Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42521

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014 pola que se fan públicas as segundas anualidades concedidas pola Resolución do 16 de outubro de 2013 relativa ás axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia para 2013, modalidade de grupos de referencia competitiva.

A Orde do 5 de xullo de 2013 (DOG do 15 de xullo) estableceu as bases e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia para 2013, potencialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo de Galicia 2007-2013. Estas axudas foron resoltas mediante Resolución do 16 de outubro de 2013 (DOG do 25 outubro).

A devandita convocatoria recollía a posibilidade de que as anualidades sucesivas foran cofinanciadas polo Feder do programa operativo 2007-2013. O orzamento da Secretaría Xeral de Universidades para 2014 inclúe un importe de fondos Feder que debe ser consumido neste exercicio, para rematar o programa operativo 2007-2013. O mellor xeito de dar uso a ese remanente é utilizalo para cofinanciar a anualidade dos grupos de referencia competitiva en 2014 desa mesma convocatoria.

Por iso, a Secretaría Xeral de Universidades

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a lista dos grupos de referencia competitiva do Sistema universitario de Galicia perceptores das axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia do ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, coa indicación da parte do importe das segundas anualidades que se financian co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2007-2013, tema prioritario 1.01.

Exped.

Solicitante

Univ.

Fondos propios 2014

Feder 2014

Total 2014

GRC2013-011

Benlliure Anaya, José

USC

21.600,00

58.400,00

80.000,00

GRC2013-014

Bermúdez de Castro López-Varela, Alfredo

USC

21.600,00

58.400,00

80.000,00

GRC2013-016

Botana López, Luis Miguel

USC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-046

Brea López, Mª Mercedes

USC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-018

Caride Gómez, Antonio

USC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-019

Carracedo Álvarez, Ángel María

USC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-061

Castro Beiras, Alfonso

UDC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-020

Cela Torrijos, Rafael

USC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-029

Diéguez González, Carlos

USC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-055

Doallo Biempica, Ramón

UDC

21.600,00

58.400,00

80.000,00

GRC2013-050

Duro Fernández, Richard

UDC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-034

Fernández Prieto, Lourenzo

USC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-059

Freire Seoane, Mª Jesús

UDC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-045

García Río, Eduardo

USC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-001

Gómez Gesteira, Ramón

UVIGO

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-008

González Fernández, Pío Manuel

UVIGO

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-035

González Manteiga, Wenceslao

USC

18.900,00

51.100,00

70.000,00

GRC2013-056

Hernández Ibáñez, Santiago

UDC

18.900,00

51.100,00

70.000,00

GRC2013-032

Lema Rodicio, Juan Manuel

USC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-006

Llamas Nistal, Martín

UVIGO

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-044

López Quintela, Manuel Arturo

USC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-041

Mascareñas Cid, José Luis

USC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-024

Miramontes Anta, José Luis

USC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-036

Monterroso Montero, Juan Manuel

USC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-004

Olabarría Uzquiano, Celia

UVIGO

18.900,00

51.100,00

70.000,00

GRC2013-009

Pérez González, Fernando

UVIGO

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-047

Prada Rodríguez, Darío

UDC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-053

Rodríguez Brisaboa, Mª Nieves

UDC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

GRC2013-007

Rodríguez de Lera, Ángel

UVIGO

18.900,00

51.100,00

70.000,00

GRC2013-003

Sanromán Braga, Mª Ángeles

UVIGO

18.900,00

51.100,00

70.000,00

GRC2013-042

Santos Rego, Miguel Anxo

USC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-040

Sousa Fernández, Xulio César

USC

18.900,00

51.100,00

70.000,00

GRC2013-054

Tato Fontaíña, Laura

UDC

13.500,00

36.500,00

50.000,00

GRC2013-043

Torres López, Mª Dolores Ramona

USC

27.000,00

73.000,00

100.000,00

Segundo. Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente expida, na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento acompañada dunha memoria explicativa do logro dos obxectivos de consolidación e estruturación do grupo. Ademais, por ter cofinanciamento do Feder, a universidade correspondente deberá presentar nesa mesma data límite os documentos xustificativos dos gastos e dos pagamentos, ou un informe de auditoría de acordo co establecido no artigo 60 do Regulamento 1083/2006 (CE), asinado por un auditor do Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Este informe deberá certificar tanto a regularidade da solicitude do beneficiario como describir o labor desenvolvido e os resultados.

En caso de cofinanciamento do Feder, tamén se deberá presentar unha relación das publicacións, actos e reunións en que se fixese publicidade do devandito cofinanciamento.

En cumprimento da normativa relativa ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, as universidades deberán manter unha separación contable adecuada para os gastos relacionados coa axuda que facilite a «pista de auditoría». Ademais, deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006, do Consello. Os gastos deberán xustificarse con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente e os pagamentos cos xustificantes das transferencias bancarias ou documentos acreditativos dos pagamentos realizados.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Terceiro. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Cuarto. Dado que os pagamentos das anualidades se realizan co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2007-2013, os beneficiarios das axudas deberán cumprir os requisitos de publicidade que establece o artigo 8 do Regulamento 1828/2006, do 8 de decembro, cumprir tamén o establecido no Regulamento 1083/2006, polo que se que establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e no Regulamento 1080/2006 relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, así como cumprir os requisitos de xustificación que estableza esa mesma normativa.

Quinto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades