Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4217

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande

EDICTO (155/2013).

Eu, Agustín Gamote Álvarez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Bande, por este edicto anuncio que no procedemento ordinario 155/2013, seguido por instancia de Juan Carlos Martínez Paz contra Antonio Castillo Dorado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 53/2014

Bande, 28 de xullo de 2014

María Blanca Díez Mediavilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Bande, examinou os autos rexistrados como procedemento ordinario 155/2013, seguido por instancia de Juan Carlos Martínez Paz, representado pola procuradora dos tribunais Jacqueline Rodríguez Díaz, coa asistencia letrada de Laura de León Elías, contra Antonio Castillo Dorado, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Jacqueline Rodríguez Díaz, procuradora dos tribunais, en nome e representación de Juan Carlos Martínez Paz, contra Antonio Castillo Dorado, en situación procesual de rebeldía.

Declárase resolto o contrato de compravenda de bens inmobles do 17 de setembro de 2009, por incumprimento do vendedor demandado.

Condénase o demandado a lle aboar ao demandante a cantidade de 16.000 euros.

A cantidade expresada devindicará os xuros do artigo 1.108 do Código civil e 576 da Lei de axuizamento civil.

Condénase o demandado ao pagamento das custas do procedemento.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberá acreditar que constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander, S.A. na conta deste expediente, ES5500493569920005001274, sinalando no campo “Concepto” a indicación “Recurso”, seguida do código “02 Civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou de distinta clase, e indicar, neste caso, no campo “Observacións” a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Ao estar o dito demandado, Antonio Castillo Dorado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Bande, 19 de novembro de 2014

O secretario xudicial