Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo da procedencia de reintegro das axudas do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR340K 2009/8-1 e dez máis.

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións dos acordos da procedencia do reintegro das axudas, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, e advírteselles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 23 de outubro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR340K 2009/8-1.

Nome: Diepi Hostelería, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. Santiago, 42, Arca, 15821 O Pino.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expedientes: TR340K 2009/40-1 e TR340K 2009/41-1.

Nome: Sorobón, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. Monelos, 91, 15009 A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido das resolucións: acordo da procedencia do reintegro das axudas.

Expedientes: TR340K 2009/47-1 e TR340K 2009/48-1.

Nome: Madroñal Díaz Noemí 2329717K, S.L.N.E.

Último enderezo coñecido: rúa Xeneral Pardiñas, 29, baixo, 15701 Santiago de Compostela.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido das resolucións: acordo da procedencia do reintegro das axudas.

Expedientes: TR340K 2009/81-1 e TR340K 2009/82-1.

Nome: Estudio y Diseño de Galicia, S.L.

Último enderezo coñecido: lg. San José, Meicende, s/n, 15008 A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido das resolucións: acordo da procedencia do reintegro das axudas.

Expedientes: TR340K 2009/87-1 e TR340K 2009/88-1.

Nome: Confeba Reformas, S.L.U.

Último enderezo coñecido: rúa Carrera del Conde, 2, 4º B, 15702 Santiago de Compostela.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.2 da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido das resolucións: acordo da procedencia do reintegro das axudas.

Expedientes: TR340K 2009/245-1 e TR340K 2009/265-1.

Nome: Cúbica Constructora de Viviendas Sostenibles, S.L.

Último enderezo coñecido: lg. Camino Toraldo, s/n, Polígono As Lagoas, 15578 Narón.