Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (524/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 524/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María Carmen Serra Rubio contra Tomás Pérez y Otros, Sociedade Civil, Tomás Pérez Martínez y Otro, S.L., Jamoteca Coruña, Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 524/2014.

Demandante: Carmen Serra Rubio.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandados:

– Tomás Pérez y Otros, S.C.

– Tomás Pérez y Otros, S.L.

– Jamoteca Coruña.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza nº 620/2014.

A Coruña, 16 de decembro de 2014.

Fallo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Carmen Serra Rubio fronte á empresa Tomás Pérez y Otros, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 1.520,81 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 42,54 euros/día.

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Carmen Serra Rubio fronte á empresa Tomás Pérez Martínez y Otros, S.C.

4º. Considérase que a demandante desiste da pretensión dirixida fronte á empresa que actualmente explota o rótulo comercial Jamoteca Coruña.

5º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Tomás Pérez y Otros, Sociedade Civil, Tomás Pérez Martínez y Otro, S.L. Jamoteca Coruña, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de decembro de 2014

A secretaria xudicial