carpintaría metálica.

• MP3022. Carpintaría de aluminio e PVC.

• MP3023. Redes de evacuación.

• MP3024. Fontanaría e calefacción básica.

• MP3025. Montaxe de equipamentos de climatización.

• MP3027 Formación en centros de traballo.

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

• Técnico superior en Construcións Metálicas, técnico superior en Programación da Produción en Fabricación Mecánica ou outros títulos equivalentes.

7. Correspondencia entre módulos profesionais e unidades de competencia para a súa acreditación ou validación

Módulos profesionais

Unidades de competencia acreditables

• MP3020. Operacións básicas de fabricación.

• UC0087_1: realizar operacións básicas de fabricación.

• MP3021. Soldadura e carpintaría metálica.

• MP3022. Carpintaría de aluminio e PVC.

• UC0088_1: realizar operacións básicas de montaxe.

• MP3023. Redes de evacuación.

• UC1154_1: realizar a instalación de tubaxes, preparando, cortando e unindo tubos para a condución de auga e desaugadoiros.

• MP3024. Fontanaría e calefacción básica.

• MP3025. Montaxe de equipamentos de climatización.

• UC1155_1: realizar operacións básicas de instalación e mantemento de aparellos sanitarios, radiadores e aparellos de climatización de uso doméstico.

8. Ciclos formativos de grao medio aos que o título profesional básico en Fabricación e Montaxe permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión en caso de concorrencia competitiva

O título profesional básico en Fabricación e Montaxe terá preferencia para a admisión a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de:

– Electricidade e Electrónica.

– Informática e Comunicacións.

– Fabricación Mecánica.

– Instalación e Mantemento.

– Enerxía e Auga.

– Industrias Extractivas.

– Marítimo-Pesqueira.

– Química.

– Transporte e Mantemento de Vehículos.

– Madeira, Moble e Cortiza.

– Edificación e Obra Civil.

9. Distribución horaria

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de formación profesional básica de Fabricación e Montaxe para o réxime ordinario

Curso

Módulo

Duración

horas

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

• MP3020. Operacións básicas de fabricación.

179

• MP3021. Soldadura e carpintaría metálica.

175

• MP3022. Carpintaría de aluminio e PVC.

175

Total 1º

(FCE)

910

• MP3012. Comunicación e sociedade II.

135

• MP3019. Ciencias aplicadas II.

162

• MP3023. Redes de evacuación.

157

• MP3024. Fontanaría e calefacción básica.

157

• MP3025. Montaxe de equipamentos de climatización.

97

Total 2º

(FCE)

708

• MP3027 Formación en centros de traballo.

320

Titoría

No primeiro curso do ciclo formativo dedicaranse 35 horas á titoría, e 27 horas no segundo curso.

10. Unidades formativas

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

horas

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

• MP3011_13. Comunicación en linguas galega e castelá I.

88

• MP3011_23. Comunicación en lingua inglesa I.

59

• MP3011_33. Sociedade I.

59

• MP3012. Comunicación e sociedade II.

• MP3012_13. Comunicación en linguas galega e castelá II.

67

• MP3012_23. Comunicación en lingua inglesa II.

34

• MP3012_33. Sociedade II.

34

• MP3020. Operacións básicas de fabricación.

• MP3020_12. Técnicas manuais básicas de arranque de labra.

89

• MP3020_22. Técnicas mecánicas básicas de arranque de labra.

90

• MP3021. Soldadura e carpintaría metálica.

• MP3021_12. Soldadura na carpintaría metálica.

100

• MP3021_22. Montaxe na carpintaría metálica.

75

• MP3022. Carpintaría de aluminio e PVC.

• MP3022_12. Elaboracións en aluminio.

110

• MP3022_22. Elaboracións en PVC.

65

• MP3023. Redes de evacuación.

• MP3023_12. Implantación de redes de evacuación.

57

• MP3023_22. Montaxe e mantemento de redes de evacuación de auga.

100

• MP3024. Fontanaría e calefacción básica.

• MP3024_13. Operacións básicas de instalación en fontanaría.

75

• MP3024_23. Operacións básicas de instalación en calefacción.

52

• MP3024_33. Operacións básicas de mantemento en instalacións de fontanaría e calefacción.

30

• MP3025. Montaxe de equipamentos de climatización.

• MP3025_12. Operacións básicas en instalacións de ventilación.

49

• MP3025_22. Operacións básicas para a instalación de equipamentos de climatización.

48

ANEXO IV

Currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en informática e comunicacións

1. Identificación do título.

O título profesional básico en Informática e Comunicacións queda identificado polos seguintes elementos:

– Denominación: Informática e Comunicacións.

– Nivel: formación profesional básica.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: Informática e Comunicacións.

– Referente europeo: CINE-3.5.3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral do título.

A competencia xeral do título profesional básico en Informática e Comunicacións consiste en realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

2.2. Competencias do título.

As competencias profesionais, persoais e sociais, e as competencias para a aprendizaxe permanente do título profesional básico en Informática e Comunicacións son as que se relacionan:

a) Reunir os materiais para acometer a montaxe e/ou mantemento en sistemas microinformáticos e redes de transmisión de datos.

b) Realizar operacións auxiliares de montaxe de sistemas microinformáticos e dispositivos auxiliares en condicións de calidade.

c) Realizar operacións auxiliares de mantemento e reparación de sistemas microinformáticos, garantindo o seu funcionamento.

d) Realizar as operacións para o almacenamento e o transporte de sistemas, periféricos e consumibles, seguindo criterios de seguridade e catalogación.

e) Realizar comprobacións rutineiras de verificación na montaxe e no mantemento de sistemas e/ou instalacións.

f) Montar canalizacións para cableamento de datos en condicións de calidade e seguridade.

g) Tender o cableamento de redes de datos aplicando as técnicas e os procedementos normalizados.

h) Manexar as ferramentas do contorno de usuario proporcionadas polo sistema operativo e os dispositivos de almacenamento de información.

i) Manexar aplicacións ofimáticas de procesador de textos para realizar documentos sinxelos.

j) Resolver problemas predicibles relacionados cos ámbitos físico, social, persoal e produtivo, utilizando o razoamento científico e os elementos proporcionados polas ciencias aplicadas e sociais.

k) Actuar de xeito saudable en contextos cotiáns que favorezan o desenvolvemento persoal e social, analizando hábitos e influencias positivas para a saúde humana.

l) Valorar actuacións encamiñadas á conservación ambiental, diferenciando as consecuencias das actividades cotiás que poidan afectar o equilibrio do ambiente.

m) Obter e comunicar información destinada á autoaprendizaxe e ao seu uso en distintos contextos do seu ambiente persoal, social ou profesional mediante recursos ao seu alcance e os propios das tecnoloxías da información e da comunicación.

n) Actuar con respecto e sensibilidade cara á diversidade cultural, o patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais e artísticas, apreciando o seu uso como fonte de enriquecemento persoal e social.

ñ) Comunicarse con claridade, precisión e fluidez en contextos sociais ou profesionais e por diferentes medios, canles e soportes ao seu alcance, utilizando e adecuando recursos lingüísticos orais e escritos propios das linguas galega e castelá.

o) Comunicarse en situacións habituais de carácter laboral, persoal e social, utilizando recursos lingüísticos básicos en lingua estranxeira.

p) Realizar explicacións sinxelas sobre acontecementos e fenómenos característicos das sociedades contemporáneas a partir de información histórica e xeográfica ao seu dispor.

q) Adaptarse ás novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos na súa actividade laboral, utilizando as ofertas formativas ao seu alcance e localizando os recursos mediante as tecnoloxías da información e da comunicación.

r) Cumprir as tarefas propias do seu nivel con autonomía e responsabilidade, empregando criterios de calidade e eficiencia no traballo asignado e efectuándoo de forma individual ou como membro dun equipo.

s) Comunicarse eficazmente, respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no seu ámbito de traballo, contribuíndo á calidade do traballo realizado.

t) Asumir e cumprir as medidas de prevención de riscos e seguridade laboral na realización das actividades laborais, evitando danos persoais, laborais e ambientais.

u) Cumprir as normas de calidade e de accesibilidade e deseño universais que afectan a súa actividade profesional.

v) Actuar con espírito emprendedor, iniciativa persoal e responsabilidade na elección dos procedementos da súa actividade profesional.

w) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación vixente, participando activamente na vida económica, social e cultural.

2.3. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.

2.3.1. Cualificacións profesionais completas:

a) Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, IFC361_1 (Real decreto 1701/2007, do 14 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1207_1: realizar operacións auxiliares de montaxe de equipamentos microinformáticos.

– UC1208_1: realizar operacións auxiliares de mantemento de sistemas microinformáticos.

– UC1209_1: realizar operacións auxiliares con tecnoloxías da información e da comunicación.

b) Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos, ELE481_1 (Real decreto 144/2011, do 4 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1559_1: realizar operacións de ensamblaxe na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– UC1560_1: realizar operacións de conexión na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– UC1561_1: realizar operacións auxiliares no mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

2.4. Contorno profesional.

2.4.1. Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

2.4.2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Axudante/a de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélite.

– Axudante/a de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos.

– Axudante/a de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación.

– Axudante/a de instalador/ora e reparador/ora de instalacións telefónicas.

– Axudante/a de montador/ora de sistemas microinformáticos.

– Axudante/a de mantemento de sistemas informáticos.

– Axudante/a de instalador/ora de sistemas informáticos.

– Axudante/a de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos.

– Operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso.

2.5. Prospectiva do sector ou dos sectores relacionados co título.

a) O perfil profesional dentro do sector servizos, evoluciona cara a un persoal técnico moi especializado na solución dos problemas comúns en sistemas microinformáticos e redes locais, en pequenos contornos, onde esta figura pode actuar como axudante.

b) A evolución tecnolóxica tende a sistemas cada vez máis económicos, o que, unido ao abaratamento do acceso a internet, orixina que os sistemas informáticos sexan considerados como un recurso máis no fogar, e a asistencia técnica tende a realizarse no propio domicilio.

c) A teleoperación, a asistencia técnica remota e en liña e os telecentros configúranse como un elemento imprescindible na resposta á demanda de asistencia técnica.

d) As tarefas de montaxe e mantemento terán que se adaptar á normativa sobre os tratamentos e a xestión de residuos e axentes contaminantes.

e) A presenza activa de empresas en internet está a facer que aumente progresivamente o número de transaccións realizadas por este medio, o que fai que este perfil sexa cada vez máis demandado para colaborar na instalación e no mantemento de servizos sobre a rede.

f) Debido aos rápidos avances e cambios tecnolóxicos do sector, demándanse profesionais con actitudes favorables á autoformación.

3. Ensinanzas do ciclo formativo.

3.1. Obxectivos xerais do título.

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

a) Identificar e organizar os compoñentes físicos e lóxicos que conforman un sistema microinformático e/ou unha rede de transmisión de datos, clasificándoos de acordo coa súa función, para os reunir segundo a súa finalidade.

b) Ensamblar e conectar compoñentes e periféricos utilizando as ferramentas adecuadas, aplicando procedementos e normas, para montar sistemas microinformáticos e redes.

c) Aplicar técnicas de localización de avarías sinxelas nos sistemas e nos equipamentos informáticos seguindo pautas establecidas, para manter sistemas microinformáticos e redes locais.

d) Substituír e axustar compoñentes físicos e lóxicos para manter sistemas microinformáticos e redes locais.

e) Interpretar e aplicar as instrucións de catálogos de fabricantes de equipamentos e sistemas, para transportar e almacenar elementos e equipamentos de sistemas informáticos e redes.

f) Identificar e aplicar técnicas de verificación na montaxe e no mantemento seguindo pautas establecidas, para realizar comprobacións rutineiras.

g) Situar e fixar canalizacións e demais elementos dunha rede local con cables, sen fíos ou mixta, aplicando procedementos de montaxe e protocolos de calidade e seguridade, para instalar e configurar redes locais.

h) Aplicar técnicas de preparación, conformación e guía de cables, preparando os espazos e manexando equipamentos e ferramentas, para tender o cableamento en redes de datos.

i) Recoñecer e manexar as ferramentas do sistema operativo e dos periféricos, para realizar configuracións e resolver problemas, de acordo coas instrucións de fábrica.

j) Elaborar e modificar informes sinxelos e fichas de traballo, para manexar aplicacións ofimáticas de procesadores de texto.

k) Comprender os fenómenos que acontecen no ámbito natural mediante o coñecemento científico como un saber integrado, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar e resolver problemas básicos nos campos do coñecemento e da experiencia.

l) Desenvolver habilidades para formular, interpretar e resolver problemas, e aplicar o razoamento de cálculo matemático para se desenvolver na sociedade e no ámbito laboral, e para xestionar os seus recursos económicos.

m) Identificar e comprender os aspectos básicos de funcionamento do corpo humano e pólos en relación coa saúde individual e colectiva, e valorar a hixiene e a saúde, para permitir o desenvolvemento e o afianzamento de hábitos saudables de vida en función do contorno.

n) Desenvolver hábitos e valores acordes coa conservación e a sustentabilidade do patrimonio natural, comprendendo a interacción entre os seres vivos e o medio natural, para valorar as consecuencias que se derivan da acción humana sobre o equilibrio ambiental.

ñ) Desenvolver as destrezas básicas das fontes de información utilizando con sentido crítico as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter e comunicar información nos contornos persoal, social ou profesional.

o) Recoñecer características básicas de producións culturais e artísticas, aplicando técnicas de análise básica dos seus elementos, para actuar con respecto e sensibilidade cara á diversidade cultural, o patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais e artísticas.

p) Desenvolver e afianzar habilidades e destrezas lingüísticas, e alcanzar o nivel requirido de precisión, claridade e fluidez, utilizando os coñecementos sobre as linguas galega e castelá, para se comunicar no seu contexto social, na súa vida cotiá e na actividade laboral.

q) Desenvolver habilidades lingüísticas básicas en lingua estranxeira para se comunicar de xeito oral e escrito en situacións habituais e predicibles da vida cotiá e profesional.

r) Recoñecer causas e trazos propios de fenómenos e acontecementos contemporáneos, a súa evolución histórica e a súa distribución xeográfica, para explicar as características propias das sociedades contemporáneas.

s) Desenvolver valores e hábitos de comportamento baseados en principios democráticos, aplicándoos nas súas relacións sociais habituais e na resolución pacífica dos conflitos.

t) Comparar e seleccionar recursos e ofertas formativas existentes para a aprendizaxe ao longo da vida, para se adaptar ás novas situacións laborais e persoais.

u) Desenvolver a iniciativa, a creatividade e o espírito emprendedor, así como a confianza en si mesmo/a, a participación e o espírito crítico, para resolver situacións e incidencias da actividade profesional ou de índole persoal.

v) Desenvolver traballos en equipo asumindo os deberes, cooperando coas demais persoas con tolerancia e respecto, para a realización eficaz das tarefas e como medio de desenvolvemento persoal.

w) Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para se informar, se comunicar, aprender e facilitar as tarefas laborais.

x) Relacionar os riscos laborais e ambientais coa actividade laboral, co propósito de utilizar as medidas preventivas correspondentes para a protección persoal, evitando danos ambientais e ás demais persoas.

y) Desenvolver as técnicas da súa actividade profesional asegurando a eficacia e a calidade no seu traballo, e propor, se procede, melloras nas actividades de traballo.

z) Recoñecer os dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

aa) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

ab) Rexeitar calquera discriminación por razón de orientación sexual ou de identidade de xénero.

3.2. Módulos profesionais.

Os módulos deste ciclo formativo son os que se relacionan:

– MP3009. Ciencias aplicadas I.

– MP3011. Comunicación e sociedade I.

– MP3012. Comunicación e sociedade II.

– MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

– MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

– MP3019. Ciencias aplicadas II.

– MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

– MP3030. Operacións auxiliares para a configuración e a explotación.

– MP3032. Formación en centros de traballo.

4. Desenvolvemento de módulos

4.1 Módulo profesional: Ciencias aplicadas I

• Código: MP3009.

• Duración: 175 horas.

4.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Resolve problemas matemáticos en situacións cotiás, utilizando os elementos básicos da linguaxe matemática e as súas operacións.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de números e utilizáronse para interpretar adecuadamente a información cuantitativa.

– CA1.2. Realizáronse cálculos con eficacia mediante cálculo mental ou mediante algoritmos de lapis e calculadora (física ou informática).

– CA1.3. Utilizáronse as TIC como medio de procura de información.

– CA1.4. Operouse con potencias de expoñente natural e enteiro aplicando as propiedades.

– CA1.5. Utilizouse a notación científica para representar números moi grandes ou moi pequenos e operar con eles.

– CA1.6. Representáronse os números reais sobre a recta numérica.

– CA1.7. Caracterizouse a proporción como expresión matemática.

– CA1.8. Comparáronse magnitudes establecendo o seu tipo de proporcionalidade.

– CA1.9. Utilizouse a regra de tres para resolver problemas nos que interveñen magnitudes directamente e inversamente proporcionais.

– CA1.10. Aplicouse o xuro simple e composto en actividades cotiás.

• RA2. Recoñece as instalacións e o material de laboratorio e valóraos como recursos necesarios para a realización das actividades prácticas.

– CA2.1. Identificáronse as técnicas experimentais que se vaian realizar.

– CA2.2. Manipuláronse adecuadamente os materiais instrumentais do laboratorio.

– CA2.3. Tivéronse en conta as condicións de hixiene e seguridade para as técnicas experimentais que se vaian realizar.

• RA3. Identifica propiedades fundamentais da materia nas formas en que se presenta na natureza, manexando as súas magnitudes físicas e as súas unidades fundamentais en unidades de sistema métrico decimal.

– CA3.1. Describíronse as propiedades da materia.

– CA3.2. Practicáronse os cambios de unidades de lonxitude, masa e capacidade.

– CA3.3. Identificouse a equivalencia entre unidades de volume e capacidade.

– CA3.4. Efectuáronse medidas en situacións reais utilizando as unidades do sistema métrico decimal e utilizando a notación científica.

– CA3.5. Identificouse a denominación dos cambios de estado da materia.

– CA3.6. Identificáronse, con exemplos sinxelos, diferentes sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos.

– CA3.7. Identificáronse os estados de agregación nos que se presenta a materia e utilizáronse modelos cinéticos para explicar os cambios de estado.

– CA3.8. Identificáronse sistemas materiais en relación co seu estado na natureza.

– CA3.9. Recoñecéronse os estados de agregación dunha substancia dada a súa temperatura de fusión e de ebulición.

– CA3.10. Establecéronse diferenzas entre ebulición e evaporación utilizando exemplos sinxelos.

• RA4. Utiliza o método máis adecuado para a separación de compoñentes de mesturas sinxelas en relación co proceso físico ou químico en que se basea.

– CA4.1. Identificouse e describiuse o que se considera substancia pura e mestura.

– CA4.2. Establecéronse as diferenzas fundamentais entre mesturas e compostos.

– CA4.3. Discrimináronse os procesos físicos e químicos.

– CA4.4. Seleccionáronse, dunha listaxe de substancias, as mesturas, os compostos e os elementos químicos.

– CA4.5. Aplicáronse de xeito práctico diferentes separacións de mesturas por métodos sinxelos.

– CA4.6. Describíronse as características xerais básicas de materiais en relación coas profesións, utilizando as TIC.

– CA4.7. Traballouse en equipo na realización de tarefas.

• RA5. Recoñece como a enerxía está presente nos procesos naturais, describindo fenómenos simples da vida real.

– CA5.1. Identificáronse situacións da vida cotiá nas que se pon de manifesto a intervención da enerxía.

– CA5.2. Recoñecéronse diversas fontes de enerxía.

– CA5.3. Establecéronse grupos de fontes de enerxía renovable e non renovable.

– CA5.4. Amosáronse as vantaxes e os inconvenientes (obtención, transporte e utilización) das fontes de enerxía renovables e non renovables, utilizando as TIC.

– CA5.5. Aplicáronse cambios de unidades de enerxía.

– CA5.6. Amosouse, en diferentes sistemas, a conservación da enerxía.

– CA5.7. Describíronse procesos relacionados co mantemento do organismo e da vida nos que se aprecia claramente o papel da enerxía.

• RA6. Localiza as estruturas anatómicas básicas discriminando os sistemas ou os aparellos aos que pertencen e asociándoos ás funcións que producen no organismo.

– CA6.1. Identificáronse e describíronse os órganos que configuran o corpo humano, e asociáronse ao sistema ou ao aparello correspondente.

– CA6.2. Relacionouse cada órgano, sistema e aparello á súa función, e indicáronse as súas asociacións.

– CA6.3. Describiuse a fisioloxía do proceso de nutrición e identificouse a función das estruturas anatómicas dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

– CA6.4. Describiuse a fisioloxía do proceso de reprodución e identificouse a función das estruturas anatómicas do aparello reprodutor.

– CA6.5. Detallouse como funciona o proceso de relación e identificouse a función das estruturas anatómicas dos sistemas nervioso e endócrino.

– CA6.6. Utilizáronse ferramentas informáticas para describir adecuadamente aparellos e sistemas.

• RA7. Diferencia a saúde da doenza, relacionando os hábitos de vida coas doenzas máis frecuentes e recoñecendo os principios básicos de defensa contra elas.

– CA7.1. Identificáronse situacións de saúde e de doenza para as persoas.

– CA7.2. Describíronse os mecanismos encargados da defensa do organismo.

– CA7.3. Identificáronse e clasificáronse as doenzas infecciosas e non infecciosas máis comúns na poboación, e recoñecéronse as súas causas, a súa prevención e os seus tratamentos.

– CA7.4. Relacionáronse os axentes que causan as doenzas infecciosas habituais co contaxio producido.

– CA7.5. Describiuse a acción das vacinas, dos antibióticos e doutras achegas da ciencia médica para o tratamento e a prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.6. Recoñeceuse o papel das campañas de vacinación na prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.7. Describiuse o tipo de doazóns e os problemas que se producen nos transplantes.

– CA7.8. Recoñecéronse situacións de risco para a saúde relacionadas co contorno profesional máis próximo.

– CA7.9. Deseñáronse pautas de hábitos saudables relacionados con situacións cotiás.

• RA8. Elabora menús e dietas equilibradas sinxelas diferenciando os nutrientes que conteñen e adaptándoos aos parámetros corporais e a situacións diversas.

– CA8.1. Discriminouse entre o proceso de nutrición e o de alimentación.

– CA8.2. Diferenciáronse os nutrientes necesarios para o mantemento da saúde.

– CA8.3. Recoñeceuse a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico no coidado do corpo humano.

– CA8.4. Relacionáronse as dietas coa saúde, diferenciando entre as necesarias para o mantemento da saúde e as que poden conducir a unha mingua desta.

– CA8.5. Realizouse o cálculo sobre balances calóricos en situacións habituais do contorno.

– CA8.6. Calculouse o metabolismo basal e os seus resultados, e representouse nun diagrama establecendo comparacións e conclusións.

– CA8.7. Elaboráronse menús para situacións concretas, investigando na rede as propiedades dos alimentos.

• RA9. Resolve situacións cotiás, utilizando expresións alxébricas sinxelas e aplicando os métodos de resolución máis axeitados.

– CA9.1. Concretáronse propiedades ou relacións de situacións sinxelas mediante expresións alxébricas.

– CA9.2. Simplificáronse expresións alxébricas sinxelas utilizando métodos de desenvolvemento e factorización.

– CA9.3. Resolvéronse problemas da vida cotiá en que cumpra a formulación e a resolución de ecuacións de primeiro grao.

– CA9.4. Resolvéronse problemas sinxelos utilizando métodos gráficos e as TIC.

4.1.2 Contidos básicos

BC1. Resolución de problemas mediante operacións básicas

• Recoñecemento e diferenciación dos tipos de números. Representación na recta real.

• Utilización da xerarquía das operacións.

• Interpretación e utilización dos números reais e das operacións en diferentes contextos.

• Notación científica. Representación e operacións de suma, resta, multiplicación e división.

• Proporcionalidade directa e inversa. Regra de tres. Comparación de magnitudes.

• As porcentaxes na economía.

• Técnicas de procura de información coas tecnoloxías da información e da comunicación.

BC2. Recoñecemento de materiais e instalacións de laboratorio

• Normas xerais de traballo no laboratorio.

• Normas de seguridade e hixiene no laboratorio.

• Materiais de laboratorio: tipos e utilidade.

• Técnicas experimentais. Manexo da instrumentación do laboratorio na realización de actividades prácticas.

BC3. Identificación das formas da materia

• Unidades de lonxitude, capacidade e masa no sistema métrico decimal: cálculos, equivalencias e medidas. Uso da notación científica.

• Materia: propiedades.

• Clasificación da materia segundo o seu estado de agregación e composición.

• Estados de agregación: sólido, líquido e gasoso. Temperatura de fusión e de ebulición.

• Sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos. Estados de agregación dos materiais na natureza.

• Natureza corpuscular da materia. Cambios de estado e modelos cinéticos.

BC4. Separación de mesturas e substancias

• Substancias puras e mesturas: identificación, descrición e diferenciación.

• Substancias puras: elementos e compostos. Táboa periódica.

• Técnicas básicas de separación de mesturas no laboratorio. Procesos físicos e químicos que interveñen.

• Características básicas dos materiais relacionados co perfil profesional.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas, normas, orde e elaboración de informes.

BC5. Recoñecemento da enerxía nos procesos naturais

• Manifestacións da enerxía na natureza: fontes de enerxía e procesos en que esta intervén.

• Fontes de enerxía renovable e non renovable: identificación. Vantaxes e inconvenientes de cada unha.

• A enerxía na vida cotiá: identificación de situacións próximas.

• Formas de enerxía e a súa transformación. Lei de conservación da enerxía.

• Enerxía, calor e temperatura. Unidades máis habituais do Sistema Internacional.

BC6. Localización de estruturas anatómicas básicas

• Niveis de organización da materia viva. Órganos, aparellos e sistemas. Relacións entre eles e as súas funcións.

• Fisioloxía do proceso de nutrición: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

• Fisioloxía do proceso de relación: sistemas nervioso e endócrino.

• Fisioloxía do proceso de reprodución: aparello reprodutor e desenvolvemento embrionario.

BC7. Diferenciación entre saúde e doenza

• Saúde e doenza: concepto e diferenciación.

• Tipos de doenzas: infecciosas e non infecciosas; doenzas de transmisión sexual. Causas, prevención e tratamentos.

• Mecanismos encargados da defensa do organismo. Sistema inmunitario.

• Hixiene e prevención de doenzas. Tratamento fronte ás doenzas infecciosas. Vacinas.

• Transplantes e doazóns.

• Saúde mental: prevención de drogodependencias e de trastornos alimentarios.

• Hábitos de vida saudables relacionados coas doenzas máis frecuentes e con situacións cotiás.

BC8. Elaboración de menús e de dietas

• Alimentos e nutrientes: diferenciación. Recoñecemento de nutrientes presentes nos alimentos.

• Alimentación e saúde. Hábitos saudables relacionados coa alimentación.

• Concepto e elaboración de dietas. Tipos de dietas. Elaboración de menús.

• Hábitos saudables relacionados coa alimentación. Importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico.

BC9. Resolución de ecuacións sinxelas

• Progresións aritméticas e xeométricas.

• Tradución de situacións da linguaxe verbal á alxébrica.

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, multiplicación e factor común.

• Desenvolvemento e factorización de expresións alxébricas. Identidades notables.

• Resolución de ecuacións de primeiro grao cunha incógnita.

• Aplicación de métodos gráficos de resolución de problemas.

4.1.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa consciente tanto da súa propia persoa como do medio que o rodea.

Os contidos deste módulo contribúen a afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da vida cotiá.

Así mesmo, utilizan a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de índole diversa, aplicados a calquera situación, tanto na vida cotiá como na vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfócase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na resolución de problemas sinxelos e na realización doutras tarefas significativas, e permítelle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos k), l), m), n) e ñ) do ciclo formativo e as competencias j), k), l) e m). Ademais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Utilización dos números e das súas operacións para resolver problemas.

– Recoñecemento das formas da materia.

– Recoñecemento e uso de material de laboratorio básico.

– Identificación e localización das estruturas anatómicas.

– Realización de exercicios de expresión oral, aplicando as normas básicas de atención ao público.

– Importancia da alimentación para unha vida saudable.

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

4.2 Módulo profesional: Comunicación e sociedade I

• Código: MP3011.

• Duración: 206 horas.

4.2.1 Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá I

• Código: MP3011_13.

• Duración: 88 horas.

4.2.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición e as normas lingüísticas básicas.

– CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais.

– CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral.

– CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero.

– CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos breves seleccionados, estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e progresivo.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discriminatorios desde a perspectiva de xénero.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformuláronse as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñecendo usos e niveis da lingua, e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escritos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformulación das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario adecuado ao contexto.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura castelá anteriores ao século XIX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA3.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua castelá no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA3.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua castelá a partir de textos literarios.

• RA4. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura en lingua galega anteriores ao século XX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA4.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua galega no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA4.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua galega a partir de textos literarios.

• RA5. Coñece a formación da lingua galega e da lingua castelá e as distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas, sendo consciente da necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo.

– CA5.1. Analizáronse as características de formación da lingua galega e da lingua castelá.

– CA5.2. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá anterior ao século XX.

– CA5.3. Analizáronse os fenómenos de contacto de linguas, atendendo a situacións de bilingüismo, diglosia, interferencias e o conflito lingüístico.

– CA5.4. Valorouse a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

4.2.1.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá

• Textos orais.

• Aplicación de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Pautas para evitar a disrupción en situacións de comunicación oral.

• Intercambio comunicativo: elementos extralingüísticos da comunicación oral; usos orais informais e formais da lingua; adecuación ao contexto comunicativo.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral. Organización da frase: estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá.

• Composicións orais: exposicións orais sinxelas sobre feitos da actualidade; presentacións orais sinxelas; uso de medios de apoio (medios audiovisuais e TIC).

BC2. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá

• Tipos de textos. Características de textos de propios da vida cotiá e profesional.

• Estratexias de lectura: elementos textuais.

• Pautas para a utilización de dicionarios diversos.

• Estratexias básicas no proceso de composición escrita.

• Presentación de textos escritos en distintos soportes. Aplicación das normas gramaticais e ortográficas en lingua castelá e en lingua galega.

• Textos escritos. Principais conectores textuais en lingua castelá e en lingua galega. Aspectos básicos das formas verbais nos textos, con especial atención ás perífrases verbais, á concordancia e a coherencia temporal e modal. Funcións substantiva, adxectiva e adverbial do verbo. Sintaxe (enunciado, frase e oración; suxeito e predicado; complemento directo, indirecto, de réxime, circunstancial, axente e atributo). Estruturas subordinadas (substantivas, adxectivas e adverbiais).

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua castelá a partir da Idade Media e ata o século XVIII.

• Narrativa: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria.

• Poesía: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria. Interpretación.

• Teatro: temas e estilos segundo a época literaria.

BC4. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua galega desde a Idade Media e ata o século XIX.

• A literatura medieval.

• A literatura dos Séculos Escuros.

• A literatura do século XIX: etapas e obras máis significativas.

BC5. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas.

• A formación da lingua galega e da lingua castelá.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá ata o século XIX.

• Análise dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias).

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Valoración do plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

• Crítica dos prexuízos lingüísticos.

4.2.2 Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa I

• Código: MP3011_23.

• Duración: 59 horas.

4.2.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, elaborando presentacións orais de pouca extensión, ben estruturadas, relativas a situacións habituais de comunicación cotiá e frecuente de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.1. Aplicáronse as estratexias de escoita activa para a comprensión precisa das mensaxes recibidas.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa básica de mensaxes directas ou recibidas mediante formatos electrónicos, valorando as situacións de comunicación e as súas implicacións no uso do vocabulario empregado.

– CA1.3. Identificouse o sentido global do texto oral que presenta a información de xeito secuenciado e progresivo en situacións habituais frecuentes e de contido predicible.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación común e evidente que axuden a entender o sentido xeral da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse presentacións orais breves de textos descritivos, narrativos e instrutivos dos ámbitos persoal, público ou profesional, de acordo cun guión sinxelo, aplicando a estrutura de cada tipo de texto e utilizando, de ser o caso, medios informáticos.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas adaptadas a contextos diferentes (formal, non formal e situacións profesionais), e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases e palabras de situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA1.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia comprensible, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse as normas de relacións sociais básicas e estandarizadas dos países onde se fale a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade onde se fale a lingua estranxeira.

• RA2. Participa en conversas en lingua inglesa utilizando unha linguaxe sinxela e clara en situacións habituais frecuentes dos ámbitos persoal ou profesional, activando estratexias de comunicación básicas.

– CA2.1. Dialogouse, de xeito dirixido e seguindo un guión ben estruturado, utilizando un repertorio memorizado de modelos de oracións e conversas breves e básicas, sobre situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible.

– CA2.2. Mantívose a interacción utilizando estratexias de comunicación sinxelas para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.3. Utilizáronse estratexias básicas de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira, como a observación da persoa interlocutora e a procura da súa axuda para facilitar a bidirecionalidade da comunicación.

– CA2.4. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA2.5. Expresouse con certa claridade, utilizando unha entoación e unha pronuncia comprensibles, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos escritos breves e sinxelos en lingua inglesa, en situacións de comunicacións habituais e frecuentes dos ámbitos persoal, público ou profesional, desenvolvendo estratexias estruturadas de composición, e aplica estratexias de lectura comprensiva.

– CA3.1. Leuse o texto de xeito comprensivo, recoñecendo os seus trazos básicos, o seu contido global, e analizouse a súa intención e o seu contexto.

– CA3.2. Identificáronse as ideas fundamentais e a intención comunicativa básica do texto.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, en situacións habituais frecuentes, de contido moi predicible.

– CA3.4. Completáronse e reorganizáronse frases e oracións, atendendo ao propósito comunicativo e a normas gramaticais básicas.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e adecuados a un propósito comunicativo, seguindo modelos estruturados.

– CA3.6. Utilizouse o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional.

– CA3.7. Amosouse interese pola boa presentación dos textos escritos, respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas, e seguindo sinxelas pautas de revisión.

– CA3.8. Utilizáronse dicionarios impresos e en liña e correctores ortográficos dos procesadores na composición dos textos.

– CA3.9. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

4.2.2.2 Contidos básicos

BC1. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa

• Ideas principais en chamadas, mensaxes, ordes e indicacións moi claras.

• Descrición xeral de persoas, lugares e obxectos dos ámbitos profesional e público.

• Narración e explicación sobre situacións habituais e frecuentes do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, expresións e frases sinxelas frecuentes para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal ou profesional.

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais en presente e pasado; verbos principais, modais e auxiliares. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais e frecuentes. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso para iniciar, ordenar e finalizar.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos de carácter básico que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais.

• Estratexias fundamentais de comprensión e escoita activa.

• Formatos electrónicos máis usuais.

BC2. Participación en conversas en lingua inglesa

• Estratexias de comprensión e escoita activa para iniciar, manter e rematar a interacción.

• Elaboración de mensaxes e textos sinxelos en lingua inglesa.

• Comprensión da información global e da idea principal de textos básicos cotiáns, dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Léxico frecuente para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás e sinxelas dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Composición de textos escritos moi breves, sinxelos e ben estruturados.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

• Elementos lingüísticos fundamentais atendendo aos tipos de textos, aos contextos e aos propósitos comunicativos tendo en conta un enfoque centrado no uso da lingua e na súa dimensión social.

• Propiedades básicas do texto.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Estratexias de planificación e de corrección escrita.

• Estratexias de expresión e de interacción escrita.

• Usos sociais da lingua: información xeral, opinión e valoración.

• Funcións comunicativas máis habituais dos ámbitos persoal, público ou profesional en medios escritos.

• Coherencia espazo-temporal e cohesión a través do uso de recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito.

• Contidos léxico-semánticos sinxelos e básicos da lingua inglesa.

• Tempos e formas verbais. Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

• Estruturas gramaticais básicas:

• A oración simple e a oración composta con and/or/but.

• Dicionarios impresos e en liña, e correctores ortográficos.

4.2.3 Unidade formativa 3: Sociedade I

• Código: MP3011_33.

• Duración: 59 horas.

4.2.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Valora a evolución histórica das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga, así como as súas relacións coas paisaxes naturais, analizando os factores e os elementos implicados, e desenvolvendo actitudes e valores de aprecio do patrimonio natural e artístico.

– CA1.1. Describíronse mediante a análise de fontes gráficas as principais características dunha paisaxe natural, e recoñecéronse esas características no contorno máis próximo.

– CA1.2. Explicáronse a localización, o desprazamento e a adaptación ao medio dos grupos humanos do período da hominización, ata o dominio técnico dos metais por parte das principais culturas que o exemplifican.

– CA1.3. Relacionáronse as características dos fitos artísticos máis significativos do período prehistórico coa organización social e co corpo de crenzas, e valoráronse as súas diferenzas coas sociedades actuais.

– CA1.4. Valorouse a persistencia destas sociedades nas actuais, en especial no territorio galego e peninsular, identificando e comparando as súas principais características.

– CA1.5. Discrimináronse as principais características que require a análise das obras arquitectónicas e escultóricas mediante exemplos arquetípicos, diferenciando estilos canónicos.

– CA1.6. Xulgouse o impacto das primeiras sociedades humanas na paisaxe natural, analizando as características das cidades antigas e a súa evolución na actualidade no territorio galego e peninsular.

– CA1.7. Analizouse a persistencia en Galicia, na Península Ibérica e nos territorios extrapeninsulares españois das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga.

– CA1.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA1.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora a construción do espazo europeo ata as primeiras transformacións industriais das sociedades agrarias, analizando as súas características principais, así como a súa persistencia na sociedade actual e no contorno inmediato.

– CA2.1. Analizouse a transformación do mundo antigo no medieval, recoñecendo a evolución do espazo europeo, as súas relacións co espazo extraeuropeo e as características máis significativas das sociedades medievais en Galicia e en España.

– CA2.2. Valoráronse as características das paisaxes agrarias medievais e a súa persistencia nas sociedades actuais galega e española, identificando os seus elementos principais.

– CA2.3. Valoráronse as consecuencias da construción dos imperios coloniais en América nas culturas autóctonas e nas europeas.

– CA2.4. Analizouse o modelo político e social da monarquía absoluta durante a Idade Moderna nas principais potencias europeas, así como as súas peculiaridades en Galicia e en España.

– CA2.5. Valoráronse os indicadores demográficos básicos das transformacións na poboación europea, española e galega durante o período analizado.

– CA2.6. Describíronse as principais características da análise das obras pictóricas a través do estudo de exemplos arquetípicos das escolas e dos estilos que se suceden en Europa, en España e en Galicia desde o Renacemento ata a irrupción das vangardas históricas.

– CA2.7. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do perfil do título, analizando as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA2.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA2.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo en equipo.

4.2.3.2 Contidos básicos

BC1. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural

• Paisaxes naturais: aspectos xerais e locais.

• Sociedades prehistóricas.

• Nacemento das cidades: hábitat urbano e a súa evolución; gráficos de representación urbana; sociedades urbanas antigas; cultura grega (extensión, trazos, fitos principais e características esenciais da arte grega); cultura romana (características esenciais da arte romana); sociedades prehistóricas e antigas no territorio galego e peninsular.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (guións, esquemas, resumos, etc); ferramentas sinxelas de localización cronolóxica; vocabulario seleccionado e específico.

BC2. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna

• Europa medieval: persistencia de usos e costumes (espazo agrario e as súas características); contacto con outras culturas.

• Europa das monarquías absolutas: grandes monarquías europeas (localización e evolución sobre o mapa no contexto europeo); monarquía absoluta en España; evolución do sector produtivo durante o período.

• Colonización de América.

• Galicia na época medieval e moderna.

• Estudo da poboación.: evolución demográfica do espazo europeo; comentario de gráficas de poboación (pautas e instrumentos básicos).

• Evolución da arte europea, española e galega das épocas medieval e moderna. Pautas básicas para o comentario de obras pictóricas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (resumos, fichas temáticas, biografías, follas de cálculo ou similares, etc); vocabulario específico.

4.2.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa quen de recoñecer as características básicas dos fenómenos relacionados coa actividade humana e mellorar as súas habilidades comunicativas.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra coñecementos básicos relativos a ciencias sociais, lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, estará enfocada ao uso de ferramentas básicas da análise textual, á elaboración de información estruturada oral e escrita, á localización espazo-temporal dos fenómenos sociais e culturais, ao respecto pola diversidade de crenzas e ás pautas de relación cotiá en distintas sociedades e grupos humanos, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e en equipo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá I, Comunicación en lingua inglesa I, e Sociedade I.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais ñ), o), p), q) r) e s) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais m), n), ñ), o) e p). Ademais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a integración do alumnado nas situacións de aprendizaxe propostas, mediante a aplicación de estratexias motivadoras.

– Potenciación da autonomía na execución das actividades e na xestión do seu tempo de aprendizaxe, no ámbito das competencias e dos contidos do ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e en equipo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance, fomentando o uso das TIC, que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións estruturadas da realidade.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración do alumnado nas actividades de aprendizaxe, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que se deriven do perfil profesional.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes sinxelas orais e escritas, mediante o seu uso en distintos tipos de situacións comunicativas e textuais do contorno do alumnado.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións do seu contorno, que orientará a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo que permita a integración do alumnado nas actividades educativas con garantía de éxito.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes presentes no contorno do alumnado, en relación coas necesidades derivadas do uso da lingua con distintos falantes.

– Desenvolvemento de hábitos de lectura que permitan a satisfacción coa produción literaria, mediante o uso de textos seleccionados acordes ás súas necesidades e características.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración motivadora de saberes que lle permitan ao alumnado analizar e valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Utilización de recursos e fontes de información ao seu alcance para organizar a información que extraia, para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación da diversidade dos grupos humanos e os seus logros ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas do contorno do alumnado a partir da análise da información dispoñible e da formulación de explicacións xustificadas e a reflexión sobre a súa actuación ante estas, en situacións de aprendizaxe pautadas.

– Potenciación das capacidades de observación e criterios para a satisfacción coas expresións artísticas mediante a análise pautada de producións artísticas arquetípicas, apreciando os seus valores estéticos e temáticos.

4.3 Módulo profesional: Comunicación e sociedade II

• Código: MP3012.

• Duración: 135 horas.

4.3.1 Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá II

• Código: MP3012_13.

• Duración: 67 horas.

4.3.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, no ámbito laboral e noutros contextos, aplicando os principios da escoita activa, estratexias razoadas de composición e as normas lingüísticas correctas en cada caso.

– CA1.1. Aplicáronse as técnicas da escoita activa na análise de mensaxes orais procedentes de diversas fontes.

– CA1.2. Recoñeceuse a intención comunicativa e a estrutura e cohesión da comunicación oral, valorando posibles respostas.

– CA1.3. Realizouse un uso correcto dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Aplicáronse as técnicas de organización de reunións e de participación nelas.

– CA1.5. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, valorando e eliminando os usos discriminatorios.

– CA1.6. Utilizouse a terminoloxía gramatical correcta na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, no ámbito laboral e noutros contextos, aplicando á composición autónoma de textos de progresiva complexidade estratexias de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa adecuación para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas técnicas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, recoñecendo posibles usos discriminatorios.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, revisando e reformulando as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de diversos textos escritos de uso académico ou profesional, recoñecendo os usos e os niveis da lingua, e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro, preciso e adecuado ao formato e ao contexto comunicativo.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistematizadas na preparación de textos escritos que permiten mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario correcto segundo as normas lingüísticas e a finalidade.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais, comprobando a precisión e a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Interpreta textos literarios representativos da literatura en lingua castelá desde o século XIX ata a actualidade, recoñecendo a intención do autor ou da autora e relacionándoos co seu contexto histórico, sociocultural e literario.

– CA3.1. Describíronse os movementos literarios en lingua castelá no período considerado, recoñecendo as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal de obras adecuadas ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos pautados.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais fundamentadas sobre os aspectos apreciados en obras literarias.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias de análise de textos literarios, recoñecendo os temas e os motivos, os elementos simbólicos e a funcionalidade dos recursos estilísticos máis significativos.

– CA3.5. Informouse sobre un autor ou unha autora, un período ou unha obra da literatura en lingua castelá, recollendo de forma analítica a información correspondente.

• RA4. Interpreta textos literarios representativos da literatura en lingua galega desde comezos do século XX ata a actualidade, recoñecendo a intención da autora ou do autor e relacionándoos co seu contexto histórico, sociocultural e literario.

– CA4.1. Describíronse os movementos literarios en lingua galega no período considerado, recoñecendo as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal de obras adecuadas ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos pautados.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais fundamentadas sobre os aspectos apreciados en obras literarias.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias de análise de textos literarios, recoñecendo os temas e os motivos, os elementos simbólicos e a funcionalidade dos recursos estilísticos máis significativos.

– CA4.5. Informouse sobre un autor ou unha autora, un período ou unha obra da literatura en lingua galega, recollendo de forma analítica a información correspondente.

• RA5. Coñece e valora a situación sociolingüística das distintas linguas do Estado español e as principais características das variedades xeográficas da lingua galega e da lingua castelá, así como as distintas etapas, desde comezos do século XX, da historia social da lingua galega e da lingua castelá, valorando a función do estándar, a necesidade de normalizar a lingua galega e rexeitando os prexuízos lingüísticos.

– CA5.1. Identificouse a situación sociolingüística das distintas linguas do Estado español, valorando a diversidade lingüística como un elemento de enriquecemento cultural e outorgándolle a todas as linguas o mesmo valor e a mesma función comunicativa.

– CA5.2. Recoñécese a variedade interna das linguas castelá e galega como símbolo da riqueza do noso patrimonio lingüístico.

– CA5.3. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX.

– CA5.4. Valorouse a función do estándar de calquera lingua, así como a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

4.3.1.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá

• Textos orais.

• Técnicas de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Exposición de ideas e argumentos: organización e preparación dos contidos (ilación, sucesión e coherencia); estrutura.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral: organización da frase (estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá); coherencia semántica.

• Uso de recursos audiovisuais.

• Técnicas de organización de reunións e de participación nelas.

BC2. Uso de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá

• Traballos, informes, ensaios e outros textos académicos, científicos e profesionais.

• Aspectos lingüísticos para ter en conta: rexistros comunicativos da lingua e factores que condicionan o seu uso; variacións das formas deícticas en relación coa situación; estilo directo e indirecto.

• Estratexias de lectura con textos académicos.

• Presentación de textos escritos.

• Comprensión e produción de textos escritos: conectores textuais (causa, consecuencia, condición e hipótese); formas verbais nos textos (perífrases verbais; concordancia e coherencia temporal e modal); sintaxe (complementos; frases compostas);estratexias para mellorar o interese da persoa receptora.

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Interpretación de textos literarios en lingua castelá desde o século XIX

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria do período estudado.

• A literatura en lingua castelá nos seus xéneros.

• Evolución da literatura en lingua castelá desde o século XIX ata a actualidade.

• Expresión de opinións fundamentadas sobre textos e obras literarias en lingua castelá.

BC4. Interpretación de textos literarios en lingua galega desde comezos do século XX

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• A literatura en lingua galega nos seus xéneros.

• Evolución da literatura en lingua galega desde comezos do século XX ata a actualidade.

• Expresión de opinións fundamentadas sobre textos e obras literarias en lingua galega.

BC5. Coñecemento e respecto pola diversidade lingüística, a historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX e valoración do estándar e da necesidade de normalizar a lingua galega.

• A situación sociolingüística das linguas do Estado español.

• A variedade interna da lingua castelá e da lingua galega.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX.

• Funcións e valor da lingua estándar.

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Recoñecemento e rexeitamento dos prexuízos lingüísticos, valorando o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

4.3.2 Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa II

• Código: MP3012_23.

• Duración: 34 horas.

4.3.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, aplicando os principios da escoita activa e elaborando presentacións orais de pouca extensión, claras e estruturadas, relativas a temas e aspectos concretos, frecuentes e cotiáns dos ámbitos persoal, público e profesional.

– CA1.1. Aplicáronse sistematicamente as estratexias de escoita activa para a comprensión global e específica das mensaxes recibidas, sen necesidade de entender todos os seus elementos.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa de mensaxes directas ou empregando un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso, estruturadores (de apertura, continuidade e pechamento).

– CA1.3. Identificouse o sentido global e as ideas principais do texto oral e de estruturas gramaticais básicas en oracións sinxelas, de situacións habituais frecuentes e de contido predicible e concreto.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación esenciais que axudan a entender o sentido global e as ideas principais e secundarias da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse composicións e presentacións orais breves de acordo cun guión estruturado, aplicando o formato e os trazos propios de cada tipo de texto de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e marcadores de discurso para iniciar, enlazar, ordenar e finalizar o discurso en situacións habituais frecuentes e aspectos concretos.

– CA1.7. Expresouse a información usando unha entoación e unha pronuncia razoables, aceptándose as pautas e pequenas vacilacións.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva e crítica acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse e valoráronse as normas de relación social e as normas de cortesía máis frecuentes dos países onde se fala a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse e valoráronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade e do lugar de traballo onde se fala a lingua estranxeira.

– CA1.11. Identificáronse as principais actitudes e os comportamentos profesionais en situacións de comunicación habituais do ámbito profesional.

• RA2. Mantén conversas sinxelas e breves en lingua inglesa en situacións habituais e concretas, cara a cara ou por medios técnicos, do ámbito persoal, público e profesional, empregando estratexias de comunicación básica.

– CA2.1. Dialogouse seguindo un guión sobre temas e aspectos concretos e frecuentes do ámbito persoal, público e profesional.

– CA2.2. Describíronse, narráronse e explicáronse experiencias propias.

– CA2.3. Escoitouse e dialogouse en interaccións sinxelas, cotiás da vida profesional, pública e persoal, solicitando e proporcionando información con certo detalle.

– CA2.4. Mantívose a interacción utilizando diversas estratexias de comunicación esenciais para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.5. Utilizáronse estratexias de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira (parafrasear, linguaxe corporal e axudas audiovisuais), para facilitar a comunicación entre as persoas interlocutoras.

– CA2.6. Utilizáronse estruturas gramaticais e oracións sinxelas, e un repertorio esencial e limitado de expresións, frases, palabras frecuentes e marcadores de discurso lineais.

– CA2.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia razoables e comprensibles, aceptándose algunhas pausas e vacilacións, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos breves e sinxelos con certo detalle en lingua inglesa relativos a situacións de comunicación habituais do ámbito persoal, público e profesional, aplicando estratexias de lectura comprensiva e desenvolvendo estratexias sistemáticas de composición.

– CA3.1. Leuse o texto recoñecendo os trazos esenciais do xénero, a súa intención, o seu contexto e a súa estrutura, e interpretando o seu contido global e específico sen necesidade de entender todos os seus elementos.

– CA3.2. Identificouse a intención comunicativa básica do texto, o sentido xeral, a información esencial e as partes principais, mesmo cando o texto se organiza de distinta maneira.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais e oracións sinxelas, e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso básicos e lineais, en situacións habituais frecuentes e concretas de contido predicible.

– CA3.4. Completáronse frases, oracións e textos sinxelos atendendo ao propósito comunicativo, con estruturas gramaticais de escasa complexidade, en situacións habituais e concretas de contido predicible.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e sinxelos, adecuados a un propósito comunicativo, empregando os conectores máis frecuentes para enlazar as oracións.

– CA3.6. Respectáronse as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas seguindo pautas sistemáticas e concretas de revisión e corrección.

– CA3.7. Amosouse unha actitude reflexiva e crítica acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

4.3.2.2 Contidos básicos

BC1. Interpretación e comunicación de textos orais cotiáns en lingua inglesa

• Distinción de ideas principais e secundarias, información esencial de textos orais breves e sinxelos.

• Descrición de aspectos concretos de persoas, lugares, servizos básicos, obxectos e xestións sinxelas.

• Experiencias dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Narración, explicacións e intercambio de acontecementos e experiencias do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, frases e expresións para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal e profesional.

• Tipos de textos e a súa estrutura.

• Recursos tecnolóxicos

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais simples e compostas. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais do ámbito persoal, público e profesional. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso. Dominio sinxelo do discurso: coherencia e cohesión. Oracións simples e subordinadas de escasa complexidade.

• Estratexias de comprensión e escoita activa.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais e das normas de cortesía.

• Recoñecemento e uso de expresións relacionadas cos costumes e os ritos nunha comunidade de persoas usuarias da lingua inglesa.

BC2. Interacción en conversas en lingua inglesa

• Estratexias de interacción para manter e seguir unha conversa.

• Uso de frases estandarizadas.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

• Información global e específica de mensaxes de escasa dificultade referentes a asuntos básicos cotiáns dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Composición de textos escritos breves e ben estruturados.

• Léxico para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás, necesarias, sinxelas e concretas dos ámbitos persoal, público e profesional.

• Terminoloxía específica da área profesional do alumnado.

• Recursos gramaticais. Marcadores do discurso. Dominio sinxelo do discurso: coherencia e cohesión. Uso das oracións simples e compostas na linguaxe escrita.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Propiedades básicas do texto.

• Normas socioculturais nas relacións dos ámbitos persoal, público e profesional en situacións cotiás.

• Estratexias de planificación da mensaxe.

4.3.3 Unidade formativa 3: Sociedade II

• Código: MP3012_33.

• Duración: 34 horas.

4.3.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Infire as características esenciais das sociedades contemporáneas a partir do estudo da súa evolución histórica, analizando os trazos básicos da súa organización social, política e económica en distintos momentos, e a sucesión de transformacións e conflitos acaecidos.

– CA1.1. Discrimináronse as consecuencias para a organización das sociedades actuais das correntes ideolóxicas que a cimentaron, situándoas no tempo e no espazo.

– CA1.2. Valorouse o modelo globalizado actual de relacións económicas mediante o estudo das transformacións económicas producidas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e os sistemas organizativos da actividade produtiva.

– CA1.3. Categorizáronse as características da organización social contemporánea, en especial a galega e a española, analizando a estrutura e as relacións sociais da poboación actual e a súa evolución durante o período, utilizando gráficas e fontes directas seleccionadas.

– CA1.4. Examinouse a evolución das relacións internacionais contemporáneas, elaborando explicacións causais e consecutivas que permitan desenvolver opinións propias sobre os conflitos actuais.

– CA1.5. Valorouse o proceso de unificación do espazo europeo, analizando a súa evolución, os seus principios e as súas institucións significativas, e argumentouse a súa influencia nas políticas nacionais dos países membros da Unión Europea.

– CA1.6. Asociouse a evolución dos acontecementos históricos globais coa evolución histórica do Estado español e do territorio galego, identificando as súas fases de evolución, os principais conflitos e a súa situación actual.

– CA1.7. Identificáronse os trazos esenciais da arte contemporánea, en especial a galega e a española, e a súa evolución ata os nosos días, construíndo opinións e criterios propios de orde estética.

– CA1.8. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do título e describíronse as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA1.9. Elaboráronse instrumentos pautados de recollida e difusión de información que permitan a avaliación das aprendizaxes realizadas, utilizando o vocabulario preciso.

– CA1.10. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora os principios básicos do sistema democrático analizando as súas institucións e as organizacións políticas e económicas en que se manifesta, inferindo pautas de actuación para acomodar o seu comportamento ao cumprimento dos devanditos principios.

– CA2.1. Recoñecéronse os principios básicos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e a súa situación no mundo de hoxe, valorando a súa implicación para a vida cotiá.

– CA2.2. Analizáronse os principios reitores, as institucións e as normas de funcionamento das principais institucións internacionais, xulgando o seu papel nos conflitos mundiais.

– CA2.3. Valorouse a importancia da mediación e da resolución de conflitos na extensión do modelo democrático, desenvolvendo criterios propios e razoados para a resolución destes.

– CA2.4. Xulgáronse os trazos esenciais do modelo democrático español valorando o contexto histórico do seu desenvolvemento.

– CA2.5. Valorouse a implicación do principio de non discriminación nas relacións persoais e sociais do contorno, xulgando comportamentos propios e alleos e inferindo pautas e accións apropiadas para acomodar a actitude aos dereitos e ás obrigas que diso se derivan.

– CA2.6. Elaborouse información pautada e organizada para a súa utilización en situacións de traballo colaborativo e contraste de opinións

4.3.3.2 Contidos básicos

BC1. Valoración das sociedades contemporáneas

• Construción dos sistemas democráticos: a Ilustración e as súas consecuencias, a sociedade liberal e a sociedade democrática.

• Estrutura económica e a súa evolución. Principios de organización económica. Economía globalizada actual. A segunda globalización. Terceira globalización: problemas do desenvolvemento. Evolución do sector produtivo propio en Galicia e en España.

• Relacións internacionais. Grandes potencias e conflito colonial. Guerra civil europea. Descolonización e guerra fría. Mundo globalizado actual. Principais institucións internacionais. Galicia e España no marco de relacións actual.

• Construción europea. Galicia e España en Europa.

• Arte contemporánea: ruptura do canon clásico; o cine e o cómic como entretemento de masas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: traballo colaborativo; presentacións e publicacións web.

BC2. Valoración das sociedades democráticas

• Declaración Universal de Dereitos Humanos: os dereitos humanos na vida cotiá; conflitos internacionais actuais.

• Modelo democrático español: construción da España democrática; constitución Española. A organización do Estado español. O Estado das autonomías. O Estatuto de Autonomía de Galicia.

• Principio de non discriminación na convivencia diaria. Resolución de conflitos.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas. Procesos e pautas para o traballo colaborativo. Preparación e presentación de información para actividades deliberativas. Normas de funcionamento e actitudes no contraste de opinións.

4.3.4 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente do alumnado e contén a formación para mellorar as súas posibilidades de desenvolvemento persoal, social e profesional, utilizando os pasos do método científico, mediante a análise dos principais fenómenos relacionados coas actividades humanas no mundo contemporáneo, co desenvolvemento de estratexias comunicativas suficientes en linguas galega e castelá, e cos fundamentos da comunicación en lingua inglesa en distintas situacións habituais.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra materias como as ciencias sociais, a lingua galega e literatura, a lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, enfocarase á adquisición de ferramentas de análise espazo-temporal, ao tratamento de textos orais e escritos, á elaboración de mensaxes estruturadas e ao respecto cara a outras sociedades, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e colaborativo, para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá II, Comunicación en lingua inglesa II, e Sociedade II.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais ñ), o), p), q) r) e s) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais m), n), ñ), o) e p). Ademais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas cara a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a implicación activa do alumno no seu proceso formativo, onde a práctica e a funcionalidade das aprendizaxes constitúan un contínuum que facilite a realización das actividades que leve a cabo o alumnado.

– Potenciación da autonomía e da iniciativa persoal, para utilizar as estratexias axeitadas no ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o desenvolvemento e o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e colaborativo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións razoadas da realidade.

– Garantía do acceso á información para todo o alumnado, fomentando o uso das TIC.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración de competencias e contidos, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade para permitir a adaptación do alumnado á realidade persoal, social e profesional.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que se deriven do perfil profesional e a súa adaptación aos requisitos profesionais do seu contorno.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes orais e escritas, mediante o seu uso en situacións comunicativas e textuais de distintos tipos.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións da vida persoal, social e profesional que deberá vehicular a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo colaborativo que permita desenvolver o concepto de intelixencia colectiva e a súa relación co ámbito profesional.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes característica das sociedades contemporáneas, máis especificamente no ámbito das culturas de fala inglesa.

– Creación de hábitos de lectura e criterios estéticos propios que lle permitan ao alumnado a satisfacción coa produción literaria, con maior afondamento na produción nas linguas galega e castelá.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración de saberes que permita o estudo dun fenómeno relacionado coas ciencias sociais desde unha perspectiva multidisciplinar que lle permitan ao alumnado valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Uso de estratexias e destrezas de actuación, recursos e fontes de información ao seu alcance para se achegar ao método científico e organizar a información que extraia para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación dos cambios e das transformacións sufridas polos grupos humanos ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas da sociedade actual a partir da análise da información dispoñible e da concreción de hipóteses propias e razoadas de explicación dos fenómenos observados en situación de aprendizaxe.

– Potenciación das capacidades de apreciación e de creación, de educación do gusto polas artes, mediante o desenvolvemento de contidos e actividades que se relacionen con obras e expresións artísticas seleccionadas.

4.4 Módulo profesional: Equipamentos eléctricos e electrónicos

• Código: MP3015.

• Duración: 233 horas.

4.4.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Identifica o material, as ferramentas e o equipamento necesarios para a montaxe e a ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos, e describe as súas principais características e a súa funcionalidade.

– CA1.1. Identificáronse e clasificáronse os elementos e os compoñentes tipo dun equipamento eléctrico ou electrónico, en función da súa aplicación e da súa situación.

– CA1.2. Identificáronse e clasificáronse os tipos de terminais e conectores máis utilizados en equipamentos eléctricos ou electrónicos.

– CA1.3. Identificáronse e clasificáronse as ancoraxes e as suxeicións tipo (parafusos, clips, pestanas, etc.) dun equipamento eléctrico ou electrónico, en función da súa aplicación, da rixidez e da estabilidade.

– CA1.4. Identificáronse e clasificáronse as ferramentas (aparafusador eléctrico, aparafusadores planos e de estrela, chaves, etc.) normalmente empregadas na ensamblaxe dun equipamento eléctrico ou electrónico en función da súa aplicación e idoneidade.

– CA1.5. Identificáronse e clasificáronse os medios e os equipamentos de seguridade persoal (luvas de protección, lentes, máscara, etc.), en función da súa aplicación e tendo en conta as ferramentas que se vaian utilizar.

• RA2. Determina a secuencia das operacións de montaxe e desmontaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos, interpretando esquemas e identificando os pasos.

– CA2.1. Recoñeceuse a simboloxía de representación gráfica dos elementos e dos compoñentes dos equipamentos eléctricos e electrónicos.

– CA2.2. Interpretouse o procedemento e a secuencia de montaxe e conexión, a partir de esquemas ou guías de montaxe.

– CA2.3. Identificouse cada elemento representado no esquema co elemento real.

– CA2.4. Identificouse o procedemento e a secuencia de montaxe e conexión dos elementos (inserción de tarxetas, fixación de elementos, etc.).

– CA2.5. Definiuse o proceso e a secuencia de montaxe e conexión a partir do esquema ou da guía de montaxe.

• RA3. Monta e desmonta elementos de equipamentos eléctricos ou electrónicos, interpretando esquemas e guías de montaxe, nas condicións de calidade e seguridade establecidas.

– CA3.1. Seleccionáronse os esquemas e as guías de montaxe indicados para un modelo determinado.

– CA3.2. Seleccionáronse as ferramentas indicadas nos esquemas e nas guías de montaxe.

– CA3.3. Preparáronse os elementos e os materiais que se vaian utilizar, seguindo procedementos normalizados.

– CA3.4. Identificouse a localización dos elementos no equipamento.

– CA3.5. Ensambláronse os compoñentes seguindo procedementos normalizados, aplicando as normas de seguridade destes.

– CA3.6. Fixáronse os compoñentes cos elementos de suxeición indicados nos esquemas ou nas guías de montaxe, aplicando o par de aperto ou presión establecidos.

– CA3.7. Aplicáronse técnicas de montaxe de compoñentes e conectores electrónicos en placas de circuíto impreso.

– CA3.8. Aplicáronse técnicas de desmontaxe de equipamentos eléctricos ou electrónicos.

– CA3.9. Cumpríronse os requisitos de seguridade establecidos.

– CA3.10. Elaborouse un informe que recolla as actividades desenvolvidas e os resultados obtidos.

– CA3.11. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade e protección ambiental.

– CA3.12. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA4. Conecta elementos en equipamentos eléctricos ou electrónicos aplicando técnicas básicas, e verifica a continuidade nas condicións de calidade e seguridade establecidas.

– CA4.1. Seleccionáronse os esquemas e as guías de montaxe indicados para un modelo determinado de conexión.

– CA4.2. Seleccionáronse as ferramentas indicadas nos esquemas e nas guías de conexión.

– CA4.3. Seleccionouse o tipo de conector e o cableamento apropiado para cada elemento.

– CA4.4. Dispuxéronse e colocáronse as pezas do conector e os cables.

– CA4.5. Dispuxéronse e colocáronse as proteccións persoais e dos elementos.

– CA4.6. Acondicionáronse os cables (pelar, estirar e ordenar) seguindo procedementos.

– CA4.7. Inseríronse as pezas do conector na orde correcta e uníronse os cables (soldar, crimpar, embornar, etc.) da forma establecida no procedemento.

– CA4.8. Realizouse a conexión (soldadura, embornado e conector) segundo o procedemento establecido (posición de elementos, inserción do elemento, manobra de fixación, etc.).

– CA4.9. Verificouse a correcta conexión dos elementos que conforman o equipamento.

– CA4.10. Cumpríronse as medidas de seguridade na utilización de equipamentos e ferramentas.

– CA4.11. Dispuxéronse e colocáronse as etiquetas nos cables, segundo o procedemento establecido.

– CA4.12. Tratáronse os residuos xerados de acordo coa normativa ambiental.

– CA4.13. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade.

– CA4.14. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

• RA5. Realiza o mantemento básico de equipamentos eléctricos e electrónicos, aplicando as técnicas establecidas en condicións de calidade e seguridade.

– CA5.1. Seleccionáronse os esquemas e as guías indicados para un modelo determinado.

– CA5.2. Seleccionáronse as ferramentas segundo as operacións que haxa que realizar.

– CA5.3. Identificáronse os elementos para substituír, así como as súas características e a súa funcionalidade.

– CA5.4. Aprovisionáronse os elementos de substitución.

– CA5.5. Seleccionáronse as ferramentas necesarias para as operacións que se vaian realizar.

– CA5.6. Abriuse o equipamento desmontando a carcasa e as proteccións, e desmontáronse os elementos que cumpra substituír, empregando as técnicas e as ferramentas apropiadas, segundo os requisitos de cada intervención.

– CA5.7. Montáronse os elementos de substitución empregando as técnicas e as ferramentas apropiadas, segundo os requisitos de cada intervención.

– CA5.8. Verificouse o funcionamento correcto do equipamento eléctrico ou electrónico logo de finalizado o proceso, coas proteccións habilitadas e a carcasa novamente montada.

– CA5.9. Elaborouse un informe coas operacións realizadas nun documento co formato establecido.

– CA5.10. Realizáronse os traballos con orde, limpeza e calidade, respectando as normas de seguridade.

– CA5.11. Operouse con autonomía nas actividades propostas, mantendo unha actitude responsable, ordenada e metódica.

4.4.2 Contidos básicos

BC1. Identificación de materiais, ferramentas e equipamentos de montaxe, ensamblaxe, conexión e mantemento

• Corrente alterna e continua. Magnitudes eléctricas. Relación entre magnitudes. Instrumentos de medida (polímetro, wattímetro, osciloscopio, etc.).

• Circuítos eléctricos básicos (elementos pasivos e activos, proteccións, etc.).

• Conectores: características e tipoloxía.

• Cables: características e tipoloxía. Normalización.

• Fibra óptica: aplicacións máis usuais; tipoloxía e características.

• Tipos de equipamentos: máquinas ferramenta, electrodomésticos, equipamentos informáticos, de audio, de vídeo e de comunicacións, e equipamentos industriais

• Ferramentas manuais e máquinas ferramentas.

• Materiais auxiliares. Elementos de ensamblaxe e suxeición: función, tipoloxía e características.

BC2. Proceso de montaxe e mantemento de equipamentos

• Simboloxía eléctrica e electrónica: normalización.

• Interpretación de planos e esquemas.

• Identificación de compoñentes comerciais. Catálogos.

• Identificación de conectores e cables comerciais. Catálogos.

• Interpretación de esquemas e guías de montaxe e desmontaxe.

• Interpretación de esquemas e guías de conexión.

• Caracterización das operacións.

• Secuencia de operacións.

• Selección de ferramentas e equipamentos. Tipoloxía das ferramentas.

• Interpretación de ordes de traballo.

• Elaboración de informes

• Prevención de riscos, saúde laboral e protección ambiental.

• Riscos na manipulación de sistemas e instalacións.

BC3. Montaxe e desmontaxe de equipamentos

• Compoñentes electrónicos: tipos, características e funcións básicas.

• Técnicas de montaxe e inserción de compoñentes electrónicos.

• Ferramentas manuais: tipoloxía e características. Estación de soldadura, confomadora e ferramenta de manipulación de compoñentes de montaxe superficial (SMD).

• Técnicas de soldadura branda: aplicacións máis habituais. Precaucións para ter en conta.

• Utilización de ferramentas manuais e máquinas ferramenta. Seguridade no manexo de ferramentas e máquinas.

• Técnicas de montaxe e ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• Montaxe de elementos accesorios.

• Técnicas de substitución de elementos e compoñentes de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• Operacións de etiquetaxe e control.

• Equipamentos de protección e seguridade.

• Prevención de riscos, saúde laboral e protección ambiental.

BC4. Aplicación de técnicas de conexión e conectorización

• Técnicas de conexión: características e aplicacións.

• Soldadura, embornado e fixación de conectores.

• Ferramentas manuais e máquinas ferramenta: crimpadora, tenaces, pelacables, soldador, etc.

• Operacións de etiquetaxe e control.

• Elementos de fixación: bridas, pechamentos de torsión, elementos pasacables, etc.

• Equipamentos de protección e seguridade.

• Prevención de riscos, saúde laboral e protección ambiental.

BC5. Aplicación de técnicas de substitución de elementos

• Esquemas e guías.

• Aprovisionamento de elementos.

• Características eléctricas dos equipamentos e/ou dos seus elementos para substituír: tensión e corrente; corrente alterna e corrente continua; resistencia eléctrica; potencia eléctrica.

• Ancoraxes e suxeicións: tipos e características.

• Mantemento preventivo e mantemento correctivo. Operacións básicas de mantemento preventivo. Vida útil.

• Plans de emerxencia.

• Actuación en caso de accidente.

• Elaboración de informes. Partes de avarías. Histórico de avarías e partes de traballo.

• Prevención de riscos, saúde laboral e protección ambiental. Tratamento dos residuos xerados. Separación e reciclaxe.

4.4.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para realizar operacións de ensamblaxe, conexión e mantemento básico de equipamentos eléctricos e electrónicos.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación de equipamentos, elementos, ferramentas e medios auxiliares.

– Montaxe e conexión de equipamentos eléctricos e electrónicos, canalizacións e soportes.

– Tendido de cables.

– Mantemento de usuario ou de primeiro nivel.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a) b), c), d), e), f), h), i) e j) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais a) b), c), d), e), h) e i). Ademais relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Identificación dos elementos, os medios auxiliares e as ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Características dos elementos, os medios auxiliares e as ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Aplicación de técnicas de montaxe de equipamentos e elementos eléctricos e electrónicos.

– Toma de medidas das magnitudes típicas en equipamentos eléctricos e electrónicos.

– Mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

4.5 Módulo profesional: Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos

• Código: MP3016.

• Duración: 206 horas.

4.5.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Selecciona os elementos que configuran as redes de transmisión de voz e datos, e describe as súas principais características e funcións.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de instalacións relacionadas coas redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.2. Identificáronse os elementos (canalizacións, medios de transmisión, antenas, armarios, racks, caixas, etc.) das redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.3. Clasificáronse os tipos de medios de transmisión (par de cobre, cable coaxial, fibra óptica, etc.) empregados nas redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.4. Determinouse a tipoloxía das caixas (rexistros, armarios, racks, caixas de superficie, de empotrar, etc.) empregadas nas redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.5. Describíronse os tipos de fixacións (tacos, bridas, parafusos, porcas, grampas, etc.) de canalizacións e sistemas que se empregan nas redes de transmisión de voz e datos.

– CA1.6. Relacionáronse as fixacións de canalizacións e sistemas empregadas nas redes de transmisión de voz e datos co elemento que cumpra suxeitar.

• RA2. Monta canalizacións, soportes e armarios en redes de transmisión de voz e datos, identificando os elementos no plano da instalación e aplicando técnicas de montaxe.

– CA2.1. Seleccionáronse as técnicas e as ferramentas empregadas para a instalación e a adaptación de canalizacións en redes de transmisión de voz e datos.

– CA2.2. Montáronse racks de transmisión de voz e datos, seguindo os procedementos recomendados.

– CA2.3. Identificouse nun plano do edificio ou nunha parte do edificio a situación dos elementos da instalación de rede de transmisión de voz e datos.

– CA2.4. Preparouse a colocación de caixas e canalizacións de redes de transmisión de voz e datos.

– CA2.5. Preparáronse e/ou mecanizáronse as canalizacións e caixas de redes de transmisión de voz e datos.

– CA2.6. Montáronse os armarios (racks) de redes de transmisión de voz e datos, interpretando o plano.

– CA2.7. Montáronse canalizacións, caixas, tubos, etc., de redes de transmisión de voz e datos, asegurando a súa fixación mecánica.

– CA2.8. Aplicáronse normas de seguridade no uso de ferramentas e sistemas utilizados para a montaxe de redes de transmisión de voz e datos.

• RA3. Desprega o cableamento dunha rede de voz e datos, e analiza o seu trazado.

– CA3.1. Recoñecéronse os detalles dos medios de transmisión guiados utilizados en instalacións de redes de voz e datos durante o seu despregamento (categoría do cableamento, tipo de fibra óptica, espazos por onde discorre, soporte para as canalizacións, etc.).

– CA3.2. Utilizáronse os tipos de guías pasacables, indicando o xeito óptimo de suxeitar os cables e as guías.

– CA3.3. Cortouse e etiquetouse o cable.

– CA3.4. Etiquetáronse os medios de transmisión guiados de redes de voz e datos.

– CA3.5. Montáronse os armarios de comunicacións e os accesorios en redes de voz e datos.

– CA3.6. Montáronse e conectáronse as tomas de usuario e paneis de parcheamento en redes de voz e datos.

– CA3.7. Despregáronse redes de transmisión de voz e datos que empregan medios de transmisión sen fíos.

– CA3.8. Traballouse con base na calidade e na seguridade requiridas durante o despregamento de redes de voz e datos.

• RA4. Instala elementos e sistemas de transmisión de voz e datos, recoñecendo e aplicando as técnicas de montaxe.

– CA4.1. Ensambláronse os elementos de transmisión de voz e datos que consten de varias pezas.

– CA4.2. Identificáronse os medios de transmisión de voz e datos en función da súa etiquetaxe ou das súas cores.

– CA4.3. Instaláronse e fixáronse os sistemas ou os elementos de transmisión de voz e datos (hubs, switchs, routers, etc.) no seu lugar.

– CA4.4. Instaláronse e fixáronse os sistemas ou elementos de transmisión sen fíos de voz e datos (antenas, amplificadores, etc.) no seu lugar.

– CA4.5. Seleccionáronse as ferramentas adecuadas para a instalación de elementos e sistemas de transmisión de voz e datos.

– CA4.6. Conectouse o cableamento cos sistemas e os elementos de transmisión de voz e datos, asegurando un bo contacto.

– CA4.7. Colocáronse os embelecedores, as tapas e os elementos decorativos dos sistemas de transmisión de voz e datos.

– CA4.8. Aplicáronse normas de seguridade no uso de ferramentas á hora de instalar elementos e sistemas de transmisión de voz e datos.

• RA5. Realiza operacións básicas de configuración en redes locais, en relación coas súas aplicacións.

– CA5.1. Describíronse os principios de funcionamento das redes locais.

– CA5.2. Identificáronse os tipos de redes e as súas topoloxías.

– CA5.3. Recoñecéronse os elementos das redes locais e identificáronse coa súa función.

– CA5.4. Describíronse os medios de transmisión das redes locais.

– CA5.5. Interpretáronse mapas físicos de diferentes redes locais.

– CA5.6. Representouse o mapa físico de diversas redes locais.

– CA5.7. Utilizáronse aplicacións informáticas para representar o mapa físico de diferentes redes locais.

• RA6. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados da instalación de redes para transmisión de datos.

– CA6.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para a instalación de redes para transmisión de datos.

– CA6.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito na instalación de redes para transmisión de datos.

– CA6.3. Recoñecéronse os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa instalación de redes para transmisión de datos.

• RA7. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, e identifica os riscos asociados, así como as medidas e os sistemas para os previr.

– CA7.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, utensilios, máquinas e medios de transporte.

– CA7.2. Operouse coas máquinas respectando as normas de seguridade.

– CA7.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas, máquinas de corte e conformación, etc.

– CA7.4. Describíronse os elementos de seguridade (proteccións, alarmas, pasos de emerxencia, etc.) das máquinas e os sistemas de protección individual (calzado, protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento.

– CA7.5. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.

– CA7.6. Identificáronse as posibles fontes de contaminación ambiental.

– CA7.7. Clasificáronse os residuos xerados para a súa retirada selectiva.

– CA7.8. Valorouse a orde e a limpeza de instalacións e sistemas como primeiro factor de prevención de riscos.

4.5.2 Contidos básicos

BC1. Selección de elementos de redes de transmisión de voz e datos

• Instalacións relacionadas coas redes de transmisión de voz e datos.

• Elementos das redes de transmisión de voz e datos: canalizacións (tubos ríxidos e flexibles, canalizacións, bandexas, soportes, etc.), medios de transmisión (cable coaxial, par trenzado, fibra óptica, etc.), antenas, armarios, racks, caixas, e fixacións (tacos, bridas, parafusos, porcas e grampas).

• Instalacións de infraestruturas de telecomunicación en edificios: características.

• Sistemas e elementos de interconexión.

BC2. Montaxe de canalizacións, soportes e armarios en redes de transmisión de voz e datos

• Montaxe de canalizacións, soportes e armarios nas instalacións de telecomunicación.

• Técnicas de instalación e adaptación de canalizacións en redes de transmisión de voz e datos.

• Ferramentas empregadas na instalación e na adaptación de canalizacións en redes de transmisión de voz e datos.

• Montaxe de racks de transmisión de voz e datos.

• Características e tipos das canalizacións: tubos ríxidos e flexibles, canles, bandexas, soportes, etc.

• Preparación e mecanizado de canalizacións. Técnicas de montaxe de canalizacións e tubos.

• Montaxe de canalizacións: tubos ríxidos e flexibles, bandexas, soportes, etc.

• Normas de seguridade no uso de ferramentas e sistemas utilizados na montaxe de redes de transmisión de voz e datos.

BC3. Despregamento do cableamento de redes de voz e datos

• Recomendacións na instalación do cableamento dos medios de transmisión guiados.

• Técnicas para tender os medios de transmisión guiados.

• Guías pasacables.

• Identificación e etiquetaxe dos medios de transmisión guiados.

• Armarios de comunicacións e os seus accesorios.

• Tomas de usuario e paneis de parcheamento.

• Despregamento de redes sen fíos de voz e datos.

BC4. Instalación de elementos e sistemas de transmisión de voz e datos

• Características e tipos das fixacións. Técnicas de montaxe.

• Montaxe de sistemas e elementos das instalacións de comunicación de voz e datos.

• Ferramentas.

• Instalación e fixación de sistemas en instalacións de comunicación de voz e datos.

• Técnicas de fixación: en armarios e en superficie.

• Técnicas de conexión dos medios de transmisión guiados.

• Colocación de embelecedores, tapas e elementos decorativos.

• Instalación e fixación de sistemas e elementos de transmisión sen fíos (antenas, amplificadores, etc.).

BC5. Configuración básica de redes locais

• Características. Vantaxes e inconvenientes. Tipos. Topoloxías. Elementos de rede.

• Identificación de elementos e espazos físicos dunha rede local.

• Medios de transmisión das redes locais.

• Cuartos e armarios de comunicacións.

• Conectores e tomas de rede.

• Dispositivos de interconexión de redes.

• Configuración básica dos dispositivos de interconexión de redes con cables e sen eles.

• Mapas físicos de redes locais.

BC6. Iniciativa emprendedora na instalación de redes para transmisión de datos.

• A persoa emprendedora na instalación de redes para transmisión de datos.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na instalación de redes para transmisión de datos.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa instalación de redes para transmisión de datos.

BC7. Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental

• Normas, medios e sistemas de seguridade.

• Identificación de riscos.

• Determinación das medidas de prevención de riscos laborais.

• Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe.

• Sistemas de protección individual.

• Normativa de prevención de riscos laborais.

• Normativa de protección ambiental e tratamento de residuos.

4.5.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de instalar canalizacións, cableamento e sistemas auxiliares en instalacións de redes locais en pequenos contornos.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación de sistemas, elementos, ferramentas e medios auxiliares.

– Montaxe de canalizacións e soportes.

– Tendido de cables para redes locais.

– Montaxe dos elementos da rede local.

– Integración dos elementos da rede.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a) b), c), d), e), f), g), h), i) e j) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), c), d), e), f), g), h) e i). Ademais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Identificación de sistemas, medios auxiliares, sistemas e ferramentas, para a realización da montaxe e o mantemento das instalacións.

– Aplicación de técnicas de montaxe de sistemas e elementos das instalacións.

– Toma de medidas das magnitudes típicas das instalacións.

4.6 Módulo profesional: Ciencias aplicadas II

• Código: MP3019.

• Duración: 162 horas.

4.6.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Resolve situacións cotiás aplicando os métodos de resolución de ecuacións e de sistemas, valorando a precisión, a simplicidade e a utilidade da linguaxe alxébrica.

– CA1.1. Utilizáronse identidades notables nas operacións con polinomios.

– CA1.2. Obtivéronse valores numéricos a partir dunha expresión alxébrica.

– CA1.3. Resolvéronse ecuacións de primeiro e segundo grao sinxelas de modo alxébrico e gráfico.

– CA1.4. Resolvéronse problemas cotiáns e doutras áreas de coñecemento mediante ecuacións e sistemas.

– CA1.5. Valorouse a precisión, a simplicidade e a utilidade da linguaxe alxébrica para representar situacións formuladas na vida real.

– CA1.6. Resolvéronse sistemas de ecuacións sinxelos.

• RA2. Resolve problemas sinxelos de diversa índole, a través da súa análise contrastada e aplicando as fases do método científico.

– CA2.1. Formuláronse hipóteses sinxelas, a partir de observacións directas ou indirectas compiladas por distintos medios.

– CA2.2. Analizáronse diversas hipóteses e emitiuse una primeira aproximación á súa explicación.

– CA2.3. Planificáronse métodos e procedementos experimentais sinxelos de diversa índole para refutar ou non a súa hipótese.

– CA2.4. Traballouse en equipo na formulación da solución.

– CA2.5. Compiláronse os resultados dos ensaios de verificación e reflectíronse nun documento de xeito coherente.

– CA2.6. Defendeuse o resultado con argumentacións e probas, e verificacións ou refutacións das hipóteses emitidas.

• RA3. Realiza medidas directas e indirectas de figuras xeométricas presentes en contextos reais, utilizando os instrumentos, as fórmulas e as técnicas necesarias.

– CA3.1. Utilizáronse instrumentos apropiados para medir ángulos, lonxitudes, áreas e volumes de corpos e de figuras xeométricas, interpretando as escalas de medida.

– CA3.2. Utilizáronse estratexias (semellanzas e descomposición en figuras máis sinxelas, etc.) para estimar ou calcular medidas indirectas no mundo físico.

– CA3.3. Utilizáronse as fórmulas para calcular perímetros, áreas e volumes, e asignáronse as unidades correctas.

– CA3.4. Traballouse en equipo na obtención de medidas.

– CA3.5. Utilizáronse as TIC para representar figuras.

• RA4. Interpreta gráficas de dúas magnitudes calculando os parámetros significativos destas e relacionándoo con funcións matemáticas elementais e os principais valores estatísticos.

– CA4.1. Expresouse a ecuación da recta de diversas formas.

– CA4.2. Representouse graficamente a función cuadrática aplicando métodos sinxelos para a súa representación.

– CA4.3. Representouse graficamente a función inversa.

– CA4.4. Representouse graficamente a función exponencial.

– CA4.5. Extraeuse información de gráficas que representen os tipos de funcións asociadas a situacións reais.

– CA4.6. Utilizouse o vocabulario adecuado para a descrición de situacións relacionadas co azar e coa estatística.

– CA4.7. Elaboráronse e interpretáronse táboas e gráficos estatísticos.

– CA4.8. Analizáronse características da distribución estatística obtendo medidas de centralización e de dispersión.

– CA4.9. Aplicáronse as propiedades dos sucesos e a probabilidade.

– CA4.10. Resolvéronse problemas cotiáns mediante cálculos de probabilidade sinxelos.

• RA5. Aplica técnicas físicas ou químicas, utilizando o material necesario para a realización de prácticas de laboratorio sinxelas, medindo as magnitudes implicadas.

– CA5.1. Verificouse a dispoñibilidade do material básico utilizado nun laboratorio.

– CA5.2. Identificáronse e medíronse magnitudes básicas (masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.).

– CA5.3. Identificáronse tipos de biomoléculas presentes en materiais orgánicos e inorgánicos.

– CA5.4. Describíronse a célula e os tecidos animais e vexetais mediante a súa observación a través de instrumentos ópticos.

– CA5.5. Elaboráronse informes de ensaios onde se inclúa a xustificación, o procedemento seguido, os resultados obtidos e as conclusións.

– CA5.6. Aplicáronse as normas de traballo no laboratorio.

• RA6. Recoñece as reaccións químicas que se producen nos procesos biolóxicos e na industria, argumentando a súa importancia na vida cotiá e describindo os cambios que se producen.

– CA6.1. Identificáronse reaccións químicas principais da vida cotiá, da natureza e da industria.

– CA6.2. Describíronse as manifestacións de reaccións químicas.

– CA6.3. Describíronse os compoñentes principais dunha reacción química e a intervención da enerxía nela.

– CA6.4. Recoñecéronse algunhas reaccións químicas tipo (combustión, oxidación, descomposición, neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica).

– CA6.5. Identificáronse os compoñentes e o proceso de reaccións químicas sinxelas mediante ensaios de laboratorio.

– CA6.6. Elaboráronse informes utilizando as TIC sobre as industrias máis salientables (alimentaria, cosmética e de reciclaxe), describindo de forma sinxela os procesos que teñen lugar nelas.

– CA6.7. Aplicáronse as normas de seguridade no traballo de laboratorio.

• RA7. Identifica aspectos positivos e negativos do uso da enerxía nuclear, e describe os efectos da contaminación xerada na súa aplicación.

– CA7.1. Analizáronse efectos positivos e negativos do uso da enerxía nuclear.

– CA7.2. Diferenciáronse os procesos de fusión e de fisión nuclear.

– CA7.3. Identificáronse algúns problemas sobre verteduras nucleares produto de catástrofes naturais ou de mala xestión e mal mantemento das centrais nucleares.

– CA7.4. Argumentouse sobre a problemática dos residuos nucleares.

– CA7.5. Traballouse en equipo e utilizáronse as TIC.

• RA8. Identifica os cambios que se producen no planeta Terra argumentando as súas causas e tendo en conta as diferenzas entre relevo e paisaxe.

– CA8.1. Identificáronse os axentes xeolóxicos externos e cal é a súa acción sobre o relevo.

– CA8.2. Diferenciáronse os tipos de meteorización e identificáronse as súas consecuencias no relevo.

– CA8.3. Analizouse o proceso de erosión, recoñecendo os axentes xeolóxicos externos que interveñen e as consecuencias no relevo.

– CA8.4. Describiuse o proceso de transporte discriminando os axentes xeolóxicos externos que interveñen e as consecuencias no relevo.

– CA8.5. Analizouse o proceso de sedimentación discriminando os axentes xeolóxicos externos que interveñen, as situacións e as consecuencias no relevo.

• RA9. Categoriza os contaminantes atmosféricos principais identificando as súas orixes e relacionándoas cos seus efectos.

– CA9.1. Recoñecéronse os fenómenos da contaminación atmosférica e os principais axentes que a causan.

– CA9.2. Investigouse sobre o fenómeno da chuvia ácida, as súas consecuencias inmediatas e futuras, e como sería posible evitala.

– CA9.3. Describiuse o efecto invernadoiro argumentando as súas causas ou axentes que contribúen a el, así como as medidas para a súa redución.

– CA9.4. Describiuse a problemática que ocasiona a perda paulatina da capa de ozono, e as consecuencias para a saúde das persoas, o equilibrio da hidrosfera e as poboacións.

• RA10. Identifica os contaminantes da auga tendo en conta a relación entre o seu efecto no ambiente e o seu tratamento de depuración.

– CA10.1. Recoñeceuse e valorouse o papel da auga na existencia e na supervivencia da vida no planeta.

– CA10.2. Identificouse o efecto nocivo da contaminación dos acuíferos nas poboacións de seres vivos.

– CA10.3. Identificáronse posibles contaminantes en mostras de auga de distinta orixe, planificando e realizando ensaios de laboratorio.

– CA10.4. Analizáronse os efectos producidos pola contaminación da auga e o uso responsable desta.

• RA11. Contribúe ao equilibrio ambiental, analizando e argumentando as liñas básicas sobre o desenvolvemento sustentable e propondo accións para a súa mellora e a súa conservación.

– CA11.1. Analizáronse as implicacións positivas dun desenvolvemento sustentable.

– CA11.2. Propuxéronse medidas elementais encamiñadas a favorecer o desenvolvemento sustentable.

– CA11.3. Deseñáronse estratexias básicas para posibilitar o mantemento do ambiente.

– CA11.4. Traballouse en equipo na identificación dos obxectivos para a mellora ambiental.

• RA12. Relaciona as forzas que aparecen en situacións habituais cos efectos producidos tendo en conta a súa contribución ao movemento ou ao repouso dos obxectos e as magnitudes postas en xogo.

– CA12.1. Discrimináronse movementos cotiáns en función da súa traxectoria e da súa celeridade.

– CA12.2. Relacionáronse entre si a distancia percorrida, a velocidade, o tempo e a aceleración, expresándoas en unidades de uso habitual.

– CA12.3. Representáronse vectorialmente determinadas magnitudes como a velocidade e a aceleración.

– CA12.4. Relacionáronse os parámetros que definen o movemento rectilíneo uniforme utilizando as expresións gráfica e matemática.

– CA12.5. Realizáronse cálculos sinxelos de velocidades en movementos con aceleración constante.

– CA12.6. Describiuse a relación causa e efecto en distintas situacións, para atopar a relación entre forzas e movementos.

– CA12.7. Aplicáronse as leis de Newton en situacións da vida cotiá.

• RA13. Identifica os aspectos básicos da produción, o transporte e a utilización da enerxía eléctrica, e os factores que interveñen no seu consumo, describindo os cambios producidos e as magnitudes e valores característicos.

– CA13.1. Identificáronse e manexáronse as magnitudes físicas básicas para ter en conta no consumo de electricidade na vida cotiá.

– CA13.2. Analizáronse os hábitos de consumo e de aforro eléctrico e establecéronse liñas de mellora neles.

– CA13.3. Clasificáronse as centrais eléctricas e describiuse a transformación enerxética nelas.

– CA13.4. Analizáronse as vantaxes e as desvantaxes das centrais eléctricas.

– CA13.5. Describíronse basicamente as etapas da distribución da enerxía eléctrica desde a súa xénese á persoa usuaria.

– CA13.6. Traballouse en equipo na compilación de información sobre centrais eléctricas en España.

• RA14. Identifica os compoñentes básicos de circuítos eléctricos sinxelos, realizando medidas e determinando os valores das magnitudes que os caracterizan.

– CA14.1. Identificáronse os elementos básicos dun circuíto sinxelo en relación cos existentes na vida cotiá.

– CA14.2. Puxéronse de manifesto os factores dos que depende a resistencia dun condutor.

– CA14.3. Experimentáronse sobre circuítos elementais as variacións dunha magnitude básica en función dos cambios producidos nas outras.

– CA14.4. Realizáronse esquemas de circuítos eléctricos sinxelos interpretando as situacións sobre estes.

– CA14.5. Describíronse e exemplificáronse as variacións producidas nas asociacións serie, paralelo e mixtas.

– CA14.6. Calculáronse magnitudes eléctricas elementais no contorno habitual de consumo.

4.6.2 Contidos básicos

BC1. Resolución de ecuacións e de sistemas en situacións cotiás

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, produto, cociente e factor común.

• Obtención de valores numéricos en fórmulas. Regra de Ruffini.

• Polinomios: raíces e factorización. Teorema do resto e teorema do factor.

• Resolución alxébrica e gráfica de ecuacións de primeiro e de segundo grao.

• Resolución de sistemas de ecuacións sinxelos.

• Técnicas de resolución de problemas con ecuacións e sistemas.

• Linguaxe alxébrica. Precisión e simplicidade na tradución de situacións reais.

BC2. Resolución de problemas sinxelos

• Método científico.

• Fases do método científico: observación, elaboración de hipóteses, experimentación, análise de resultados, e leis ou teorías.

• Aplicación das fases do método científico a situacións sinxelas.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, cooperación, respecto e orde. Elaboración de informes.

BC3. Realización de medidas en figuras xeométricas

• Puntos e rectas.

• Rectas secantes e paralelas.

• Ángulo: medida.

• Polígonos: descrición dos seus elementos e clasificación.

• Triángulos. Semellanza; teoremas de Tales e de Pitágoras.

• Circunferencia e os seus elementos. Medida e cálculo de lonxitudes, áreas e volumes. Asignación de unidades.

• Cálculo de medidas indirectas. Semellanzas; descomposición en figuras máis simples.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, cooperación e respecto. Presentación de resultados.

• Uso de aplicacións informáticas de xeometría dinámica para o estudo e a representación de figuras xeométricas.

BC4. Interpretación de gráficos

• Interpretación dun fenómeno descrito mediante un enunciado, unha táboa, unha gráfica ou unha expresión analítica.

• Funcións lineais. Ecuación da recta.

• Funcións cuadráticas. Representación gráfica.

• Representación gráfica da función inversa e da función exponencial.

• Uso de aplicacións informáticas para a representación, a simulación e a análise da gráfica dunha función.

• Estatística. Táboas e gráficos estatísticos. Medidas de centralización e dispersión.

• Cálculo de probabilidades. Propiedades dos sucesos e da probabilidade. Resolución de problemas.

BC5. Aplicación de técnicas físicas ou químicas

• Material básico no laboratorio. Inventario.

• Normas de traballo no laboratorio.

• Medida de magnitudes fundamentais: lonxitude, masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.

• Recoñecemento de biomoléculas orgánicas e inorgánicas.

• Microscopio óptico e lupa binocular: fundamentos ópticos e manexo; utilización para describir a célula, e os tecidos animais e vexetais.

• Informes de traballo no laboratorio: estrutura e formato.

BC6. Recoñecemento de reaccións químicas cotiás

• Reacción química. Compoñentes e procesos. Ensaios de laboratorio.

• Condicións de produción das reaccións químicas: intervención de enerxía.

• Reaccións químicas en ámbitos da vida cotiá, da natureza e na industria.

• Reaccións químicas básicas: combustión, oxidación, descomposición, neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica.

• Procesos que teñen lugar nas industrias máis salientables (alimentarias, cosmética e de reciclaxe).

• Normas de seguridade no traballo de laboratorio.

BC7. Identificación de aspectos relativos á contaminación nuclear

• Orixe da enerxía nuclear.

• Tipos de procesos para a obtención e o uso da enerxía nuclear: fusión e fisión.

• Residuos radioactivos provenientes das centrais nucleares: problemática da súa xestión e do seu tratamento.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, normas, orde e elaboración de informes.

BC8. Identificación dos cambios no relevo e na paisaxe da Terra

• Axentes xeolóxicos externos e internos.

• Acción dos axentes xeolóxicos externos: meteorización, erosión, transporte e sedimentación.

• Identificación dos resultados da acción dos axentes xeolóxicos.

• Relevo e paisaxe. Factores condicionantes.

BC9. Categorización dos contaminantes atmosféricos principais

• Concepto.

• Chuvia ácida.

• Efecto invernadoiro.

• Destrución da capa de ozono.

BC10. Identificación de contaminantes da auga

• Auga: factor esencial para a vida no planeta.

• Contaminación da auga: causas e efectos.

• Tratamentos de depuración e potabilización de auga.

• Métodos de almacenamento da auga proveniente dos desxeamentos, as descargas fluviais e a chuvia.

BC11. Equilibrio ambiental e desenvolvemento sustentable

• Concepto e aplicacións do desenvolvemento sustentable.

• Factores que inciden sobre a conservación do ambiente.

• Accións que contribúen ao mantemento e na mellora do equilibrio ambiental.

BC12. Influencia das forzas sobre o estado de repouso e de movemento dos corpos

• Clasificación dos movementos segundo a súa traxectoria e a súa aceleración.

• Distancia percorrida, velocidade e aceleración. Unidades do Sistema Internacional e máis habituais. Cálculos en movementos con aceleración constante.

• Magnitudes escalares e vectoriais: distancia percorrida, velocidade e aceleración.

• Movemento rectilíneo uniforme: características. Interpretación gráfica.

• Forza: resultado dunha interacción. Relación entre forzas e movementos.

• Representación de forzas aplicadas a un sólido en situacións habituais. Resultante.

• Leis de Newton.

BC13. Produción e utilización da enerxía eléctrica

• Electricidade e desenvolvemento tecnolóxico.

• Materia e electricidade.

• Magnitudes básicas manexadas no consumo de electricidade: enerxía e potencia. Aplicacións na vida cotiá: interpretación do recibo da luz.

• Hábitos de consumo e aforro de electricidade.

• Sistemas de produción de enerxía eléctrica: tipos de centrais eléctricas, as súas vantaxes e as súas desvantaxes.

• Transporte e distribución da enerxía eléctrica: etapas.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades; elaboración de informes.

BC14. Identificación compoñentes de circuítos básicos

• Elementos dun circuíto eléctrico.

• Compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. Cálculo da resistencia dun condutor.

• Elaboración e interpretación de esquemas eléctricos.

• Circuítos serie, paralelo e mixto.

• Magnitudes eléctricas básicas.

• Realización de medidas experimentais de resistencia, voltaxe e intensidade.

• Cálculo da enerxía consumida e da potencia disipada nos compoñentes eléctricos.

4.6.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que, utilizando os pasos do razoamento científico, basicamente a observación e a experimentación, o alumnado aprenda a interpretar fenómenos naturais e, do mesmo modo, poida afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da súa vida cotiá.

Igualmente, fórmase para que utilice a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de distinta índole, aplicados a calquera situación, na súa vida cotiá e na súa vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a física e a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfocarase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na solución de problemas e noutras tarefas significativas, e permitiralle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais k), l), m), n) e ñ) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais j), k), l) e m). Ademais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

– Interpretación de gráficos e curvas.

– Aplicación, cando proceda, do método científico.

– Valoración do ambiente e da influencia dos contaminantes.

– Características da enerxía nuclear.

– Aplicación de procedementos físicos e químicos elementais.

– Realización de exercicios de expresión oral.

– Representación de forzas.

4.7 Módulo profesional: Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos

• Código: MP3029.

• Duración: 296 horas.

4.7.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Selecciona e describe os compoñentes e as ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento de sistemas microinformáticos, en relación coa súa función e a súa aplicación na instalación.

– CA1.1. Describíronse as características dos elementos eléctricos e electrónicos utilizados na montaxe de sistemas.

– CA1.2. Describíronse as operacións e as comprobacións previas á manipulación segura de compoñentes eléctricos e/ou electrónicos.

– CA1.3. Identificáronse as ferramentas e os dispositivos necesarios na manipulación segura de sistemas electrónicos.

– CA1.4. Seleccionáronse as ferramentas necesarias para o procedemento de montaxe, substitución e/ou conexión de compoñentes hardware dun sistema microinformático.

– CA1.5. Identificáronse funcionalmente os compoñentes hardware para a ensamblaxe e/ou o mantemento dun equipamento microinformático.

– CA1.6. Describíronse as características de dispositivos informáticos como portátiles, táboas, plataformas semiensambladas (barebone), de entretemento multimedia, etc.

– CA1.7. Describíronse as características técnicas de cada compoñente de hardware (interno e externo) utilizado na montaxe e/ou no mantemento dun equipamento microinformático.

– CA1.8. Localizáronse os bloques funcionais en placas base utilizadas nos sistemas microinformáticos.

– CA1.9. Identificáronse os tipos de portos, baías internas, zócolos e cables de conexión (de datos, eléctricos, etc.) existentes nun equipamento microinformático.

– CA1.10. Recoñecéronse e describíronse as características técnicas de dispositivos periféricos dun equipamento microinformático.

– CA1.11. Describíronse ordenadamente as instrucións para a realización da montaxe e o mantemento de sistemas microinformáticos.

• RA2. Ensambla os compoñentes de hardware dun equipamento microinformático, con interpretación de guías e instrucións, aplicando técnicas de montaxe.

– CA2.1. Comprobouse cada compoñente antes da súa utilización, seguindo as normas de seguridade establecidas.

– CA2.2. Interpretáronse as guías de instrucións referentes aos procedementos de integración ou ensamblaxe, substitución e conexión de compoñentes de hardware dun sistema microinformático.

– CA2.3. Montáronse placas base e fontes de alimentación en distintos tipos de carcasas.

– CA2.4. Ensambláronse os compoñentes de hardware internos (memoria, procesador, tarxeta de vídeo, pila, etc.) á placa base do sistema microinformático.

– CA2.5. Fixouse cada dispositivo ou tarxeta de expansión na rañura ou slot correspondente, segundo guías detalladas de instalación.

– CA2.6. Conectáronse adecuadamente os compoñentes de hardware internos (como discos duros, dispositivos ópticos, etc.) que necesiten cables de conexión, para a súa integración no sistema microinformático.

• RA3. Instala sistemas operativos libres e propietarios identificando as fases do proceso en relación coa funcionalidade da instalación.

– CA3.1. Describíronse os pasos para a instalación e a actualización de sistemas operativos.

– CA3.2. Instaláronse e configuráronse sistemas operativos segundo as instrucións recibidas.

– CA3.3. Instaláronse actualizacións e parches do sistema operativo segundo as instrucións recibidas.

– CA3.4. Instaláronse e configuráronse aplicacións de software en sistemas operativos.

– CA3.5. Verificáronse e reparáronse posibles erros do proceso de carga do sistema operativo.

– CA3.6. Utilizáronse as ferramentas de control de estruturas de directorios e de xestión de permisos.

– CA3.7. Anotáronse os posibles fallos producidos na fase de arranque do equipamento microinformático.

– CA3.8. Realizáronse copias de seguridade dos datos.

– CA3.9. Describíronse as funcións de replicación (clonación) de discos e particións en sistemas microinformáticos.

– CA3.10. Utilizáronse ferramentas de software para a creación e a restauración de imaxes de discos ou particións.

– CA3.11. Verificouse a funcionalidade da imaxe restaurada.

• RA4. Comproba a funcionalidade dos elementos do sistema, os soportes e os periféricos instalados, utilizando procedementos de test axeitados.

– CA4.1. Aplicáronse a cada compoñente de hardware e a cada periférico os procedementos de comprobación adecuados.

– CA4.2. Verificouse que o equipamento microinformático realice o procedemento de acendemento e de POST (“power on self test”) e, de ser o caso, identificouse a orixe dos problemas.

– CA4.3. Comprobouse a funcionalidade dos soportes para almacenamento de información.

– CA4.4. Utilizáronse as ferramentas e as guías de uso para comprobar o estado e a funcionalidade dos soportes de almacenamento e da información contida nestes.

– CA4.5. Verificouse a funcionalidade na conexión entre compoñentes do equipamento microinformático e cos periféricos.

– CA4.6. Utilizáronse ferramentas de configuración, control e comprobación de verificación do correcto funcionamento do sistema.

– CA4.7. Rexistráronse os resultados e as incidencias producidas nos procesos de comprobación da funcionalidade dos sistemas microinformáticos.

• RA5. Realiza o mantemento básico de sistemas informáticos, soportes e periféricos, tendo en conta a relación entre as intervencións e os resultados que cumpra conseguir.

– CA5.1. Comprobouse por medio de indicadores luminosos que os periféricos conectados ao sistema teñan alimentación eléctrica e que as conexións de datos estean ben realizadas.

– CA5.2. Describíronse os elementos consumibles necesarios para seren utilizados nos periféricos de sistemas microinformáticos.

– CA5.3. Utilizáronse as guías técnicas detalladas para substituír elementos consumibles.

– CA5.4. Describíronse as características dos compoñentes, dos soportes e dos periféricos para coñecer os aspectos que afecten o seu mantemento.

– CA5.5. Utilizáronse as guías de fábrica para identificar os procedementos de limpeza de compoñentes, soportes e periféricos.

– CA5.6. Realizouse a limpeza de compoñentes, soportes e periféricos respectando as disposicións técnicas establecidas por fábrica e mantendo a súa funcionalidade.

– CA5.7. Recolléronse os residuos e os elementos de refugo segundo as normas recomendables para a súa eliminación ou a súa reciclaxe.

• RA6. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identificando os requisitos derivados da montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

– CA6.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os requisitos e as actitudes necesarias para a montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

– CA6.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito na montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

– CA6.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora relacionada coa montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

• RA7. Almacena equipamentos, periféricos e consumibles, e describe as condicións de conservación e etiquetaxe.

– CA7.1. Describíronse as condicións para manipular, transportar e almacenar compoñentes e periféricos dun sistema microinformático.

– CA7.2. Identificáronse os tipos de embalaxe para o transporte e/ou a almacenaxe de cada dispositivo, periférico e consumible.

– CA7.3. Utilizáronse as ferramentas necesarias para realizar as tarefas de etiquetaxe previas á embalaxe e/ou o almacenamento de sistemas, periféricos e consumibles.

– CA7.4. Utilizáronse os medios auxiliares adecuados para os elementos que se vaian transportar.

– CA7.5. Aplicáronse as normas de seguridade na manipulación e no transporte de elementos e equipamentos.

– CA7.6. Comprobouse que os compoñentes recibidos se correspondan co albará de entrega e que estean en bo estado.

– CA7.7. Rexistráronse as operacións realizadas seguindo os formatos establecidos.

– CA7.8. Recolléronse os residuos e os elementos de refugo para a súa eliminación ou reciclaxe.

4.7.2 Contidos básicos

BC1. Selección de ferramentas e compoñentes utilizados na montaxe e no mantemento de sistemas microinformáticos

• Corrente continua e corrente alterna. Lei de Ohm. Magnitudes eléctricas: intensidade, diferenza de potencial (tensión), resistencia, potencia e enerxía eléctrica. Aparellos de medida de magnitudes eléctricas. Efecto Joule.

• Elementos eléctricos e electrónicos básicos: pilas e baterías, premedores, interruptores, fontes de alimentación, resistencias, condensadores, díodos (rectificadores e LED), transistores, etc.

• Ferramentas utilizadas nos procedementos de montaxe de sistemas e periféricos microinformáticos.

• Unidades funcionais dun sistema microinformático.

• Compoñentes dos sistemas microinformáticos: carcasas, fontes de alimentación, ventiladores e disipadores de calor, placas base, microprocesadores, memoria RAM e tarxetas de expansión.

• Dispositivos de almacenamento: discos duros e lectores/gravadores ópticos e magnetoópticos. Características e tipos.

• Dispositivos informáticos como portátiles, táboas, plataformas semiensambladas (barebone), de entretemento multimedia, etc.

• Buses e conectores de datos.

• Cableamento e conectores de alimentación.

• Zócolos e baías de expansión.

• Tipos e elementos de fixación dos compoñentes ás carcasas.

• Portos: paralelo, serie, USB, firewire (IEEE 1394), etc. Periféricos básicos: monitor, teclado, rato e impresoras. Outros periféricos: altofalantes, micrófono, escáner, dispositivos multimedia, etc.

• Seguridade no uso de ferramentas e compoñentes eléctricos e electrónicos.

• Seguridade eléctrica: medidas de prevención de riscos eléctricos; danos producidos por descarga eléctrica.

BC2. Ensamblaxe de compoñentes de hardware dun equipamento microinformático

• Procedementos de ensamblaxe, substitución e conexión de compoñentes de hardware de sistemas microinformáticos.

• Técnicas de montaxe, substitución e conexión de compoñentes e periféricos microinformáticos.

• Guías de instrucións de compoñentes de sistemas microinformáticos.

• Periféricos básicos: monitor, teclado, rato e impresoras.

• Outros periféricos: altofalantes, micrófono, escáner, dispositivos multimedia, etc.

• Seguridade nas operacións de montaxe, substitución e conexión de compoñentes e periféricos microinformáticos.

BC3. Instalación de sistemas operativos

• Software básico dun sistema informático.

• Funcións do sistema operativo.

• Utilización do sistema operativo.

• Sistemas operativos actuais libres e propietarios.

• Proceso de arranque de equipamentos microinformáticos.

• Operacións con sistemas de ficheiros, directorios e permisos.

• Instalación e actualización de sistemas operativos libres e propietarios.

• Instalación e configuración de aplicacións software en sistemas operativos libres e propietarios.

• Copias de seguridade de datos.

• Ferramentas de creación e implantación de imaxes e réplicas de sistemas: orixes de información; procedementos de implantación e de verificación de imaxes e réplicas de sistemas.

BC4. Funcionalidade dos elementos do sistema, os soportes e os periféricos

• Técnicas de verificación e test de sistemas microinformáticos.

• Software de test e verificación.

• Ferramentas de verificación e diagnóstico de sistemas microinformáticos.

• Procedementos de POST (“power-on self test”).

• Verificación da funcionalidade dos soportes de almacenamento e da integridade da información contida neles.

• Verificación da conexión de dispositivos periféricos no sistema microinformático.

• Informes de resultados e incidencias producidas nos procesos de comprobación de sistemas microinformáticos.

BC5. Mantemento básico de sistemas microinformáticos, soportes e periféricos

• Comprobación da correcta conexión de periféricos ao sistema.

• Técnicas auxiliares de mantemento de sistemas microinformáticos: mantemento preventivo e periódico.

• Medidas de conservación e reciclaxe de elementos consumibles.

• Procedementos de substitución de elementos consumibles.

• Seguridade na manipulación e na substitución de elementos consumibles.

• Procedementos de limpeza de compoñentes, soportes e periféricos.

BC6. Iniciativa emprendedora na montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos

• A persoa emprendedora na montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

• Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

BC7. Almacenaxe de equipamentos, periféricos e consumibles

• Técnicas de etiquetaxe, embalaxe, almacenamento e transporte de sistemas e compoñentes informáticos.

• Procedementos e ferramentas de etiquetaxe.

• Embalaxe de compoñentes e periféricos dun sistema microinformático.

• Precaucións para considerar no traslado de sistemas microinformáticos.

• Normativa de prevención de riscos laborais no transporte e na almacenaxe de produtos.

• Albarás de transporte.

• Tratamento, reciclaxe e eliminación de residuos informáticos.

4.7.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de montar e manter sistemas e periféricos microinformáticos, a súa almacenaxe, a etiquetaxe e o seu rexistro.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación de compoñentes, ferramentas, soportes e periféricos.

– Montaxe de sistemas e soportes.

– Instalación do software básico

– Comprobación e mantemento de sistemas e periféricos.

– Almacenaxe e traslado de sistemas e compoñentes.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a) b), c), d), e), f), g), h), i) e j) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), c), d), e), f), g), h) e i). Ademais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Identificación de compoñentes, soportes de información, periféricos e ferramentas para a realización da montaxe e o mantemento dos sistemas microinformáticos.

– Aplicación de técnicas de montaxe de sistemas, soportes e periféricos.

– Coñecemento de sistemas operativos monoposto e a súa carga no equipamento.

– Coñecemento de ferramentas de software para o test e a optimización de sistemas e soportes.

– Mantemento de periféricos.

– Tratamento e reciclaxe de compoñentes e consumibles.

4.8 Módulo profesional: Operacións auxiliares para a configuración e a explotación

• Código: MP3030.

• Duración: 205 horas.

4.8.1 Unidade formativa 1: Configuración de equipamentos informáticos

• Código: MP3030_12.

• Duración: 102 horas.

4.8.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Configura equipamentos informáticos para o seu funcionamento nun contorno monousuario, e identifica a funcionalidade da instalación.

– CA1.1. Configuráronse os parámetros básicos da instalación de sistemas operativos libres e propietarios.

– CA1.2. Configurouse o contorno de traballo en sistemas operativos libres e propietarios.

– CA1.3. Utilizáronse os elementos da interface de usuario para preparar o contorno de traballo.

– CA1.4. Recoñecéronse as características básicas dos sistemas de ficheiros máis utilizados en sistemas operativos libres e propietarios.

– CA1.5. Identificáronse as funcionalidades de sistemas operativos libres e propietarios para o manexo de sistemas de ficheiros.

– CA1.6. Identificáronse as funcionalidades de sistemas operativos libres e propietarios para o manexo de periféricos.

– CA1.7. Utilizáronse as ferramentas do sistema operativo para explorar os soportes de almacenamento de datos.

– CA1.8. Instaláronse aplicacións e utilidades adicionais en sistemas operativos libres e propietarios.

– CA1.9. Realizáronse operacións básicas de protección en sistemas operativos libres e propietarios (actualizacións, instalación de antivirus, realización de copias de seguridade, etc.).

• RA2. Configura equipamentos informáticos para o seu funcionamento nun contorno de rede, identificando os permisos de usuario.

– CA2.1. Aplicáronse preferencias na configuración do contorno de traballo.

– CA2.2. Creáronse, configuráronse e xestionáronse contas de usuario.

– CA2.3. Configurouse e comprobouse a conectividade do servidor cos equipamentos do cliente.

– CA2.4. Utilizáronse os servizos proporcionados polo sistema operativo para compartir recursos.

– CA2.5. Asignáronse permisos aos recursos do sistema que se vaian compartir.

– CA2.6. Accedeuse aos recursos compartidos desde os equipamentos cliente.

– CA2.7. Aplicáronse normas básicas de seguridade sobre recursos compartidos.

4.8.1.2 Contidos básicos

BC1. Configuración de equipamentos informáticos para o seu funcionamento nun contorno monousuario

• Sistemas operativos actuais libres e propietarios: requisitos técnicos do sistema operativo.

• Características e funcións fundamentais dun sistema operativo.

• Interface gráfica de usuario: escritorio.

• Realización de tarefas básicas sobre sistemas operativos: recursos do sistema.

• Estrutura da árbore de directorios.

• Xestión de sistemas de ficheiros.

• Sistemas de ficheiros, directorios, atributos e permisos.

• Operación con ficheiros: nome e extensión, comodíns, atributos e tipos.

• Operacións máis comúns con directorios.

• Xestión de ficheiros e cartafoles: funcións básicas de exploración e procura.

• Arranque e parada do sistema. Sesións.

• Utilización de periféricos.

• Aplicacións e utilidades adicionais en sistemas operativos libres e propietarios.

• Operacións básicas de protección fronte a ataques en sistemas operativos libres e propietarios.

BC2. Configuración de equipamentos informáticos para o seu funcionamento nun contorno de rede

• Configuración de acceso á rede a través de medios con cables e sen eles.

• Xestión de usuarios e grupos en contornos de rede.

• Tipos de perfís de usuario.

• Usuarios e grupos predeterminados e especiais do sistema.

• Compartición de recursos a través da rede.

• Acceso a recursos compartidos.

• Normas de seguridade sobre recursos compartidos.

• Dispositivos con conexión sen fíos á rede e ao equipamento.

4.8.2 Unidade formativa 2: Aplicacións ofimáticas

• Código: MP3030_22.

• Duración: 103 horas.

4.8.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Utiliza aplicacións ofimáticas en relación coas súas correspondentes funcións.

– CA1.1. Describíronse as funcións e as características dun procesador de textos en relación cos tipos de documentos que se poden elaborar.

– CA1.2. Realizáronse procedementos de creación, modificación e manipulación de documentos utilizando as ferramentas do procesador de textos.

– CA1.3. Formatáronse textos para a súa utilización en distintas situacións.

– CA1.4. Utilizáronse as funcións do procesador de textos para gardar e imprimir documentos elaborados.

– CA1.5. Realizáronse operacións básicas con follas de cálculo, sobre documentos previamente elaborados.

– CA1.6. Realizáronse operacións básicas con bases de datos, sobre documentos previamente elaborados.

– CA1.7. Identificáronse as funcións básicas de aplicacións que permitan realizar presentacións.

– CA1.8. Elaboráronse presentacións multimedia aplicando normas básicas de composición e deseño.

• RA2. Emprega utilidades web, configúraas e identifica a súa funcionalidade e as súas prestacións.

– CA2.1. Utilizáronse navegadores web e recoñeceuse a estrutura de internet.

– CA2.2. Personalizouse o navegador adecuándoo ás necesidades establecidas.

– CA2.3. Transferiuse información utilizando os recursos de internet para descargar, enviar e almacenar ficheiros.

– CA2.4. Identificáronse os medios e os procedementos de seguridade durante o acceso a páxinas web, e describíronse os riscos e as fraudes posibles.

– CA2.5. Describíronse as funcionalidades que ofrecen as ferramentas de correo electrónico.

– CA2.6. Creáronse contas de correo web.

– CA2.7. Utilizáronse outros servizos dispoñibles en internet (chat, foro, mensaxaría instantánea, redes p2p, videoconferencia, etc.).

– CA2.8. Configuráronse as opcións básicas de diversas aplicacións web.

4.8.2.2 Contidos básicos

BC1. Utilización de aplicacións ofimáticas

• Funcionalidade e uso de procesadores de textos.

• Aplicación de formato a documentos.

• Formatos de letras: negra, cursiva e subliñada.

• Tamaños e tipo de fontes.

• Numeración, viñetas, tabulacións e aliñamento de parágrafos.

• Creación de táboas.

• Inserción de obxectos gráficos nos documentos.

• Configuración de páxina.

• Funcionalidade e uso de aplicacións de follas de cálculo, de bases de datos e de presentacións multimedia.

BC2. Utilización de aplicacións web

• Características e usos de internet.

• Navegación pola web: descrición, configuración e funcionamento do navegador.

• Normas, medios e procedementos de seguridade no acceso a recursos web.

• Buscadores: características e usos.

• Transferencia de datos e información por internet.

• Correo electrónico: funcionalidades e tipos.

• Mensaxaría instantánea: tipos e características.

• Ferramentas e usos dos outros servizos de internet: redes p2p, videoconferencias, foros e chats.

4.8.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de configurar e utilizar os compoñentes software e os recursos básicos dun sistema microinformático.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Configuración dos parámetros básicos dun sistema operativo.

– Instalación de proteccións básicas.

– Xestión de usuarios e recursos.

– Uso de recursos compartidos.

– Utilización de paquetes ofimáticos.

– Configuración de navegadores e correo electrónico.

– Utilización de servizos de internet.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais c), i) e j) do ciclo formativo, e coas competencias profesionais, persoais e sociais h) e i). Ademais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias q), r), s), t), u), v) e w), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Identificación das funcións dun sistema operativo.

– Utilización das ferramentas para o manexo do sistema de ficheiros.

– Utilización das funcións principais dun paquete ofimático.

– Navegación e procura de información.

– Manexo do correo electrónico e outros servizos de internet.

O deseño curricular do módulo distribúe as unidades formativas en función da secuencia recomendada para seren impartidas.

4.9 Módulo profesional: Formación en centros de traballo

• Código: MP3032.

• Duración: 320 horas.

4.9.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Realiza operacións auxiliares na montaxe de sistemas microinformáticos, aplicando os procesos do sistema de calidade establecido na empresa e os correspondentes protocolos de seguridade.

– CA1.1. Identificáronse os compoñentes para a montaxe, a súa función e a súa disposición.

– CA1.2. Seleccionáronse e utilizáronse as ferramentas e os instrumentos para a operación de montaxe.

– CA1.3. Realizouse a fixación e a interconexión dos compoñentes e dos accesorios utilizando as técnicas correctas.

– CA1.4. Realizáronse as configuracións básicas do sistema operativo.

– CA1.5. Comprobouse a funcionalidade do equipamento microinformático.

– CA1.6. Operouse respectando os criterios de seguridade persoal e material, coa calidade requirida.

– CA1.7. Participouse dentro do grupo de traballo amosando iniciativa e interese.

• RA2. Realiza operacións de mantemento en sistemas microinformáticos e periféricos, seguindo indicacións, segundo os plans de mantemento correspondentes.

– CA2.1. Realizáronse intervencións de mantemento preventivo sobre o equipamento microinformático.

– CA2.2. Realizáronse revisións do estado dos soportes e dos periféricos.

– CA2.3. Seleccionáronse e utilizáronse as ferramentas e os instrumentos para as operacións de mantemento.

– CA2.4. Realizouse a limpeza de compoñentes, soportes e periféricos respectando as disposicións técnicas establecidas por fábrica, mantendo a súa funcionalidade.

– CA2.5. Recolléronse adecuadamente os residuos e os elementos de refugo para a súa eliminación ou reciclaxe.

– CA2.6. Determináronse as posibles medidas de corrección en función dos resultados obtidos.

– CA2.7. Realizáronse as operacións con criterios de respecto polo ambiente.

– CA2.8. Realizáronse todas as operacións tendo en conta a normativa de seguridade laboral e de protección ambiental.

• RA3. Realiza operacións de montaxe e mantemento en instalacións de redes, seguindo indicacións, segundo os plans de mantemento correspondentes.

– CA3.1. Identificáronse os equipamentos da rede.

– CA3.2. Realizáronse operacións de montaxe de racks.

– CA3.3. Seleccionáronse ferramentas para a montaxe e o mantemento.

– CA3.4. Montáronse e desmontáronse soportes e elementos de redes sen fíos.

– CA3.5. Realizáronse operacións de montaxe de canalizacións.

– CA3.6. Realizáronse operacións de montaxe de cables.

– CA3.7. Realizáronse operacións de montaxe de rosetas e equipamentos distribuidores.

– CA3.8. Utilizáronse as ferramentas e os instrumentos para as operacións de montaxe e mantemento.

– CA3.9. Realizouse a limpeza de compoñentes, soportes e periféricos respectando as disposicións técnicas establecidas por fábrica, mantendo a súa funcionalidade.

– CA3.10. Recolléronse adecuadamente os residuos e os elementos de refugo para a súa eliminación ou reciclaxe.

– CA3.11. Realizáronse todas as operacións tendo en conta a normativa de seguridade laboral e de protección ambiental.

• RA4. Actúa conforme as normas de prevención e riscos laborais da empresa.

– CA4.1. Cumpriuse a normativa xeral sobre prevención e seguridade, así como a establecida pola empresa.

– CA4.2. Identificáronse os factores e as situacións de risco que se presenten no seu ámbito de actuación no centro de traballo.

– CA4.3. Adoptáronse actitudes relacionadas coa actividade para reducir os riscos laborais e ambientais.

– CA4.4. Empregouse o equipamento de protección individual establecido para cada operación.

– CA4.5. Utilizáronse os dispositivos de protección das máquinas, equipamentos e instalacións nas actividades.

– CA4.6. Actuouse segundo o plan de prevención.

– CA4.7. Mantívose a zona de traballo libre de riscos, con orde e limpeza.

– CA4.8. Traballouse con criterios de redución do consumo de enerxía e na xeración de residuos.

• RA5. Actúa de xeito responsable e intégrase no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

– CA5.1. Executáronse con dilixencia as instrucións recibidas.

– CA5.2. Responsabilizouse do traballo que desenvolve, comunicándose eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.

– CA5.3. Cumpríronse os requisitos e as normas técnicas, demostrando un bo facer profesional e finalizando o seu traballo nun tempo límite razoable.

– CA5.4. Amosouse unha actitude de respecto cara ás normas e aos procedementos establecidos.

– CA5.5. Organizouse o traballo de acordo coas instrucións e cos procedementos establecidos, cumprindo as tarefas en orde de prioridade e actuando baixo criterios de seguridade e calidade nas intervencións.

– CA5.6. Coordinouse a actividade desempeñada co resto do persoal, informando de calquera cambio, necesidade salientable ou continxencia.

– CA5.7. Incorporouse puntualmente ao posto de traballo, levando a cabo os descansos instituídos, e non abandonou o centro de traballo antes do establecido sen motivos debidamente xustificados.

– CA5.8. Preguntáronselle adecuadamente á persoa superior inmediata as posibles dúbidas e a información necesaria para o desempeño dos seus dereitos.

– CA5.9. Realizouse o traballo conforme as indicacións realizadas polo persoal superior, e formuláronse as posibles modificacións ou suxestións no lugar e do modo adecuados.

4.9.2 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais propios do título do título profesional básico en Informática e Comunicacións que se alcanzaran no centro educativo ou a desenvolver competencias características de difícil consecución nel.

5. Requisitos mínimos de calidade do contexto formativo

5.1. Espazos

Os espazos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo son:

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente.

60

40

50 %

Taller de informática e comunicacións

90

60

50 %

A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

O grao de utilización expresa en tanto por cento e con carácter orientativo a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas. O centro educativo, no exercicio da súa autonomía e en función da distribución horaria semanal dos módulos profesionais e da titoría, poderá determinar outro grao de utilización.

Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos e alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

5.2. Equipamentos mínimos

Espazo formativo

Equipamentos

Aula polivalente.

• Equipamentos audiovisuais.

• Equipamentos informáticos en rede e con conexión a internet. Software de aplicación.

Taller de informática e comunicacións

• Kit armario de cableamento con paneis de parcheamento.

• Ferramentas específicas para informática e montaxe de redes e canalizacións.

• Racks.

• Compoñentes para montaxe de redes.

• Switch de diversos tipos.

• Adaptadores de rede.

• Punto acceso sen fíos.

• Router sen fíos.

• Compoñentes para montaxe de computadores.

• Ferramentas manuais.

• Equipamentos de medida de magnitudes eléctricas.

• Compoñentes para montaxe de redes e de computadores.

• Comprobadores de redes.

• Equipamentos de soldadura para compoñentes.

• Fontes de alimentación.

• Equipamentos e medios de seguridade.

6. Profesorado

6.1. Especialidades do profesorado do sector público ás que se atribúe a impartición dos módulos profesionais asociados ao perfil profesional

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

• MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

• MP3030. Operacións auxiliares para a configuración e a explotación

Especialidade:

• Sistemas e aplicacións informáticas.

• Equipamentos electrónicos.

• Instalacións electrotécnicas.

Outros:

• Profesorado especialista, de ser o caso

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP3032. Formación en centros de traballo.

• Sistemas e aplicacións informáticas.

• Equipamentos electrónicos.

• Instalacións electrotécnicas.

Profesorado técnico de formación profesional.

6.2. Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais, para os centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas

Módulos profesionais

Titulacións

• MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

• MP3030. Operacións auxiliares para a configuración e a explotación.

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

• MP3032. Formación en centros de traballo.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

6.3. Titulacións habilitantes para os efectos de docencia para a impartición dos módulos profesionais, para os centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas

Módulos profesionais

Titulacións

• MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

• MP3030. Operacións auxiliares para a configu-ración e a explotación.

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

• MP3032. Formación en centros de traballo.

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

7. Correspondencia entre módulos profesionais e unidades de competencia para a súa acreditación ou validación

Módulos profesionais

Unidades de competencia acreditables

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

• UC1559_1: realizar operacións de ensamblaxe na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• UC1560_1: realizar operacións de conexión na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• UC1561_1: Realizar operacións auxiliares no mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.

• MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

• UC1207_1: realizar operacións auxiliares de montaxe de equipamentos microinformáticos

• MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

• UC1208_1: realizar operacións auxiliares de mantemento de sistemas microinformáticos.

• MP3030. Operacións auxiliares para a configuración e a explotación.

• UC1209_1: realizar operacións auxiliares con tecnoloxías da información e da comunicación.

8. Ciclos formativos de grao medio aos que o título profesional básico en Informática e Comunicacións permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión en caso de concorrencia competitiva

O título profesional básico en Informática e Comunicacións terá preferencia para a admisión a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de:

– Electricidade e Electrónica.

– Informática e Comunicacións.

– Fabricación Mecánica.

– Instalación e Mantemento.

– Enerxía e Auga.

– Industrias Extractivas.

– Marítimo-pesqueira.

– Química.

– Transporte e Mantemento de Vehículos.