Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (130/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 130/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes López Otero contra a empresa Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L., Admón. concursal Terranova Interpretación e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou decreto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

Apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados na comparecencia previa a esta resolución.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución, facendo saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa realización. Para os terceiros prexudicados o prazo contará dende que puidesen coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de decembro de 2014

A secretaria xudicial