Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial, polo presente edicto fago constar que nesta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, se tramita recurso de apelación (LACN) 190/2014 (dimanante de procedemento ordinario nº 521/2010 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas), sendo apelante Paloma Martínez López e apelado Hortensio Vidal González, no cal, con data do 19 de novembro de 2014, se ditou sentenza estimando en parte o recurso de apelación, cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta Sección Terceira sita en Pontevedra, rúa Rosalía de Castro, nº 5, 2, á disposición das partes.
Para que conste e lle sirva de notificación a Hortensio Vidal González, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.
Pontevedra, 29 de decembro de 2014
O secretario xudicial