Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de novembro de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente DX-00178-I-2014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona o acordo de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciouse, co número que se indica, o correspondente expediente sancionador que pode dar lugar á imposición da sanción que tamén se cita.

Fáiselle saber o dereito que a asiste de alegaren por escrito, ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, o que considere conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coide oportunas no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

DX-00178-I-2014

C-5550-BP

Axente de inspección DX/002

Patatas Evaristo, S.L.

B15769003

Rúa Berna, 2

15707 Santiago de Compostela, A Coruña

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

21.10.2014; 11.28.49; SC-20; 2

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 €