Ana Rodríguez Puga, secretaria xudicial de Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante o presente se notifica a Inver-Promociones y Construcciones J.C. Mahía, S.L. a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Sentenza: 61/2014
Procedemento ordinario: 545/2012
Procedemento orixe: 545/2012
Sobre resolución de contrato
Demandante: Antonio Guerreiro Díaz
Procurador: Constantino Prieto Vázquez
Avogado: Santiago Taibo Piñeiro
Demandada: Inver-Promociones y Construcciones J.C. Mahía, S.L.
Xuíza que a dita: Miriam Vega Núñez
Lugar: Viveiro
Data: oito de abril de dous mil catorce
Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada por José María Guerreiro Álvarez fronte a Inver-Promociones y Construcciones J.C. Mahía, S.L. e, en consecuencia, resólvase o contrato de permuta que tivo lugar o 26 de setembro de 2007 entre as partes, e restitúase a José María Guerreiro Álvarez na posesión e dominio do terreo permutado, concretado nos feitos probados da presente resolución.
Impóñense á demandada as custas do proceso.
Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.
O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).
Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado».
Vi˂veiro, 17 de novembro de 2014
A secretaria xudicial