Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 49988

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 21 de marzo de 2014, pola que se modifica parcialmente a Resolución do 13 de novembro de 2013 pola que se adxudican as axudas da Orde do 2 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 2 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 152, do 9 de agosto) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa de predoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.

A Resolución do 13 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 22 de novembro) adxudica as axudas ás universidades do Sistema universitario Galego (SUG) que contraten as persoas candidatas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que aparecen na dita resolución. Esta resolución foi parcialmente modificada pola Resolución do 21 de marzo de 2014, co fin de adxudicar as axudas procedentes das renuncias ás persoas candidatas das listaxes de agarda, consonte o artigo 13 da orde de convocatoria.

No artigo 4 da Resolución do 21 de marzo de 2014 establécese a distribución do crédito destinado a estas axudas para as modalidades A, B e C. Advertido de oficio un erro aritmético na citada distribución para as anualidades 2014 e 2017 nas modalidades A e B, cómpre modificar esta distribución, consonte o artigo 105.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia das persoas interesadas, os erros materiais, de feito ou aritméticos, existentes nos seus actos.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modifícase o artigo cuarto da Resolución do 21 de marzo de 2014, no referente á distribución do crédito das modalidades A e B para as anualidades 2014 e 2017. Esta modificación non supón variación no importe total das axudas nin na distribución por universidades. A nova distribución queda como segue:

Modalidade A: 70 axudas financiadas ao 100 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº axudas

2014

2015

2016

2017

Total

09.40.561B.444.0

UDC

12

201.583,37

234.000,00

234.000,00

26.916,63

696.500,00

USC

43

691.017,79

838.500,00

838.500,00

127.482,21

2.495.500,00

UVIGO

15

249.212,33

292.500,00

292.500,00

35.787,67

870.000,00

Total

70

1.141.813,49

1.365.000,00

1.365.000,00

190.186,51

4.062.000,00

Modalidade B: 12 axudas financiadas ata un 80 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº axudas

2014

2015

2016

2017

Total

09.40.561B.444.0

USC

3

45.735,90

54.300,00

54.300,00

7.064,10

161.400,00

UVIGO

9

123.655,23

162.900,00

162.900,00

36.244,77

485.700,00

Total

12

169.391,13

217.200,00

217.200,00

43.308,87

647.100,00

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria