Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48357

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de corrección de erros do prego de cláusulas administrativas particulares do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable.

Advertido un erro no prego de cláusulas administrativas particulares do procedemento aberto para a contratación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable do concello do Pereiro de Aguiar, na cláusula XIV.3, onde figura: «Será requisito ineludible de solvencia acreditar ter implantadas e en vigor nalgunha das concesións similares xestionadas polo licitador os certificados ISO 9001-2000, ISO 14.000, ISO 22.000 e ISO 50.000», debe figurar: «Será requisito ineludible de solvencia acreditar ter implantadas e en vigor nalgunha das concesións similares xestionadas polo licitador os certificados ISO 9001-2000 e ISO 14.000».

Faise público para os efectos da apertura dun novo prazo de presentación da documentación polos licitadores, é dicir, vinte e seis (26) días naturais desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Publícase, así mesmo, no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no perfil de contratante (www.depourense.es).

O Pereiro de Aguiar, 18 de novembro de 2014

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde