Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 969

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCION do 23 de decembro de 2014 pola que se publica o orzamento desta universidade para o ano 2015.

Con data do 22 de decembro de 2014 foi aprobado polo Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela o orzamento da Universidade para o ano 2015.

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 171 dos estatutos da universidade, resolve a súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014

Juan Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Orzamento 2015
Universidade de Santiago de Compostela

En virtude do disposto no artigo 81 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e no artigo 171 dos estatutos da universidade aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, pola presente norma apróbanse os orzamentos da Universidade de Santiago de Compostela para o exercicio 2015, que acadan a contía inicial en ingresos e gastos de 198.956.652,00 €.

– Clasificación económica.

Ingresos

Capítulo

Non afectado

Afectado

Total

III. Prezos públicos e outros ingresos

24.769.100,00

7.901.000,00

32.670.100,00

IV. Transferencias correntes

131.310.100,00

0,00

131.310.100,00

V. Ingresos patrimoniais

120.000,00

0,00

120.000,00

VII. Transferencias de capital

11.738.210,00

23.118.242,00

34.856.452,00

167.937.410,00

31.019.242,00

198.956.652,00

Gastos

Capítulo

Non afectado

Afectado

Total

I. Gastos de persoal

137.673.500,00

137.673.500,00

II. Gastos en bens correntes e servizos

23.413.000,00

1.440.000,00

24.853.000,00

III. Gastos financeiros

861.401,00

861.401,00

IV. Transferencias correntes

1.884.600,00

1.884.600,00

VI. Investimentos reais

3.302.000,00

28.410.950,00

31.712.950,00

IX. Variación de pasivos financeiros

802.909,00

1.168.292,00

1.971.201,00

167.937.410,00

31.019.242,00

198.956.652,00

– Normas de execución do orzamento.

O orzamento do ano 2015 presenta de xeito diferenciado os créditos afectados ao cumprimento dunha actividade específica e aqueles outros destinados ao funcionamento ordinario da universidade, os non afectados.

Artigo 1. Os créditos e as súas vinculacións

1. As partidas orzamentarias do orzamento de gastos para o 2015 preséntanse de acordo coas clasificacións orgánica, funcional e económica.

2. A vinculación dos créditos non afectados establécese conforme cos seguintes criterios:

a) Vinculación orgánica:

Os créditos que figuran no orzamento asignados a centros ou unidades orgánicas teñen carácter vinculante e limitativo a nivel de código orgánico.

b) Vinculación económica:

Terán carácter vinculante e limitativo a nivel de capítulo orzamentario:

– Os créditos destinados a gastos de persoal, agás o artigo 15 (gratificacións e produtividade), que manteñen a vinculación a nivel de artigo.

– Os gastos en bens correntes e servizos.

– Os gastos financeiros.

Terán carácter vinculante a nivel de artigo orzamentario:

– Os investimentos reais.

– Os activos e pasivos financeiros.

Terán carácter vinculante a nivel de concepto as transferencias correntes e as transferencias de capital, coa excepción das subvencións nominativas que terán carácter vinculante co nivel de desagregación co que aparece no orzamento.

c) Vinculación funcional:

No exercicio orzamentario 2015 incorpórase a revisión da codificación funcional de xeito que permita diferenciar os gastos non afectados dos gastos afectados para un correcto seguimento da execución orzamentaria.

Grupo de función segundo afectación do gasto

Finalidade do gasto

Afectado

Non afectado

Activos financeiros

0

Produción e prestación de servizos de apoio á docencia

1

6

Produción e prestación de servizos de apoio á investigación

7

2

Produción de infraestruturas e servizos a docencia e á investigación

8

3

Asistencia, extensión universitaria e promoción da comunidade universitaria

4

9

Gastos e pasivos financeiros

-

5

Os créditos con financiamento afectado terán carácter vinculante co nivel de desagregación co que figuren no orzamento.

• Limitación cuantitativa:

a) Non se poderán adquirir compromisos de gasto por contía superior ao importe do crédito autorizado no estado de gastos e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan esta norma, de acordo co artigo 57 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

b) Será causa de apertura dun expediente de información reservada ao director de centro de gasto pola contratación ou encargo a un terceiro dunha prestación con cargo aos orzamentos da USC cando non existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos.

• Limitación temporal:

a) As partidas orzamentarias vencelladas a actividades financiadas permanecerán abertas ata a data de presentación do informe final da actividade.

b) No caso de actividades cuxa duración exceda o exercicio orzamentario, deberá periodificarse o crédito en función da previsión da execución do gasto nos exercicios orzamentarios en que a actividade estea vixente.

c) Non poderán adquirirse compromisos de gasto que excedan a vixencia da actividade financiada.

Artigo 2. Modificacións de crédito

1. As modificacións de crédito exixirán unha proposta razoada da variación que se efectúe, e deberá valorarse a incidencia que poida ter, de ser o caso, na consecución dos obxectivos fixados no momento da aprobación do orzamento.

2. Non se poden financiar nin total nin parcialmente créditos afectados con créditos non afectados agás para aqueles programas institucionais para os que así o aprobe o Consello de Goberno e Consello Social. Terán a consideración de distribucións de crédito as transferencias que se realizan desde as partidas que teñen a consideración de fondos ás partidas específicas afectadas ao cumprimento da actividade que orixina o financiamento. Serán distribucións de créditos as dotacións que se distribúan a departamentos, teses de doutoramento, concursos provisión de prazas, prácticas de campo, programas de calidade, cursos posgrao, proxectos, contratos e infraestruturas de investigación. As distribucións de crédito serán autorizadas polo reitor.

3. A autorización das modificacións de crédito axustarase ao disposto no artigo 174 dos estatutos da Universidade de Santiago, de acordo coas seguintes particularidades:

– Correspóndelle ao Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, a aprobación:

a) Dos créditos extraordinarios e suplementos de crédito.

b) Das ampliacións de crédito.

c) Das transferencias de crédito de operacións correntes a operacións de capital e de operacións de capital a correntes de programas de mantemento xerais e programas de investimentos.

– Correspóndelle ao reitor a aprobación:

a) Das xeracións de crédito.

b) Da incorporación de remanentes.

4. Poderán xerar crédito nos estados de gastos do orzamento da universidade os ingresos liquidados que superen a previsión de ingresos orzada, derivados das seguintes operacións:

– Prestacións de servizos.

– Achegas de persoas naturais ou xurídicas para financiar gastos que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da universidade.

5. Para garantir a execución das actividades financiadas con recursos externos poderase xerar crédito nas partidas 8050 2000 64100 Fondo proxectos de investigación, 8050 2000 64200 Fondo de contratos e convenios de investigación e a partida 5501 1100 22800 Fondo cursos posgrao propio sen o requisito do punto anterior.

6. Unha vez definidos os obxectivos a acadar pola aplicación dos créditos que se recollen no capítulo IV, poderán tramitarse transferencias de crédito ao capítulo ou capítulos que resulten máis acaídos polo tipo de gasto que se vai realizar.

Artigo 3. Gastos de persoal

As retribucións do persoal activo ao servizo da universidade quedan suxeitas ao que, nesta materia, dispón a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma galega.

a) O límite máximo dos custos de persoal docente e investigador, así como os de administración e servizos, é o establecido na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma. Os proxectos de disposicións que creen ou modifiquen a estrutura orgánica da universidade ou os cambios das relacións de postos de traballo non derivadas dunha nova estrutura orgánica, incluíndo o seu custo, remitiranse á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de acordo coas instrucións que esta fixe para a autorización dos custos pola Comunidade Autónoma.

b) O persoal contratado con cargo as axudas dos programas de recursos humanos percibirá en todo caso as retribucións mínimas establecidas nas convocatorias.

c) Os cadros de persoal incluídos no anexo correspóndense coas prazas orzadas e ocupadas o día 1 de xaneiro de 2015. As relacións de postos de traballo deberán ser adaptadas aos cadros de persoal orzados e polas variacións que se produzan como resultado da aplicación das medidas derivadas do Plan económico financeiro de equilibrio.

d) De acordo co establecido no artigo 28 da Lei de orzamentos da Xunta de Galicia, as relacións de postos de traballo poderán modificarse para executar as sentenzas xudiciais firmes de recoñecemento dunha relación laboral de carácter indefinido non fixo que requiran a creación de postos de traballo, por non poder adscribir os afectados a un posto preexistente que estea vacante sen ocupación. Este posto preexistente deberá ser acorde coa natureza funcionarial ou laboral en relación coas funcións asignadas pola sentenza xudicial firme para poder adscribir a este o persoal afectado.

e) No orzamento dótase un fondo de 437.625,75 euros que se corresponde co financiamento das prazas de PDI que obedece ao 10 % do custo das prazas derivadas de xubilacións forzosas dos anos 2014 e 2015 do PDI funcionario e ao importe total das xubilacións voluntarias dese persoal efectivamente producidas no exercicio 2014.

f) De xeito trimestral darase conta ao Consello de Goberno dos axustes que se vaian producindo no capítulo I de acordo co aprobado no Plan de equilibrio orzamentario. Ao finalizar o exercicio 2015 presentaranse para a súa aprobación as RPT resultantes.

g) As contratacións de persoal para substitucións de vacantes, baixas por enfermidade ou outras causas serán financiadas con cargo aos créditos dos correspondentes cadros de persoal sempre que exista crédito dispoñible. Para estes efectos, a Xerencia ditará as instrucións necesarias para asegurar o control orzamentario na xestión dos créditos correspondentes.

h) Poderase xerar crédito no capítulo I para gastos de persoal con motivo da prestación de servizos financiados con prezos. Os gastos deste persoal, incluídas as cotas sociais, non poderán superar os ingresos.

i) A Xerencia determinará os gastos de persoal que deban ser cofinanciados entre distintas partidas do orzamento e emitirá as modificacións de crédito que correspondan.

j) Terán a consideración de ampliables os créditos para o pagamento dos conceptos de mérito docente, produtividade investigadora, complemento retributivo autonómico, complementos asistenciais Servizo Galego de Saúde, complemento asistencial Rof-Codina, trienios, seguridade social.

k) Tamén terá a condición de crédito ampliable financiado mediante as achegas da Comunidade Autónoma, o crédito para a recuperación das extras segundo o que se estableza na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma ou calquera outra lei que restitúa os complementos detraídos para dar cumprimento a redución de retribucións establecidas nos exercicios 2013 e 2014.

l) Inclúense no capítulo I os créditos destinados ao financiamento dos planos de formación do persoal de administración e servizos, así como os correspondentes á acción social do persoal.

m) No ano 2015 non se realizarán achegas ao plan de pensións.

A Xerencia establecerá o procedemento para o seguimento da execución do capítulo I.

Artigo 4. Actividades de I+D+i e tipos de programas

A Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento das actividades de I+D+i executadas con cargo a financiamento afectado e con carácter finalista establecerá dous tipos de programas:

a) Programas institucionais (en diante, PI).

b) Actividades, proxectos e contratos de investigación singularmente considerados (en diante, Actividades Singulares de I+D+i, –AS–).

4.1. Programas institucionais de I+D+i (PI).

Son programas institucionais de I+D+i (PI) aqueles, que, financiados con cargo a recursos alleos e afectados, respondan a programas consolidados de I+D e/ou teñan unha previsión fidedigna de dispoñibilidade de recursos prolongados no tempo. Tamén se poderán xerar programas institucionais que respondan a programas de apoio xeral á acción investigadora baixo a mesma característica. Os programas institucionais serán aprobados polo Consello de Goberno, logo de informe do Consello Social, e serán definidos e xestionados pola Vicerreitoría de Investigación e Innovación, logo de acordo cos grupos, departamentos ou institutos aos cales se adscriben as actividades que os financian.

Para a aprobación dos programas deberá presentarse:

a) Unha memoria xustificativa.

b) Unha memoria económica.

c) As necesidades de persoal.

d) As condicións de extinción ou reaxuste do programa e do persoal contratado para este en función dos ingresos realmente obtidos.

A aprobación dun PI implicará unha definición orzamentaria específica con afección de ingresos e imputación de custos.

4.2. Actividades Singulares de I+D+i (AS).

Cada proxecto, convocatoria ou actividade singular de investigación debe estar aprobada polo órgano competente. No caso de contratos de investigación deberán estar aprobados pola Comisión de Actividades e Servizos de I+D e darase conta ao Consello de Goberno, de conformidade co regulamento para a realización de actividades de investigación ao abeiro do establecido no artigo 83 da Lei orgánica 6/2001, de universidades. Entenderanse como tales as seguintes actividades:

• Actividades ou proxectos con prazo de execución determinado e financiamento específico desenvolvidos no marco de programas con fins de investigación vía convocatoria pública competitiva.

• Actividades de I+D+i desenvolvidas baixo contrato cunha empresa ou consorcio de empresas asociadas a un proxecto financiado por programas públicos de I+D+i dirixidos a entidades privadas.

• Contratos e convenios asinados con empresas, fundacións, organismos públicos, etc. que teñan por obxecto a realización dun proxectos de I+D, o desenvolvemento programado dunha liña de investigación colaborativa (unidades mixtas, plataformas tecnolóxicas), a realización de programas de valorización de resultados ou a presentación dun servizo de asistencia técnica ou asesoramento asociados as capacidades propias de I+D+i.

Cada proxecto ou contrato de investigación singularmente considerado deberá autofinanciarse de xeito completo.

Artigo 5. Créditos de centros, departamentos e institutos

1. Os créditos asignados aos centros docentes terán por finalidade financiar os gastos da docencia, así como tamén aqueles gastos que son necesarios para o seu funcionamento ordinario.

2. Os créditos distribuídos aos departamentos e institutos teñen como primeiro obxectivo atender os gastos asociados ao seu funcionamento ordinario.

3. Non se poderá contratar persoal ou nomear bolseiros con cargo aos créditos dos departamentos e institutos universitarios.

Artigo 6. Créditos ou gastos plurianuais. Xestión e contabilización dos créditos e gastos

1. De acordo coas instrucións operativas que se diten, os gastos plurianuais que se inicien ou que teñan vixencia no exercicio 2015 e en futuros exercicios exixen a contabilización da anualidade en cadanseu exercicio e a necesidade da actualización cando se produza algunha modificación respecto dos datos iniciais

2. En consonancia co anterior, no exercicio corrente faranse as autorizacións de crédito e os sucesivos axustes dos gastos derivados da contratación de persoal ou nomeamento de bolseiros con cargo a créditos financiados con achegas específicas, conforme sexa comunicado pola unidade administrativa correspondente.

3. No 2015 actualizaranse as autorizacións de crédito polo importe dos contratos en vigor de servizos, subministracións ou obras. O importe para consignar será o acordado para o exercicio, no caso de ser un contrato de contía fixa, e o importe estimado de consumo, no caso de contratos de contía variable. Para a revisión de prezos dos contratos deberá enviarse ao Servizo de Xestión Económica a autorización de crédito efectuada segundo o dito anteriormente.

4. A dotación de anualidades ou novas partidas orzamentarias para actividades de I+D+i realizaraas a Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT), para o que se efectuarán distribucións de crédito desde as partidas xenéricas 8050 2000 64100 (proxectos de investigación) e 8050.2000.64200 (contratos e convenios de investigación). O importe dotado corresponderase coa anualidade indicada na resolución da correspondente subvención e, no caso de prestación de servizos, co importe da facturación prevista para 2015. Para estes efectos a vicerreitora de Investigación e Innovación ten delegada a sinatura das distribucións de crédito. A comunicación das dotacións orzamentarias que efectúa a OIT aos directores dos centros de gasto e responsables de asuntos económicos é plenamente operativa, sen que sexa precisa a comunicación polo Servizo de Contabilidade e Orzamentos.

5. As dotacións específicas para os cursos de posgrao xestionados polo Centro de Posgrao faranse de xeito similar ao establecido no parágrafo anterior, para o que se distribuirá o crédito ás partidas correspondentes de cada curso desde a partida 5501 1100 22800.

6. Non obstante, no caso de que as dotacións que se van realizar para actividades de I+D+i ou cursos de posgrao superen os importes das referidas partidas efectuaranse as correspondentes xeracións de crédito.

Artigo 7. Imputación de gastos

1. O reitor poderá determinar, por iniciativa do director do centro de gasto correspondente, a imputación a créditos do exercicio corrente de obrigas xeradas en exercicios anteriores, como consecuencia de compromisos adquiridos de conformidade co ordenamento, para os que existise crédito dispoñible no exercicio de procedencia.

2. A facturación por cargos internos, os documentos de gasto pagados con cargo á conta de anticipos a xustificar correspondentes a exercicios anteriores así como as indemnizacións por razón do servizo pendentes ao cerre do exercicio, imputaranse ao exercicio corrente sen o trámite establecido no parágrafo anterior ao non existir obriga con terceiros e estar só pendente de contabilización ou tratarse de gastos de persoal.

Artigo 8. Remanentes de crédito

O necesario axuste da nosa contabilidade e, en consecuencia, a adaptación da execución orzamentaria ás normas de contabilidade nacional e o necesario axuste do déficit segundo os compromisos adquiridos no Plan económico financeiro de reequilibrio aprobado exixe un cambio substancial no tratamento dos remanentes a partir do exercicio 2015 que se concreta nas seguintes normas:

1. De acordo co establecido no artigo 59 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, os créditos destinados a atender gastos que no último día do exercicio orzamentario non estean comprometidos para o cumprimento de obrigas recoñecidas quedarán anulados de pleno dereito.

2. Non obstante poderán incorporarse ao exercicio os créditos non comprometidos a fin de exercicio e que se correspondan coas seguintes situacións:

a) Titulacións de posgrao propias: poderán ser incorporados os créditos sempre e cando a vixencia do curso abranga máis dun exercicio. O crédito será anulado en todo caso no fin do exercicio económico do ano en que remata o curso.

b) Titulacións de posgrao oficiais con financiamento externo doutras entidades públicas ou privadas: igual que no caso anterior poderase incorporar o crédito ao exercicio económico seguinte ou seguintes en función da duración prevista da edición financiada da titulación. O crédito será anulado en todo caso na fin do exercicio económico do ano en que remata o curso.

c) As actividades de investigación financiadas ao través de convocatorias competitivas: os remanentes existentes durante a vixencia establecida na concesión serán incorporados. No ano de finalización da actividade en que se presente o informe final deixará de ter a consideración de remanente incorporable o crédito existente á fin dese exercicio económico. De ser necesario atender a posibles reintegros e reclamacións, o crédito quedará á disposición da Xerencia.

Non procede a incorporación de remanentes nas seguintes actividades:

a) As que se financian mediante facturación ou autoliquidación como contratos de investigación, prestacións clínicas, prestación de servizos, cesión de espazos e similares.

b) Cursos de verán, congresos e reunións científicas.

3. A incorporación dos remanentes de crédito deberá autorizala o reitor, que dará conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social dos expedientes aprobados.

4. O financiamento de créditos no estado de gastos con cargo ao remanente xenérico de tesouraría será aprobado polo reitor, que dará conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

5. Os remanentes incorporados segundo o previsto neste artigo unicamente poderán ser aplicados dentro do exercicio en que se acorde esta incorporación, coa excepción daqueles que teñen financiamento específico.

Artigo 9. O fondo de imprevistos

No exercicio 2015 se habilitará o fondo de imprevistos. Este fondo deberá servir para:

• Cubrir posibles diminucións de financiamento para gastos producidos por diferenzas na aceptación de xustificacións de subvencións

• Asumir custos financeiros derivados de reintegros de cantidades percibidas ou a devolver.

• Asumir fallos nos procesos de cobramento de servizos.

• Atender circunstancias temporais de insuficiencia de recursos en programas de I+D+i.

A xestión do fondo de imprevistos corresponde á Xerencia.

Este fondo financiarase con cargo á porcentaxe adicional do 1 % de custos indirectos das actividades que o permitan. Poderá tamén dotarse con outras achegas.

Da aplicación da dotación incluída neste fondo darase conta ao Consello de Goberno.

O remanente de crédito ao final de cada exercicio do fondo de imprevistos de execución orzamentaria non poderá ser obxecto de incorporación ao seguinte exercicio

Artigo 10. Contratación administrativa

10.1. Da adxudicación e formalización dos contratos

10.1.1. Consonte co previsto no artigo 182 dos vixentes estatutos, o reitor posúe a condición de órgano de contratación da USC e asinará no seu nome os contratos. Esa condición está delegada exclusivamente no xerente, exceptuándose dela:

• A resolución das impugnacións que se presenten contra os procedementos de adxudicación.

• O acto definitivo de revogación ou de resolución dos contratos administrativos, tras o procedemento instruído para o efecto.

10.1.2. De acordo co establecido no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro (TRLCSP), os procedementos de adxudicación dos contratos por razón da súa contía son os que se especifican no anexo ás presentes bases.

10.1.3. Poderán ser obxecto de tramitación urxente os expedientes correspondentes aos contratos cuxa celebración responda a unha necesidade inaprazable ou cuxa adxudicación sexa preciso acelerar por razóns de interese público.

De se autorizar a tramitación urxente, os prazos legalmente previstos para a licitación e adxudicación dos contratos reduciranse á metade.

10.2. Da contratación irregular.

Entenderase por contratación irregular aquela en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

• A extralimitación de competencias por parte dos directores dos centros de gasto distintos do órgano de contratación ou dos responsables de unidades técnicas ou administrativas, consistente na asunción de compromisos contractuais con terceiros, xa sexa verbal ou formalizada documentalmente.

• A modificación, por parte dos anteriores, do obxecto dun contrato en execución, concertando, pola vía de feito, prestacións adicionais non recollidas inicialmente, supoñan ou non un incremento ou unha diminución do custo do contrato ou unha alteración substancial das demais condicións contractuais, sen a debida autorización do órgano de contratación.

• A que prescinda total ou parcialmente do procedemento legalmente establecido de acordo co previsto na norma 1.2 destas bases.

• O fraccionamento do obxecto dun contrato coa finalidade de diminuír a súa contía para eludir os requisitos de publicidade ou os relativos ao procedemento de adxudicación que legalmente corresponda empregar.

10.3. Validación dos compromisos contractuais e dos custos derivados da contratación irregular.

10.3.1. O órgano de contratación, asistido pola Mesa de contratación da USC, será o único competente para validar, de ser o caso, os procedementos irregulares que poidan derivar na anulabilidade do procedemento, sen prexuízo da exixencia das responsabilidades que procedan.

10.3.2. No suposto de que se produza un incremento do gasto previsto nos expedientes de contratación xa adxudicados, non se poderá iniciar a execución de calquera modificación contractual ou a tramitación dun contrato complementario sen a previa autorización do órgano de contratación.

10.4. Órgano de asistencia. A Mesa de contratación da USC. Funcións.

10.4.1. Nos procedementos abertos e restrinxidos e nos procedementos negociados con publicidade, o órgano de contratación da USC estará asistido pola Mesa de contratación, coa composición que se establece no artigo 183.1 dos vixentes estatutos.

10.4.2. A Mesa de contratación é o órgano de carácter permanente, competente para a valoración das ofertas, con atribución de funcións para elevar ao órgano de contratación a proposta de adxudicación de todos os contratos que licite a USC polos procedementos especificados no punto anterior.

10.4.3. A Mesa de contratación da USC será o órgano competente para autorizar a aplicación do procedemento negociado sen publicidade en todos aqueles contratos de importes superiores aos establecidos no TRLCSP para a utilización deste procedemento, apreciando a existencia ou inexistencia das causas legalmente previstas.

Para esta autorización será precisa a solicitude previa en informe razoado da dirección do centro de gasto ou do responsable do contrato.

10.4.4. Para a válida constitución da Mesa será suficiente a asistencia de catro dos seus membros, sempre que estean presentes o/a presidente/a ou quen faga as veces e o/a secretario/a ou quen faga as veces.

10.4.5. Ás reunións da Mesa de contratación poderán concorrer todas aquelas persoas que, a xuízo da presidencia, resulten necesarias para asesorar a Mesa en función da natureza dos asuntos que se van tratar. Todas elas actuarán con voz pero sen voto.

10.5. Do servizo responsable da xestión da contratación administrativa.

10.5.1. O Servizo de Xestión Económica da Xerencia (SXE) é a unidade administrativa responsable da xestión da contratación na USC, para o que procederá pór no seu coñecemento todos aqueles gastos para os que sexa preciso tramitar un expediente de contratación, coa antelación suficiente que permita respectar os prazos legalmente establecidos para a preparación, licitación e adxudicación dos contratos.

10.5.2. Respecto dos contratos menores, o SXE só intervirá naqueles en que sexa preciso asinar un contrato, ben sexa por razóns de legalidade, de requirimentos técnicos ou de mera oportunidade.

10.5.3. En particular, corresponderalle ao SXE:

a) A impulsión e tramitación de todos os expedientes de contratación e o asesoramento xeral en materia contractual.

b) A supervisión previa dos informes que teñan que ser validados pola Mesa de contratación.

10.6. Dos responsables dos contratos.

10.6.1. Na USC terán a condición de responsables dos contratos os directores dos centros de gasto e/ou os responsables das unidades técnicas ou administrativas, que propoñan a súa licitación.

10.6.2. Corresponderán aos responsables dos contratos as seguintes funcións en relación cos expedientes de contratación que promovan:

a) Tramitar a correspondente proposta de gasto que deberá estar asinada polo responsable dos Asuntos Económicos do centro xestor correspondente, a través do sistema informático que se habilite para o efecto.

b) Confeccionar o anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

No caso de que o contrato teña algún tipo de financiamento externo á USC, deberá indicarse neste anexo, así como as datas límite de xustificación e os requisitos de publicidade ou de calquera outro tipo que sexan requiridos polo ente financiador.

c) Elaborar o prego de prescricións técnicas.

d) Supervisar a execución do contrato e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias para asegurar a correcta realización da prestación pactada. Nos contratos de obras, estas facultades entenderanse sen prexuízo das que legalmente lle correspondan ao director facultativo da obra.

e) Asinar a/s factura/s correspondente/s unha vez recibidas de conformidade, todas ou parte das obras, subministracións ou servizos contratados.

f) Asinar a acta de recepción, unha vez comprobado que a obra, subministración ou servizo contratado está rematada definitiva e correctamente.

Os responsables de asuntos económicos, logo de rexistrar a recepción da factura na aplicación eSICUS, serán os encargados de enviala/s ao SXE, xunto coa acta de recepción e o correspondente ADOP.

g) Pór en coñecemento do SXE calquera incidencia que se produza durante o período de garantía do contrato.

10.6.3. Sen os documentos previos a que se refiren as letras a), b) e c) da norma anterior, o SXE non procederá a iniciar o correspondente expediente de contratación.

10.7. Da supervisión dos proxectos de obras.

10.7.1. A función de supervisión dos proxectos de obras que vaia executar a USC será exercida pola Oficina de Supervisión de Proxectos (OSP) que será a encargada de vixiar o cumprimento das normas técnicas reguladoras da materia e do control dos aspectos económicos e de comprobación aritmética deles.

10.7.2. A OSP estará constituída inicialmente pola Dirección da Área de Infraestruturas e polo/a funcionario/a responsable da unidade administrativa encargada do control interno, sen prexuízo do apoio técnico que sexa preciso para o normal desenvolvemento das súas funcións.

10.8. Control de terceiros.

10.8.1. Será exixible a xustificación documental do cumprimento dos requisitos de solvencia económico-financeira e técnica ou profesional tanto aos empresarios individuais como ás empresas que superen un volume anual de facturación de 18.000 euros, IVE excluído, coas que se contraten habitualmente obras, servizos ou subministracións por importes individualizados inferiores aos establecidos para os contratos menores no TRLCSP, por calquera dos medios que nel se prevén.

10.8.2. Así mesmo, os ditos empresarios deberán achegar a documentación xustificativa da súa personalidade xurídica e da súa capacidade de obrar e, de ser o caso, dos poderes necesarios para contratar, así como unha declaración relativa ao cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non estar incursos en ningunha das prohibicións de contratar previstas no artigo 60 do TRLCSP.

10.8.3. Cando se trate de empresarios que exerzan actividades de prestación de servizos, deberán achegar ademais a xustificación documental de ter subscrita e en vigor unha póliza de responsabilidade civil por riscos profesionais e, de ser o caso, aqueloutra documentación que xustifique estar en posesión das licenzas ou autorizacións oficiais que sexan preceptivas para operar no sector de actividade de que se trate, e que veña exixida polas normas específicas que o regulen.

10.8.4. O incumprimento por parte destes empresarios do requirimento que se lles efectúe por parte dos servizos competentes da USC, da xustificación das obrigas establecidas nos parágrafos anteriores, poderá dar lugar á apertura dun expediente contraditorio que, de ser o caso, poderá concluír coa elevación aos órganos competentes da Comunidade Autónoma e/ou do Estado, dunha proposta de incursión en prohibición de contratar, cos efectos previstos no TRLCSP.

10.9. Abstención e recusación.

As autoridades e o persoal ao servizo da USC que interveñan nos procedementos de contratación deberán absterse ou poderán ser recusados nos casos e na forma previstos nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

10.10. Responsabilidades das autoridades e do persoal ao servizo da USC en materia de contratación.

10.10.1. De acordo co disposto no TRLCSP, a responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo da USC derivada das súas actuacións irregulares en materia de contratación administrativa, tanto por danos causados a particulares como á propia USC, exixirase segundo o disposto no título X da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial.

10.10.2. A infracción ou aplicación indebida dos preceptos contidos na vixente lexislación de contratos do sector público e na aplicación das presentes bases, por parte do persoal ao servizo da USC, cando medie neglixencia grave debidamente probada, constituirá falta moi grave cuxa responsabilidade disciplinaria se exixirá conforme a normativa especifica na materia.

Artigo 11. Obrigas dos terceiros na prevención de riscos laborais

Para dar cumprimento a normativa de prevención de riscos laborais, será de aplicación o establecido na instrución da USC para coordinación de actividades empresariais

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sprl/descargas/IPR-02.pdf

debendo os empresarios achegar a documentación nela requirida, de acordo coas actividades que en cada caso realicen na USC.

Artigo 12. Tarifas

1. Toda proposta de establecemento de novas tarifas deberá ser remitida á Xerencia acompañada dunha memoria económico-financeira que xustifique o seu importe así como o grao de cobertura dos custos correspondentes.

2. É competencia do Consello Social a aprobación das tarifas que a USC vai aplicar pola prestación de servizos. Correspóndelle a Xerencia elevar a proposta para a súa aprobación. Unha vez aprobadas polo Consello Social o Servizo de Contabilidade e Orzamentos publicaraas na web en lugar de fácil acceso. As tarifas que se publiquen nos respectivos servizos deberán incorporar a referencia da data de aprobación polo Consello Social. No seguinte enlace pódense consultar as tarifas oficiais

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/xerencia/info_economica/TARIFAS_2013.pdf

Artigo 13. Axudas para prezos públicos

As axudas para prezos públicos por servizos académicos estableceranse para o persoal das universidades do SUG con cargo á dotación que se efectúe no fondo de acción social.

Artigo 14. Axudas de custo e locomoción

A percepción de axudas de custo e locomoción debe aterse ao regulado no Real decreto 462/2002 e normas concordantes. En particular debe terse en conta:

a) So poderán percibir axudas de custo e locomoción as persoas que acrediten vinculación coa USC e xustifiquen o motivo do desprazamento.

b) Será precisa a autorización previa, polo órgano competente, da comisión de servizo que dea lugar ao desprazamento.

c) Ademais da autorización anterior, a percepción de axudas pola utilización do vehículo particular para efectuar desprazamentos debe ser excepcional e indicarase sempre o itinerario seguido. Os desprazamentos a fóra de Galicia e que sexan superiores a 300 km será preciso xustificalos achegando recibos de peaxe de autoestradas ou xustificación de reposición de combustible no traxecto.

d) Será precisa a autorización previa, polo órgano competente, para a tramitación de gastos de alugueiro de vehículo. Deberá xuntarse á solicitude de autorización un informe xustificativo da necesidade, da imposibilidade de utilización do transporte público, do período de aluguer e das persoas que van utilizar o vehículo.

e) O importe máximo por aloxamento en cidades de máis de trescentos mil habitantes pode elevarse ata un 50 % do importe establecido para cada grupo.

f) No caso de que o importe do aloxamento supere o máximo establecido, deberá acreditarse documentalmente a imposibilidade de contratar un aloxamento por importe inferior no lugar da comisión de servizo.

g) Debe indicarse as horas de saída e chegada para os efectos do cálculo establecido no artigo 12 do real decreto: percepción de 50 % da axuda de custo por manutención.

h) A localidade de inicio e fin da comisión de servizo é, con carácter xeral, aquela en que o traballador teña o seu posto de traballo. Non obstante, considerarase que é o lugar de residencia nos casos en que este estea máis próximo ao lugar de saída (aeroporto) ou de destino.

i) No caso de aloxamentos nos Campus de Santiago e Lugo darase prioridade ao aloxamento de Casa de Europa, ao aloxamento do S.U.R. e dos hoteis das cidades de Santiago e Lugo cos que a USC ten convenio asinado

(http://www.usc.es/gl/servizos/convenios/hoteis.html)

Artigo 15. Gastos por atencións protocolarias, formación e outros

1. Gastos por atencións protocolarias, formación e outros.

a) Atencións protocolarias. Os gastos de atención protocolarias deben ir acompañados dunha explicación en que se especifiquen os motivos que xustifican a realización dos gastos e os cargos, persoas ou grupos destinatarios. En aplicación do principio de transparencia, subministrarase información ao Consello de Goberno e Consello Social das partidas orzamentarias e contías dos gastos de atencións protocolarias tramitados con cargo ao orzamento da USC.

b) Gastos de formación individual. Os gastos que se aboen con cargo aos orzamentos da USC deben responder á satisfacción de necesidades públicas. En consecuencia non se poderán pagar con cargo a partidas do orzamento da USC gastos de formación individual en cursos de verán, cursos básicos de informática e similares, salvo xustificación e autorización expresa do reitor ou órgano en quen teña delegada a competencia.

Poderán tramitarse gastos de formación individual en cursos de idiomas sempre e cando sexan impartidos ou xestionados polo CLM.

c) Cotas por pertenza a asociacións. Non se poderán tramitar con cargo aos orzamentos da USC gastos relativos ás cotas de pertenza a asociacións a título particular.

2. Importes máximos a retribuír por conferencias. Cando o importe a aboar pola impartición dunha conferencia supere os 400 euros será precisa a conformidade do reitor ou órgano no que teña delegada a competencia.

3. Participación do PAS en actividades de I+D+i e de formación. A participación do persoal de administración e servizos en actividades de I+D+i está recollida no Regulamento de colaboración do persoal de administración e servizos da USC en cursos e convenios de investigación, publicado por Resolución reitoral de 20 de maio de 1989 e publicada no DOG do 12 de xullo de 1989

http://www.usc.es/gl/normativa/investigacion/colapas1.html

Pola súa parte, a colaboración en actividades de posgrao propio e formación continua está recollida no Regulamento dos estudos de posgrao e formación continua

http://www.usc.es/gl/normativa/3ciclo/regulamento_EPFC.html

Non se autorizará o pagamento de retribucións pola realización doutras actividades ou daquelas que non sigan os procedementos de autorización establecidos nas normas anteriores.

5. Persoal contratado e bolseiro con cargo a actividades de I+D+i. As modalidades de incorporación deste persoal, as súas categorías e sistema retributivo, debe seguir os procedementos recollidos na normativa da USC, publicada en

http://www.usc.es/gl/normativa/investigacion

Artigo 16. Pagamentos con tarxeta persoal e medios electrónicos de xustificación dos gastos

1. Pagamentos por medios electrónicos e facturación. As facturas para xustificar gastos que se vaian aboar con cargo ao orzamento da USC deben ser a nome desta, e cos seus datos fiscais, agás nos xustificantes para axudas de custo e locomoción, que serán a título persoal. O pagamento pode facerse con tarxeta persoal sempre que se cumpran os demais requisitos e o gasto estea autorizado por quen proceda.

2. A Instrución V/2010 da Xerencia para o reembolso de gastos derivados de compras a través da internet e con pagamento mediante tarxetas persoais establece o procedemento para a tramitación destes gastos. Tamén se establece o procedemento especial para os casos en que sendo gastos de interese público non se poidan xustificar mediante factura a nome da USC.

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/xerencia/instrucions/descargas_
anteriores/10_instrucion_v.pdf

Artigo 17. Tramitación da facturación de provedores da USC

1. Será requisito imprescindible para proceder á tramitación orzamentaria dunha factura e o seu posterior pagamento a existencia previa dun contrato ben sexa un contrato menor (con folla de pedimento) ou derivado de licitación pública (con número de expediente de contratación).

2. En aplicación do establecido na Lei 23/2013, a partir do 1 de xaneiro de 2015 a relación cos provedores da USC será como segue:

a) Provedores con razón social en territorio español:

1. Deberán presentar as facturas a través da plataforma Sistema electrónico de facturación, a partir de agora SEF, establecido pola Comunidade Autónoma de Galicia como punto único de entrada de facturas no ámbito da nosa comunidade.

2. No caso de presentar a factura en papel, esta deberá presentarse no Rexistro Xeral Administrativo para que se introduza no SEF polos servizos administrativos da USC.

b) Provedores con razón social en territorio estranxeiro:

1. Deberán presentar as facturas no Rexistro Xeral Administrativo ata que estea habilitada no SEF a opción para introducir facturas de provedores estranxeiros.

Artigo 18. Custos indirectos

A paulatina incorporación de actividades de prestación de servizos a terceiros, de docencia, investigación, cesión de espazos ou calquera outro tipo de prestación de servizos fixo que non houbera un corpo común para o establecemento dos custos indirectos que se deben repercutir as distintas actividades, polo que procede revisar e actualizar a aplicación destes custos. Así:

1. A partir do exercicio 2015 aplicaranse os custos indirectos ás actividades a coas porcentaxes contidas no anexo.

2. En calquera caso establécese que a porcentaxe mínima a aplicar sobre a base impoñible das actividades sexa do 15 % para as actividades non incluídas no anexo

3. O único límite a aplicación dos custos indirectos será o establecido polas entidades financiadoras sobre a elixibilidade ou non deles.

4. Nas bases de execución dos orzamentos anuais actualizaranse as porcentaxes de aplicación de custos indirectos.

Disposición adicional primeira

Se como consecuencia da aprobación de reestruturacións orgánicas ou de medidas de racionalización na xestión do gasto se producen cambios na codificación das partidas do orzamento, os compromisos adquiridos serán imputados de oficio nas partidas resultantes.

Disposición adicional segunda

Autorízase o xerente da universidade para que dite as instrucións necesarias para a adaptación e desenvolvemento das normas de execución do orzamento.