Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de setembro de 2014, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-030/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 11 de setembro de 2014

Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expte. por falta de pago: P-030/14.

Expte. de construción: PO-97/020, conta 14.

Nome: María Mercedes González Torres.

Enderezo: rúa Ferrería, núm. 39-41, bloque B, 3º B6, Vigo, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte o artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia; requirímola para o pagamento dos 11 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes ao aluguer da súa vivenda por un importe total de 1.620,63 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 11.6.2014, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.7.2013 e o 1.6.2014, facéndolle constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato que vostede subscribiu, co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 da LRX-PAC, concédeselle un prazo de 15 días hábiles para que se poña ao corrente nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e achegue a documentación que xulgue conveniente.

Por outro lado, segundo o contrato de arrendamento da vivenda asinado por vostede o 6.2.2012, establécese como unha das causas de resolución do contrato o non destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente.

Advertímoslle que, en caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do seu contrato.